Faia

A faia[1] (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.

Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.

Hábitat

A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.

Europa

Hayasomiedo
Unha faia do Parque Natural de Somiedo (Asturias).

En Europa esténdese formando bosques desde Pilio, no centro de Grecia, ou redutos en Sicilia e no centro de España no Sur, até Suecia e Noruega, chegando até Trondheim no norte. En Finlandia coñécense algúns pequenos bosques de faias. Atópase moi estendido no centro de Europa destacando os bosques da Selva Negra (Alemaña), o Bosque de Soignesy en Bélxica, a Selva de Irati en Navarra (España), así como os faiais de Francia onde as faias conforman o 10% do total dos bosques. O reduto máis meridional atópase nas ladeiras do volcán Etna, en Sicilia.

Península Ibérica

É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia, os faiais, por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as súas características típicas. Hai tamén faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución ibérica está no Parque Nacional da Peneda-Gerês, no norte de Portugal, e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos.

Faia
Hayedomasaustral

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Fagus
Especie: F. sylvatica
Nome binomial
Fagus sylvatica
L.
Fagus sylvatica distribution maps

Fagus sylvatica MHNT.BOT.2010.6.81
Fagus sylvatica
Fagus sylvatica MHNT.BOT.2004.0.312
Fagus sylvatica

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para faia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Faia, Bacoi, Alfoz

A Faia é un lugar da parroquia de Bacoi no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 6 habitantes (2 homes e 4 mulleres).

As Leas, Bacoi, Alfoz

As Leas é un lugar da parroquia de Bacoi no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller).

Bacoi, Alfoz

Santa María de Bacoi é unha parroquia do concello de Alfoz. Segundo o IGE en 2010 tiña 215 habitantes (114 homes e 101 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, cunha densidade media de 62,5 hab./km².

A parroquia ten unha superficie de 3,44 km², e limita coas parroquias de Carballido e O Castro de Ouro, ademais dos concellos de Foz e O Valadouro. Pertencente o arciprestado do Valadouro.

Caducifolio

Aplícase o adxectivo caducifolio (do latín decidere, caer) ás árbores ou arbustos que perden a súa follaxe durante unha parte do ano, a cal coincide na maioría dos casos coa chegada da época desfavorable, a estación máis fría nos climas temperados ou polares; algunhas árbores perden a follaxe durante a época seca do año nos climas áridos. Estas árbores coñécense, tamén, como árbores de folla caduca ou deciduas.

Moitas árbores e arbustos caducifolios florecen durante este período, xa que isto aumenta a efectividade da polinización. A ausencia de follas beneficia a dispersión do pole polo vento ou, no caso das plantas polinizadas por insectos, consegue que as flores sexan máis visibles por estes. Así e todo, esta estratexia non carece de riscos, xa que as flores poden resultar danadas pola xeada.

Cando as follas das árbores e arbustos caducifolios finalizan o período vexetativo e co cambio de cor da follaxe fican na árbore de nomínanse marcescentes. Dáse case sempre durante toda a estación fría (outono e inverno) até practicamente a saída das follas novas na seguinte primavera. É común en moitas especies de carballos, especialmente no cerquiño(Quercus pyrenaica), o (Quercus faginea), numerosos pés de faia (Fagus sylvatica) e mailos carpes (Carpinus ssp.). No sur de Galicia ás veces tamén se dá no carballo común.

Carballeira

Unha carballeira ou touza é un lugar poboado de carballos (especies do xénero ‘’Quercus sp.’’).

Carpe

O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.

Der er et yndigt land

Der er et yndigt land (do dinamarqués: Hai unha fermosa terra) é o himno nacional civil de Dinamarca. Se está presente a familia real emprégase o himno real Kong Christian stod ved højen mast. A letra foi escrita en 1819 por Adam Oehlenschläger e levou o lema: "Ille terrarum mihi praeter omnes Angulus ridet" (Horacio). A música foi composta en 1835 por Hans Ernest Krøyer, e logo modificada por Th. Laub e Carl Nielsen.

Fagaceae

Fagaceae, as fagáceas, é unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Fagales.

O grupo das fagáceas inclúe innumerábeis especies de árbores de medio a grande porte, con maior presenza nas zonas temperadas do Hemisferio Norte. O grupo non está representado nas zonas tropicais de África ou de América do Sur. Algunhas das principais especies arbóreas de Galiza son fagáceas: os diferentes tipos de carballos (incluíndo a sobreira ou o cerquiño), o castiñeiro, ou a faia. Así mesmo as principais formacións do país, como carballeiras, fragas e soutos, están dominados por fagáceas.

