Facultade de Informática da Coruña

A Facultade de Informática da Coruña (FIC) é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no campus de Elviña.

Coordenadas: 43°19′58″N 08°24′38″O / 43.33278, -8.41056

Facultade de Informática da Coruña
Logo fic

Logotipo da Facultade.
Universidade: UDC
Localización: A Coruña
Campus: Campus de Elviña
Enderezo: Campus de Elviña, s/n.
15071
Ano de fundación: 1986
Decano: Luis Hervella Nieto
Docentes: 145 (2012/2013)
Estudantes: 1.488 (2015/2016)[1]
Teléfono: 981 16 70 00
E-mail: decanato.fic@udc.es
Páxina web: http://www.fic.udc.es

Historia[2]

Logo 25 anos da FIC
Logotipo conmemorativo do 25 aniversario da fundación da Escola Universitaria de Informática da Coruña (1986-2011).

A idea de crear na Coruña unha escola universitaria de informática comezou a tomar corpo entre 1983 e 1985, promovida desde diferentes sectores e entidades. Desta demanda fíxose eco Alfredo Bermúdez de Castro, por entón vicerreitor na Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo que a reitoría convocase a debate ás empresas informáticas e ós profesionais máis relevantes do país naquel momento, así como ós representantes das facultades e escolas de informática existentes, coa finalidade de determinar a mellor orientación dos futuros estudos superiores de Informática en Galicia. Esta reunión, que se celebrou co apoio da Deputación da Coruña no pazo de Mariñán, deixou sentadas as bases da carreira.

En 1985 o reitor da USC, Carlos Pajares Vales, nomeou ó profesor José Luis Freire Nistal comisionado do proxecto e en 1986 creouse a Escola Universitaria de Informática da Coruña baixo a súa dirección. Desde o inicio das reunións participaron activamente distintas figuras académicas e profesionais que se comprometeron coa idea, podéndose destacar a Miguel Rodríguez Rubio e a Sebastián Bamonde Rodríguez, que despois se incorporarían coma profesores da Escola. Entre todos elaboraron un primeiro plan de estudos que sería posteriormente aprobado polo Consello de Universidades: a Diplomatura en Informática. Nesta etapa foi destacable o apoio do concello da Coruña.

A Escola comezou a súa andadura en 1986 nalgunhas aulas e locais que lle cedeu a Escola de Aparelladores, onde chegaron a compartir un despacho entre cinco profesores. O alumnado examinábase en taboleiros de debuxo.

En 1989, durante o mandato do profesor Antonio Blanco Ferro -primeiro director electo do Centro- conseguiuse a aprobación do segundo ciclo de estudos en informática e sentáronse as bases para o financiamento dun edificio: era a etapa da fundación da Universidade da Coruña sendo o primeiro reitor José Antonio Portero Molina.

En 1991 créase a Facultade de Informática coa implantación da Licenciatura en Informática e o director da Escola naquel momento, Juan Ares Casal, decide que é mellor que non coexistan a Facultade e a Escola, polo que ó remate do curso desaparece esta última. Con motivo da creación da Facultade, o reitor José Luis Meilán Gil nomea como decano comisionado a José Luis Freire Nistal e Juan Ares Casal será vicedecano.

No ano 1993 inaugurouse o actual edificio e en 1994 chegarían as enxeñarías en informática en forma de tres titulacións: Enxeñaría Informática, Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión. Nesta etapa xorde o acrónimo "FIC" proposto polos estudantes para identificar á Facultade de Informática da Coruña.

No 2006, sendo decano Alberto Valderruten Vidal e vicedecano de Relacións coa Industria Víctor M. Gulías, a Facultade propón a creación dun punto de encontro entre a universidade e a empresa que se materializa coa posta en marcha un ano máis tarde do CITIC, no que conflúen os departamentos de I+D de empresas do sector TIC cos grupos de investigación da UDC nun edificio do Parque Tecnolóxico próximo á FIC.

A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas titulacións deran paso no curso 2010/2011 ós novos títulos de grao e mestrado, proceso que ten lugar durante o mandato coma reitor do ex-decano da Facultade José María Barja e que comezara coa implantación do Mestrado en Informática en 2006, o cal se acabaría transformando, no ano 2009, no Mestrado Universitario en Enxeñarías de Sistemas Informáticos.

Desde o curso 2010/2011 se imparte o título de grao en Enxeñaría Informática pola UDC, que propón a integración de tódalas especialidades previstas no Consello de Universidades para a formación de profesionais en Enxeñaría Técnica en Informática.

No curso 2012/2013 implántase o Mestrado Universitario en Enxeñería Informática, título co que a Facultade remata o proceso de adaptación da súa oferta académica ó Espazo Europeo de Educación Superior e que se corresponde coa formación do Enxeñeiro en Informática seguindo as recomendacións do marco profesional. Neste mesmo curso se oferta por última vez a posibilidade de que un enxeñeiro técnico acceda ó segundo ciclo da enxeñería en extinción e por primeira vez a posibilidade de acceso ó curso de adaptación ó Grao.

