Fagot

O fagot é un instrumento de vento madeira de lingüeta dobre que apareceu a mediados do século XVII e adquiriu rapidamente popularidade como instrumento orquestral durante o período barroco. Usábase principalmente para apoiar a liña baixa das cordas graves, pero a súa gama excepcionalmente ampla fixo que tamén puidese interpretar pasaxes solistas (sobre todo no rexistro tenor). O son do fagot fúndese especialmente ben cos cornos.

Na música do clasicismo e principios do romanticismo a miúdo empregábase unha parella de fagots xunto con outra de cornos para crearen unha textura homoxénea a catro voces.

Fagot
FoxBassoon
Información
Clasificación
Tesitura
Range bassoon
Instrumentos relacionados
Músicos notables
  • Fagotistas

Véxase tamén

Outros artigos

Banda de música

Unha banda de música é unha agrupación musical composta basicamente por instrumentos de vento e de percusión. Cada vez é máis habitual que se incorporen tamén instrumentos de corda fretada coma violoncellos ou contrabaixos. Á súa fronte sitúase un director/a.

En Galicia existe unha gran tradición de bandas de música, sendo a Banda Artística de Merza a máis antiga da comunidade, que segue en activo. Outras bandas importantes son a banda de música Unión Musical de Valadares, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, a banda de música Municipal de Lalín, a Agrupación Musical do Rosal, a Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo, a Banda Unión de Guláns ou a Banda Escola de Música de Beade entre as bandas populares e a Banda de Música Municipal da Coruña ou a Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela entre as profesionais.

Cana

A cana ou cana común (Arundo donax) é unha especie de planta herbácea pertencente á familia Poaceae. É unha especie común en Galicia.

Clarinete

O clarinete é un instrumento musical da familia do vento-madeira. O seu nome vén da adición do sufixo -ete (que significa pequeno) á palabra italiana clarino (que é un tipo de trompeta de rexistro alto), xa que os primeiros clarinetes tiñan un son estridente similar ao deste tipo de trompetas. O seu diámetro é similar en toda a súa lonxitude (dise del que é aproximadamente cilíndrico) e usa unha soa cana: lingüeta sinxela. No mundo do jazz, nalgunhas ocasións, foi nomeado como "licorice stick" (pau de regalicia).

Este instrumento comprende unha gran familia con diversos compoñentes diferenciados entre si polo seu tamaño e polo seu ton. É a familia máis grande dentro do grupo dos instrumentos de vento-madeira, con máis dunha ducia de compoñentes, que van desde o infrecuente BBB ♭ octo-contrabaixo ao soprano A ♭ (clarinete piccolo). De todos eles, moitos son moi raros ou xa están en desuso, como por exemplo o BBB ♭ octo-contrabaixo, do que soamente existe un, e a música que se compón para clarinete case se reduce aos tipos máis comúns (E ♭, B ♭, A e BB ♭). Por asiduidade, a palabra clarinete fai referencia ao modelo máis común, o de B ♭, o clarinete soprano.

Á persoa que toca o clarinete chámaselle clarinetista. Johann Christoph Denner inventou o clarinete a mediados do século XVIII na Alemaña, mediante a adicción dunha chave de rexistro ao antigo chalumeau. A partir deste momento seguiu evolucionando, coa incorporación de máis chaves e outras melloras, para facilitar a interpretación e a capacidade virtuosística do instrumento. A día de hoxe, o clarinete úsase en grupos de jazz, na interpretación clásica, na música de cámara e como instrumento solista.

Conservatorio

O conservatorio é un centro oficial de educación artística dedicado especialmente a ensinar música, incluíndo a práctica de instrumentos musicais, a composición musical, teoría da música e historia da música.

Conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, é un centro público de ensinanza musical situado na capital galega. Foi inaugurado sendo presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne e alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Impártense as seguintes especialidades musicais: canto, trompeta, trombón, tuba/bombardino, trompa, óboe, fagot, clarinete, frauta traveseira, saxofón, percusión, viola, violín e violoncello.

