Feira

Unha feira é un acontecemento social, económico e cultural -establecido, temporáneo ou ambulante, periódico ou anual- que leva a cabo nunha sede e que chega a abarcar xeralmente un tema ou propósito común.

Tinto Salnés
XXXIX Festa do viño tinto do Salnés, en Barrantes (Ribadumia).

Pode ter por obxectivo primordial a promoción da cultura, algunha causa ou estilo de vida, xeralmente nunha forma divertida e variada; máis comunmente o obxectivo é a estimulación comercial, pois ten a finalidade de lucro ou de xerar ganancias para as localidades anfitrioas, persoas ou organizacións patrocinadoras, e participantes hospitalarios, a cambio dun tempo grato que inclúe diversión e entretemento, participación en xogos de azar e de destreza, alimentos, manxares e lambetadas, obxectos, ou xoguetes etc., para os participantes visitantes e negociantes, xa sexan estes menores ou maiores de idade, dependendo do acontecemento, consignas, características, costumes locais e leis que rexen o lugar.

Feira Pontevedra
Venda de plantas e alimentos na feira de Pontevedra.

Orixes

Orixinalmente a feira foi un fenómeno económico xurdido durante a idade media. Consistía nunha confluencia organizada de numerosos mercadores nunha localidade durante varios días e con periodicidade normalmente anual. En definitiva, un acontecemento que promove o comercio e a actividade económica, polo que foron fomentadas por reis e señores tanto laicos como relixiosos.

En Europa, no século XII e o século XIII, entre os anos 1150 e 1300, as feiras máis famosas foron a feira de Champagne, en Champaña, onde constituían un ciclo en que se celebraban as de Troyes, Provin, Bar-sur-Aube e Lagny. Na Península Ibérica, e entre outras, foi importante a de Medina del Campo e as vendellas de Sanlúcar de Barrameda.

Posteriormente, o termo feira foi evolucionando, designando desde exposicións de gando para a venda como calquera tipo de evento comercial, até as feiras taurinas. Actualmente o termo estendeuse desde a súa orixinal función comercial para incluír eventos festivos, con postos de venda de artigos variados e atraccións; estas últimas sitúanse a miúdo nos arredores da cidade.

As feiras hoxe en día

Hoxe en día, dependendo da localidade nos países, o termo «feira» pode referirse, entre outros, a:

  • a) Un evento ou festividade rexional ou local.
  • b) Un parque de diversións e xogos mecánicos permanente.
  • c) Diversións e xogos mecánicos ambulantes.

A chegada dunha feira ambulante a unha localidade pode converterse nun evento anual ou recorrente, dependendo, xeralmente, do éxito previo desta.

As connotacións xeralmente desexadas e que acompañan frecuentemente a utilización do termo, son aquelas de prosperidade, variedade e alegría.

Outra variedade e de gran actualidade hoxe en días é a Feira Virtual, desde a cal podemos ver outra forma de realizar este tipo de eventos.

Feiras famosas no mundo

Alemaña

Arxentina

  • Wine Tour Urbano "Wine Tour Urbano" realizada trimestralmente na cidade de Buenos Aires.

Estados Unidos

  • Feira de minerais de Tucson, Tucson (Arizona)
  • Art Basel Miami Beach, Miami Beach. Feira de arte contemporánea.

Colombia

  • Feira Internacional do Libro de Bogotá, Bogotá. Feira-exposición, celebrada en Corferias.
  • Feira Exposervicios, Bogotá. Feira de Servizos celebrada en Corferias.
  • Feira do Fogar, Bogotá. Feira do Fogar celebrada en Corferias.
  • Feira das Colonias, Bogotá. Feira das Colonias celebrada en Corferias.
  • Feira Agroexpo, Bogotá. Feira da Agricultura celebrada en Corferias.
  • Feira Expoartesanías, Bogotá. Feira de Artesanías celebrada en Corferias.
  • Feira do automóbil de Bogotá. Realizada en Corferias.
  • Feira da Gastronomía Realizada en Corferias, Os mellores Chef de America Latina, expoñen os seus mellores pratos.
  • Feira de Cali. Coñecida tamén como Feira da Cana, Feira da Rumba ou Feira da Salsa.
  • Feira de Manizales.

