Fenética

En bioloxía sistemática a fenética, autora dos métodos de construción de fenogramas chamados en conxunto taxonomía numérica[1], é unha escola de taxonomía cuxa finalidade é a clasificación dos organismos baseándose nunha similitude, xeralmente na súa morfoloxía, ou en cantidades observables, sen ter en conta que caracteres serán homoloxías e homoplasias ó construír o fenograma.

A fenética como escola non ten máis seguidores entre os taxónomos. Porén, séguense utilizando os seus métodos numéricos e actualizacións posteriores dos mesmos como axuda para determinar as árbores filoxenéticas.

Phylogenetics
Diagrama ilustrando conceptos filoxenéticos e fenéticos.

Historia e metodoloxía

A taxonomía numérica é unha escola de clasificación xurdida como reacción á crenza da época (finais dos 50 e principios dos 60) de que se podía determinar con precisión a filoxenia dos organismos. Segundo os seus fundadores[2], especialmente Sokal e Sneath nun libro de 1963 considerado fundador, a sistemática debe estar exenta de toda teoría previa.

Segundo esta escola, todo o que coñecemos e podemos esperar coñecer é a similitude morfolóxica, o resto son hipóteses previas suxeitas á subxectividade de cada investigador. Consecuentemente, os organismos son agrupados sobre a base da súa similitude global (overall similarity); clasifícanse no mesmo grupo os organismos que teñan a maior cantidade de caracteres en común, os que son máis parecidos, sen facer unha apreciación da validez dos caracteres para coñecer a filoxenia, nin do peso que debería ter cada carácter na análise. A fenética ten en conta a maior cantidade de caracteres dispoñibles, calquera que sexa a súa natureza, e dalles a todos os caracters o mesmo peso na análise. Dado que o número de especies e de caracteres a estudar pode ser moi elevado, é imprescindible a axuda de programas informáticos específicos, e polo tanto o uso de computadoras (de difícil acceso nesa época). O resultado é un agrupamento xerárquico dos organismos que pode ser debuxado en forma de fenograma, no que se establecen as relacións de similitude (ou disimilitude) entre os organismos estudados).

Nun dos métodos numéricos máis típicos desenvolvidos dentro desta escola, no fenograma exprésanse distancias; 0 representan as especies que non teñen ningún caracter en común e 1.000 aquelas con todos os seus caracteres iguais. A categoría taxonómica podía decidirse en base ás distancias; pódese convir que, por exemplo, 900 represente o nivel subxénero, 800 o de xénero, 600 o de tribo, etc.

Os obxectos de estudo (os taxóns terminais) poden ser especies, xéneros ou calquera outra categoría taxonómica e reciben o nome de UTO (unidades taxonómicas operacionais) (en inglés, OTU, operational taxonomic units).

Obxeccións á fenética

A fenética foi criticada desde moitos puntos de vista. A crítica principal é que a estabilidade das clasificacións tampouco se consegue mediante os métodos fenéticos, xa que a elección dos caracteres a ingresar na análise e unha operación subxectiva (a decisión de "a que se chama caracter", un mesmo caracter pode ser subdividido en caracteres máis pequenos, ou agrupado, ou estar subdivido en caracteres máis pequenos, ou agrupado, ou delimitado de forma diferente, ou os seus estados delimitarse de diferentes formas, ou descartado por no corresponderse cos xenes, etc.); ademais se se agregan caracteres de novas liñas de evidencia débese realizar a análise computacional de novo resultando nun fenograma diferente moi probablemente dando como resultado unha clasificación diferente.

Se ben os métodos numéricos séguense utilizando, a fenética como método de clasificación utilízase pouco na actualidade. Pode ser útil como primeira aproximación no estudo de organismos pouco coñecidos como bacterias ou virus para os cales non se dispón de suficientes caracteres polarizados para aplicar os métodos que fan uso de apomorfías, como os utilizados na escola cladista e a evolucionista.

Notas

  1. Sneath, P.H. (1995). Thirty years of numerical taxonomy. Systematic Biology, 44 (3), 281-298.
  2. Sokal R.R. and Sneath, P.H.A. (1963). Freeman, San Francisco, ed. Principles of Numerical Taxonomy.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bioloxía

A bioloxía é a ciencia que estuda a vida e, en particular, as características e comportamento dos organismos, a orixe de especies e individuos, e o xeito en que estes interactúan entre si e co seu ambiente. A bioloxía abrangue un espectro amplo de áreas académicas consideradas frecuentemente disciplinas independentes, mais que, no seu conxunto, estudan a vida ás máis variadas escalas.

