Fauna Europaea

Fauna Europaea é unha base de datos en liña de nomes científicos e áreas dedistribución de todos os animais pluricelulares terrestres e de auga doce europeos.

A súa construción foi inicialmente promovida pola Unión Europea (2000-2004). O proxecto está coordinado pola Universidade de Ámsterdam.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alain Dubois

Alain Dubois, nado o 4 de xuño de 1948, é un herpetólogo francés.

Angüiliformes

Os Angüiliformes (Anguilliformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos elopomorfos (Elopomorpha), caracterizados por teren o corpo de forma alongada que semella o dunha serpe, e que reúne especies tanto mariñas como de río.

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil durante o cretácico medio.

O nome da orde procede do latín anguilla, que significa anguía (e que é o nome do xénero tipo, Anguilla) e o sufixo do latín científico -iformes, "en forma de"; é dicir, literalmente, "os [peixes] que teñen forma de anguía".

A orde inclúe especies de tanto valor comercial como as anguías, as moreas e os congros.

Anátidos

Os anátidos (Anatidae), son unha familia de aves da orde dos anseriformes.

Son aves usualmente migradoras que adoitan vivir nas proximidades da auga; unha das súas adaptacións ao medio acuático é que son palmípedes.

Entre as moi diversas especies desta familia (aproximadamente unhas 150) encóntranse os patos ou parrulos, os gansos, os cisnes, os cisnes arborícolas, os mergos, os eideres, e outras.

Nas eras modernas a súa distribución natural abarca practicamente todo o planeta Terra, a excepción (salvo casos ocasionais) da Antártida.

Carábidos

Os carábidos (Carabidae) son unha gran familia cosmopolita de escaravellos que comprende máis de 40 000 especies, unhas 2 700 das cales se encontran en Europa.

Crustáceos

Os crustáceos (Crustacea) son un extenso subfilo de artrópodos, con máis de 67 000 especies (e sen dúbida aínda faltan por descubrir até cinco ou dez veces este número).O subfilo inclúe varios grupos de animais tan coñecidos como as lagostas, as centolas, os camaróns, os cangrexos, as nécoras e os percebes.

Os crustáceos son fundamentalmente acuáticos e habitan en todas as profundidades, tanto no medio mariño, como nas augas salobres e doces; uns poucos colonizaron o medio terrestre, como as cochinillas da humidade (isópodos) e certos cangrexos.

Constitúen un dos grupos zoolóxicos con maior éxito biolóxico, tanto polo número de especies viventes como pola diversidade de hábitats que colonizan; dominan os mares, como os insectos dominan a terra.

A ciencia que estuda os crustáceos coñécese como carcinoloxía.

Estilomatóforos

A dos estilomatófoross (Stylommatophora) é, nas clasificacións clásicas, unha orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios.É un grupo que reúne aos gasterópdos coñecidos como caracois e lesmas ou limachas. Trátase polo tanto de moluscos case exclusivamente terrestres, en contraposición aos basomatóforos que, aínda que comparten con eles a particularidade de teren un pulmón, órgano da respiración aérea, volveron a un estilo de vida acuático.

As dúas sinapomorfias máis características das especies deste grupo son a presenza duna glándula pedia longa situada debaixo dunha membrana,[Cómpre referencia] e de dous pares de tentáculos retráctiles.

Exitálidos

A dos exitálidos (Aegithalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e da superfamilia dos silvioideos.

Comprende trece especies distribuídas en catro xéneros.

Filoxeroideos

Os filoxeroideos (Phylloxeroidea) é unha pequena superfamilia de insectos hemípteros estreitamente relacionados cos áfidos (e mesmo os seus membros foran tradicionalmente incluídos na superfamilia Aphidoidea dos áfidos, que é o seu taxon irmán). As dúas familias existentes de filoxéridos son os adélxidos (Adelgidae), que comprende a antigo familia Chermesidae ou "Chermidae") e os filoxéridos (Phylloxeridae), que comprenden as filoxeras, que son unha grave praga para as vides.

Filópodos

A dos filópodos (Phyllopoda) é unha subclase de crustáceos branquiópodos, que viven en augas pouco profundas, sobre fondos lamacentos, e que se caracterizan pola súa capacidade de poñer ovos con casca moi sólida, que os protexen durante os períodos nos que os seus hábitats quedan secos.

Hexápodos

Os hexápodos (Hexapoda) son un subfilo (ou unha superclase, segundo os autores) de artrópodos, o que máis especies agrupa, xa que inclúe aos insectos (1 millón de especies), así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como os proturos, os dipluros e os colémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).O nome do grupo está formado polos elementos hexa- e -poda, tirados dos gregos ἕξα-, de héx, "seis", e -πoδα, poda, de πούς, ποδός poús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza dun tórax consolidado con tres pares de patas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.

Lótidos

Os lótidos (Lotidae) son unha familia de peixes osteíctios da orde dos gadiformes, quer comprende especies case exclusivamente mariñas (só é dulciacuícola e especie Lota lota, que habita en ríos circumpolares do norte).

Palpígrados

A dos palpígrados (Palpigradi) é unha pequena orde de arácnidos depredadores que comprende unhas 80 especies.

Paurópodos

A dos paurópodos (Pauropoda) son unha clase de miriápodos diminutos (de 0,5 a 2 mm), corpo brando, coas antenas ramificadas e con entre 9 e 11 pares de patas. Viven en lugares húmidos e son saprófagos. Saen do ovo con só tres pares de patas. Coñécense entre 500 e 715 especies.

Pulmonados

O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre.

O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al. en 2010.

Quelicerados

O dos quelicerados (Chelicerata) constitúen un subfilo do filo dos artrópodos.

Diferéncianse dos demais artrópodos, entre outras características, por careceren de antenas e de mandíbulas, e por presentaren quelíceros (ao que deben o seu nome).

Estes animais, na súa maior parte depredadores, sobreviviron á extinción dos trilobites, artrópodos mariños moi comúns no cámbrico e cos que están relacionados filoxeneticamente.

Salamandra

Salamandra é un xénero de anfibios urodelos da familia dos salamándridos (Salamandridae).

As sete especies deste xénero áchanse en Europa central e meridional, África do Norte e Oriente Medio.

Salamandroideos

A dos salamandroideos (Salamandroidea) é unha suborde de anfibios caudados que comprende as chamadas salamántigas avanzadas.

Os primeiros salamandroideos fósiles coñecidos son exemplares da especie Beiyanerpeton jianpingensis, datada no xurásico tardío, hai aproximadamente 157 millóns de anos.

Salamántiga rabilonga

A salamántiga rabilonga, salamántiga galega ou saramaganta (Chioglossa lusitanica) é unha especie de anfibio urodelo da familia dos salamándridos (Salamandridae), a única do xénero Chioglossa, endémica do noroeste da península Ibérica (Galicia, Asturias e norte de Portugal, país no que chega até o Texo).

É un salamándrido pequeno, alongado e esvelto cun rabo moi longo, que pode amputarse como o dos lagartos. Malia recibir tamén ocasionalmente o nome de píntega rabilonga ou galega, non ten pintas á diferenza da Salamandra salamandra.

Sílvidos

A dos sílvidos (Sylviidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.