Fanerozoico

Na escala de tempo xeolóxico, o Fanerozoico[1] é o máis recente eón, que se inicia hai preto de 542 millóns de anos e se estende ata o presente. Sucede o eón Proterozoico e dividese nas eras Paleozoica, Mesozoica e Cenozoica, da máis antiga para a máis recente.

< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

Notas

  1. "Entrada fanerozoico en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cretáceo

Na escala de tempo xeolóxico, o Cretáceo é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 145 millóns e 500 mil e 65 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Cretáceo sucede o período Xurásico da súa era e precede o período Paleoxeno da era Cenozoica do seu eón. Divídese nas épocas Cretáceo Inferior e Cretáceo Superior, da máis antiga para a máis recente.

Durante o Cretáceo, os dinosauros alcanzan a seu cumio, mais ao fin do período acaba ocorrendo a extinción dos dinosauros. É no mesmo período cando xorden os mamíferos placentarios primitivos.

Cámbrico

Na escala de tempo xeolóxico, o Cámbrico é o período da era paleozoica do eón fanerozoico que está comprendido entre 542 millóns e 488 millóns e 300 mil anos atrás, aproximadamente.

O período cámbrico sucede ao período ediacárico da era neoproterozoica, do eón proterozoico, e precede o período ordovícico da súa era.

Divídese nas épocas Cámbrico inferior, Cámbrico medio e Cámbrico superior, da máis antiga para a máis recente.

Era cenozoica

A era cenozoica, Cenozoico ou era terciaria é, na escala de tempo xeolóxico, a era xeolóxica que se iniciou hai uns 65,5 ± 0,3 millóns de anos e que se estende até a actualidade.É a terceira e última era do eón fanerozoico e segue á era mesozoica. O seu nome procede do lingua grega e significa 'animais novos' (de καινός kainós, 'novo' e ζωή zoé, 'animal' ou 'vida'). O período terciario, actualmente non recoñecido pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía, comprendía a era cenozoica excepto os últimos 2,5 millóns de anos, cando se inicia o período cuaternario.Durante a era cenozoica, a India colidiu con Asia hai 55-45 millóns de anos, e Arabia colidiu despois con Eurasia, pechando o mar de Tetis, hai uns 35 millóns de anos. Como consecuencia diso, produciuse a gran pregamento alpino que formou as principais cordilleiras do sur de Europa e Asia, como os Pireneos, Alpes e Himalaias.

Ao cenozoico tamén se lle chama a era dos mamíferos, animais que, ao extinguírense os dinosauros a finais do Cretáceo, experimentaron unha extraordinaria radiación adaptativa e pasaron a ser a fauna característica.

Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros primates superiores (os máis primitivos estaban xa presentes hai máis 65 millóns de anos), aínda que Homo sapiens non apareceu até hai uns 200.000 anos.

Era xeolóxica

Unha era xeolóxica é unha subdivisión do tempo xeolóxico que divide os eóns na escala de tempo xeolóxico. Estas eras adoitan dividirse en períodos. A entidade responsábel da definición e clasificación das eras xeolóxicas é a The International Commission on Stratigraphy (ICS) (Comisión Internacional sobre Estratigrafia) que, á súa vez, é o maior corpo científico dentro da International Union of Geological Sciences (Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas).O eón Fanerozoico subdivídese en tres eras: o paleozoico, o mesozoico e o cenozoico, que representen as principais etapas no rexistro fósil macroscópico. Estas eras están separades por extincións masivas; a extinción pérmica no límite paleozoico-mesozoico e a extinción K-T, entre o mesozoico e o cenozoico. Hai probas de que impactos de mneteoritos catastróficos tiveron un papel importante á hora de marcar as diferenzas entre as eras.

Antigamente os eóns Hadeano, Arqueano e Proterozoico estaban agrupados na era precámbrica. Esta era cubría os catro mil millóns de anoss dda historia da Terra anteriores á aparición de animais de cuberta dura. Recentemente, estes eóns foron subdivididos en eras.

