Feixón

Non confundir con feixoa

O feixón, fabeira, faba ou chicho[1] (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba[2].

As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas[3].

Feixón
Arabako babarrun nabarraren lorea 1

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Phaseoleae
Xénero: Phaseolus
Especie: P. Vulgaris
Nome binomial
'Phaseolus vulgaris'
L.
Sinonimia
Phaseolus vulgaris MHNT.BOT.2016.24.73
Phaseolus vulgaris”

Etimoloxía

O termo galego feixón, feixó, (en galego antigo: feijoo, en portugués: feijão) orixinouse do latín faseolu, con troco de sufixo[4].

O apelido galego Feijoo (var. Feijóo, Feijó, Feixó) derivan deste termo (Véxase artigo: Feijoo). O termo feixó foi utilizado na poesía de escarnio medieval para designar as persoas calvas. Os guerreiros dalgunhas tribos xermanas estilaban rapar a cabeza para inspirar maior terror aos seus inimigos, e o costume de rapar os cabelos non foi excepcional nos cabaleiros medievais. A influencia xermana chegou a Galiza.

Descrición

É unha planta herbácea anual, erecta ou rubideira, de talo pubescente ou glabrescente cando é adulta. As estipulas das follas tri-pinnadas son de forma lanceolada e de tamaño medio-centimétrico. Os folíolos son alongadamente ovados ou ovado-romboidal, os laterais, implantados oblicuamente, miden 4-15 por 2,5-10 cm e son pubescentes con base redondeada ou alongadamente cuneada, de bordos enteiros e ápice acuminado. As flores dispóñense en acios usualmente axilares, máis curtos que as follas. As bractéolas, persistentes, son habitualmente de lonxitude igual ou algo superior ao cáliz que é cupuliforme, bilabiado, de 3-4 mm, con cinco sépalos soldados e co labio superior bidentado emarxinado e o inferior tridentado. A corola, que pode ser branca, amarela, violácea ou rubia, ten o estandarte centimétrico suborbicular e reflexo, as alas obovadas adheridas á quilla, tamén centimétrica e con ápice espiralmente retorcido. Os estamios son diadelfos (9 soldados e 1 libre) mentres que o ovario é pubescente co estilo espiralmente torcido de 360º ou máis e con estigma oblicuo. Dito xeneceo deriva nun legume linear-oblongo duns 10-15 por 1-1,5 cm, algo curvado e inchado, glabro, picudo e con catro a dez sementes oblongas con forma de ril de moi diversas cores e tamaños, usualmente 1-2 por 0,5-1,5 cm.[5][6]

Historia e cultivo

Os feixóns foron unha importante fonte de proteínas ao longo da historia, e ségueno a ser hoxe [Cómpre referencia].

Os feixóns (Phaseolus vulgaris) é unha das plantas cultivadas desde máis antigo, dende hai seis mil anos en América[7] No México precolombiano o feixón era obxecto, xunto co maínzo e a cabaza, dun complexo sistema de cultivo combinado que sobreviviu até hoxe. As fabas americanas foron introducidas en España e Portugal polos mercadores que no século XVI traían as sementes como unha curiosidade. Dende a Península, esta nova variedade estendeuse cara a outros países europeos debido a diversos factores.

Antes do descubrimento de América, na Península Ibérica cultivábanse leguminosas de orixe afroasiática e europea. Estas variedades corresponderíanse con especies como a Vigna unguiculata ou a Vicia faba (faballón ou fabón) que aínda se consomen nalgúns territorios da Península. Vicia faba foi cultivada por primeira vez en Próximo Oriente, e chega a Europa durante o Neolítico[8]. Así en Galicia, de xeito similar ao acontecido co millo e o paínzo (ou millo miúdo), o termo faba deixou de designar as variedades do Vello Mundo para pasar a nomear as variedades americanas, mellores para o seu uso alimentario[9] As variedades americanas Phaseolus vulgaris evolucionaron en Europa para retornar posteriormente á súa orixe grazas aos procesos migratorios. Esta evolución implicou unha mellora xenética que se tería producido, consciente ou inconscientemente, da man dos agricultores da Península.

Produción

[10]

Europa e España

En Europa colleitáronse no ano 2003 case que 500.000 toneladas de fabas. Na Unión Europea os principais produtores son Polonia, Grecia e España, que nese ano atinxiron, respectivamente, 34.000, 23.000 e 14.000 toneladas. Fóra da Unión Europea, Belarús e Ucraína son os países que acadan maiores producións ao sumar 110.000 e 65.000 toneladas.

