Falange Española

Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo de Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Falange Española (FE)
Bandera FE JONS
Dirixentes e organización
LíderJosé Antonio Primo de Rivera
Historia
Fundación29 de outubro de 1933
Posicións políticas
IdeoloxíaFascismo
extrema dereita [Cómpre referencia]

Historia e características

FE recollía os intentos realizados durante o comezo da Segunda República Española para crear un partido fascista español, así do pequenísimo Frente Español (FE) colleu as siglas e os seus estatutos mais tamén as súas ideas orteguianas: a nación como comunidade de destino e a necesidade de vertebrar España. A Falange tamén mantivo boas relacións cos monárquicos de Renovación Española e cos carlistas. Contaba cunhas milicias do partido dirixidas por Ricardo de Rada.

O partido non se presentou ás eleccións de 1933 pero José Antonio Primo de Rivera presentouse como deputado por Cádiz nunha lista monárquica, saíndo elixido cun 18,5% dos votos.

Desde o primeiro momento a Falange intentou integrar ás JONS de Ramiro Ledesma Ramos pero este era remiso a pactar con Primo de Rivera, con todo ao final chegouse a un acordo e o 15 de febreiro de 1934 fusionábanse as dúas organizacións dando lugar á Falange Española de las JONS.

15 de febreiro

O 15 de febreiro é o 46º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.

20 de novembro

O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.

29 de outubro

O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.

Alcaldes de Ourense

Neste artigo recóllese unha listaxe incompleta dos alcaldes de Ourense. Ata o ano 2012 nunca unha muller fora alcaldesa de Ourense.

Auxilio Social

O Auxilio Social foi unha organización de inspiración fascista constituída durante a guerra civil española, englobada durante o franquismo dentro da Sección Feminina da Falange Española.

Cara al Sol

O Cara al Sol é actualmente o himno de Falange Española de las JONS e foi canto nacional durante o franquismo. Foi composto principalmente por José Antonio Primo de Rivera e Agustín de Foxá coa música do compositor vasco Juan Tellería, Amanecer en Cegama.

Eugenio Montes

Eugenio Montes Domínguez, nado en Vigo o 24 de novembro de 1900 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1982, foi un político e escritor galego, que escribiu en galego e castelán. Participou na fundación de Falange Española.

Falange Española Auténtica

Falange Española Auténtica foi un partido falanxista español fundado en 1979 tras a expulsión o ano anterior do sector minoritario partidario de establecer un partido democrático no III Congreso da Falange Española de las JONS (Auténtica), que representaba a liña falanxista oposta ó franquismo e que remarcaba o contido social da ideoloxía falanxista. Liderados por Miguel Hedilla, o novo partido aproveita a autodisolución da FE de las JONS (Auténtica) para utilizar o seu nome ata que en 1983 unha sentenza xudicial impídelle seguir a usar o nome. Miguel Hedilla acaba dimitindo por discrepancias internas e en 1984 asume o cargo Ángel Gómez Puértolas. En 1994 a maioría dos militantes e dirixentes deixaron o partido e entraron na Falange Española de las JONS e a FEA practicamente deixou de actuar.

Falange Española Tradicionalista y de las JONS

Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS, en galego: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) era o nome do partido único da España franquista creado o 19 de abril de 1937, a iniciativa da xefatura do denominado Estado Nacional, por fusión dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevación militar (denominada Alzamento Nacional) que iniciou a guerra civil española, e que non desapareceron realmente, senón que se articularon nas denominadas familias do franquismo.

FET y de las JONS concibiuse como a rama política do denominado Movimiento Nacional, concepto máis amplo co que se definía ao complexo mecanismo totalitario de inspiración fascista que pretendía ser a única canle de participación na vida pública española. O seu discurso político expresaba tamén a mestura de elementos ideolóxicos e retóricos fascistas, ultranacionalistas, militaristas, tradicionalista, conservadores, católicos (ou nacionalcatólicos), monárquicos etc.

Falange Española de las JONS

Falange Española de las JONS é o nome de varios partidos falanxistas:

Falange Española de las JONS, partido constituído en 1934 por Falange Española e as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista baixo a dirección de José Antonio Primo de Rivera;

Falange Española de las JONS, constituído en 1976, principal partido falanxista en España desde a transición;

Falange Española de las JONS (Auténtica), partido falanxista en oposición ó franquismo que xurdiu no tardofranquismo e que tivo que engadir o termo auténtica por razóns legais para poder concorrer ás eleccións;Estes partidos non se deben confudir coa Falange Española Tradicionalista y de las JONS que se constituíu tras o decreto de unificación (1937) que uniu ós falanxistas e ós carlistas nunha única organización política.

