Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Faro de Vigo
Medalla de Galiza.svg

DIARIO DECANO DE LA PRENSA NACIONAL
Faro de Vigo, azotea
Faro de Vigo, Chapela, Redondela
Factoría e redacción, en Chapela, Redondela.
TipoXornal
Fundación3 de novembro de 1853
PropietarioEditorial Prensa Ibérica
DirectorJuan Carlos Da Silva
EditorialEditorial Prensa Ibérica S.A.
LinguaCastelán [1]
LocalidadeVigo
ÁmbitoGalego
ImpresiónEn papel reciclado ao 80%
PeriodicidadeDiario
Prezo1'20 € (laborables e sábado) 2'00€ (domingos)
SecciónsGran Vigo, Comarcas, Deportes, Cultura, Opinión, Sucesos, Economía, Esquelas, O Tempo, Pasatempos, Axenda
ISSN1131-8163.
Na rede
Web
Twitter @Farodevigo
Facebook

Directores

Imaxes de portadas significativas

3 de novembro de 1853, núm. 1, ano I.
3 de novembro de 1853, núm. 1, ano I. 
29 de agosto de 1898, repatriados de Cuba.
29 de agosto de 1898, repatriados de Cuba
23 de abril de 1912, novas do afundimento do Titanic.
23 de abril de 1912, novas do afundimento do Titanic
7 de agosto de 1914, Guerra europea.
7 de agosto de 1914, Guerra europea
3 de novembro de 1928, 75 aniversario.
3 de novembro de 1928, 75 aniversario. 

Notas

  1. Conta con versión en galego procedente dunha tradución automática[1]

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
BRILAT

A BRILAT, ou Brigada de Infantería Ligera "Galicia" VII, é unha unidade de infantería lixeira do Exército de Terra de España, encadrada dentro das Forzas Lixeiras. Foi creada en 1966 coa denominación inicial de Brigada de Infantería Aerotransportable, e ten participado en diversas operacións multinacionais en países coma Bosnia e Hercegovina, Kosovo, Iraq, Paquistán, Líbano, Afganistán e Malí.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Ceferino de Blas

Ceferino de Blas García, nado en Cancienes (Corvera) o 24 de setembro de 1943, é un escritor e xornalista asturiano, vigués de adopción.

Francisco Leal Insua

Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997, foi un escritor e xornalista galego.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Galicia Confidencial

Galicia Confidencial é un xornal galego que comezou a editarse en 2003 en formato blog. Foi fundado por Xurxo Salgado. Actualmente é un dos xornais en galego de referencia, sendo un dos sitos web máis visitados en Galicia. No ano 2017, segundo a clasificación global de Alexa, Galicia Confidencial ocupaba o terceiro posto entre os xornais de Galicia, só superado polos sitios web de La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

En canto ó seu financiamento, os orzamentos do xornal fornécense na meirande parte de microachegas proporcionadas polos propios lectores, así como doazóns anónimas e subscricións ao servizo Galicia Confidencial Plus, ademais de publicidade. Diversas personalidades, sobre todo políticos, colaboran semanalmente nas súas páxinas de opinión. Entre eles destacan o escritor Séchu Sende, políticos como Carlos Aymerich, Santi Domínguez ou Guillerme Vázquez (BNG), Telmo Martín (PP), Mar Barcón (PSdeG), Rafael Cuíña (CxG), ou Carlos Vázquez Padín (CXXI).

Historia de Galicia (Faro de Vigo)

Historia de Galicia é o título dunha obra temática, en lingua castelá, sobre a historia de Galicia, composta por catro tomos, obra de varios historiadores galegos, publicada por Faro de Vigo en 1991.

Hospital Xeral de Vigo

O Hospital Xeral de Vigo era o principal centro hospitalario da cidade de Vigo. Estaba integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde. O edificio é ben visible sobre a liña de edificios da cidade, sobre todo a grandes distancias ou dende o mar, dende onde se distingue a súa característica cor verde cobre froito das últimas rehabilitacións da fachada.

A torre do hospital, coñecida popularmente como O Pirulí, atópase dende 2017 en obras de rehabilitación para poder acoller a futura Cidade da Xustiza de Vigo.

Joaquín Yáñez

Joaquín Yáñez Rodríguez, nado en Vigo o 20 de agosto de 1814 e finado o 5 de setembro de 1892, foi un avogado, xornalista, historiador, empresario e político galego, alcalde de Vigo e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

José María Posada

José María Posada Pereira, nado en Vigo o 19 de marzo de 1817 e finado en Pontevedra o 19 de novembro de 1886, foi un poeta e xornalista galego.

Manuel Colmeiro Guimarás

Manuel Colmeiro Guimarás, nado en Chapa (Silleda) o 7 de agosto de 1901 e finado en Salvaterra de Miño o 1 de outubro de 1999, foi un pintor galego.

Manuel de Castro González

Manuel de Castro González máis coñecido como Handicap, nado o 9 de agosto de 1885 en Vigo e finado en 1944, foi un deportista e xornalista deportivo galego.

María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.

Noceda, Lalín

Santa María de Noceda é unha parroquia do concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Linda coas parroquias de Madriñán, Prado, Santiso e co concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 275 habitantes (139 homes e 136 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999, cando tiña 346 habitantes.

Localízase sobre un lugar con terras húmidas (está bañada polas augas do río Deza, o regueiro da Santa Lucía, e o de Faquintas), con agros, carballeiras, e terras de cultivo. A súa altura máxima é de 440 metros.

O nome da parroquia levouno durante moito tempo a Banda de música de Noceda.

Victoriano Taibo

Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego, discípulo literario de Ramón Cabanillas, galeguista, de esquerdas, membro fundador das Irmandades da Fala e integrante da Real Academia Galega.

Xosé Armesto Faginas

Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Ángel de Lema Marina

Ángel de Lema Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.

1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.