Farmacia

A farmacia (do grego φάρμακον "veleno"), é a ciencia e práctica da preparación e dispensación de fármacos; tamén o lugar onde se preparan os produtos medicinais e o lugar onde se dispensan, pero este é chamado oficina de farmacia (antigamente chamado botica) para distinguir o concepto de ciencia do concepto de lugar. A farmacia é unha área da materia médica, rama das ciencias da saúde, que estuda a procedencia, natureza, propiedades, e preparación de medicamentos.

Os farmacéuticos comparten cos químicos e os médicos a responsabilidade de sintetizar compostos orgánicos con valor terapéutico. Ademais, cada vez con máis frecuencia solicítase consello á comunidade de farmacéuticos en materia de saúde e hixiene. A Farmacia inclúe, ademais dos coñecementos sobre fármacos e medicamentos, coñecementos sobre os efectos que poden ter estes sobre corpo humano e as propiedades químicas e biolóxicas do corpo onde actúa con axuda de disciplinas da mesma farmacia ou doutros campos afíns como son a farmacoloxía, farmacocinética, farmacodinamia, fisicoquímica, toxicoloxía, farmacotecnia e química farmacéutica.

Apotecaria-rafax
Cartel dunha farmacia feito con baldosas
Legenogapotekeren
Médico e farmacéutico

Historia da farmacia

Artigo principal: Historia da farmacia.

A historia da farmacia como ciencia independente é relativamente nova. As orixes da historiografía farmacéutica remóntanse ao primeiro terzo do século XIX, que é cando aparecen as primeiras historiografías, que aínda que non toca todos os aspectos da historia farmacéutica, son o punto de partida para o definitivo arranque desta ciencia.

Ata o nacemento da farmacia como ciencia independente, existe unha evolución histórica, desde a antigüidade clásica ata os nosos días que marca o curso desta ciencia, sempre relacionada coa medicina.

Disciplinas da farmacia

A farmacia desenvolveuse a partir de varias ciencias como a química orgánica, a bioquímica, a fisioloxía, a botánica, a bioloxía celular e a bioloxía molecular. Nas súas orixes a práctica médica e a farmacéutica estaban fusionadas. Logo separáronse e diverxeron. Actualmente son complementarias, non se entende a medicina sen farmacia e non ten sentido unha farmacia sen medicina. Así, a farmacia é, en verdade, unha reunión de múltiples disciplinas da ciencia, e pódese dividir en dúas ramas principais: Ciencias farmacéuticas e Práctica farmacéutica.

Á parte destas disciplinas, podemos engadir outras de recente aplicación da biotecnoloxía vexetal ou microbiológica como o Pharming ou a Biofarmacoloxía.

Simboloxía farmacéutica

A farmacia está representada por moitos símbolos. Os máis comúns en España e Francia son a Copa de Hixía, a cruz grega verde ou a cruz patada, este último especialmente nos luminosos das oficinas de farmacia. Tamén existen outros como o morteiro e a maza, o carácter de receita, (recipere), medidas cónicas, caduceos, Vara de Esculapio ou un A vermello e estilizado, en letra gótica, no caso de Alemaña. O A provén de Apotheke, vocábulo xermano de Farmacia.

Portosín farmacia 01-02

Farmacia de Portosín (Porto do Son)

Pharmacy Green Cross

Cruz grega verde

PharmacistsMortar

Morteiro e pistilo

Rx symbol border

Símbolo de receita

Pharmacy Germany

"A" vermello alemán

Caduceus

Caduceo, tamén usado na farmacia

Asclepius staff

Vara de Esculapio, tamén usada en farmacia

Oficina de farmacia

Selvvalg
Andeis dunha oficina de farmacia

A oficina de farmacia é o lugar ou establecemento onde un farmacéutico exerce a farmacia, ou sexa, proporciona servizo de saúde a un paciente ofrecéndolle consello, dispensándolle medicamentos froito deste consello ou por receita do médico e outros produtos de parafarmacia como produtos de cosmética, alimentos especiais, produtos de hixiene persoal, ortopedia etc. Popularmente á oficina de farmacia adóitaselle chamar simplemente farmacia e tradicionalmente chámaselle botica. Unha oficina de farmacia pode albergar un laboratorio de análises clínicas ou un de elaboración de produtos medicinais mediante as fórmulas maxistrais ou preparados oficinais.