En 2001 no Estado español dedicáronse ao cultivo da faba máis de 12.682 hectáreas, o 44% en réxime de regadío e o 56% en secaño, e acadouse unha produción total de 15.420 toneladas. Galicia, con 2.700 toneladas, e Castela-León, con 7.200 toneladas, son as principais comunidades produtoras.

A produción galega

En Galicia as provincias da Coruña e Lugo son as que xeran a maior parte da produción. En 2001 o 57% da produción galega era de orixe coruñesa e o 20% da provincia de Lugo.

Phaseolus Beans
As sementes chámanse feixóns ou fabas

Tipos de sementes

Podemos atopar sementes de moi variadas cores e formas, que se diferencian ademais polo seu brillo, debido á gran diversidade xenética que existe dentro da especie.

Gastronomía

É un alimento espallado practicamente por todo o mundo, nas súas diferentes variedades de sementes e vaíñas.

En Galicia as fabas son usadas como ingredientes do caldo, e os feixóns verdes cómense habitualmente cocidos. En España hai varios pratos rexionais a base de fabas, como a fabada asturiana, as mungetes amb botifarra catalás ou o arròs amb fesols i naps valenciano. En Portugal existen varias feijoadas típicas, como a feijoada à transmontana, as tripas à moda do Porto ou o feijão frade com atúm. Na América Latina existe unha gran cantidade de pratos, como as brasileiras feixoadas de mistura ou feijão com arroz, os frijoles e gallo pinto de México e Centroamérica, ou os porotos chilenos.

Phaseolus vulgaris
As vaíñas son os feixóns verdes.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para feixón (planta).
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para feixón (semente).
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para feixón.
  4. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.766
  5. Phaseolus en Flora of China
  6. Phaseolus vulgaris en Flora of China
  7. Chazan, Michael (2008). World prehistory and archaeology : pathways through time. Boston: Pearson Allyn and Bacon. p. 271. ISBN 0205406211. OCLC 77830098.
  8. Daniel Zohary and Maria Hopf. Domestication of Plants in the Old World 2000:114.
  9. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. (10 de setembro de 2009). "34. Debullando algúns problemas das fabas". www.usc.es. Consultado o 27 de xuño de 2019.
  10. "Datos de produción. Centro de interpretación da faba de Lourenzá". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Acacia

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero.

Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

Calcio

O calcio é un elemento químico, símbolo Ca, de número atómico 20 (20 protóns e 20 electróns) e masa atómica 40 u.

É un metal do grupo dos alcalino-terrosos, pertencente ao grupo 2 da clasificación periódica dos elementos químicos.

É un elemento sólido na temperatura ambiente, maleábel, dúctil que reacciona violentamente coa auga.

É un elemento químico esencial ao ser humano. Unha persoa ten entre 1,5 e 2% de calcio en peso, do cal o 99% encóntrase nos ósos , dentes, no restante dos tecidos, e en fluídos corporais intervindo no metabolismo celular. É rico no leite, algúns vexetais, e en espiñas de peixes. Tamén, en cunchas e estalactitas.

O calcio encóntrase abundantemente na natureza, sempre na forma de minerais. Foi descuberto en 1808 por Humphry Davy, mediante a electrólise dunha amálgama de mercurio e cal.

Curva feixón

A curva feixón ou con forma de faba, é unha curva plana de cuarta orde descrita pola seguinte ecuación:

Esta curva non se debe confundir con outra cunha forma de faba tamén, a curva oval torta.

É unha curva alxébrica plana de xénero cero. Posúe unha singularidade na orixe, un punto triplo común — que denota multiplicidade —, unha invariante delta e unha ramificación de número, todos iguais a tres.

Para cada curva alxébrica plana, as singularidades son clasificadas pola invariante de enlace correspondente, como na figura da esquerda.

Posúe asíntotas horizontais en (2/3,±2/3) e outras asíntotas verticais en (0,0) e (1,0).

A área da superficie que abrangue a curva do feixón vén determinada por

e o seu perímetro l é aproximadamente

Dorayaki

Dorayaki (xaponés: どら焼き, どらやき, 銅鑼焼き, ドラ焼き) é un tipo de doce xaponés que consiste de dous pequenos produtos semellante ás filloas, feitos de kasutera e envoltos cun recheo de anko (pasta de feixón doce azuki).