Titulacións

Facultade de Informática.002 - UDC
Facultade de Informática da UDC

A Facultade está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna

Enxeñarías (en extinción)

  • Enxeñaría Informática.
  • Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas.
  • Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión.

Graos

Tras a reforma universitaria, na Facultade impártense os graos de:

  • Grao en Enxeñaría Informática (especialidades de Computación, Enxeñaría de computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da información e Enxeñaría do software).

Mestrados

Impártense tamén catro mestrados xa adaptados ó EEES[3]:

  • Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática.
  • Mestrado Universitario en Matemática Industrial.
  • Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas.
  • Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións.
  • Mestrado Universitario en Xeoinformática.

Equipo decanal

O actual decano é Luis Hervella Nieto[4], elixido nas eleccións do día 3 de abril de 2013[5] e converténdose así no cuarto decano da historia da Facultade.

Na etapa de Escola Universitaria foron directores:

  • José Luis Freire Nistal (1986 - 1989).
  • Antonio Blanco Ferro (1989 - 1990).
  • Juan Ares Casal (1990 - 10 de xullo de 1991).

Desde a súa fundación coma Facultade foron decanos:

  • José Luis Freire Nistal (11 de xullo de 1991 - 11 de xuño de 1999).
  • José María Barja Pérez (12 de xuño de 1999 - 8 de xaneiro de 2004; causou baixa ao ser elixido reitor da Universidade da Coruña).
  • Alberto Valderruten Vidal (9 de xaneiro de 2004 - 10 de abril de 2013).
  • Luis Hervella Nieto (11 de abril de 2013[6] - actualidade)

O equipo decanal neste momento é o seguinte:

Cargo Nome
Decano Luis Hervella Nieto
Secretario Íñigo Arregui López
Vicedecana de Organización Académica Susana Ladra González
Vicedecano de Recursos Informáticos Daniel Ismael Iglesia Iglesias
Vicedecano de Infraestruturas Mariano Javier Cabrero Canosa
Vicedecana de Relacións Institucionais Adriana Dapena Janeiro
Vicedecano Responsable de calidade Basilio Bernardo Fraguela Rodríguez

Departamentos

Os departamentos cos que conta a Facultade son[7]:

  • Computación.
  • Electrónica e sistemas.
  • Matemáticas.
  • Tecnoloxía da información e das comunicacións.
  • Outros departamentos que imparten materias nesta Facultade pero que teñen a súa sede noutras son:
    • Economía financeira e contable.
    • Filoloxía inglesa.
    • Dereito público especial.

Curiosidades

O 19 de marzo celébrase a festividade de San Xosé, patrón do centro.

Notas

  1. "Memoria da FIC 2015" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2016.
  2. "Historia da Facultade". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011.
  3. "Oferta académica". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2011.
  4. "Equipo de goberno da Facultade de Informática da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011.
  5. "Luis Hervella, novo decano da Facultade de Informática". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2013. Consultado o 03 de abril de 2013.
  6. Os novos decanos e directores de departamento tomarán posesión o xoves[Ligazón morta]
  7. "Departamentos da Facultade de Informática da UDC". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 04 de novembro de 2011.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Amparo Alonso Betanzos

Amparo Alonso Betanzos, nada en Vigo o 10 de outubro de 1961, é unha informática galega, catedrática de Universidade e investigadora en intelixencia artificial.

Durante o bienio 2016-2017 foi a presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial, e é a coordinadora do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Coruña.

Campus da Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña ten, na cidade da Coruña e en dúas poboacións da súa comarca, sete Campus que acollen, cada un deles, diversas Facultades, Escolas Universitarias, Centros de investigación, intalacións deportivas e outras dependencias. Estes son: A Maestranza, Riazor, Elviña, Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros. Ademais, na cidade de Ferrol ten outros dous Campus, o de Esteiro e o de Serantes.

Luís Castedo Expósito

Luís Castedo Expósito, nado en Mazorgán,[Cómpre referencia] parroquia de Céltigos (Ortigueira) o 4 de decembro de 1938, é un químico galego que foi catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago e, despois da súa xubilación, catedrático emérito, así como Director xeral de Ordenación Universitaria e Política Científica da Xunta de Galicia.

É pai do catedrático da universidade da Coruña Luís Castedo Ribas.

Luís Castedo Ribas

Luis Castedo Ribas, nado en 1966 en Santiago de Compostela, é un enxeñeiro de telecomunicacións galego, catedrático da Universidade da Coruña, da que foi candidato a reitor en 2011.

Mocidade Socialista Galega

A Mocidade Socialista Galega, constituída o 25 de abril de 2009 na cidade de Santiago de Compostela como as mocidades do Espazo Socialista Galego, é unha organización xuvenil integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego). Máis BNG adóptao, trala súa asemblea constituínte do 21 de novembro, como o seu referente no ámbito de mocidade.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.