A vida é estudada á escala atómica e molecular pola bioloxía molecular, pola bioquímica e pola xenética molecular, no nivel da célula pola bioloxía celular e á escala multicelular pola fisioloxía, pola anatomía e pola histoloxía. A bioloxía do desenvolvemento estuda a vida ao nivel do desenvolvemento ou ontoxenia do organismo individual.

Subindo na escala para grupos de máis dun organismo, a xenética estuda como funciona a herdanza entre os proxenitores e máis a súa descendencia. A etoloxía estuda o comportamento dos individuos. A xenética poboacional traballa ao nivel da poboación, en tanto que a sistemática traballa con liñaxes de moitas especies. As relacións de individuos, poboacións e especies entre si e cos seus hábitats son estudadas pola ecoloxía e pola bioloxía evolutiva. Unha nova área, altamente especulativa, a astrobioloxía (ou xenobioloxía) estuda a posibilidade de vida para alén do noso planeta.

Cladística

A cladística (do grego κλάδος kládos = 'rama') é unha rama da bioloxía que define as relacións evolutivas entre os organismos baseándose en similitudes derivadas. É a máis importante das sistemáticas filoxenéticas, que estudan as relacións evolutivas entre os organismos. A cladística é un método de análise rigoroso que emprega as "propiedades derivadas compartidas" (sinapomorfias) dos organismos que se están a estudar. A análise cladística forma a base da meirande parte dos sistemas modernos de clasificación biolóxica, que buscan xuntar aos organismos polas súas relacións evolutivas. En contraste, a fenética agrupa os organismos baseándose na súa similitude global, mentres que os enfoques máis tradicionais tenden a basearse en caracteres clave. Willi Hennig (1913 - 1976) é amplamente considerado como o fundador da cladística[Cómpre referencia].

Nomenclatura filoxenética

En bioloxía, a nomenclatura filoxenética, tamén chamada nomenclatura cladística, é un método de nomenclatura taxonómica que utiliza definicións filoxenéticas para establecer os nomes dos taxons como se explica neste artigo. Isto contrasta coa nomenclatura tradicional, na cal os nomes dos taxons defínense por un tipo, que pode ser un espécime ou un taxon de inferior categoría, e unha descrición en palabras. A nomenclatura filoxenética actualmente non está regulada, pero se está a elaborar o Código Internacional de Nomenclatura Filoxenética (PhyloCode) que pretende regulala unha vez sexa ratificado.

Passeri

Os Passeri, páseros ou paxaros cantores (ou canoros) son un clado (ao que os autores danlle a categoría sisemática de suborde) de aves pertencentes á orde dos paseriformes. Tamén se lles chama Oscines, do latín oscen, 'paxaro cantor'. Este grupo contén unhas 4 000 especies que se encontran en todo o mundo, nas cales o seu órgano vocal (sirinxe) está moi desenvolvido e produce cantos elaborados e diversos.

Forman unha das principais liñaxes dos actuais paseriformes. Outra gran liñaxe de paxaros con capacidade de canto é a dos Tyranni (tiranos), que son máis diversos no Neotrópico e están ausentes en moitas partes do mundo, pero estes teñen unha musculatura da sirinxe máis simple, e aínda que as súas vocalizacións son a miúdo tan complexas coma as dos Passeri, teñen un son máis mecánico. Hai unha terceira liñaxe de paseriformes, os Acanthisitti (acantiisitos) de Nova Zelandia, da cal quedan hoxe tan só dúas especies viventes.Hai probas que suxiren que os Passeri eolucionaron hai 50 millóns de anos na parte do antigo continente de Gondwana que despois se convertería en Australia, Nova Zelandia, Nova Guinea e a Antártida, antes de espallárense por todo o mundo.

Taxonomía

A taxonomía ou taxinomía (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente se emprega o termo para designar a taxonomía biolóxica, ciencia que ordena os organismos vivos nun sistema de clasificación composto por taxons agrupados en categorías taxonómicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.