España

  • Salón Capital Humano, Madrid
  • Feira do Libro de Sevilla, Sevilla.Feira do Libro celebrada en Sevilla.
  • Feira de Murcia.
  • Feira de setembro, Albacete.
  • Feira do barro, feira de outono, Marratxí
  • San Fermines Pamplona
Salón do Automóbil 2012 IFEVI
XXI Salón do Automóbil de Vigo.

Galicia

Andalucía

En Andalucía, as feiras orixinais de orixe gandeira e relixiosa, ademais de certas celebracións máis recentes con motivación diversa (como as colombinas de Huelva dedicadas á relación con Iberoamérica), adoptaron nas últimas décadas (e aínda segue o proceso de innovación e cohesión) unha serie de elementos comúns, que fan das feiras andaluzas, un elemento fundamental da cultura andaluza actual.

Marcadores culturais máis relevantes destas feiras andaluzas son:

  • As grandes portadas, sobre todo nas cidades e nas feiras estraurbanas, aínda que tamén nalgunhas feiras urbanas (situadas dentro do centro urbano) de poboacións medias. é un elemento arquitectónico monumental e efémero que se adoita situar na entrada do recinto feiral ou das rúas habilitadas para a feira (no caso das feiras urbanas), en forma de gran porta decorada con estilos variables: arquitectura local, motivos florais e sobre todo lámpadas de cores rodeando a estrutura.
  • As casetas, de presumible orixe sevillano, foise estendendo ao resto de feiras da capital e de grandes cidades e en menor medida a outras feiras. Trátase de recintos efémeros teitados e con paredes de tea, decorados de forma tradicional con elementos mobiliarios e decoracións florais andaluzas, faroliños etc. Nalgunhas feiras decóranse as portadas de devanditas casetas de forma especialmente coidada, chegándose a facer concursos como na Feira do Cabalo xerezana, onde se valora, tanto a portada como a decoración interior da caseta.
  • Os chiringuitos, establecementos, case sempre de natureza tamén efémera, onde se venden alimentos e bebidas. Neles adóitase ofrecer pratos típicos da gastronomía andaluza, tapas e bebidas ou mesturas tradicionais, como a manzanilla ou o rebujito, ademais dalgúns pratos e bebidas mais convencionais.
  • A presenza abundante en boa parte das feiras do cabalo andaluz, xa sexa en concursos morfolóxicos, tradicionais feiras de gando ou a propia presenza de cabaleiros no recinto feiral.
  • A presenza de mulleres vestidas de flamenca en moitas das feiras.
  • A presenza de música andaluza de todo tipo, desde as omnipresentes sevillanas, ao pop aflamencado andaluz.
  • A frecuente existencia dunha zona reservada ás atraccións feirais habituais, usualmente separadas do resto da feira urbana ou nunha zona diferente do recinto feiral.

Algunhas das feiras andaluzas máis importantes son:

México

  • Feira Internacional do Libro, Guadalaxara, Xalisco. Feira-exposición.
  • Feira de Texcoco, Texcoco. Exposición gandeira.
  • Feira Nacional de San Marcos, *Aguascalientes. Feira de San Marcos.

Suíza

  • Baselworld, Basilea. Feira de reloxaría e bixutería.
  • Art Basel, Basilea. Feira de arte contemporánea.

Venezuela

  • Feira da Chinita, Maracaibo, Estado de Zulia.
  • Feira do sol, Mérida. Feira andina.
  • Feira Internacional de San Sebastián, San Cristóbal. Feira andina.
  • Feira Internacional de Barquisimeto

Elementos nunha feira

Dependendo de moitos factores determinantes, desde o propósito da feira en se, a súa natureza, a audiencia, e os costumes locais, até o tamaño da sede, tipo de patrocinio e a extravagancia mesma, a feira pode incluír algúns dos seguintes elementos:

Actividades

Entre as actividades pódense presentar:

  • Talleres educativos, clases e ensinos varios.
  • Concursos, rifas, lotaría, tómbolas e xogos diversos.
  • Dardos, globos e dardos.
  • Tiro ao branco.
  • Bailes.

Entretemento

Entre o entretemento pódese brindar:

  • Música folclórica, música típica e música rexional.
  • Danza contemporánea, Danzas rexionais e danzas folclóricas.
  • Obras ou presentacións teatrais ou artísticas.
  • Pallasos, Globos, figuras de animais feitas con globos e outras Artes circenses.
  • Fogos artificiais, pirotecnia ou xogos pirotécnicos.

