Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Federación Rural Galega (FRUGA)
Sindicato agrario de Galiza
LOGO FRUGA
Historia
Fundación2009
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Esquerda política
Outros datos
Páxina webwww.fruga-galiza.org

Historia

A FRUGA foi creada por unha escisión do Sindicato Labrego Galego que quería aumentar os vínculos deste co BNG e a Unión do Povo Galego[1]. A federación está bastante ben implementada nalgúns sectores, en especial entre os produtores lácteos[2].

Ideoloxía

O sindicato é de ideoloxía nacionalista e esquerdista, estando moi unido ao BNG, Confederación Intersindical Galega e Unión do Povo Galego e á liña política destas organizacións. A FRUGA tamén apoia o cooperativismo, a soberanía alimentaria, o feminismo, a independencia e soberanía de Galiza[3] e o ecoloxismo. Tamén é membro fundador da Alianza Rural Galega, que loita contra os proxectos de megaminaría en Galiza[4].

Notas

  1. El ex sindicalista del SLG Xurxo Álvarez preside desde ayer la Federación Rural Galega
  2. La Fruga apoya la huelga de los productores lácteos
  3. "Até 12 organizacións reclaman nun manifesto soberanía para acabar co atraso secular da Galiza". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
  4. "Federación Rural Galega » Alianza Rural Galega presenta manifesto contra a minaria contaminante". Fruga-galiza.org

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

O Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas (SLG - CC.LL) é un sindicato nacionalista galego de agricultores/as e gandeiros/as. A súa sede central está en Santiago de Compostela e, tras a dimisión de Carme Freire na Dirección Nacional do 14 de xuño de 2012, a súa secretaria xeral é Isabel Vilalba Seivane.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.