Extinción en masa

Unha extinción en masa, evento de extinción ou crise biótica é un amplo e rápido decrecemento de biodiversidade na Terra. Dito evento identifícase por un abrupto cambio na diversidade e abundancia dos organismos multicelulares. Ocorre cando a taxa de extinción se incrementa con respecto á taxa de especiación. Como a maioría da diversidade e da biomasa da Terra é microbiana, e, por tanto, difícil de medir, os eventos de extinción rexistrados afectan os compoñentes complexos e doados de observar da biosfera en vez de á total diversidade e abundancia da vida.A extinción ocorre a unha velocidade desigual. Baseándose no rexistro fósil, a taxa de extincións de fondo na Terra é de aproximadamente dúas a cinco familias taxonómicas de animais mariños a cada millón de anos. Os fósiles mariños son os que se utilizan principalmente para medir as taxas de extinción debido ao seu superior rexistro fósil e rango estratigráfico comparados cos animais terrestres.

O evento da grande oxixenación foi probablemente o primeiro grande episodio de extinción. Desde a explosión cámbrica houbo cinco grandes extincións en masa máis que excederon significativamente a taxa de extinción de fondo. A máis recente e mellor coñecida, a extinción do Cretáceo-Paleoxeno, que ocorreu aproximadamente hai 66 millóns de anos, foi unha extinción en masa a grande escala de especies de animais e plantas nun curto período de tempo xeolóxico. Ademais das cinco maiores extincións en masa, hai tamén numerosas outras menores, e a extinción en masa que puxeron en marcha as actividades humanas chámase ás veces a sexta extinción. As extincións en masa parecen ser un fenómeno principalmente do Fanerozoico, con taxas de extinción baixas antes de que aparecesen os organismos complexos grandes.As estimacións da cantidade de extincións en masa grandes nos últimos 540 millóns de anos van desde só cinco a máis de vinte. Estas diferenzas débense ao limiar elixido para describir un evento de extinción como "grande" e a data elixida para medir a diversidade anterior.

Eón xeolóxico

Un eón xeolóxico é a división principal da escala de tempo xeolóxico. A Comisión Internacional sobre Estratigrafía da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas[1] recoñece no seu Cuadro Estratigráfico Internacional tres eóns, que son, do máis antigo para o máis recente, o Arqueano, o Proterozoico e o Fanerozoico. Outras fontes recoñecen aínda un cuarto eón anterior ao Arqueano, o Hadeano. O conxunto dos eóns anteriores ao Fanerozoico é chamado de Precámbrico (unha denominación obsoleta, con todo).

Holoceno

O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 784 anos da historia do noso planeta, desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm).

É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia. Ademais, produciu a formación do estreito de Bering.

Dentro do cadro da escala dos tempos xeolóxicos sitúase no período cuaternario da era cenozoica, do eón fanerozoico, sucedendo a época do plistoceno. O límite con esta época (o plistoceno) definiuse sobre a base da desintegración do 14C (un isótopo radioactivo do carbono) e coincide aproximadamente co final da última glaciación. Por convención, o límite púxose 10 000 anos antes do 1950 (a súa duración, expresada en millóns de anos, é de 0,01143 ± 0,00013 Ma.

A única especie humana que viviu nesta época foi o Homo sapiens, que durante estes últimos milenios desenvolveu a agricultura e a civilización, ocasionando importantes cambios nos ecosistemas.

Mesozoico

A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos e finalizou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos, pero só corresponde ao 3,9 % da historia total da Terra. Denomínase Mesozoico porque se encontra entre as outras dúas eras do Eón Fanerozoico, a Era Paleozoica e a Era Cenozoica. O nome procede do grego meso/μεσο que significa "entre" e zoon/ζωον que significa "animal".