Falange Española de las JONS (1934)

Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FE de las JONS, en galego: Falanxe Española das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) foi un partido político español fundado o 15 de febreiro de 1934 resultado da unificación de Falange Española, máis próximos aos fascistas italianos cós nacional sindicalistas das JONS, máis próximos aos nazis.

Francisco Franco

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.

Illa de Santo Antón

Non confundir coa Illa de Santo Antón, A Coruña.

A Illa de Santo Antón é unha illa situada na costa do concello de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está unida á illa de San Simón por unha ponte monumental de tres ollos.

Na illa de Santo Antón (que apenas mide 1,2 hectáreas) había unha leprosería, ao igual que na veciña San Simón, pero o seu lazareto era cualificado coma lazareto sucio, mentres que o de San Simón era un lazareto limpo, debido á virulencia da enfermidade dos enfermos que acollían.

O edificio, que aínda se conserva xunto coas outras dependencias, serviu de cadea durante a guerra civil española para presos contrarios ao alzamento franquista de 1936, pertencentes aos partidos antifascistas e ás organizacións sindicais, ata os anos corenta. Despois da guerra, tódolos edificios das dúas illas foron empregados pola OJE, a organización xuvenil da "Falange Española de las JONS", único partido permitido durante a ditadura franquista.

No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural.No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.

Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.

José Antonio Primo de Rivera

José Antonio Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 24 de abril de 1903 e finado en Alacant o 20 de novembro de 1936, foi un político español, fundador xunto con Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas da Falange Española, un partido político de inspiración nacional-sindicalista do que se aproveitou a ditadura do xeneral Francisco Franco.

Juan Muíños Iglesias

Juan Muíños Iglesias, nado en Redondela, foi un avogado e político galego.

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS, en galego: Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista) foi un partido nacional-sindicalista español. Fundado o 10 de outubro de 1931 ó fusionarse o grupo arredor da revista La Conquista del Estado de Ramiro Ledesma Ramos coa Junta Castellana de Actuación Hispánica de Onésimo Redondo. A JONS foi unha moi pequena organización con certa influencia entre os estudantes universitarios en Madrid e entre os traballadores e agricultores de Valladolid. Tiña como símbolo o xugo e as frechas que pasarían a formar parte do escudo de España durante o franquismo.

En 1933 a JONS experimentou un período de expansión, comezou a editar unha publicación de igual nome que o partido e fundou un sindicato agrario afín que afirmaba ter 175 seccións locais e 3.000 membros. Nese ano, Ledesma Ramos regresou do seu exilio en Portugal e principiou a publicación da revista Libertad e outras publicacións locais, entre elas Unidad en Galicia.

En 1934, JONS uniuse con Falange Española de José Antonio Primo de Rivera para formar a Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista. Ledesma Ramos acabaría abandonando a FE-JONS e Onésimo Redondo intentaría refundar a JONS sen éxito.

Considerada a primeira organización nacional revolucionaria polo mantemento da necesidade da revolución que acabase co sistema capitalista e conquistase o poder para realizar unha transformación social, tiña moitas coincidencias co nacionalsocialismo alemán pero diferenciábao o seu carácter católico e a nula incidencia do racismo no seu discurso político, predominando o concepto de hispanidade.

Durante a transición existiu un pequeno grupo con este nome pero nin xurídica nin historicamente ten relación coa JONS primixenia a pesar de afirmar ser a continuadora histórica.

Lei Constitutiva das Cortes

A Lei Constitutiva das Cortes ou simplemente Lei de Cortes de 17 de xullo de 1942 foi promulgada durante a primeira etapa do réxime franquista, a fin de dar unha aparencia de parlamentarismo á ditadura.

Establecía a formación dunha asemblea unicameral de elección indirecta con teórica iniciativa legal, aínda que esta residía na figura de Franco desde o momento da promulgación da Lei de agosto de 1939, que lle atribuía a capacidade de ditar normas sen ningún tipo de condicionante.

Xunto coas outras sete leis fundamentais do réxime conseguiuse que o proceso de institucionalización do réxime franquista chegase ao seu fin.

Segundo a Lei das Cortes, estas eran o órgano de participación do pobo español nas tarefas do Estado. A súa función era elaborar e preparar as Leis, sen prexuízo da sanción que correspondía ao xefe do Estado, Francisco Franco. Eran procuradores en Cortes:

Os ministros.

Os Conselleiros Nacionais de Falange Española Tradicionalista y de las JONS.

Os presidentes de altos organismos.

A Organización sindical.

Os representantes da familia, elixidos polos cabezas de familia, desde a promulgación da Lei Orgánica do Estado de 1967.

Os reitores de universidades.

Os presidentes de determinadas institucións culturais.

Os presidentes de asociacións e colexios profesionais.

Os que fosen designados polo xefe do Estado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.