Persoal de oficina de farmacia

A farmacia é o lugar onde o farmacéutico desenvolve o seu labor profesional. Pode ser unha farmacia comunitaria, aberta ao público ou unha farmacia hospitalaria ao servizo desta institución. Nunha farmacia sempre ha de haber un farmacéutico en todo momento, pero tamén se atopa persoal auxiliar, que axuda ao farmacéutico na dispensación e recepción de pedidos.

O persoal cumpre as seguintes funcións:

  • Dilixenciar e controlar os produtos.
  • Facturación e información en establecementos de farmacia.
  • Dispensar medicamentos e produtos de parafarmacia.
  • informar aos clientes sobre a súa utilización.
  • Determinar parámetros anatómico-fisiolóxicos sinxelos e fomentar hábitos saudables nos clientes.
  • Elaborar preparados medicamentosos, dietéticos e cosméticos, baixo protocolos establecidos e supervisión do facultativo.
  • Realizar análises clínicas elementais e normalizadas, baixo a supervisión do facultativo.

A titularidade dunha oficina de farmacia é exclusiva para licenciados ou doutorados en farmacia. Para a farmacia hospitalaria, en España, esíxese o título de especialista. En moitos países non sucede isto, como en países latinomericanos nos que o labor do farmacéutico é un pouco mal asimilado e encasillado naquel que só expende medicamentos, e o técnico en farmacia é o que suple os labores do farmacéutico. En Latinoamérica a farmacia non pode existir sen o químico farmacéutico, quen debe preparar medicamentos, controlar e supervisar a dispensación de medicamentos. Non sempre atende o público, o que atende público é un técnico en farmacia.

Véxase tamén

Outros artigos

Antiinflamatorio

En medicina e en farmacia, o termo antiinflamatorio aplícase ao medicamento ou ao procedrmento médico usados para previr ou diminuír a inflamación dos tecidos.

Antoine Risso

Giuseppe Antonio Risso, coñecido como Antoine Risso, nado en Niza (condado de Niza, nos estados da Savoia) o 8 de abril de 1777, e finado na mesma cidade o 25 de agosto de 1845 (quince anos antes da anexión a Francia do condado de Niza —e do ducado de Savoia—, que o reino de Sardeña tivo que ceder en virtude do tratado de Turín) foi un naturalista nizardo.

Antón Villar Ponte

Antón Villar Ponte (tamén coñecido como Antón Vilar Ponte), nado en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e finado na Coruña o 4 de marzo de 1936, foi un dos fundadores dunha das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra. Estudou farmacia, aínda que exerceu tamén o xornalismo. A súa obra abrangueu varios eidos (novela, ensaio, conferencias, discursos etc) e especialmente a produción dramática, transmisora do ideario galeguista. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1977.Na súa traxectoria política foi un dos fundadores, en 1929, da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e, como membro dela, foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega pola provincia da Coruña nas eleccións de xuño de 1931. En 1934 incorporouse ao Partido Galeguista e volveu ser electo nas eleccións de febreiro de 1936 na candidatura da Fronte Popular, se ben non chegou a prometer o cargo nin presenciar o plebiscito do Estatuto de Galicia de xuño, pois morreu en marzo por mor dunha perforación gástrica.

Biotecnoloxía

A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinario que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, enxeñería, física, química, medicina e veterinaria entre outras. Ten gran repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minería e a agricultura entre outros campos.

Probablemente o primeiro que usou este término foi o enxeñeiro húngaro Karl Ereki, en 1919, quen a introduciu no seu libro Biotechnologie der Fleisch-, Fett- und Milcherzeugung im landwirtschaftlichen Grossbetriebe (Biotecnoloxía na produción cárnica e láctea dunha grande explotación agropecuaria).Segundo o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992, a biotecnoloxía podería definirse como "toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a creación ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos".O Protocolo de Cartaxena sobre Seguridade da Biotecnoloxía do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica define a biotecnoloxía moderna como a aplicación de:

Técnicas in vitro de ácido nucleico, incluídos o ácido desoxirribonucleico (ADN) recombinante e a inxección directa de ácido nucleico en células ou orgánulos.