Esclerocio

Un esclerocio é unha masa compacta de micelio endurecido que contén reservas alimenticias. Un papel dos esclerocios é sobrevivir en períodos ambientais extremos. Nalgúns fungos superiores como Claviceps, os esclerocios despréndense e fican en dormencia até se daren as condicións favorábeis para o desenvolvemento dun novo micelio. Outros fungos que producen esclerocios son patóxenos nas colleitas de colza. Estes fungos adoitan ser controlados co uso de funxicidas e a rotación de culturas.

Sclerotinia sclerotiorum é outro fungo produtor de esclerocios que pode producir importantes doenzas en cultivos de pataca, feixón, leituga, tomate, aipo, coliflor e repolo.

Espírito Santo, Brasil

Espírito Santo é un estado brasileiro ao leste da Rexión Sudeste. Limita ao leste co océano Atlántico, ao norte cos estados de Baía e Minas Xerais, ao oeste con Minas Xerais, e ao sur co estado do Río de Xaneiro. A súa capital é Vitória.

Faba de Lourenzá

A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.

Faboideae

Faboideae é unha das tres subfamilias nas que se divide a familia das leguminosas ou Fabáceas (Fabaceae). O nome alternativo para a subfamilia é Papilionoideae. É a división máis grande da familia, e esténdese por todos os continentes agás as rexións árticas. Comporta 476 xéneros e 13.900 especies. Os xéneros con maior número de especies son Astragalus (2400 a 3270), Indigofera (700), Crotalaria (700), Mirbelia sensu lato (450), Tephrosia (350), Desmodium (300), Aspalathus (300), Oxytropis (300), Adesmia (240), Trifolium (240), Rhynchosia (230), Lupinus (200), Aeschynomene (160), Hedysarum (160), Lathyrus (160), Vicia (160), Dalea (150), Eriosema (150), Lotononis (150), Millettia (150), Vigna (150), Swartzia (140), Daviesia (135), Lonchocarpus (135), Machaerium (130), Onobrychis (130), Ormosia (130), Lotus (inc. Coronilla, 125), Lonchocarpus (120), Erythrina (110), Gastrolobium (110), Mucuna (105) e Pultenaea (100). As especies leñosas son preferibelmente termófilas, moitas herbáceas son de rexións temperadas e frías, porén están tamén representadas nos trópicos. Comporta moitas plantas útiles e moi coñecidas, como ervello, garavanzo, feixón, chícharo de olor, trevos, faballón, alforfa, soia, entre outras. Ademais pertencen a esta subfamilia plantas bravas moi comúns dos montes galegos, coma os toxos, as xestas, a carqueixa, ornamentais rubideiras como a glicinia chinesa, ou incluso árbores como a falsa acacia.

As plantas desta subfamilia recoñécense das demais subfamilias de leguminosas por mor das súas flores, que posúen catro pétalos envoltos entre si, creando un tubo por cuxo extremo sobresaen os seus longos estames. O quinto pétalo está estendido coma unha vela e denomínase estandarte, velame ou vexilo.

Feijoada

A feijoada é un dos pratos da gastronomía portuguesa e brasileira. Os seus ingredientes básicos son o arroz, o feixón e a carne de porco.

No Brasil, os días tradicionais da feijoada son o mércores e o sábado. Neses días, os restaurantes serven feijoada nos seus menús, e algunhas familias e grupos de amigos preparan "feijoadas" en reunións familiares. É un prato de preparación relativamente barato, sendo consumida por todas as clases sociais.

Fitoalexina

As fitoalexinas (do gr. phytos = planta, alekein = defender) son compostos antimicrobianos que se acumulan nalgunhas plantas en altas concentracións, despois de infeccións bacterianas ou fúnxicas, e que axudan a limitar a dispersión do patóxeno.

Teñen varias características interesantes:

Sintetízanse axiña, en poucas horas despois do ataque microbiano.

A súa formación está restrinxida a unha zona local ao redor do local de infección.

