Falange Española Tradicionalista y de las JONS

Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS, en galego: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) era o nome do partido único da España franquista creado o 19 de abril de 1937, a iniciativa da xefatura do denominado Estado Nacional, por fusión dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevación militar (denominada Alzamento Nacional) que iniciou a guerra civil española, e que non desapareceron realmente, senón que se articularon nas denominadas familias do franquismo.

FET y de las JONS concibiuse como a rama política do denominado Movimiento Nacional, concepto máis amplo co que se definía ao complexo mecanismo totalitario de inspiración fascista que pretendía ser a única canle de participación na vida pública española. O seu discurso político expresaba tamén a mestura de elementos ideolóxicos e retóricos fascistas, ultranacionalistas, militaristas, tradicionalista, conservadores, católicos (ou nacionalcatólicos), monárquicos etc.

FET y de las JONS
Yoke and Arrows
Dirixentes e organización
LíderFrancisco Franco
MocidadesFrente de Juventudes
Historia
Fundación19 de abril de 1937
Disolución7 de abril de 1977[1]
Posicións políticas
IdeoloxíaFranquismo
Falanxismo
Nacionalismo español
Nacional sindicalismo
Nacional catolicismo
Centralismo
Unitarismo
Conservadorismo
Monarquismo
Fascismo
Anticomuismo
Antimasonaría
Posición políticaExtrema dereita
Outros datos
Seder/ Alcalá, 44, Madrid[2]
PublicaciónArriba

Simboloxía e uniformidade

Artigo principal: Simboloxía do franquismo.

FET y de las JONS adoptou unha combinación de símbolos que reflectía a distinta procedencia das forzas que conformaron o partido. Así, vestíase como uniforme a camisa azul da Falanxe e a boina vermella dos requetés. Engadiuse así mesmo unha gravata negra en sinal de loito por José Antonio Primo de Rivera.

As bandeiras que presidían os actos correspondían tamén ás principais forzas que conformaron a organización. Presidía todos os actos do partido a Bandeira Nacional de España, flanqueada polas de Falanxe e a Cruz de Borgoña dos tradicionalistas.

O principal himno do partido era o "Cara al Sol", (obra de Juan Tellería) aínda que tamén gozaron de cooficialidade formal, entre outros a "Marcha de Oriamendi".

O saúdo co brazo no alto e os berros rituais, como "¡Arriba España!" ou "España, Una, Grande y Libre", de procedencia falanxista, completaban a imaxe externa que se proporcionou ao partido.

Notas

  1. Jefatura del Estado (7 de abril de 1977). "Real Decreto-ley 23/1977, de 1 de abril, sobre reestructuración de los órganos dependientes del Consejo Nacional y nuevo régimen jurídico de las Asociaciones, funcionarios y patrimonio del Movimiento". Boletín Oficial del Estado (Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado) (83): 7768–7770.
  2. Desmontaje de la fachada de la sede de FET-JONS El País. 1977.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alfonso Otero Valera

Alfonso Otero Varela, nado en Santiago de Compostela en 1925 e finado ibídem o 20 de setembro de 2001, foi un avogado e profesor galego.

Antonio Bacelar Besteiro

Antonio Bacelar Besteiro foi un avogado, xornalista e empresario galego.

Antonio Riestra del Moral

Antonio Riestra del Moral, nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1909 e finado en Madrid o 29 de outubro de 1984, foi un avogado, militar e político galego.

Arco (periódico)

Arco foi un xornal editado en Ourense entre 1937 e 1940.

Edesio Fuentes Fuentes

Edesio Fuentes Fuentes, nado en Verín en 1909 e finado en Vigo en 1987, foi un comerciante e político galego.

