Faballón

Chámase faballón, fabón,[2] faba loba ou fabaca á especie Vicia faba, planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, que dá o seu nome á familia das fabáceas, da cal é a especie tipo, e tamén se denominan así as súas sementes, comestíbeis.[2]

Faballón
Vicia faba
Vicia faba [1]

Vicia faba [1]
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Phaseoleae
Xénero: Vicia
Especie: V. faba
Nome binomial
Vicia faba
Linnaeus, 1753

Características

A planta do faballón é recta e ergueita, con talos fortes de até 1,6 m de altura, grosos, angulosos e lampiños.
As follas son alternas, paripinnadas e compostas, con 1.3 pares de folíolos grandes, ovalados, non rematados en gabiáns.
As flores preséntanse en acios de 2 a 8, soibre un pedúnculo común curto, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.[3]

Tuinboon zaden in peul
Faballóns na vaíña abrta.

O froito é un legume de vaíña alongada, grande (de entre os 10 e os 30 cm de lonxitude), suculento e pubescente, ergueito, mouro na madurez. Dentro da vaíña dispóñense as sementes, de 2 a 6, grandes. ovaladas, deprimidas,[3] e dispostas formando unha ringleira, de cor verde amarelada, e cun peso dun ou dous gramos.

Como no caso doutras fabáceas, teñen a propiedade de fixar nitróxeno no solo. Sobre un 80 % del é consumido pola propia planta, e o 20 % restante mellora a fertilidade da terra, razón pola cal o seu cultivo é empregado en sistemas de rotación para fortalecer solos esgotados.

Subespecies e variedades

As principais subespecies e variedades cultivadas son:

  • Vicia faba var. minor
  • Vicia faba var. equina
  • Vicia faba var. major
  • Vicia faba subsp. faba L.
  • Vicia faba subsp. paucijuga (Alef.) Muratova

Cultivo

Orixinario da conca mediterránea, hoxe cultivase en todo o mundo.

O faballón desenvólvese ben en case todos os tipos de solos.

Precisa abundante humidade e uns 700 mm anuais de choiva. Tolera as xeadas, polo que se pode adaptar ás condicións de montaña.

Notas

  1. Ilustración de Thomé, en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.
  2. 2,0 2,1 faballón' no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Merino, 1905, p. 232.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Merino, Baltasar (1905): Flora descriptiva e ilustrada de Galicia. Santiago: Tipografía Galaica, Tomo I.

Outros artigos

Ligazóns externas

Vocabulario botánico. Universidade Santiago de Compostela

Bolboreta da col

A bolboreta da col ou bolboreta da verza (Pieris brassicae) é unha especie de bolboreta da familia Pieridae. É un parente próximo da especie Pieris rapae.

Este lepidóptero é común en Europa, Norte de África e Asia incluíndo os Himalaias.

Faba

O termo faba pódese referir a diferentes especies botánicas e os seus legumes:

Feixón, o legume e a planta Phaesolus vulgaris, feixón, fabeira.

Faballón, o legume e a planta Vicia faba, faballón, faba loba, faba morena, fabón, fabaca.

Faba forraxeira, a planta Vicia faba var. equina

Faba de Lima, o legume e planta Phaseolus lunatus, feixón de Lima

Faba do Calabar, semente velenosa da especie Physostigma venenosum, planta leguminosa que se atopa en África occidental.

Faboideae

Faboideae é unha das tres subfamilias nas que se divide a familia das leguminosas ou Fabáceas (Fabaceae). O nome alternativo para a subfamilia é Papilionoideae. É a división máis grande da familia, e esténdese por todos os continentes agás as rexións árticas. Comporta 476 xéneros e 13.900 especies. Os xéneros con maior número de especies son Astragalus (2400 a 3270), Indigofera (700), Crotalaria (700), Mirbelia sensu lato (450), Tephrosia (350), Desmodium (300), Aspalathus (300), Oxytropis (300), Adesmia (240), Trifolium (240), Rhynchosia (230), Lupinus (200), Aeschynomene (160), Hedysarum (160), Lathyrus (160), Vicia (160), Dalea (150), Eriosema (150), Lotononis (150), Millettia (150), Vigna (150), Swartzia (140), Daviesia (135), Lonchocarpus (135), Machaerium (130), Onobrychis (130), Ormosia (130), Lotus (inc. Coronilla, 125), Lonchocarpus (120), Erythrina (110), Gastrolobium (110), Mucuna (105) e Pultenaea (100). As especies leñosas son preferibelmente termófilas, moitas herbáceas son de rexións temperadas e frías, porén están tamén representadas nos trópicos. Comporta moitas plantas útiles e moi coñecidas, como ervello, garavanzo, feixón, chícharo de olor, trevos, faballón, alforfa, soia, entre outras. Ademais pertencen a esta subfamilia plantas bravas moi comúns dos montes galegos, coma os toxos, as xestas, a carqueixa, ornamentais rubideiras como a glicinia chinesa, ou incluso árbores como a falsa acacia.

As plantas desta subfamilia recoñécense das demais subfamilias de leguminosas por mor das súas flores, que posúen catro pétalos envoltos entre si, creando un tubo por cuxo extremo sobresaen os seus longos estames. O quinto pétalo está estendido coma unha vela e denomínase estandarte, velame ou vexilo.

Feixón

Non confundir con feixoaO feixón, fabeira, faba ou chicho (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba.

As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.

Xiberelina

As xiberelinas son hormonas de plantas que regulan o crecemento e inflúen en varios procesos do desenvolvemento da planta, como o crecemento do talo, xerminación, dormencia, floración, expresión do sexo, indución encimática, e a senescencia de follas e froitos.As xiberelinas foron recoñecidas por primeira vez en 1926 polo científico xaponés Eiichi Kurosawa, cando estaba estudando unha enfermidade da planta do arroz.

Foi illada por primeira vez en 1935 por Teijiro Yabuta e Sumuki, a partir de cepas do fungo Gibberella fujikuroi proporcionadas por Kurosawa. Yabuta foi o que lle deu ao produto illado o nome de xiberelina (a partir do nome do fungo).O interese polas xiberelinas fóra de Xapón empezou despois da Segunda guerra mundial. Nos Estados Unidos, a primeira investigación levouna a cabo unha unidade de Camp Detrick en Maryland (centro onde se investigaba en patóxenos de plantas e no programa de armas biolóxicas), estudando as plántulas de Vicia faba (faballón). O interese polas xiberelinas espallouse polo mundo rapidamente cando se fixo evidente a súa potencial aplicación a varias plantas comerciais importantes. Un exemplo son as investigacións da décda de 1960 en California e a súa aplicación sobre as uvas Sultana. Un antagonista coñecido das xiberelinas é o paclobutrazol (PBZ).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.