Son tóxicas a un espectro amplo de fungos e bacterias patóxenas en plantas.Frecuentemente máis dunha fitoalexina é sintetizada durante unha interacción co patóxeno, en tales casos as fitoalexinas son comunmente relacionadas biosinteticamente. No caso do feixón téñense descrito preto de 16 tipos diferentes, as máis coñecidas son faseolina, faseolidina, faseolinisoflavona e kievitona. En xeral as fitoalexinas non son potentes antibióticos e son de baixa especificidade, moitas son biocidas e outras teñen efectos bioestáticos. As razas de moitos microorganismos, particularmente os fungos amosan ampla variación na sensibilidade, e frecuentemente as razas virulentas teñen maior capacidade de detoxificación ou tolerancia (Smith 1996).

As fitoalexinas son metabolitos secundarios sintetizados a partir dun redireccionamento de precursores do metabolismo primario, en función da expresión de novo de xenes correspondentes a encimas que participan nas rutas biosintéticas. No caso das leguminosas, os compostos antimicrobianos da clase isoflavonoides son sintetizados a partir de L-fenilalanina vía unha serie de encimas como a L-fenilalanina-amonialiasa (PAL), 4-coumarato:Coencima A ligasa (4CL) e chalcona sintasa (CHS) que controlan pasos importantes nas sub-rutas de síntese. Comunmente cada unha destas encimas é codificada por unha familia de xenes, nas que se demostrou que a estimulación ou a infección de células, induce á súa vez a expresión de varios xenes da mesma encima. Sinalouse a existencia de tres xenes PAL en feixón, detectándose até 11 isoformas da encima, o que suxestiona modificación post-traducional, permitindo diversas actividades catalíticas dependendo das situacións ambientais da planta. A expresión de novo é o mecanismo regulador máis importante. CHS en feixón é codificada por unha familia de seis a oito xenes, en células estimuladas, cotiledóns ou raíces infectados aparecen múltiples isoformas CHS transcricionalmente reguladas, detectándose nun ensaio cinco cDNAs polimórficos (Ryder e cols. 1987).

A biosíntese das fitoalexinas precisa da actividade de certo número de encimas que deben presentar unha activación transcricional selectiva e coordinada, isto é posíbel dado que presentan elementos secuencia en común nos promotores dos respectivos xenes. Así mesmo, definíronse unha serie de elementos secuencia en rexión río arriba do promotor, que actúan en cis unindo proteínas nucleares nunha forma secuencia-específica. Elementos secuencia deste tipo foron descritos en feixón, os elementos SBF-1 en promotores de CHS foron implicados como silenciadores ou amplificadores dependendo das células onde se atopen. Os elementos ou caixas como a caixa-H e a caixa-G en CHS-15 de feixón están implicados en activación transcricional en resposta a estimulador, a caixa-H une especificamente dous factores, KAP-1 e KAP-4, os cales se translocan do citoplasma ao núcleo ao comezo da transcrición de CHS. No promotor de PAL de perexil, o elemento caixa-P une o Factor BPF-1 en resposta a estimulación, a estimulación resulta nun rápido incremento de transcritos BPF-1 que acompaña a transcrición de PAL. (Dixon e cols. 1995; Smith 1996). En ensaios con cotiledóns de soia tratados con estimulador dun fungo patóxeno, demostrouse a acumulación de fitoalexinas tipo isoflavonas, pterocarpanos e flavonas vía a encima óxido nítrico sintasa, o que suxire que o óxido nítrico pode estimular a biosíntese de fitoalexinas mediante a regulación das encimas iniciais da ruta dos fenilpropanoides (Modolo e cols. 2002).

Folla

En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.

Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores.

Este artigo concéntrase nas follas das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.

Hortaliza

Denomínanse hortalizas as plantas herbáceas e de ciclo curto, cultivadas nas hortas e campos de regadío, das que se aproveitan as follas, flores, raíces, talos tenros, froitos etc. para a alimentación humana. Trátase dun concepto gastronómico sen fundamento botánico ningún, que ten os lindes pouco definidos: segundo os distintos autores pode incluír ou non as verduras (plantas das que se aproveitan as follas e outras partes verdes: espinacas, leitugas, grelos etc.) e os legumes frescos (plantas das que se aproveitan os froitos verdes ou as sementes: feixón, chícharos etc.). Exclúe as froitas (pero inclúe algúns tipos de froitos, como é o caso do tomate ou o pemento) e os cereais. Resulta común agrupar verduras e hortalizas baixo un mesmo concepto ou considera-las verduras como un subgrupo das hortalizas. As patacas tamén poden considerase hortalizas se ben, pola relevancia do seu consumo, adoitan tratarse por separado.

