FINSA

FINSA, acrónimo de Financiera Maderera, SA, é unha empresa galega do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiro de madeira.

FINSA
Medalla de Galiza.svg
Financiera Maderera Finsa MDE W3S
Finsa Santiago de Compostela N 550 A Coruña
Vista de Finsa de Santiago na N 550.
TipoSociedade Anónima
Fundación1931
LocalizaciónSantiago de Compostela, (A Coruña) Galicia Galiza
Persoas claveSantiago García Baliña
IndustriaForestal
ProdutosTaboleiro aglomerado e MDF
Beneficio870 millóns de euros (en 2017)[1]
Número de empregados3.000
Páxina webfinsa.es

Historia

Fundada por Manuel García Cambón en 1931 como un aserradoiro, os seus primeiros anos son dun lento crecemento. En 1946 déuselle o nome actual e a partir dese momento baseou o seu sistema de negocio no financiamento da madeira, que se lles pagaba aos propietarios mentres esta aínda estaba medrando no monte. Este modelo de negocio resultou exitoso, pois fidelizaba os vendedores, obrigaba a un investimento máis pausado e controlado, e permitía axustar a corta ás necesidades de produción, e non ao revés.

En 1964 abre a primeira fábrica de taboleiro de aglomerado da Península Ibérica en Pontecesures, e en 1969 a planta principal en Santiago de Compostela. Dende ese momento, a principal fonte de negocio será a produción de taboleiro a partir de piñeiro e eucalipto. A expansión da firma continuou coa apertura de novas plantas, como a de taboleiros de fibra (MDF) en Pontecesures (1981), ou coa compra doutras empresas madereiras galegas (Oremberg, Fibranor, Foresa) ou portuguesas (Maderiberia, Lusofinsa).

En 1990 o seu presidente fundador falece, e é substituído polo seu fillo maior Manuel García Baliña. Todo o accionariado repártese entre os membros da familia.

O proceso de expansión e compra de empresas do sector prosegue, e en 2000 a firma alíase coa empresa de grandes almacéns El Corte Inglés e funda Utisa, unha firma especializada na produción de madeira para a fabricación de mobles. A súa expansión continuou mercando firmas como Decotec, Écar ou Faus, que lle abriron intereses nos Estados Unidos e boa parte de Europa, e que lle permitiron dedicarse á produción de mobles de montaxe rápida para multinacionais do sector como Ikea ou Leroy Merlin.

Produción actual

Vista da FINSA dende a N-550.

Na actualidade, FINSA dedícase á produción de taboleiro aglomerado e MDF, así como doutros derivados da madeira, como a melamina ou a chapa de madeira, colas ou parafinas.

A firma ten catorce plantas de produción e máis de 3.000 empregados[2]. Produce uns 0,2 billóns de metros cúbicos de madeira ao ano[3], cunha facturación de 960 millóns de euros[4] en 2007 (sen contar a facturación das filiais Faus e Utisa), o que a sitúa como a quinta maior empresa de Galicia[5] e a sexta madereira de Europa[4].

Notas

  1. "Récord de Finsa: más de 100 millones de beneficio operativo".
  2. Fonte da propia empresa. Número de empleados Arquivado 03 de marzo de 2008 en Wayback Machine., 2007
  3. Fonte da propia empresa. Produción Arquivado 03 de marzo de 2008 en Wayback Machine., 2007
  4. 4,0 4,1 El gigante maderero ya es líder en muebles, El País, 23.09.07
  5. La muerte de Lolo Cambón causa conmoción en el mundo empresarial gallego[Ligazón morta], Xornal.com, 10.02.08

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

Carballeira de San Lourenzo

A carballeira de San Lourenzo é unha carballeira compostelá cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Está situada á beira do río Sarela, xusto ao pé do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, que foi fundado no século XIII.

Por medio desta zona arborada transcorre o Camiño de Santiago, en dirección a Fisterra. No interior da carballeira hai dispostos unha fonte e dous cruceiros de interese.

Trátase dun lugar de reunión ao que Rosalía de Castro cantou na súa obra Follas Novas.

Casa da Conga

A casa da Conga é un edificio de principios do século XVIII sito na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Trátase dun edificio barroco construído para vivenda dos cóengos da catedral. As trazas iniciais débense a Domingo de Andrade, pero quen rematou a construción en 1730 foi Casas e Novoa. Está situada pechando a parte sur da praza da Quintana. Estrutúrase como un bloque de catro casas cun vistoso pórtico corrido que une as catro edificacións. É de estilo moi clasicista en contraste coa Casa da Parra situada na parte superior da praza. Na actualidade a casa da dereita é sede do Colexio de Arquitectos de Galicia e sala de exposicións. O resto está ocupado por comercios, restaurantes, bares e cafeterías.

Casa da Parra

A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade

Casa do Cabido

A Casa do Cabido é un edificio situado na Praza de Praterías de Santiago de Compostela, construído no século XVIII e concibido para o embelecemento urbano con obxecto de adornar a praza.

Castriño de Conxo

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

Centro Comercial Compostela

O Centro Comercial Compostela é un edificio de tendas de El Corte Inglés, sito en Santiago de Compostela, na saída da cidade cara a Ourense. Inaugurado en 1998, foi o segundo centro comercial que se construíu na capital de Galicia.

Colexio de San Xerome

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Monte Pedroso

O monte Pedroso é un monte situado no concello de Santiago de Compostela, na parroquia de Santa María de Figueiras.

Dista tan só 3 km do casco urbano da capital galega. Accédese a el a través do Campo das Hortas e da Calzada do Carme de Abaixo. Está na marxe dereita do río Sarela e na zona consérvase unha ponte medieval. Dende o seu cumio (461 m) hai unha boa vista de Compostela e doutros montes pretos como o de Fontecova. No cumio atópanse as antenas e instalación dos reemisores de radio e televisión. Os seus bosques foron moi castigados na vaga de incendios do verán de 2006.

Da presenza humana no Pedroso desde tempos remotos dan testemuña os petróglifos preto do cumio.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo Pedagóxico de Galicia

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Pazo do Hórreo

O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.

Polígono industrial do Tambre

O polígono industrial do Tambre, situado ó norte da cidade de Santiago de Compostela, acolle a máis de 450 empresas nunha superficie de 1.200.000 metros cadrados. Creado en 1975 e ampliado en 2004, xera uns 6.500 postos de traballo directos.

Conta con servizos de transporte público, vixilancia privada, gardería, edificio de usos múltiples, restaurantes, area de servizo e recollida de lixos. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT) creada en 1979 encárgase da defensa dos intereses dos asociados.

Anexo ó polígono atópase o Cemiterio de Boisaca. Importantes empresas como FINSA ou Castrosua teñen as súas factorías moi preto do polígono, malia que non pertencen a el. Os sectores da automoción, dos servizos, da construción, da distribución ou venda e do transporte son os máis presentes neste parque empresarial. Mercagalicia, URO, Gamelsa e Donuts son algunhas das empresas do Tambre.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Santiago Black Ravens

O Club Deportivo Black Ravens Fútbol Americano, tamén coñecido como Santiago Black Ravens (corvos negros de Santiago), é o equipo de fútbol americano de Santiago de Compostela.

Área Central

Área Central é un complexo cívico comercial de Santiago de Compostela, sito no barrio de Fontiñas. Inaugurado o 20 de outubro de 1993, foi o primeiro centro comercial da capital de Galicia.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.