Fe (relixión)

A fe é a firme e absoluta convicción de que algo é verdade, independentemente de que haxa ou non evidencias que ratifiquen tal verdade.

La Fe (L.S. Carmona, MRABASF E-108) 01
Alegoría da fe, por L.S. Carmona (1752-53). O pano simboliza a imposibilidade de coñecer directamente as evidencias

Causas e explicacións

As causas polas cales nos convencemos da veracidade da nosa fe, dependerán dos elementos nos que confiamos e, en última instancia da corroboración entre o agardado e mailo obtido. Dependendo do tipo de intelixencia que teñamos máis desenvolvida, o que agardamos e obtemos poderase compartir con outras persoas afíns á nosa tendencia intelixente, ou pola contra, calar por temor a ser rexeitados. A integración máis ou menos completa de todas as intelixencias, capacitaranos para facer valer dun modo máis ou menos efectivo, as deducións resultantes do procesamiento da información polo noso consciente. Ao compartilo de forma intelixente con outras persoas, poderemos chegar á conclusión de que a nosa orientación nos permitirá aplicar un traballo que confirme a fe, e por tanto conseguir unha motivación que nos alente a traballar por aquilo no cal nos confirmaron que a formulación é bo. O punto dende o cal se observa este tipo de dinámica repercutirá nos nosos valores, provocando reaccións polo que realmente valoramos, que é en definitiva no que confiamos e temos a fe.

Segundo Friedrich Nietzsche “ter fe significa non querer saber a verdade.”

Véxase tamén

Outros artigos

  • Fideísmo
  • Fe (virtude)
  • Fe e racionalidade
  • Fe (cristianismo)
  • Crise de fe

Ligazóns externas

Crenza

Unha crenza é unha idea que se considera verdadeira por quen a profesa, independentemente das probas eventuais da súa existencia, realidade ou posibilidade. Por metonimia, o termo designa tamén o obxecto desta crenza.

O concepto filosófico de crenza forma parte da teoría do coñecemento. As crenzas (relixiosas ou outras) tamén son obxecto de estudo da antropoloxía cultural. Asóciase ás veces este termo ao de superstición. Fálase ás veces de mito para designar unha crenza manifestamente falsa, pero compartida por un número determinado de persoas.

En filosofía, máis especificamente en epistemoloxía, crenza é unha condición psicolóxica que se define pola sensación de convicción relativa a unha determinada idea independentemente da súa procedencia ou posibilidade de verificación obxectiva. Daquela pode non ser fidedigna á realidade e representa o elemento subxectivo do coñecemento. Pode tamén entenderse como sinónimo de fe.

A definición de crenza sufriu cambios substanciais ao longo dos séculos, definíndose de formas diferentes en diferentes períodos, ben como convicción non conforme á razón, ben como convicción racionalmente fundada. Platón, iniciador da tradición epistemolóxica, opón a crenza (ou opinión —δόξα "dóxa"—, en grego) ao concepto de coñecemento como modelo de explicación contrario ás premisas relativistas suxeridas polos sofistas, que abordaban as crenzas/opinións e o coñecemento de forma indiscriminada, reducindo a verdade á conxectura de interese individual.

Teteira de Russell

A teteira de Russell, chamada tamén ás veces teteira celestial, é unha analoxía creada polo filósofo Bertrand Russell (1872-1970) que ten a finalidade de mostrar que a dificultade de desmentir unha hipótese non fai que esta sexa verdadeira, e que non lles corresponde aos escépticos que dubidan dela desmentila, senón que quen cree nela é quen debe probar a súa veracidade.

Nun artigo titulado Existe un Deus?, encargado (aínda que nunca publicado) en 1952 pola revista Illustrated, Russell escribiu o seguinte:

No seu libro O capelán do demo, Richard Dawkins desenvolveu o concepto:

Conceptos similares ao da teteira de Russell son o Unicornio rosa invisíbel e o Monstro de Espaguete Voador.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.