Pódense consumir de formas moi diversas, xa sexa directamente en cru, en ensalada ou como acompañamento; ou trala súa preparación culinaria, sexa como prato principal ou como gornición de pratos diferentes.

Forman parte da alimentación humana desde tempo os comezos da agricultura, se ben o seu uso habitual na dieta humana non se xeralizou ata os séculos XVI e XVII. Nas últimas décadas observouse unha progresiva redución no consumo de verduras e hortalizas, paralela ó aumento do consumo de carnes e peixes, ata o punto de asimilar estes produtos ó nivel económico: a maior nivel económico, maior consumo de alimentos proteicos e menor consumo de alimentos vexetais. Outros factores que interviron neste fenómeno foron a aparición de novos hábitos alimenticios que rexeitaban preparacións culinarias lentas e elaboradas a favor doutras comidas de elaboración máis fácil e rápida, e tamén certa asociación entre as verduras e hortalizas cos réximes de adelgazamento ou dietas de convalecencia. Na actualidade, os novos coñecementos dietéticos e fisiolóxicos puxeron de manifesto a necesidade de incorporar alimentos de orixe vexetal á dieta para podela considerar equilibrada, teoría que defende o incremento do consumo deste tipo de alimentos, en detrimento dos proteicos.

Así, a inclusión de verduras, froitas e hortalizas como elementos habituais na dieta é hoxe un consello dietético unanimemente aceptado por tódolos nutrólogos como garantía dunha dieta equilibrada. Recoméndase especialmente a súa inclusión na comida dos meniños non só polos efectos beneficiosos directos que teñen, senón para que adquiran o hábito de consumir alimentos vexetais desde a infancia.

No ano 2006, o panel de consumo que publica o Ministerio de Agricultura [1] daba unhas cifras de 67,68 kg de hortalizas frescas por habitante e ano, un 3,7% menos có ano anterior. Concretando no consumo doméstico, as cifras eran de 55,6 kg/ano, nunha liña progresivamente ascendente desde o mínimo de 48,6 kg en 1995. No que respecta a Galicia, o consumo nese ano 2006 era de 49,3 kg por habitante.

Galicia, con A Rioxa, Murcia, Asturias e Castela-A Mancha, eran as comunidades cun menor consumo de hortalizas nos fogares. O maior consumo dáse en comunidades como Valencia, Castela e León, Madrid (que rondan os 55–57 kg) e, destacando sobre todas, Cataluña, con 77,2 kg por habitante e ano .

Paella

Denomínase paella en valenciano (do latín patella, "especie de ferrada") a un recipiente de metal (xeralmente ferro), con dúas asas ou un mango, de pouca profundidade e grande superficie, semellante a unha tixola, moi empregada en gran parte do País Valenciano (onde, de feito, paella significa "tixola"). Nesta paella adoita cociñarse unha grande variedade de arroces, algúns dos cales toman o seu nome: a paella de polo e coello, a paella de verduras, a paella de marisco, a paella de coliflor e bacallau etcétera.

Por este motivo, paella pasou a designar en galego un prato típico do País Valenciano, cociñado no recipiente do que toma o nome (de igual maneira ó que acontece con pucheiro). Trátase dun refogo de carne (polo o coello), verduras (tomate, feixón verde, pemento), azafrán e aceite, ó cal se engade auga e tras un tempo de cocción, o arroz, continuando a cocción ata que o arroz absorba todo o caldo. Adoita ter verduras e carne ou marisco, pero os ingredientes básicos son o arroz, o azafrán e o aceite de oliva, ós que se engaden as cousas que se encontran a man en cada caso.

A paella provén da época de dominación árabe: existía o costume de facer este prato con cus-cus, pero a falta deste ingrediente na península, empezaron a empregar o arroz. Coa paella, humilde e exquisito prato da horta que a finais do século XIX saltou das barracas e alquerías ás casas de comidas, barracóns e merendeiros de toda a costa valenciana.

O conxunto de especialidades que ofrecen os restaurantes urbanos, as arrocerías ó uso e os chiringuitos de praia son difíciles de encadrar dentro dunha listaxe. Hai arroces caldosos, cociñados en caldeiros, pucheiros, caldeiras e potas, coma o famoso arròs amb fesols i naps, e arroces melosos preparados en potas fondas de barro, do estilo do arròs al forn (arroz ó forno) ou o arròs amb costra (arroz con costra), cuxas receitas gardan unha enorme similitude co arròs en cassola al forn que figura no Llibre de Coch, de Robert de Nola (1520).

