Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

Autor e data

O autor do libro é San Lucas, autor tamén do Evanxeo que leva o seu nome. De feito o libro foi concibido como unha segunda parte do evanxeo.

A data de elaboración sería un pouco posterior á do evanxeo, polo que se pode situar sobre o ano 80 ou algo posterior.

Estrutura

Feitos segue o mesmo esquema que xa utilizara o autor no evanxeo. Estrutura o libro como un camiño que vai desde Xerusalén a Roma, da capital do pobo escolleito á capital do mundo. Para simbolizar que o evanxeo, que xa fora anunciado aos xudeus, chega agora a toda a humanidade.

Contido

O libro céntrase na actividade de só dous apóstolos Pedro e Paulo. Con referencias case anecdóticas a outros:

  • Os capítulos adicados aos "sete diáconos", co martirio de Estevo, que serve ao autor para introducir a personaxe de San Paulo, ou a conversión do ministro de Candaces polo diácono Filipe
  • O martirio de Santiago o Maior (o de Compostela).

A primeira parte do libro céntrase na figura de Pedro e nos primeiros pasos da igrexa en Xerusalén: o inicio da predicación, a relación co xudaísmo, péchase coas primeiras persecucións e a conversión de Saulo, que en diante se coñecerá como Paulo.

Na segunda parte o protagonista e Paulo de Tarso, o libro relata a súa actividade como predicador ambulante e fundador de comunidades cristiás. Nárranse as súas catro viaxes, primeiro en Asia Menor, despois Grecia e, por último, ata Roma. O libro remata coa predicación de Paulo nesa cidade.

Véxase tamén

Outros artigos

Antioquía

Este artigo é sobre unha cidade de Oriente Próximo. Para o departamento colombiano, véxase Antioquia.Antioquía (en turco: Antakya; ou "Αντιόχεια" en grego) é unha cidade que se atopa na rexión do Mediterráneo de Turquía. É a capital da provincia de Hatay e conta con 360.652 habitantes.

Día da Ascensión

O Día da Ascensión é unha festa cristiá que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección (durante o Tempo pascual) e que conmemora a ascensión de Xesucristo ao ceo en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo.

Estevo Mártir

Santo Estevo (do grego Stephanos, coroa) foi un diácono e protomártir, considerado o primeiro mártir cristián.

Evanxeo de Filipe

O Evanxeo de Filipe é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos. Datado entre 180 e 350 EC estivo perdido para os investigadores modernos ata que un exipcio o redescubriu por accidente, enterrado nunha cova preto de Nag Hammadi, en 1945.O texto non está relacionado cos Evanxeos canónicos. Inda que o evanxeo poida parecer semellante ao Evanxeo de Tomé, non é un evanxeo propiamente dito, senón unha colección de ensinanzas e reflexións gnósticas, unha "antoloxía gnóstica", segundo o estudoso da relixión Marvin Meyer e Esther A. De Boer, que consideran que é un texto valentianista. Os sacramentos, en concreto o sacramento do matrimonio, son o tema principal. O texto é coñecido por ser unha das primeiras fontes da popular teoría de que Xesús estaba casado con María Madalena. O manuscrito en grego antigo describe a Xesús como o "koinonos" de María, ou "compañeiro", o que podería implicar unha relación sexual íntima ou un amigo ou compañeiro na fe. Inda que o texto orixinal do papiro está perdido algunhas traducións enchen os ocos suxerindo que "Xesús quería a María Madalena máis que aos outros discípulos e soia bicala na boca a miúdo."A súa única relación co apóstolo Filipe é que este é o único apóstolo mencionado nos manuscritos (73, 8).> Doutra banda, un "Filipe evanxelista" é mencionado nos Feitos dos Apóstolos (21:8):

[...] entrando na casa do evanxelista Felipe, un dos Sete, paramos onda el.Como parte da biblioteca Nag Hammadi o Evanxeo de Filipe atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.

