Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52′26.39″N 8°33′29.82″O / 42.8739972, -8.5582833 A Facultade de Matemáticas forma parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e está situada na avenida Lope Gómez de Marzoa, no campus sur de Santiago de Compostela. É a única que hai en Galicia.

Historia

50 aniversario de matemáticas na USC
Placa do 50 aniversario da Licenciatura de Matemáticas na USC.

A pesar de que a Facultade de Matemáticas se institúe en 1977, non foi ata os anos oitenta en que se traslada da antiga Facultade de Ciencias (hoxe Facultade de Química) ao seu emprazamento actual, nun edificio obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat.[1] Coa entrada en vigor da Lei de Reforma Universitaria no curso 1985/1986, a Facultade divídese nos departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación Operativa, Matemática Aplicada e Xeometría e Topoloxía.

Dende o curso 2008/2009 impártese neste centro o Grao en Matemáticas, ao que se engadiron no curso 2015/2016 os dobres graos en Enxeñaría Informática e en Matemáticas e en Matemáticas e en Física.

Estudos

Graos

  • Grao en Matemáticas
  • Dobre grao en Enxeñería Informática e en Matemáticas
  • Dobre grao en Matemáticas e Física

Másters

  • Máster en Matemáticas
  • Máster en Matemática Industrial
  • Máster en Técnicas Estatísticas

Notas

  1. Facultades de Matemáticas e Bioloxía

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.