Feira Franca de Pontevedra

A Feira Franca é unha festa celebrada en Pontevedra o venres pola tarde e todo o sábado da primeira fin de semana do mes de setembro. En 2013 foi declarada festa de interese turístico pola Xunta de Galicia[1]. Está ambientada na idade media, e inclúe postos de comida, animación nas rúas, música, obradoiros, artesanía en coiro, madeira, téxtiles, produtos naturais etc.

Feira Franca on Pontevedra
Edición do 2010.
Feira Franca
Grupo de visitantes ataviados con roupas medievais
Feira Franca 2019
Grupo de amigos na Feira Franca 2019
Plaza de toros de la ciudad de Pontevedra
Evento na praza de touros.

Historia e características

A Feira Franca ten a súa orixe no mercado libre de impostos, que comezou a celebrarse na cidade por un privilexio real instaurado polo rei Henrique IV en 1467, coa celebración dunha festa dun mes de duración arredor do 24 de agosto na honra de San Bartolomeu. Nas feiras medievais congregábanse as clases sociais máis altas coas máis baixas arredor dun mercado.

A primeira edición foi celebrada no ano 2000, e desde entón atrae un gran número de xente. Os veciños vístense con traxes de inspiración medieval e o casco histórico da cidade sofre unha importante transformación estética. A comida convive cos disfraces usados polos veciños da cidade que se animan a participaren con carros e cabalos polas rúas, con condenados á forca, con ferreiros e outros personaxes.

Desde hai varios anos cada feira dedícase a un aspecto. No ano 2006 foi adicada ós irmandiños, no 2007 ó mar, e no 2008 ó agro. Na décima edición do ano 2009 a Feira recibiu o nome de Amor, escarnio e maldicir, en homenaxe ás cantigas medievais feitas en lingua galega. No 2013 adicouse aos inventos, no 2014 á astronomía, e no 2015 á alquimia.

Notas

  1. "O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Feira Franca de Pontevedra", artigo na web da Axencia de Turismo de Galicia, 13 de xuño de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Luís Bará

Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego.

Praza de touros de Pontevedra

A Praza de touros de Pontevedra é un edificio adicado a actividades taurinas na cidade de Pontevedra, no cal se celebra cada ano a feira taurina da Peregrina. O recinto ten unha capacidade para 7.800 persoas, sendo polo tanto o segundo recinto con mais capacidade da capital pontevedresa, só por detrás do Estadio de Pasarón. A Praza de touros de Pontevedra é o único coso taurino permanente en todo o territorio galego. Dende o ano 1996 a praza ten un teito que protexe do sol ou da choiva a todo o recinto (tanto bancadas como area). A praza pertence á empresa dos irmáns Lozano dende hai mais de 30 anos, e nela celébranse ademais eventos como concertos musicais, mitins políticos ou actos da Feira Franca.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.