Evanxeo de Lucas

O Evanxeo de Lucas é o terceiro libro do Novo Testamento dentro da Biblia. Recolle unidades de predicación constituídas por feitos da vida de Xesús de Nazaret e tamén ditos, a maioría moi probablemente da denominada fonte Q. Constitúe unha unidade literaria cos Feitos dos Apóstolos

Herodes

Herodes o Grande, nado en Ascalón o 74 antes de Cristo e finado en Xerusalén o 4 antes de Cristo, foi rei dos xudeus e unificou Galilea e Xudea e reconstruíu o Templo de Xerusalén.

Herodes Agripa I

Herodes Agripa I, de nome completo Marco Xulio Agripa Herodes, nado o ano 10 a.C. e finado en Cesarea o ano 44, foi rei de Xudea entre os anos 41 e 44.

Igrexa ortodoxa siríaca

A Igrexa Ortodoxa Siríaca de Antioquía (en siríaco: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܬܪܝܨܬ ܫܘܒܚܐ) é unha igrexa de credo monofisita, que se remonta nas súas raigames semíticas ao amencer do cristianismo, xa que a antiga Igrexa de Antioquía foi unha das igrexas que primeiramente se estabeleceron fóra de Palestina como unha Igrexa apostólica. Foi en Antioquía onde os seguidores de Xesús de Nazaret foron chamados cristiáns, tal como se relata nos Feitos dos Apóstolos.

Lucas o Evanxelista

San Lucas Evanxelista foi un médico xudeu helenizado do século I, nado en Antioquía (actual Turquía), coñecido por ser un dos catro evanxelistas. Como san Marcos, non foi un dos doce apóstolos. Ademais de considerárselle autor do terceiro evanxeo, tamén se lle atribúe a autoría dos Feitos dos Apóstolos.

O nome procede do grego Λουκᾶς Loukás, Lukas, latinizado como Lucas ou Luca .

É patrón dos médicos e da Facultade de Medicina de Santiago. Tamén o é dos pintores, doutores e cirurxiáns (pola súa profesión), solteiros (morreu solteiro), carniceiros e encadernadores (pola súa identificación co boi), cervexeiros e notarios [1].

Marcos o Evanxelista

San Marcos o Evanxelista (século I) vén sendo considerado tradicionalmente o autor do Evanxeo de Marcos.

Adoita identificárselle con "Xoán, tamén chamado Marcos". Este personaxe aparece varias veces nos Feitos dos Apóstolos. Cítaselle por primeira vez en Feitos 12:12, cando Pedro, milagrosamente liberado do cárcere, refúxiase en casa de María, nai de Xoán, por alcume Marcos. Acompañou a Pablo de Tarso e a Bernabé na primeira viaxe de Paulo (Feitos 13:5), pero separou deles cando chegaron a Panfilia, regresando a Xerusalén (Feitos 13:13). Cando Paulo ía iniciar a súa segunda viaxe, tivo unha grave disputa con Bernabé á mantenta de Xoán, chamado Marcos: Bernabé quería que fose con eles, pero Paulo negábase, xa que os abandonara na viaxe anterior. Paulo e Bernabé terminaron por separarse, e Marcos acompañou o segundo na súa viaxe a Chipre (Feitos 15:37-39).

Non está claro se este personaxe, "Xoán, tamén chamado Marcos" é o mesmo ao que se fai referencia nalgunhas epístolas atribuídas a Paulo, concretamente en Timoteo 4:11, Colosenses 4:10, Filemón 1:24 e na Primeira Epístola de Pedro (1Pedro 5:13). En Colosenses e Filemón di del que é curmán, ou sobriño, de Bernabé, o que podería explicar que este disputase con Paulo acerca de Marcos.

Non está claro que todas as mencións neotestamentarias fagan referencia ao mesmo personaxe, aínda que si parece o máis probable.

Para a Igrexa Copta e para a Igrexa Ortodoxa, Marcos foi o primeiro papa de Alexandría.

