Federación de Bosnia e Hercegovina

A Federación de Bosnia e Hercegovina é unha das dúas entidades políticas que conforman a República de Bosnia e Hercegovina, en conxunto coa República Serbia. A Federación de Bosnia e Hercegovina constituiuse tralos Acordos de Dayton que remataron coa Guerra de Bosnia en 1995.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
F bih02
Alen Omić

Alen Omić, nado o 6 de maio de 1992 en Tuzla, é un xogador profesional de baloncesto esloveno que xoga para o Joventut Badalona da Liga ACB. Cunha estatura de 2,16 metros xoga na posición de pivote.

Bandeira de Bosnia e Hercegovina

A bandeira de Bosnia e Herzegovina (en bosníaco: Zastava Bosne i Hercegovine) está formada por un pano azul, cun triángulo isóscele de cor amarela no centro, cuxos catetos teñen un tamaño igual ao ancho da bandeira, tocando un dos seus catetos o bordo superior desta, e estando o outro orientado cara ao lado exterior da bandeira. Ao longo da hipotenusa do triángulo aparecen en cor branca, sete estrelas de cinco puntas e dúas medias estrelas que asoman polos bordos da bandeira.

As tres puntas do triángulo representan as tres nacións de Bosnia e Hercegovina (bosníacos, croatas e serbios). As estrelas, que representan a Europa, suponse infinitas, de aí as dúas medias estrelas que asoman polos bordos da bandeira. As cores da bandeira adoitan asociarse coa neutralidade e a paz (branco, azul e amarelo).

Bihać

Bihać é unha cidade de 60.707 habitantes, situada na ribeira do río Una, no noroeste de Bosnia e Hercegovina. A cidade é o coentro do cantón de Una - Sana da Federación de Bosnia e Hercegovina.

Borislav Stanković

Borislav Stanković, nado o 9 de xullo de 1925 en Bihać, Reino de Iugoslavia é un ex-xogador de baloncesto serbio, adestrador profesional e membro da FIBA e do Comité Olímpico Internacional retirado. Recoñecéuselle a súa labor por este deporte ao incluir o seu nome no Basketball Hall of Fame e ao outorgárselle o cargo de secretario xeral emérito da Federación Internacional de Baloncesto.

Bosnia

Bosnia pódese referir a:

Bosnia e Hercegovina, un estado europeo actual

Bosnia, unha rexión histórica dos Balcáns

Federación de Bosnia e Hercegovina, un dos dous compoñentes de Bosnia e Hercegovina

Guerra de Bosnia, conflito armado en Bosnia e Hercegovina enmarcado nas guerras iugoslavas

Provincia de Bosnia, unha provincia do Imperio Otomán (séculos XV ao XX)

República Croata de Herzeg-Bosnia, estado non recoñecido que existiu de 1991 a 1994

Bosnia e Hercegovina

Bosnia e Hercegovina (en bosníaco, croata e serbio latino: Bosna i Hercegovina, en cirílico: Босна и Херцеговина) é unha república federal dos Balcáns, que limita ao norte, oeste e sur con Croacia, ao leste con Serbia, e ao sueste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no Mar Adriático.

O poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os bosníacos, o maior dos tres, en segundo lugar os serbios e finalmente os croatas. A distinción entre bosníaco e hercegovino é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica. O país está politicamente descentralizado e consta de dúas entidades de goberno principais, a Federación de Bosnia e Hercegovina e a República Serbia, sendo o pequeno Distrito de Brčko unha terceira entidade de facto.

Antigamente foi unha das seis unidades federais que constituían a República Federal Socialista de Iugoslavia, obtendo a súa independencia durante as guerras iugoslavas da década de 1990. O estado podo ser descrito como unha república democrática federal, sendo un dos candidatos potenciais para ser membro nun futuro da Unión Europea e da OTAN.

Dejan Lovren

Dejan Lovren, nado en Zenica o 5 de xullo de 1989, é un futbolista profesional croata que xoga de defensa central no Liverpool FC. Ademais, é internacional coa selección de Croacia.

