Fabiola García

Fabiola García Martínez, nada en Ribeira en 1985, é unha e política galega, conselleira de Política Social da Xunta de Galicia.

Fabiola García
Nacemento1985
 Ribeira
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítica

Traxectoria

É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleira e primeira tenente de alcalde de Ribeira e directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.

Foi asesora nas consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Vida persoal

Casou co ourensán Lucas Martinón Torres (1980), xornalista, director de comunicación da Xunta de Galicia,[1] fillo do pediatra e bibliófilo Federico Martinón Sánchez. Son pais dunha filla.

Notas

  1. Transparencia Xunta.
Predecesor:
José Manuel Rey Varela
 Escudo de Galicia.svg
Conselleira de Política Social
 
dende 2018
Sucesor:
Patricia Argerey Vilar

Patricia Argerey Vilar, nada en Lugo en 1977, é unha economista galega.

Membro destacada do colectivo de mulleres no sistema CTEM, é unha impulsora da incorporación da muller ás novas tecnoloxías.Na actualidade (2018) é a directora da Axencia Galega de Innovación.

Xosé Manuel Rey

Xosé Manuel Rey Varela, ou José Manuel Rey Varela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, que foi alcalde de Ferrol entre 2011 e 2015.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.