Monte das Oliveiras

O monte das Oliveiras (en hebreo: הַר הַזֵּיתִים, Har HaZeitim; en árabe, جبل الزيتون, Yabal al-Zaytun) está situado no val do Kidron, ao leste de Xerusalén. Nel, segundo a Biblia, Xesús realizaba adoito as súas oracións e mesmo se atopaba alí o día que foi arrestado.

O monte das Oliveiras é considerado un dos lugares máis sagrados de Terra Santa. Alí están situadas as igrexas de Getsemaní, Pater Noster e Dominus Flevit.

O monte das Oliveiras toma o seu nome das oliveiras que poboan as súas ladeiras. Na súa aba atópanse os xardíns de Getsemaní, onde Xesús se hospedou en Xerusalén. O monte das Oliveiras é o lugar de moitos eventos bíblicos importantes. Nos Feitos dos Apóstolos noméase como o lugar desde o que Xesús ascendeu ao ceo. Os soldados romanos da Décima Lexión acamparon no monte durante o sitio a Xerusalén no ano 70 a.C., que levou á destrución da cidade.

No Libro de Zacarías, o monte das Oliveiras aparece identificado como o lugar desde o que Deus comezará a redimir os mortos ao final dos tempos. Por esta razón, os xudeus sempre intentaron ser enterrados na montaña.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Pentecoste

Esta páxina trata da festa de Pentecoste. Para a illa pertencente a Vanuatu véxase Illa de Pentecoste

Pentecoste (do grego pentekosté (heméra) "o quincuaxésimo día") describe a festa do quincuaxésimo día logo da Pascua (Domingo de Resurrección) e que pon termo ao tempo pascual.

Durante Pentecoste celébrase o descenso do Espírito Santo e o inicio da actividade da Igrexa, por iso tamén se lle coñece como a celebración do Espírito Santo. Na liturxia católica é a festa máis importante logo da Pascua e a Nadal. A liturxia inclúe a secuencia medieval Veni, Sancte Spiritus.

O fondo histórico de tal celebración baséase na festa semanal xudía chamada Shavuot (festa das semanas), durante a cal celébrase o quincuaxésimo día da aparición de Deus no monte Sinaí, polo tanto no día de Pentecoste tamén se celebra a entrega da Lei (mandamentos) ao pobo de Israel.

Nas Igrexas ortodoxas existe ademais a celebración das Tres Divinas Persoas ou da Santa Trindade; as Igrexas occidentais celebran para esta ocasión desde o século XIV a súa propia festa chamada Trinitatis (a festa da Santísima Trindade) unha semana despois do Pentecoste.

No calendario cristián con Pentecoste termina o tempo pascual dos 50 días.

Nas narracións sobre Pentecoste de Feitos dos Apóstolos (2,1 - 41) adxudícaselle ao Espírito Santo, en congruencia co Antigo Testamento, características milagrosas (carismas): el ofrece valentía e liberdade, posibilita a comprensión (glosolalia) e fortifica unha comunidade universal.

O luns logo de Pentecoste é día de festa en moitos países como Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Hungría, Islandia, Liechtenstein, Noruega, os Países Baixos ou Suíza. Tamén é festivo nalgunhas comunidades autónomas de España como en Cataluña.

Ría de Arousa

A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.

Santa Trindade

A Santa Trindade é un concepto relixioso cristián que se refire á crenza de que Deus é un e tres ó mesmo tempo. Así, o Deus dos cristiáns é Pai (Deus mesmo), Fillo (Xesucristo) e Espírito Santo (representado como unha pomba, ou como linguas de lume e incorpóreo e que lles dá poderes ós apóstolos en Feitos dos Apóstolos como curación, poliglotismo...).

Simón, apóstolo

Simón, dito Simón, o celote (ou o Celador) ou Simón, o Cananeo, natural da Galilea, foi un dos discípulos de Xesús Cristo que formou parte do grupo dos doce apóstolos. Refírese coma o Cananeo de acordo co Libro de Mateo e coma o celote no Libro de Lucas e en Feitos dos Apóstolos.

A palabra grega Cananeo e a palabra celote, derivada do aramaico, significan a mesma cousa: "celoso". Suponse por ese apelido que Simón pertencía á seita xudaica coñecida como celotes.

