Federalismo

O Federalismo é unha forma de organización política. Esta organización fórmana organismos distintos (que poden chamarse estados - como no Brasil e Estados Unidos, provincias - como na Arxentina, cantóns - como en Suíza, o outro nome) que se asocian, delegando parte de súas liberdades ou poderes a un organismo superior ou centralizador (Estado federal, federación). Pero conservan algunha soberanía e algunhas competencias exclusivas, xa que non delegan todas para o organismo central.

Federación X Confederación

A diferenza entre unha federación e unha confederación é que, na última, o poder central é máis limitado. Tamén se pode considerar unha confederación cando unha serie de estados (ou países) temporalmente comparten a súa soberanía nalgúns aspectos, pero conservan o poder de se desligaren do pacto unilateralmente. Pero nunha federación, non hai esa liberdade de desligamento: a autonomía dos entes federativos ata pode crecer co paso do tempo e mudanzas nas leis, pero en xeral a constitución do país non dá ás entidades federativas o dereito a decidiren a secesión.

Organización política

En xeral, a defensa, a política exterior (relación con outras nacións), a moeda e as grandes liñas da economía son de competencia da federación. Pero a administración da saúde, educación, a competencia para crear algúns impostos, a organización das policías e outras tarefas, son de responsabilidade dos estados-membros, provincias ou cantóns.

Conforme a constitución de cada país, o grao de autonomía de cada estado-membro para facer as súas lexislacións locais pode ser maior o menor. Nos Estados Unidos, por exemplo, ós estados elaborar as súas propias leis penais, comerciais, civís e administrativas pois a constitución estadounidense non restrinxe este dereito. Por esta razón é que hai estados estadounidenses que permiten a pena de morte, o casamento de homosexuais, e outros non. Xa no Brasil, a lexislación civil, penal, comercial, parte das lexislacións tributaria (as normas xerais para creación de novos impostos) e administrativa é de responsabilidade do goberno federal. O estado de São Paulo, por exemplo, non pode alterar as leis penais para punir máis severamente algúns crimes o amnistiar outros, porque a lexislación penal é de competencia federal. Pero pode aumentar ou diminuír o imposto sobre os automóbiles por leis estatais, porque a constitución brasileira así o permite.

Constitución

En xeral, quen dá os límites da autonomía das entidades federadas é a constitución de cada país. É a constitución que define as competencias que serán exclusivas da Unión (federación), as que serán exclusivas dos estados-membros/cantóns/provincias, e as que serán ou poderán ser compartidas.

Federalismo simétrico e asimétrico

Chamamos federalismo simétrico cando hai igualdade de competencia entre todas as unidades rexionais, sen diferenciación de graos de autonomía entre elas. Se unha unidade rexional (estado, provincia etc) pode lexislar sobre certo tipo de asunto, outra pode lexislar sobre aquel mesmo asunto, aínda que de modo diferente, cada cal no seu território.

Chamamos federalismo asimétrico cando algúns territorios teñen máis autonomía nalgúns asuntos que outros. Isto ocorre normalmente en países que teñen diferenzas culturais en parte de seu territorio. Por exemplo: no Canadá, soamente a provincia de Québec ten autonomía para fixar a súa lingua oficial, e o fai de forma diferente do resto do país: alí, o francés é o idioma oficial.

Anarquismo

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social radical que chama á oposición e abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas non desexables, innecesarias e nocivas. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado), industrial (o especismo) ou calquera outra forma de opresión e explotación. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de coerción e violencia, para conseguir rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.

A intención é desenvolver e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidariedade recíproca. Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre a través de medios concordantes con eles como son os conceptos da autoxestión, a acción directa e de base.

Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenvólvese no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón converteuse nun movemento que está presente de forma continua en múltiplos temas contemporáneos.

Aureliano Pereira

Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855 e finado en Madrid o 31 de outubro de 1906, foi un político, xornalista e escritor galego.

Autonomismo territorial

O autonomismo ou autonomismo territorial é unha doutrina política cuxo obxectivo é manter ou obter a autonomía política dun determinado territorio, sexa unha nación ou rexión. Non é necesariamente contrario ao federalismo. Pola súa banda, o soberanismo implica por definición autonomismo, mais o autonomismo non ten forzosamente que ir acompañado de soberanismo.

No Estado español existen diversos movementos autonomistas. Por un lado, o concepto de estado das autonomías implica un autonomismo de facto que se aplica aos máis dos territorios. Ademais, nas nacionalidades históricas, principalmente Cataluña, Galicia e País Vasco, esta doutrina política ten especial peso.

Bandeira de Chile

A bandeira de Chile, coñecida como A estrela solitaria, foi adoptada oficialmente o 18 de outubro de 1817. Está dividida horizontalmente en dúas franxas: a superior é azul e branca mentres que a inferior é vermella. Sobre o cantón azul, sitúase un estrela de cinco puntas de cor branco.