Contrafagot

O contrafagot é un instrumento musical de vento. Soa unha oitava máis grave con respecto ó fagot. É un instrumento de son amplo e profundo que se usa para reforzar as liñas graves da orquestra e a miudo úsase para fundilo con trombóns. É o instrumento de son máis grave da orquestra, e escríbese para el en clave de fa.

Il signor Bruschino

Il signor Bruschino, ossia Il figlio per azzardo (en galego O señor Bruschino, ou o fillo por azar) é unha ópera nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa baseado na obra teatral cómica francesa Le fils par hasard, ou ruse et folie de Alissan de Chazet e E.T.M. Ourry. A súa estrea tivo lugar o 27 de xaneiro de 1813 no Teatro San Moisè de Venecia.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 8 representacións no período 2005-2010, sendo a 76ª en Italia e a 10ª de Rossini.

Instrumento de vento

Os instrumentos de vento caraterízanse pola grande diversidade de timbre que presentan. O son débese á vibración do aire dentro do tubo. Da maneira de introducir o aire dependerá a que subgrupo pertencerá.

A altura do son depende de varios aspectos:

Da lonxitude do tubo: canto máis longo sexa, máis grave será o son.

Algúns instrumentos poden aumentar ou diminuír a súa lonxitude, mediante pistóns, chaves etc.

A presión do aire: canto maior sexa a presión, máis agudo será o son.A familia de vento divídese en tres:

Vento-madeira

Vento-metal

Vento con teclado

Instrumento de vento-madeira

Trátase de instrumentos aerófonos nos que o aire vibra ao paso por unha lingüeta ou por un bisel. Compóñense dunha embocadura, un tubo con buratos que permite a alteración da frecuencia da onda sonora, e unha pequena campá (agás a frauta). Nos instrumentos modernos estes buratos non se premen directamente cos dedos (caso de instrumentos populares e de época) senón por medio de chaves, sistema que se desenvolveu no século XIX para mellorar as posibilidades interpretativas.

Atopamos varios tipos de instrumentos de vento madeira:

a) Instrumentos de lingüeta dobre ou palleta. Óboe, óboe de amor (afinado en la), corno inglés (en fa), fagot e contrafagot. A gaita sería tamén un instrumento de madeira de dobre lingüeta, coa particularidade de que consta dun fol que almacena o aire e de roncón e ronquetas para facer bordóns.

b) Instrumentos de lingüeta simple. Atopamos basicamente dúas familias, a do clarinete e a do saxofón. A familia do clarinete (instrumento xeralmente afinado en si bemol) componse tamén do requinto (en mi bemol), do corno di bassetto (en fa), do clarinete alto (en mi bemol), do clarinete baixo (en si bemol) e do clarinete contrabaixo (en si bemol). Os instrumentos da familia do saxofón constan da boquilla dun clarinete máis un tubo de latón, na actualidade utilízanse sete modelos distintos (soprano, sopranino, alto, tenor, barítono e baixo).

c) Instrumentos de bisel. A frauta é o principal instrumento deste grupo. Consta dun tubo cilíndrico, e a columna de aire vibra grazas ao contacto contra o bordo da embocadura. Orixinalmente era un instrumento feito de madeira, pero na actualidade esta substituíuse por metais coma a prata.

Instrumento musical

Un instrumento musical é un xerador de son que serve para levar á práctica ideas musicais. A súa forma de execución está vencellada ao corpo humano, ben sexa por medio do sopro ou do movemento dos seus membros.

John Williams

John Towner Williams (Long Island (Nova York), 8 de febreiro de 1932) é un compositor estadounidense premiado varias veces polas súas bandas sonoras.

Amigo de Steven Spielberg, asina case todas as bandas dos seus filmes, tales como Parque Xurásico, Tiburón, A lista de Schindler, Encontros na terceira fase e Munich. Tamén é socio do cineasta George Lucas, sendo o autor das famosas bandas sonoras das series cinematográficas de éxito Star Wars e Indiana Jones. Outras bandas famosas de autoría de Williams son a da saga Harry Potter e a do filme de Superman protagonizado por Christopher Reeve. Nomeado nada menos que 45 veces ao Oscar, foi vitorioso con Jaws, E.T. the Extra-Terrestrial, Star Wars Episode VI, Schindler's List e Fiddler on the Roof.