Ril

Os riles son dous órganos con forma de feixón que filtran o sangue do aparato circulatorio e permiten a excreción a través da urina de diversos residuos metabólicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclúe mecanismos de filtración, absorción e excreción.

Roscón

O roscón ou pan de ovo é un bolo de pan doce en forma de rosca (aínda que tamén pode ser en forma de barra ou trenza) feito con ovos, leite, fariña, manteiga e azucre, típico dos xantares de domingo e das festas de Galicia, especialmente por Pascua e Reis (tradicionalmente tamén pola matanza e as vodas). Tamén é típico nalgunhas zonas de España (e por influencia Hispanoamérica), Portugal, Francia e Bélxica, especialmente o día de Reis.

O roscón orixinal tería sido un simple biscoito (tipo bica) en forma de rosca. O roscón típico actual adoita ser un doce mesto e pesado, vernizado con ovo, que se adorna con froita confeitada ou cristalizada de varias cores (cereixas, laranxas, ameixas, peras etc.), e montes de azucre.

Nalgúns casos (raramente en Galicia) pode encherse de nata, crema, chocolate, cabelo de anxo etc. No do día de Reis métenselle "sorpresas" no interior (figuriñas e un feixón).

Soia

A soia (Glycine max) é unha especie de legume nativa do leste de Asia, amplamente cultivada polo seu feixón comestíbel, que ten numerosos usos. A FAO clasifícaa coma unha oleaxinosa no canto dun legume seco.

A fariña de soia desgraxada é unha fonte de proteínas para a alimentación animal e precociñados importante e barata; O aceite de soia é outro subproduto importante deste cultivo. Por exemplo produtos de soia coma a proteína vexetal texturizada (TVP nas súas siglas en inglés), son a base de moitos sucedáneos de leites e carnes. A soia produce moita máis proteína por hectárea ca ningún outro cultivo.A comida tradicional non fermetada adoita usar a soia, incluíndo leite de soia, e desta, tofu e tona de soia. A comida fermentada incúe o mollo de soia, pasta de feixón fermentado, natto e tempeh, entre outros. O aceite emprégase en moitas aplicacións industriais. Os maiores produtores de soia son os Estados Unidos (35%), o Brasil (27%), a Arxentina (19%), a China (6%) e maila India (4%). Os feixóns conteñen unha significante cantidade de ácido fítico, ácido alfa-linolénico, e isoflavonas.

Tocantins

Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Maranhão ao norte e nordeste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao suroeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.

Verdura

As verduras son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Videl

Videl (ビーデル, Bīderu) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. É a filla do Señor Satán. Medrou aprendendo artes marciais e esperando ser tan forte como o seu pai, aínda que en realidade, sen sabelo, xa o superaba. É unha rapaza dura e intelixente, criada nun ambiente de fama e cartos. O seu nome provén do inglés Devil (デビル, Debiru, Demo).

Foi a gañadora do torneo infantil no 24° Campionato Mundial de Artes Marciais, ós 11 anos. Estudou no colexio Orange Star, onde coñeceu a Son Gohanda e tras decatarse de que el é o Gran Súper Guerreiro obrígao a ensinarlle a voar. No proceso dáse conta de quen venceu realmente a Célula foi Gohan e non seu pai.

Participa no 25° Campionato Mundial de Artes Marciais, onde Spopovitch (quen estaba influenciado polo poder de Babidi) a vence deixándoa moi mal ferida, pero recupérase axiña grazas a un feixón máxico. Durante o seu tempo xuntos, namórase de Son Gohanda e tras oír noticias sobre a suposta morte de Gohan a mans de Majin Boo, rompe a chorar e négase a crelo (só no anime). Posteriormente Son Gohanda volve á Terra, casan, e teñen unha filla chamada Pan.

Máis adiante en Dragon Ball GT vólvese unha muller máis distanciada das artes marciais aínda que cando apareceu Súper C-17, decidiu enfrontarse a el formando un grupo feminino composto por: Chichi, Bulma, Bra e ela mesma. Porén, , foi posuída xunto ó resto da humanidade por Baby.

É a muller humana máis forte da Terra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.