Fagus

Fagus é un xénero con dez especies de árbores caducifolias da familia das fagáceas nativas das zonas temperadas de Europa, Asia e América do Norte chamadas comunmente faias. As formacións de faias denomínanse faiaisEn Galiza só atopamos unha especie, a faia europea, que soamente ocupa as serras orientais do país.

Fagus (deus)

Fagus é un deus celta da Galia antiga. Coñécese da súa existencia por catros inscricións atopadas no departamento francés de Altos Pireneos. A lingua aquitana falada na rexión de Gallia Aquitania tense relacionado coa lingua éuscara. Fagus é a palabra latina para facer referencia á faia.

Fraga (botánica)

Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do home.

Ás veces o termo fraga refírese simplemente a un bosque mixto ou simplemente unha arboreda brava.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Pleuroto

O pleuroto ou cogomelo ostra (Pleurotus ostreatus) é un fungo comestíbel, estreitamente emparentado co cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii), que se consome amplamente polo seu sabor e a facilidade da súa identificación.

É un fungo bastante común en Galiza, e adoita comercializarse para a súa venda, de feito é o cogomelo máis cultivado. Inicialmente foi cultivado en Alemaña como medida de subsistencia, durante a Primeira Guerra Mundial.

Relación de inclusión

Os campos semánticos organízanse mediante diversos tipos de relacións entre os significados dos lexemas:

relacións de incompatibilidade (véxase antonimia).

relacións de inclusión.

e relacións entre significantes e significados (sinonimia, homonimia e polisemia).As relacións de inclusión implican que os significados completo de varios signos lingüísticos estas incluídos dentro do significado doutro signo lingüístico. Deste xeito ó vocábulo que inclúe (por exemplo, a palabra árbore) o significado completo dunha ou varias palabras (carballo, maceira, faia,...) chámaselle hiperónimo.

As palabras incluídas teñen dúas posibles denominacións:

Son hipónimos con respecto ó hiperónimo: carballo é hipónimo de árbore.

Son cohipónimos entre elas: carballo é cohipónimo de maceira.Á condición que posúen os hiperónimos chámaselle hiperonimia; á dos hipónimos, hiponimia; á dos cohipónimos, cohiponimia.

Outra relación de inclusión básica é a meronimia.

Serra de Aralar

Aralar é unha serra situada entre Guipúscoa e Navarra, que fai 30 quilómetros de longo de leste a oeste e 12 quilómetros de ancho de norte a sur. A parte guipuscoana, que abrangue un terzo da serra, foi declarada parque natural en 1994.

O cumio máis alto é o Intzako Dorrea (a Torre de Intza) ou Irumugarrieta, a 1 431 metros sobre o nivel do mar e no lado navarro, mais a montaña máis coñecida é o Larrunarri ou Txindoki, no extremo oeste e en territorio guipuscoano.

A serra está formada maioritariamente por pedra calcaria, da idade do xurásico e do cretáceo e de orixe mariña. Nestes materiais calcarios desenvolvéronse numerosos fenómenos cársticos, con 850 cavidades exploradas entre as que destaca lacova de Ormazarreta II pola súa lonxitude (6 815 metros) e profundidade (576 metros). Na superficie hai numerosos dolinas e lapías nas zonas onde o bosque non cobre as rochas.

A vexetación principal é a faia, con algúns teixos e acivros. Nalgunhas zonas baixas do norte hai carballos como o carballo común e nas zonas do sur algunhas enciñeiras.

Talo

O talo ou caule é, entre as plantas con flores, o eixe, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas.

Diferénciase da raíz pola presenza de entrenós nos que se penduran as xemas auxiliares e as follas, pola ausencia de cofia terminal e pola súa estrutura anatómica. A transición entre raíz e talo faise no "pescozo". Poden existir talos subterráneos como existen raíces aéreas.

Polo seu xeito de crecemento e de ramificación, o talo determina o porte da planta; tamén ten unha función de sostén da planta e de transporte dos elementos nutritivos entre as raíces e as follas.

Un sinónimo usado ás veces, para diferencialo do talo das plantas inferiores ou talófitas, é o cultismo caule.

Traiñeira

A traiñeira é, orixinalmente, unha embarcación propia da costa cantábrica, impulsada a remo e ás veces a vela. Antigamente estaba adicada á pesca, mais na actualidade é empregada para deporte de regatas.

Urheimat dos indoeuropeos

As hipóteses da Urheimat protoindoeuropea son unha serie de conxecturas que tentan explicar as orixes da lingua protoindoeuropea. A identidade dos indoeuropeos foi un un argumento recorrente dos estudos de indoeuropeística a partir do século XIX. Se ben son moitas as hipóteses propostas, ningunha ten reunido un acordo suficientemente amplo dentro da comunidade dos investigadores.

Áraba

Áraba, segundo outras fontes Araba ou Álava (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais), é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.