A fusión de células máis aló da familia taxonómica que superan as barreiras fisiolóxicas naturais da reprodución ou da recombinación e que non son técnicas utilizadas na reprodución e selección tradicional.

Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela

A Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela é a Facultade onde se imparte a docencia da Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.

O seu edificio está situado no Campus Sur de dita Universidade, na praza do Seminario de Estudos Galegos, s/n.

Farmacia de guardia

Farmacia de guardia é unha serie emitida en España entre 1991 e 1995, ambientada no día a día dunha farmacia. Estaba protagonizada por Concha Cuetos, que interpretaba a Lourdes Cano, unha farmacéutica separada, e Carlos Larrañaga, Adolfo Segura, o ex-marido desta. Os seus dous fillos, Guiller e Kike estaban interpretados por Julián González e Miguel Ángel Garzón respectivamente.

A serie actualmente ostenta o título de ser a serie máis vista da historia de España cunha media do 48% de share. Foi a primeira de produción propia de Antena 3, que a emitía os xoves pola noite, e estaba dirixida por Antonio Mercero. Logo foi emitida tamén en FDF e Castilla la Mancha Televisión.

Farmacoloxía

A farmacoloxía é unha área da química farmacéutica que estuda como afectan certas substancias químicas ó funcionamento celular no organismo.

Farmacéutico

Un farmacéutico é un profesional da saúde que exerce a farmacia, na súa función tradicional os farmacéuticos teñen a función de dar ós doentes as medicinas receitadas por un médico, así como aconsellar sobre a uso correcto e os efectos adversos desa medicación, pero un farmacéutico, ademais de traballar nunha oficina de farmacia, pode dedicarse á investigación biomédica, á cosmetoloxía, á análise de augas, traballar nun hospital, colaborar coa administración pública no control do uso de medicamentos ou na industria farmacéutica ostentando a dirección técnica dun laboratorio farmacéutico ou nunha distribuidora de medicamentos.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Galeno

Galeno de Pérgamo (grego: Γαληνός, Galēnos; latín: Claudius Galenus, nado en Pérgamo (antiga Misia, hoxe Bergama, Turquía) cara ao 131 e finado posibelmente en Sicilia no 201, foi un médico greco-romano da Antigüidade, considerado a máxima autoridade médica durante uns 1.300 anos, exercendo unha influencia duradeira sobre a medicina xudía, cristiá e musulmá da Idade Media. É considerado, así mesmo, o pai da farmacia. Déuselle o nome de Claudio na Idade Media, pero isto parece ser un erro historiográfico que se emendou na Idade Moderna.

María José Alonso

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

María Teresa Miras Portugal

María Teresa Miras Portugal, nada no Carballiño o 19 de febreiro en 1948, é unha científica galega, catedrática de bioquímica e bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.

Medicina

A medicina é a área do coñecemento humano ligada ao mantemento e restauración da saúde. É, nun sentido amplo, a ciencia e a práctica da prevención e da cura das doenzas humanas. É a área de actuación do profesional formado nunha facultade de medicina.

Porén, non soamente a medicina contribúe para a cura do doente, senón que existen outra serie de disciplinas relacionadas coa saúde, tales como a Farmacia e Bioquímica (que produce e estuda os medicamentos e realiza exames de laboratorio), a Nutrición (que estuda a acción dos alimentos ou a falta deles sobre o corpo humano), a Psicoloxía (que estuda as alteracións emocionais e de comportamentos), a Enfermaría (que estuda e axe nos coidados do enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global) entre outros.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, saúde non só a ausencia de doenza. É moito máis que iso, é o completo benestar social e económico do individuo. Ese é un dos motivos de estar a medicina tan intrínseca e historicamente ligada á política.