Teófilo

O antropónimo masculino Teófilo pode referirse a:

Teófilo, arconte epónimo de Atenas en -348 e -347.

Teófilo, personaxe a quen están dedicados o Evanxeo de Lucas e os Feitos dos Apóstolos.

Teófilo de Antioquía, sexto bispo de Antioquía (Siria) no século II.

Teófilo de Cesarea, bispo de Cesarea Palestina (ou Cesarea Marítima), morto en 195.

Teófilo, patriarca de Alexandría entre 385 e 412.

Teófilo, emperador bizantino entre 829 e 842, o segundo da chamada dinastía frixia.

Teófilo Presbítero, beneditino do século XII, autor de varios tratados artísticos considerados precedentes da historiografía da arte.

Teófilo Braga, político, escritor e ensaísta portugués (1843-1924).

Teófilo Caamaño, mariñeiro e guerrilleiro antifascista galego (1912-1997).

Teófilo Borunda, político mexicano, membro do Partido Revolucionario Institucional (n. en 1912).

Teófilo Cubillas, futbolista peruano (n. en 1949).

Teófilo Comunicación, editorial de Santiago de Compostela.

Veni, Sancte Spiritus

A secuencia Veni Sancte Spiritus está prescrita na Liturxia Católica Romana para as misas de Pentecoste e a súa oitava, e con ela a Igrexa lembra a primeira vinda do Espírito Santo sobre os Apóstolos, tal e como se narra no capítulo segundo dos Feitos dos Apóstolos.

Considérase que o autor do texto é Stephen Langton, Arcebispo de Canterbury, aínda que durante moito tempo foi atribuído ao Papa Inocencio III.

Veni Sancte Spiritus é unha das secuencias medievais que sobreviviron á reforma da liturxia católica realizada polo Concilio de Trento e aínda seguen presentes no Misal Romano (de 1570); as outras son:

Victimae paschali laudes (en Pascua).

Lauda Sion Salvatorem (na festa do Corpus).

Dies irae (nas misas de réquiem).

Stabat Mater.

Virxe María

A Virxe María, Santa María ou simplemente María (Mariam: grego: Μαριάμ; hebreo: מרים; árabe: مَريَمْ) foi unha muller xudía de Nazaret (Galilea), considerada segundo as tradicións cristiá e musulmá a nai de Xesús de Nazaret e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de Deus. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de Benaventurada Virxe María e Nai de Deus nas igrexas occidentais, e o seu equivalente Theotokos no cristianismo oriental, e Maryam, nai de Isa (Xesús) no islam. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é Cristo (é dicir, o mesías prometido ao pobo xudeu) e Deus Fillo encarnado, mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos profetas más importantes enviados por Deus á humanidade.

Segundo os Evanxeos canónicos de Mateo e Lucas, María era unha virxe (en grego παρθένος, parthénos) que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do Espírito Santo. Os musulmáns cren que concibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba prometida a San Xosé mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a Belén, onde naceu Xesús.

O Novo Testamento comeza a súa crónica da vida de María coa Anunciación, cando o arcanxo Gabriel se lle apareceu e lle anunciou a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A tradición da Igrexa e o Protoevanxeo de Santiago (apócrifo) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San Xoaquín e Santa Ana.

Os cristiáns da Igrexa católica, da Igrexa Ortodoxa, da ortodoxia oriental, da Comuñón Anglicana e das igrexas luteranas cren que María, como nai de Xesús, é Nai de Deus (Μήτηρ Θεοῦ) e a Theotokos, "portadora de Deus". María ten recibido veneración dende os comezos do cristianismo, a través de numerosas advocacións (Virxe de Fátima, de Lourdes etc.). Hai unha grande diversidade na marioloxía e prácticas devocionais das diferentes tradicións cristiás. A Igrexa católica ten unha serie de dogmas marianos, como a Inmaculada Concepción, a Virxindade perpetua de María e a súa Asunción ao Ceo.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.