Vestimenta

A indumentaria pode incluír:

  • Vestimentas folclóricas e vestimenta típica.
  • Disfraces, traxes de distinta época, máscaras e antefaces.

Comida

Entre os alimentos pódese ofrecer:

Produtos

Algúns produtos que poden venderse son:

Atraccións electro-mecánicas

Entre as diversas atraccións, tamén chamadas barracas, pódense atopar:

1 de novembro

O 1 de novembro é o 305º día do ano do calendario gregoriano (306º nos anos bisestos). Quedan 60 días para finalizar o ano.

Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán».

Berdillo, Carballo

San Lourenzo de Berdillo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.025 habitantes (486 homes e 539 mulleres), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.076 habitantes. Segundo o IGE, no 2004 tiña 1.089 habitantes (571 mulleres e 518 homes).

É unha parroquia densamente poboada, debido á súa proximidade a Carballo.

Brántega, Agolada

San Lourenzo de Brántega é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 127 habitantes (66 homes e 61 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes. Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Brántega

Cances, Carballo

San Martiño de Cances é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 645 habitantes (334 mulleres e 311 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 597 habitantes, sendo 292 homes e 305 mulleres.

Chantada, Chantada

Santa Mariña de Chantada é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Consta dun so núcleo de poboación: a vila de Chantada, capital do concello. Segundo o IGE en 2011 tiña 4.433 habitantes, dos que 2.111 eran homes, e 2.322 eran mulleres; o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.177 habitantes.

En Chantada celébrase unha feira os días 5 e 21 de cada mes.

Chicago

Chicago é a terceira maior cidade dos Estados Unidos, localizada no estado de Illinois, na rexión dos Grandes Lagos. Ten unha poboación de 2 869 121 habitantes, cunha área metropolitana de máis de nove millóns de habitantes.

Chicago é unha das cidades americanas na que as minorías son maiores. Dos habitantes da cidade, ao redor do 42% son brancos, mentres que un 36.77% son negros. O 26.02% son hispanos (sen distinguir a raza).

Chicago é famosa pola súa arquitectura, moi influente a finais do século XIX xa que o grande incendio de Chicago deixou moito espazo libre para construír (ou reconstruír), dando paso aos primeiros rañaceos do mundo. O edificio máis alto do mundo ata a construción das Torres Petronas en Kuala Lumpur (Malaisia) era as Torres Sears, en Chicago.

Chicago tamén é famosa polo aeroporto O'Hare, o máis ocupado do mundo. O seu nome ten orixe india.

Domingo

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.

Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima).

Luns

O luns ou segunda feira é o primeiro día da semana.

Martes

O martes, terza feira, ou terceira feira é o segundo día da semana. O termo "martes" vén do latín Martis (dies) ou día de Marte, deus romano da guerra, e os termos "terza feira" e "terceira feira" proceden do latín tertia feria (ou feria tertia).

Merlán, Chantada

San Tomé de Merlán é unha parroquia do concello de Chantada, na provincia de Lugo. No ano 2014 tiña 165 habitantes (82 homes e 83 mulleres) segundo o padrón municipal.

Na parroquia celébrase a afamada Feira das Cabras, o terceiro domingo do mes de setembro.

Monterroso

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, capital da Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2015 tiña 3778 habitantes (1880 homes e 1898 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterrosino.

Mércores

O mércores, corta feira, ou cuarta feira é o terceiro día da semana. O termo "mércores" vén do latín Mercurii (dies) ou día de Mercurio, deus romano do comercio e mensaxeiro dos deuses, e os termos "corta feira" e "cuarta feira" proceden do latín quarta feria (ou feria quarta).

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

San Claudio, Ortigueira

Santa María de San Claudio é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 471 habitantes (253 mulleres e 218 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.

Venres

O venres ou sexta feira é o quinto día da semana. O termo "venres" vén do latín Veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor, e o termo "sexta feira" procede do latín eclesiástico sexta feria (ou feria sexta).

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Vilatuxe, Lalín

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 628 habitantes (330 mulleres e 298 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

Xoves

O xoves ou quinta feira é o cuarto día da semana. O termo "xoves" vén do latín Iovis (dies) ou día de Xúpiter, deus supremo romano, e o termo "quinta feira" procede do latín quinta feria (ou feria quinta).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.