Feira de Santos de Monterroso

A Feira de Santos de Monterroso é un evento que se celebra cada ano o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, na vila lucense de Monterroso, capital da comarca da Ulloa.[1]

Esta feira, que ten lugar cando menos dende 1450, foi declarada festa de interese turístico de Galicia no ano 2011.[2]

Coordenadas: 42°47′30.39″N 7°50′7.78″O / 42.7917750, -7.8354944

Feira de Santos 2012, Monterroso (2)
Monterroso por Santos, no ano 2012.

A feira na cultura popular

Cantigueiro

  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo.[3]
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ na feira de Monterroso,/ vinte e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo.
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo.[4]

Galería de imaxes

Feira de gando de Monterroso (2)
 
Feira de gando de Monterroso, cabalos (2)
 
Feira de gando de Monterroso, cabalos
 
Feira de gando de Monterroso, gando vacún (2)
 
Feira de gando de Monterroso, gando vacún
 
Feira de gando de Monterroso
 
Feira de Monterroso, gando e gandeiros
 
Feira de Santos 2012, Monterroso (3)
 
Venda de cachuchas, chourizos, xamóns e queixos
Venda de cachuchas, chourizos, xamóns e queixos 

Notas

  1. 1 e 2 en Turgalicia.
  2. Resolución do 3 de maio de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de abril de 2011…
  3. No texto: vín, de un. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 189.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 147. No orixinal: vín, de un.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gómez Alvite, M. J. (2010). A Feira De Monterroso. ISBN 978-84-96351-64-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

1 de novembro

O 1 de novembro é o 305º día do ano do calendario gregoriano (306º nos anos bisestos). Quedan 60 días para finalizar o ano.

Chuvia

A chuvia ou choiva é un fenómeno físico que consiste na precipitación de auga sobre a superficie da Terra. Este tipo de meteoro fórmase nas nubes. Non todas as choivas chegan ao chan: algunhas evapóranse mentres están aínda a caer, nun fenómeno que recibe o nome de virga e acontece principalmente en períodos locais de ar seco.

A choiva ten un papel básico no ciclo hidrolóxico. A cantidade de choivas mídese usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da choiva, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de choivas no lugar.

Comarca da Ulloa

A comarca da Ulloa é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Monterroso. A esta comarca pertencen os concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. No ano 2014 tiña 9532 habitantes, 4690 homes e 4842 mulleres. O seu nome procede do río Ulla, que nace na comarca.

Día de Tódolos Santos

O Día de Tódolos Santos é unha solemnidade cristiá instituída en honra dos santos todos, coñecidos e descoñecidos, segundo o papa Urbano IV, para compensar calquera falta ás festas dos santos durante o ano por parte dos fieis.

Nos países de tradición católica, celébrase o 1 de novembro, data na que se venera a todos os santos que non teñen unha festa propia no calendario litúrxico. Por tradición é un día festivo non laborable. Na igrexa ortodoxa celébrase o primeiro domingo despois de Pentecoste. A festa tamén a celebran as igrexas anglicana, metodista, luterana e outras igrexas protestantes, non obstante os protestantes festexan nese día os defuntos.

A orixe desta festividade católica son as tradicións pagás que perduraron en Europa (especialmente na Europa atlántica) até hai ben pouco. En Galicia a tradición máis viva e estendida é a dos magostos. Nos últimos tempos popularizouse a recuperada festividade céltica do fin do verán, O Samaín, mesturándose as tradicións europeas do baleirado de cabazas e nabos coa exitosa estética estadounidense do Halloween.

Feira

Unha feira é un acontecemento social, económico e cultural -establecido, temporáneo ou ambulante, periódico ou anual- que leva a cabo nunha sede e que chega a abarcar xeralmente un tema ou propósito común.

Pode ter por obxectivo primordial a promoción da cultura, algunha causa ou estilo de vida, xeralmente nunha forma divertida e variada; máis comunmente o obxectivo é a estimulación comercial, pois ten a finalidade de lucro ou de xerar ganancias para as localidades anfitrioas, persoas ou organizacións patrocinadoras, e participantes hospitalarios, a cambio dun tempo grato que inclúe diversión e entretemento, participación en xogos de azar e de destreza, alimentos, manxares e lambetadas, obxectos, ou xoguetes etc., para os participantes visitantes e negociantes, xa sexan estes menores ou maiores de idade, dependendo do acontecemento, consignas, características, costumes locais e leis que rexen o lugar.

Festa do queixo de Arzúa

A festa do queixo de Arzúa é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Arzúa, desde 1975. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

A festa celébrase sempre a primeira fin de semana de marzo. Esta festividade combina feira, festa e festival, tendo o queixo de Arzúa-Ulloa como o seu principal atractivo. As principais actuacións lévanse a cabo no recinto feiral Terra do Queixo.

Galería de imaxes de festas de Galicia

Galería de imaxes de festas de Galicia.

Galería de imaxes de ovellas de Galicia

Galería de imaxes de ovellas de Galicia.

Unha ovella é un ruminante ungulado cuadrúpede laúdo, femia da especie Ovis aries. O macho desta especie chámase carneiro.

Polbo á feira

O polbo á feira é un prato típico de Galicia e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. O seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar), aínda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.

Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

Queixo de Arzúa-Ulloa

O queixo de Arzúa ou queixo de Ulloa é un queixo DO galego, de leite de vaca, que se acolle protexido pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén se lle pode chamar queixo de Lugo, queixo de Chantada ou queixo de Curtis nas diversas localidades da súa ampla zona de fabricación.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.