As principais interpretacións do uso das cores da bandeira atribúen ó azul a representación dos ceos e o océano Pacífico; ó branco, os cumios nevados da cordilleira de los Andes; e ó vermello, o sangue verquido polos heroes nacionais na loita pola independencia. Á súa vez, a estrela simboliza os tres poderes do Estado chileno (Executivo, lexislativo e xudicial) que velan pola integridade da nación; porén, outras interpretacións atribuirían a estrela única como referencia ó Estado unitario, a diferenza de, por exemplo, a bandeira dos Estados Unidos de América cuxas múltiples estrelas representan o federalismo.

Porén, segundo os relatos do poema épico A Araucana (1569), as cores da actual bandeira chilena remontaríanse ás bandas tricolores empregadas polos toquis mapuches durante a Guerra de Arauco contra a Conquista española, mentres que a estrela sería a representación da estrela de Arauco, segundo Bernardo O'Higgins.O Día oficial da Bandeira nacional celébrase o 9 de xullo en conmemoración dos 77 soldados que faleceron en 1882 na Combate de Concepción, durante a Guerra do Pacífico.

Bicameralismo

A bicameralidade é a práctica de ter dous cámaras lexislativas. Nese senso, un parlamento bicameral é un parlamento ou congreso que posúe dous cámaras: unha Cámara baixa, xeralmente denominada Cámara dos Deputados, e unha Cámara alta, habitualmente chamada Senado.

Cantonalismo

O Cantonalismo é unha ideoloxía política que aspira a dividir o Estado Nacional en cantóns case independentes. Trátase dun posicionamento partidario dun federalismo de carácter radical, e o seu obxectivo é establecer unha serie de cidades ou confederacións de cidades (cantóns) independentes que se federarían libremente. Lembra en certos aspectos ás polis gregas. O cantonalismo tivo unha grande influencia no nacente movemento obreiro, sobre todo anarquista.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Federación

Unha federación (do latín fœdus, "pacto") é un estado conformado pola reunión de varias entidades territoriais. Tamén adoita denominarse estado federal, xeralmente ten un sistema político republicano, constituíndo unha república federal, e excepcionalmente monárquico.

As federacións están compostas por divisións territoriais que se autogobernan, denominadas xeralmente estados, cantóns, rexións, provincias ou mesmo doutro modo. Estas divisións gozan dun maior ou menor grao de autonomía pero , en calquera caso, teñen facultades de goberno ou lexislación sobre determinadas materias, distintas das que corresponden á administración federal (goberno da federación). O status de autogoberno das rexións que o compoñen está establecido pola súa constitución e, normalmente, non pode alterarse unilateralmente por decisión do goberno da federación.

O modelo federal pode chegar incluso ao dereito de autodeterminación dos territorios federados, como ocorreu durante o desmembramento da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. O termo contraponse ao de estado unitario ou centralizado.

As federacións poden ser multiétnicas ou estenderse por amplos territorios, aínda que non necesariamente ten por que darse algunha destas situacións. Con frecuencia as federacións constitúense sobre un acordo orixinal entre estados soberanos. Os estados que forman a federación non acostuman ter dereito a separarse unilateralmente da mesma. Entre as federacións máis significativas contemporáneas están os EUA, México, Arxentina, o Brasil, a India, Rusia, Alemaña ou Venezuela.

A organización política ou estrutura constitucional que caracteriza unha federación coñécese como federalismo.

Federalismo europeo

O federalismo europeo é un movemento político e social que persegue a creación da Federación Europea, é dicir, que os estados de Europa se unan nunha federación.

Francesc Pi i Margall

Francesc Pi i Margall, nado en Barcelona o 20 de abril de 1824 e finado en Madrid o 29 de novembro de 1901, foi un político, pensador e escritor catalán, presidente da Primeira República Española dende febreiro de 1873 até xaneiro de 1874. Partidario dun modelo federalista para a Primeira República, soubo unir as influencias de Proudhon para levar a cabo a política do Estado.

Izquierda Unida

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Partido Galeguista (1978)

O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.

Partido Socialista Galego

O Partido Socialista Galego ou PSG foi un partido galego nacionalista de esquerdas fundado na clandestinidade en 1963 e fusionado con Esquerda Galega en 1984.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Prefecto

Un prefecto é unha Autoridade descendente da liña nacional do Goberno. Rexe os asuntos de Orde Interno e de Seguridade Interna, no ámbito territorial ao que é designado. Protexe os intereses da nación diante da posibilidade de desorde das autoridades municipales. Encargase tamén de administrar, poñer orde nunha escola ou institución.

Os prefectos normalmente atópanse en países unitarios (non federados) e son os que levan a voz do goberno para o interior das poboacións. Teñen baixo o seu mando aos Subprefectos, Gobernadores ou Tenentes Gobernadores. Nalgúns casos o nome de prefecto cambia a Intendente.

Cando nun país unitario, unha das súas provincias adquire autonomía ou independencia, a figura do prefecto é substituída por un Delegado do Goberno Nacional. Os países unitarios aplican, polo tanto, o Sistema Prefectural e o Sistema Municipal.

Nos países en réxime de federalismo a figura do Prefecto é substituída por un Gobernador electo por voto popular, que non ten vínculo de dependencia do Goberno Nacional. As Autoridades da liña prefectural son normalmente designados a confianza do Presidente da República ou Xefe da Monarquía.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.