Falange Española de las JONS

Falange Española de las JONS é o nome de varios partidos falanxistas:

Falange Española de las JONS, partido constituído en 1934 por Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista baixo a dirección de José Antonio Primo de Rivera;

Falange Española de las JONS, constituído en 1976, principal partido falanxista en España desde a transición;

Falange Española de las JONS (Auténtica), partido falanxista en oposición ó franquismo que xurdiu no tardofranquismo e que tivo que engadir o termo auténtica por razóns legais para poder concorrer ás eleccións;Estes partidos non se deben confudir coa Falange Española Tradicionalista y de las JONS que se constituíu tras o decreto de unificación (1937) que uniu ós falanxistas e ós carlistas nunha única organización política.

Falange Española de las JONS (1934)

Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FE de las JONS, en galego: Falanxe Española das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) foi un partido político español fundado o 15 de febreiro de 1934 resultado da unificación de Falange Española, máis próximos aos fascistas italianos cós nacional sindicalistas das JONS, máis próximos aos nazis.

Felipe Castro Valladares

Felipe Castro Valladares, nado en Sabucedo (A Estrada) en 1900, foi un político galego.

Francisco Franco

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.

Fuerza Nueva

Fuerza Nueva (FN, en galego: Forza Nova) foi un partido español de extrema dereita que se consideraba continuador da obra do franquismo. Dirixido por Blas Piñar fundouse en 1966 arredor do proxecto da revista e editorial Fuerza Nueva que en 1974 sufriu incautacións gobernativas. Constituído como partido en 1976 defendía a democracia orgánica e a monarquía tradicional e católica e opúñase á monarquía parlamentaria e á democracia de partidos.

Gustavo Fernández Arias

Gustavo Fernández Arias, nado en Manzaneda en 1903 e finado na Coruña en 1985, foi un político galego.

Joaquín Carnero Graña

Joaquín Carnero Graña, nado en Cangas en 1895 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1939, foi un político galego.

José Brañas Mahía

José Brañas Mahía, nado en Coirós e finado no mesmo concello o 25 de xaneiro de 1979, foi un avogado e político galego, alcalde de Silleda.

José María Taboada Lago

José María Taboada Lago foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Lei Constitutiva das Cortes

A Lei Constitutiva das Cortes ou simplemente Lei de Cortes de 17 de xullo de 1942 foi promulgada durante a primeira etapa do réxime franquista, a fin de dar unha aparencia de parlamentarismo á ditadura.

Establecía a formación dunha asemblea unicameral de elección indirecta con teórica iniciativa legal, aínda que esta residía na figura de Franco desde o momento da promulgación da Lei de agosto de 1939, que lle atribuía a capacidade de ditar normas sen ningún tipo de condicionante.

Xunto coas outras sete leis fundamentais do réxime conseguiuse que o proceso de institucionalización do réxime franquista chegase ao seu fin.

Segundo a Lei das Cortes, estas eran o órgano de participación do pobo español nas tarefas do Estado. A súa función era elaborar e preparar as Leis, sen prexuízo da sanción que correspondía ao xefe do Estado, Francisco Franco. Eran procuradores en Cortes:

Os ministros.

Os Conselleiros Nacionais de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.

Os presidentes de altos organismos.

A Organización sindical.

Os representantes da familia, elixidos polos cabezas de familia, desde a promulgación da Lei Orgánica do Estado de 1967.

Os reitores de universidades.

Os presidentes de determinadas institucións culturais.

Os presidentes de asociacións e colexios profesionais.

Os que fosen designados polo xefe do Estado.

Manuel García Cerviño

Manuel García Cerviño, nado en Rellas (Silleda) en 1910 e finado na mesma parroquia o 25 de outubro de 1971, foi un avogado e político galego, alcalde de Silleda.

Roberto Ameijeiras Blanco

Roberto Ameijeiras Blanco foi un comerciante e político galego.

Rumbo (periódico)

Rumbo foi un xornal editado en Ourense en 1937.

Santiago Vallejo Heredia

Santiago Vallejo Heredia, nado en Santo Domingo de la Calzada en 1915 e finado en Madrid o 1 de novembro de 2011, foi un político español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.