É considerado un dos maiores compositores da actualidade.

Ademais dos seus traballos en música de filmes, é coñecido tamén polas súas obras eruditas e concertos, como: o concerto para fagot e orquestra, o concerto para violoncello e orquestra, o concerto para trompeta e orquestra, o concerto para violín, frauta e orquestra e o concerto para trompa e orquestra.

La cambiale di matrimonio

La cambiale di matrimonio (en galego O contrato de matrimonio) é unha ópera buffa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Gaetano Rossi. O libreto baseouse na obra de Camillo Federici (1791) e nun libreto previo de Giuseppe Checcherini para a ópera de Carlo Coccia, Il matrimonio per lettera de cambio (1807). Trátase da primeira ópera composta por Rossini e foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 3 de novembro de 1810.

Composta nuns poucos días cando tiña 18 anos, esta farsa buffa foi a primeira ópera profesional de Rossini, composta seguindo a moda da época, na que se estilaban moito estas pequenas óperas absurdas e cómicas. A abertura, escrita cando era estudante no Liceu Musicale en Boloña, é habitual no repertorio de concerto.Esta ópera case non se representa na actualidade. Nas estatísticas de Operabase aparece con só 4 representacións no período 2005-2010.

La scala di seta

La scala di seta (en galego A escada de seda) é unha farsa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Moisè de Venecia o 22 de maio de 1813.

Esta ópera é pouco representada, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 4 representacións no período 2005-2010.

Leonid Bashmakov

Leonid Bashmakov, nado o 1 de abril de 1927 en Zelenogorsk, é un compositor e director de música finés.

MiG-15

O Mikoyan MiG-15 (designación OTAN: Fagot) foi un caza deseñado para os roles de superioridade aérea e cazabombardeiro na Unión Soviética por Artem Mikoyan e Mikhail Gurevich. O MiG-15 foi un dos primeiros cazas a reacción con á en frecha, e conseguiu fama nos ceos de Corea, onde superou de sobra a todos os cazas inimigos coa excepción do F-86 Sabre.

O MiG-15 tamén serviu como punto de partida para o desenvolvemento do máis avanzado MiG-17, que foi aínda unha ameaza efectiva para os cazas estadounidenses na Guerra do Vietnam. O MiG-15 foi un dos avións máis fabricados da historia, ao producirse ao redor dos 12.000 exemplares e uns 6.000 máis baixo licenza.

Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela

A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo no que participan estudantes e mesmo persoas que saben tocar un instrumento orquestral.A orquestra ten a súa orixe en 2010, aínda que ofrece o seu primeiro concerto en 2011, realiza cada curso escolar unha convocatoria pública, polo menos, para a selección e admisión para pertencer á formación. Os diferentes instrumentos para os que se realizan probas de admisión son violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón, tuba, clave, órgano, percusión e arpa.

O vestiario dos membros do grupo nas actuacións é de cor negra, toda a indumentaria: camisa, pantalón, vestido e zapatos son de cor negra.

Nas actuacións desta orquestra é frecuente vela acompañada por solistas alleos á formación. Esta orquestra ofrece concertos públicos e gratuítos repartidos ao longo do curso escolar.

Palleta

Unha palleta é unha lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.

As palletas están fabricadas con cana, madeira ou metal e existen modalidades que varían segundo o tipo de instrumento.

Trompeta

A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista ou tamén simplemente trompeta.

Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.

Óboe

O óboe é un instrumento musical de vento madeira de lingüeta dobre que apareceu por primeira vez en Francia cara a 1660.

Dende a súa invención apenas sufriu cambios. Evolucionou da chirimía tiple e inmediatamente foi aclamado pola súa variedade tonal calidade expresiva.

Os primeiros óboes posuían un tono estridente e desafinaban con facilidade, pero a pureza de tono do óboe moderno fixo que normalmente se use como referencia para afinar o resto dos instrumentos da orquestra.

A dificultade para soprar a través dunha boquilla de lingüeta dobre fai que as familias dos óboes e os fagots resulten difíciles de interpretar nos seus rexistros graves.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.