Doboj

Doboj (en serbio: Добој) é unha cidade e concello situado na República Serbia dentro da federación de Bosnia e Hercegovina. A cidade é un importante nó ferroviario e alí ten a súa sede os Ferrocarrís da República Serbia e a Corporación dos Ferrocarrís de Bosnia e Hercegovina. A superficie do concello é de 691 km² despois que tras a Guerra de Bosnia se formaran, integrados na Federación de Bosnia e Hercegovina, os concellos de Doboj do Leste e Doboj do Sur de maioría musulmá e Usora de maioría croata.

A poboación estimada do concello é de 80.000 habitantes e da cidade de 30.000 . A composición étnica variou considerablemente coa Guerra de Bosnia, actualmente a maioría da poboación é serbia con arredor do 80%, un 13% é bosniomusulmá e un 3% croata.

Džanan Musa

Džanan Musa, nado o 8 de maio de 1999 en Bihać, é un xogador bosnio de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).

Gavrilo Princip

Gavrilo Princip (o seu apelido é ás veces transcrito Prinzip e Printsip), nado en Obljaj (Bosnia e Hercegovina) o 25 de xullo de 1894 e finado en Terezin o 28 de abril de 1918, foi un nacionalista serbio, coñecido por dar morte en 1914 ao arquiduque Francisco Fernando de Austria.

Goražde

Goražde (en serbio: Горажде) é unha cidade e concello de Bosnia e Hercegovina. Atópase no cantón de Podrinje Bosníaco, dentro do territorio da Federación de Bosnia e Hercegovina.

Cunha poboación de preto de 25.000 habitantes antes da guerra de Bosnia (1992-1995), Gorazde despois da limpeza étnica do 1992 executada en Bosnia oriental por parte das forzas serbias, queda como un do tres enclaves de maioría bosníaca de Bosnia oriental e tras a toma por forzas serbobosníacas das zonas previamente desmilitarizadas de Zepa e Srebrenica quedou como o único enclave non ocupado. Atópase unido ó resto da Federación de Bosnia e Hercegovina por un corredor territorial que discorre entre zonas da entidade da República Srpska (República Serbia de Bosnia).

Jusuf Nurkić

Jusuf Nurkić, nado o 23 de agosto de 1994 en Tuzla, é un xogador bosnio de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Livno

Livno é un concello do oeste de Bosnia e Hercegovina, situado no Cantón 10 da Federación de Bosnia e Hercegovina. A súa poboación é de 32.454 persoas: o 83,4 % croatas, 12,9 % bosnios, e 2,2 % serbios.

Milorad Ratković

Milorad Ratkovic, nado en Zenica, (Bosnia e Hercegovina), o 15 de outubro de 1964 foi un futbolista Iugoslavo que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.

Mostar

Mostar é unha cidade de Bosnia e Hercegovina é o centro do cantón de Herzegovina - Neretva da Federación de Bosnia e Hercegovina. En 2003 tiña 105.448 habitantes. Localízase na ribeira do río Neretva. O 48% da poboación é croata, o 48% bosníaca e o 3 % serbia.

Presidencia de Bosnia e Hercegovina

A Presidencia de Bosnia e Hercegovina (en bosníaco: Predsjedništvo Bosne i Hercegovine/Предсједништво Босне и Херцеговине) constitúe a xefatura de estado colexiada de Bosnia e Hercegovina. Segundo o artigo V da Constitución, a Presidencia colexiada consta de tres membros: un bosníaco e un croata electos pola Federación de Bosnia e Hercegovina, e un serbio electo pola Republika Srpska. En conxunto cumpren un mandato de catro anos.

República Serbia

A República Serbia (en adiante RS) (serbio: Република Српска) é unha das dúas entidades políticas que forman Bosnia e Hercegovina. A outra é a Federación de Bosnia e Hercegovina. Ten unha superficie de 24 811 km² e unha poboación de 1 490 993 habitantes, e o seu himno titúlase Moja Republika

Slobodan Praljak

Slobodan Praljak, nado en Čapljina o 2 de xaneiro de 1945, e finado na Haia o 29 de novembro de 2017, foi un enxeñeiro, director de televisión e home de negocios croata-bosnio. Entre 1992 e 1995, serviu como xeneral do exército terrestre de Croacia e do Consello Croata de Defenso, un exército da República Croata de Herzeg-Bosnia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.