Facultade de Medicina de Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela na rúa de San Francisco é a Facultade onde se imparte a docencia da Medicina na Universidade de Santiago de Compostela desde que se inaugurou o ano 1928 este edificio,[1] construído a carón do Hospital Real (co que de comunicaba a través dunha galería cuberta), de xeito que ambos os edificios ocupaban todo un lado de dita rúa, desde a praza do Obradoiro até o covento de San Francisco, até que se acabe de construír o novo edificio da Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Coordenadas: 42°52′53″N 8°32′45″O / 42.88139, -8.54583

Facultad de Medicina de Santiago de Compostela
Edificio da Facultade de Medicina da USC na rúa de San Francisco.

Historia

A docencia da Medicina en Santiago remóntase ao ano de 1648, cando o Colexio de Fonseca era o centro de toda a vida universitaria compostelá.[2]

Durante moitos anos os estudos de Medicina realizáronse en Fonseca e, desde 1857, en que se creou a Facultade de Farmacia, ambas as facultades compartiron edificio,[3] até que nos anos 1920, coa influencia de Montero Ríos, comezou a construción do novo edificio para a de Medicina na rúa de San Francisco.

Un feito histórico notábel produciuse durante as mobilizacións estudantís de 1968 cando, nunha multitudinaria asemblea da Universidade celebrada na Facultade de Medicina o 28 de marzo, interveu a policía violentamente, causando numerosos feridos e realizando varias detencións. Esta intervención policial violenta xerou a indignación dos estudantes, que despediron a pedradas na estación de ferrocarril ao director xeral de Universidades, Hernández Díaz, desprazado a Santiago para tentar resolver o conflito.

Acto de despedida

O 18 de setembro de 2017 celebrouse en el salón de actos da Facultade de Medicina, coa presenza de autoridades, doutores e catedráticos que desenvolveron a súa actividade académica no histórico edificio, unha reunión de despedida que deu pé á gravación dun documental de 45 minutos producido por Edicións Bolanda e que se emitiría posteriormente na TVG. Este documental, titulado O templo do galeno repasa non só o século de vida da Facultade de Medicina nese edificio, senón que fai tamén un percorrido pola historia da docencia médica en Santiago desde os seus inicios no ano 1648.

O decano da Facultade, Juan Gestal, foi o encargado de presentar o documental. Tamén interviron, entre outros, o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, o catedrático de Anatomía Javier Jorge e os doutores Joaquín Potel Lesquereux e Manuel Sánchez Salorio, que recordaron distintos episodios do devir dos estudos de Medicina en Santiago, con momentos clave, como cando se pechou o Hospital Real e se inauguraron os hospitais de Galeras e, máis tarde, o de Conxo e o Clínico. Nese traballado camiño tiveron moito que ver, como recordou Gestal, iniciativas como a posta en marcha da Escola Médica Compostelá, coñecida como Fonte Limpa, ou xa, recentemente, a posta en marcha do Instituto de Investigación Sanitaria do CIMUS e do Instituto de Medicina Legal, nos que destaca o doutros Ángel Carracedo.

A próxima Facultade de Medicina e Odontoloxía

Clinico de Santiago
Hospital Clínico de Santiago.

A construción da nova Facultade de Medicina comezará en 2018, segundo anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, despois de que Consello de Goberno deu luz verde ao protocolo de cooperación entre a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela para desennvolver estas instalacións no Campus Vida compostelán. A Xunta e a Universidade de Santiago contan xa, polo tanto cun protocolo de cooperación para construír a nova Facultade de Medicina e Odontoloxía que, nunha segunda fase albergará tamén a titulación de Enfermaría. Aínda que o protocolo debe ser aprobado polos órganos de goberno da Universidade, desde a institución académica vese con bos ollos un documento que inclúe a cesión gratuíta dunha parte importante do actual edificio onde se imparte Medicina, na rúa de San Francisco, á Administración autonómica. A nova Facultade situarase no aparcamento anexo do novo Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, e ademais abordarse unha ampliación destas dependencias hospitalarias para acoller o traslado dos servizos asistenciais que se prestan no Hospital Gil Casares.[4][5]

Notas

  1. Un siglo de historia del templo de la medicina en Santiago La Voz de Galicia, 19/07/2017.
  2. Historia de la Universtdad de Santiago de Compostela en santiagoturismo.
  3. USC. Facultade de Farmacia. Historia.
  4. Las obras de la nueva facultad de Medicina comenzarán en 2018. El Correo Gallego, 23/09/2016.
  5. La USC cederá el histórico edificio de Medicina a la Xunta durante 75 años. La Voz de Galicia, 23/09/2016.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), pertencente á rede galega de utilización pública do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), está constituído polos catro centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde situados na cidade de Santiago de Compostela.

Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela

A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela é unha institución docente da Universidade de Santiago de Compostela situada en tres localizacións: na rúa de San Francisco, s/n, onde se imparte Medicina (e ademais é onde está a Biblioteca da Facultade); na rúa Entrerríos, s/n, onde se cursa Odontoloxía, e na rúa da Choupana, s/n, onde está o Edificio Docente Roberto Novoa Santos.

Movemento popular da canción galega

O Movemento Popular da Canción Galega é unha plataforma que xorde no ano 1973 logo da disolución do grupo Voces Ceibes e dura apenas uns meses. Nel participaron músicos galegos de diversas tendencias que estaban comprometidos con Galiza e denunciaban a falta de liberdades, como Rodrigo Romaní, Antón Seoane, Emilio Cao, Pilocha, Luís Emilio Batallán, Bibiano e Miro Casabella, entre outros.

Salvador Lissarrague Novoa

Salvador Lissarrague Novoa, nado en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro de 1910 e finado en Madrid o 14 de marzo de 1967, foi un xurista e sociólogo galego. Catedrático de Filosofía do Dereito e de Filosofía Social, foi un relevante filósofo do dereito e sociólogo nos anos centrais do século XX, discípulo de Ortega y Gasset e de Luis Recasens Siches. Entre as súas obras máis destacadas figuran Introducción a los temas centrales de la Filosofía del Derecho, La teoría del Poder en Francisco de Victoria e Las formas de convivencia y los conjuntos humanos.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.