Durante estes 160 millóns de anos non se produciron grandes movementos oroxénicos. Os continentes van adquirindo gradualmente a súa configuración actual. O clima foi excepcionalmente cálido durante todo o período, desempeñando un papel importante na evolución e na diversificación de novas especies animais.

Nesta era desapareceron grandes grupos de animais como os trilobites, graptólitos e peixes acoirazados. Os invertebrados característicos deste período foron as amonitas, de casca con forma de caracol, e as belemnitas, máis pequenas e coa casca alongada e puntiaguda, entre outros equinodermos, braquiópodos e cefalópodos. Desenvolvéronse amplamente os vertebrados, sobre todo os réptiles, polo que á Era Secundaria se lle chama tamén a Era dos réptiles ou Era dos dinosauros. Nesta era aparecen tamén os mamíferos, as aves, e as anxiospermas ou plantas con flores.

Ordovícico

O Ordovícico ou Ordoviciano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era paleozoica do eón fanerozoico, que comezou hai 488,3 ± 1,7 millóns de anos e terminou hai 443,7 ± 1,5 millóns de anos.En obras clásicas considerábase que o ordovícico abarcaba desde os 505 millóns de anos até hai 440 millóns de anos.

O ordovícico, nomeado así en honor da tribo galesa dos ordovicos, foi definido por Charles Lapworth en 1879, para resolver unha disputa entre os seguidores de Adam Sedgwick e os de Roderick Murchison, que situaban os mesmos estratos do norte de Gales no Cámbrico e no Silúrico, respectivamente. E Lapworth recoñeceu que a fauna fósil presente nos estratos en disputa eran diferente tanto da do cámbrico como da do silúrico e deuse de conta de que estes restos tiñan que situarse nun período propio.

Sucesor do Cámbrico e anterior ao Silúrico, no Ordovícico o día tiña 21 horas e non había animais en terra firme pola escaseza de oxíxeno na atmosfera.

Abundan os fósiles, entre os que destacan os trilobites, e nalgunhas rexións formáronse nesta época os xacementos de petróleo e de gas natural.

Paleozoico

A era paleozoica ou primaria, tamén chamada paleozoico (do grego παλαιός palaiós, 'vello', 'antigo', e ζωη zoē, 'vida'; é dicir: 'era da vida antiga') é a primeira das tres na que se divide o eón Fanerozoico (ou 'era da vida visíbel —do grego φανερός phanerós, 'visíbel', 'que está á vista'—). Abarca dende comezos do Cámbrico (hai aproximadamente 542 millóns de anos) ata o final do Permiano (hai aproximadamente 251 millóns de anos).

Permiano

O Permiano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico que comezou hai 299,0 ± 0,8 millóns de anos e acabou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos.Como coa maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do período están ben identificados, pero a data exacta do inicio é incerta por uns poucos millóns de anos. O final do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude.

O permiano segue ao carbonífero e precede ao triásico, e debe o seu nome aos extensos xacementos na rexión ao redor da cidade de Perm, en Rusia. Os xacementos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fieitos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fieitos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a Terra. Os glaciares do carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocedeeron durante o Permiano.

Neste período desenvolveuse a oroxenia herciniana, que levou á formación do gran supercontinente chamado Panxea.

Período xeolóxico

Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.

É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devoniano son de feito as rochas do período devoniano), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.

Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.

Plioceno

Na escala de tempo xeolóxico, o Plioceno é a época do período Neoxeno da era Cenozoica do eón Fanerozoico que está comprendida entre 5 millón e 1 millón e 806 mil atrás, aproximadamente. A época Plioceno sucede a época Mioceno e precede a época Plistoceno, ambas do seu período. Dividese nas idades Zancleano, Placenciano e Xelasiano, da máis antiga á máis recente.

Plistoceno

O Plistoceno é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período neoxeno, da era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao plioceno e precede ao holoceno, ambos os dous do seu período. Divídese nas idades do Plistoceno inferior, Plistoceno medio e Plistoceno superior, da máis antiga á máis recente.

