Facultade de Filoloxía da Coruña

A Facultade de Filoloxía da Coruña é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no Campus da Zapateira.

Coordenadas: 43°19′33″N 08°24′26″O / 43.32583, -8.40722

Facultade de Filoloxía da Coruña (UDC)
Facultade de Filoloxía da UDC

Historia

Os estudos de Filoloxía na Coruña remóntanse ao ano 1972, cando se comezou a impartir no antigo Colexio Universitario o primeiro ciclo das licenciaturas en Filoloxía Hispánica, Románica e Xermánica. Os estudos comezaron en pavillóns provisionais no Campus de Riazor, no centro urbano, para posteriormente trasladarse ó Campus da Zapateira.

Coa creación da Universidade da Coruña e da Facultade de Humanidades (1989), completáronse os segundos ciclos de Filoloxía Hispánica (1990), nas subseccións de Español e Galego-portugués, e de Filoloxía Inglesa (1993). En 1995, a Facultade trasládase do Campus da Zapateira a un novo edificio no Campus de Elviña. Ese mesmo ano créase a Facultade de Filoloxía por desmembración, xunto coa Facultade de Ciencias da Educación, da antiga Facultade de Humanidades. Finalmente, en 2003 a Facultade de Filoloxía trasládase de novo ó Campus da Zapateira, onde ocupa un edificio situado na parte alta do campus.

A implantación do Espazo Europeo de Educación Superior determinou que as antigas licenciaturas deran paso no curso 2009/2010 ós novos títulos de grao e mestrado.

Titulacións

Está en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártense os graos en español (estudos lingüísticos e literarios), en galego e portugués (estudos lingüísticos e literarios), e en inglés (estudos lingüísticos e literarios).

Impártense tamén os mestrados en lingua e usos profesionais, en lingüística e as súas aplicacións, e mais en lingüística galega.

Desde o curso 2011/2012 impártese tamén o Mestrado en Literatura, cultura e diversidade nas especialidades de español, inglés e galego-portugués.

Equipo decanal

A actual decana é Teresa López Fernández[1], elixida nas eleccións celebradas o 21 de xaneiro de 2005 e reelixida o 4 de marzo de 2009. María José Martínez López, anterior decana da Facultade, ocupa actualmente o posto de vicerreitora de Estudantes e Relacións Internacionais da UDC[2]

Departamentos

Os departamentos dos que consta a Facultade son[3] Filoloxía española e latina, Galego-portugués, francés e lingüística, e Filoloxía inglesa.

Notas

  1. "Decanato da Facultade de Filoloxía da Coruña (consultado o 12 de marzo de 2011)". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 11 de marzo de 2011.
  2. Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais da Universidade da Coruña (consultado o 12 de marzo de 2011)[Ligazón morta]
  3. "Departamentos da Facultade de Filoloxía da UDC (consultado o 12 de marzo do 2011)". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2011.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Páxina web da Facultade

Campus da Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña ten, na cidade da Coruña e en dúas poboacións da súa comarca, sete Campus que acollen, cada un deles, diversas Facultades, Escolas Universitarias, Centros de investigación, intalacións deportivas e outras dependencias. Estes son: A Maestranza, Riazor, Elviña, Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros. Ademais, na cidade de Ferrol ten outros dous Campus, o de Esteiro e o de Serantes.

Filoloxía

Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Luciano Rodríguez Gómez

Luciano Rodríguez Gómez, nado en Viana do Bolo en 1951, é un filólogo e crítico literario galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.