Policétido

Os policétidos son metabolitos secundarios de bacterias, fungos, plantas, e animais de estrutura química variada, moitos dos cales son antibióticos. A IUPAC defíneos como compostos naturais que conteñen alternadamente grupos carbonilo e metileno (beta-policetonas) bioxeneticamente derivados de repetidas condensacións de acetil-CoA (vía malonil-CoA) ou derivados deles, tamén chamados ás veces acetoxeninas e cétidos .

Os policétidos biosintetízanse normalmente por condensación descarboxilativa do malonil-CoA nun proceso similar á síntese de ácidos graxos (unha condensación de Claisen). As cadeas de policétidos producidas por unha policétido sintase xeralmente sofren ulteriores modificacións nas que se obteñen derivados bioactivos.

Os policétidos teñen unha estrutura moi diversa e variadas actividades biolóxicas e propiedades farmacolóxicas. En xeral, poden dividirse en tres grandes grupos: policétidos tipo I (a miúdo macrólidos producidos por megasíntese multimodular), policétidos tipo II (a miúdo moléculas aromáticas producidas pola acción reiterada de encimas disociados), e policétidos tipo III (a miúdo pequenas moléculas aromáticas producidas por certas especies de fungos).

Moitos policétidos teñen un uso comercial como antibióticos, antifúnxicos, citostáticos, anticolesterémicos, antiparasíticos, coccidiostáticos, factores de crecemento de animais e insecticidas naturais.

Os policétidos sintetízanse pola acción dun ou máis encimas especializados e moi complexos denominados policétido sintases.

Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) é unha sociedade científica impulsada polo matemático Enrique Vidal Abascal , quen foi o seu primeiro presidente, e posteriormente o presidente de honra.

A súa creación foi o día 23 de abril de 1977 e ten a súa sede na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.O 23 de abril de 2008, a Real Academia Galega de Ciencias celebrou o primeiro Día do Científico Galego (instituído por esta corporación), no que dedicou unha homenaxe ao matemático Vidal Abascal, con motivo do centenario do seu nacemento.

En 2011 foi nomeado presidente da Academia o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que foi substituído ao seu falecemento por Miguel Ángel Ríos. En 2019 o catedrático da USC Juan Manuel Lema Rodicio tomou posesión como novo presidente da institución.

Selva

A selvas son fragas caracterizadas polas altas precipitacións, de entre 1750 e 2000 mm. A canle do monzón, tamén coñecida coma a zona de converxencia intertropical, xoga un rol fundamental na creación das selvas tropicais.

Entre un 40 e 75% de tódalas especies do mundo son nativas das selvas.

Estímase que moitos millóns de especies de plantas, insectos e microorganismos aínda non forn descubertos. As selvas tropicais foron chamadas as "xoias da Terra", e a "maior farmacia do mundo", xa que arredor dunha cuarta parte de tódalas medicinas naturais foron descubertas alí. As selvas tamén son responsables da renovación do 28 % do osíxeno, adoito mal referida coma produción de osíxeno, procesándo o dióxido de carbono mediante a fotosíntese e almacenándoo coma carbono mediante o biosecostro.

O estrato arbustivo das selvas está restrinxido en moitas áreas pola falta de luz solar a nivel do solo. Isto fai posible camiñar a través da selva. Se o dosel é destruído ou mingua, o solo é colonizado moi cedo por unha densa capa de trepadoras, arbustos e pequenas árbores chamada xungla. Hai dous tipos de selva, a selva tropical e a selva temperada.

Tarsy Carballas

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno. Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.

Xarope

Un xarope ou xaropada (do árabe شراب xarab a través do latín: sirupus) é un líquido de consistencia viscosa, que polo xeral contén solucións concentradas de azucres, como a sacarosa, en auga ou noutro líquido ás que se lles adoita engadir zume de froitas, herbas, ou un aromatizante.

Se se emprega auga purificada soamente para preparar unha solución de sacarosa, a preparación coñécese co nome de xarope simple.

Pola contra, se a preparación contén algún principio activo engadido emprégase o nome de xarope medicado.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.