Plistoceno superior

Na escala de tempo xeolóxico, o Plistoceno superior é a idade da época do Plistoceno do período Neoxeno da era Cenozoica do eón Fanerozoico que está comprendida entre 126 mil e 11 mil e 500 anos atrás, aproximadamente. A idade plistocena superior sucede á idade plistocena media da súa época e precede á época holocena do seu período.

Precámbrico

O precámbrico é o nome que se dá ao conxunto dos eóns anteriores ao Fanerozoico: o Proterozoico, o Arcaico e o Hadeico. A pesar de ser un termo obsoleto [Cómpre referencia], aínda consta no Cuadro Estratigráfico Internacional da Comisión Internacional sobre Estratigrafía da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas[1]. Recibiu tamén os nomes de Azoico ("sen vida") e Criptozoico ("vida oculta"), actualmente en desuso.

O Precámbrico comprende desde a creación da Terra, hai case 4.500 millóns de anos, ata o xurdimento dunha larga cantidade de fósiles, que marca o comezo do período Cámbrico da era Paleozoica do eón Fanerozoico, hai case 540 millóns de anos.

Sábese pouco dos eóns precambrianos, a pesar de corresponderen a sete oitavos da vida da Terra, xa que as modificacións a que a tona terrestre foi submetida posteriormente dificultan a interpretación dos seus vestixios. A maioría dos coñecementos actuais débese a descubrimentos efectuadas nas últimas catro ou cinco décadas. Foi no Precámbrico cando aconteceron algúns dos eventos máis importantes da historia da Terra:

o inicio do movemento das placas tectónicas;

o inicio da vida na Terra;

a aparición das primeiras células eucarióticas;

a formación da atmosfera;

a aparición dos primeiros animais e vexetais.

Proterozoico

Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do grego πρότερος, próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶον zôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicir: 'o da primeira vida') é o terceiro e últimno dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, por tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos. e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.

O eón Proterozoico sucede ao eón Arcaico e precede o eón Fanerozoico. Divídese en tres eras: Paleoproterozoico (2.500 - 1.600 millóns de ahos), Mesoproterozoico (1.600 - 1.000 millóns de anos) e Neoproterozoico (1.000 - 542,0 ±1,0 millóns de anos).

Os acontecementos mellor identrificados desta época son:

A transición a unha atmosfera osixenada, que se produciu probablemente durante o Mesoproterozoico, a Gran Oxidación.

Varias glaciacións, das que a máis severa produciuse durante o Neoproterozoico.

O período ediacárico, onde a evolución de organismos pluricelulares de corpos brandos acelerouse.

No curos deste eón, os núcleos continentais, tamén chamados escudos continentais, que apareceran durante o Arcaico, experimentan un forte crecemento. Á fin do Proterozoico, o volume da masa continental estabilízase.

Silúrico

O silúrico ou siluriano é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico (hai aproximadamente 443,7 e 416 millóns de anos atrás).

O período silúrico sucede ao ordovícico e precede ao Devoniano, ambos os dous da súa era. Divídese nas épocas Llandovery, Wenlock, Ludlow e Pridoli, da máis antiga para a máis recente.

Durante o silúrico naceron as primeiras plantas terrestres.

Xurásico

Na escala de tempo xeolóxico, o Xurásico é o período da era Mesozoica do eón Fanerozoico que está comprendido entre 199 millóns e 600 mil e 145 millóns e 500 mil anos atrás, aproximadamente. O período Xurásico sucede o período Triásico e precede o período Cretáceo, ambos da súa era. Dividese en Xurásico Inferior, Xurásico Medio e Xurásico Superior, da máis antiga para a máis recente.

Durante o Xurásico, xorden os mamíferos marsupiais e multituberculados, as primeiras aves e as plantas con flores.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.