Física

A física[1] (do latín physica, -ae, denominación das ciencias naturais, procedente do grego phusis 'natureza'[2]), é unha ciencia que estuda as propiedades da materia, a enerxía, o espazo-tempo e as súas interaccións, considerando unicamente os atributos susceptíbeis de seren medidos.

CollageFisica
Varios exemplos de fenómenos físicos.

Discusión arredor da definición

A física estuda a natureza. Entre tanto, outras ciencias tamén o fan: a química, a bioloxía, a xeoloxía, a economía (aínda que sexa a natureza humana) etc. Como definir a área de actuación de cada unha delas? Esta é unha pregunta difícil, sen resposta consensual. Aínda máis cando áreas interdisciplinares aparecen a moreas: físico-química, biofísica, xeofísica, econofísica etc.

Así partindo da definición de enriba, os físicos estarían interesados en determinar a natureza do espazo, do tempo, da materia, da enerxía e das súas interaccións. Mais esta definición excluiría certas áreas máis novas da física que traballan coa bioloxía, por exemplo.

Outros din que a física é a única ciencia fundamental e que as divisións da ciencia son artificiais, aínda que teñan utilidade práctica. O seu argumento é simple: a Física describe a dinámica e configuración das partículas fundamentais do universo. O universo é todo o que existe e está composto destas partículas. Entón todos os fenómenos, eventualmente abordados noutras ciencias, poderíanse explicar en termos da física destas partículas, o que configura o que se chama reducionismo ontolóxico. Sería como dicir que todos os resultados das outras ciencias poden derivarse en bases físicas. Iso xa acontece con explicacións de fenómenos antes demostrados pola química e hoxe explicados pola física (Vexa química cuántica). Entre tanto, aínda non semella que vaia ser posíbel explicar a gran maioría dos fenómenos doutras polas da ciencia, ou mellor dito doutras ciencias, pois isto envolvería campos aínda non explorados e unha matemática hoxe inexistente. Aínda así e con base nesa suposición, algúns chegan a suxerir que ata mesmo o cerebro un día poderá ser descrito por unha ecuación ou un conxunto de ecuacións matemáticas (moito probabelmente envolvendo moitos argumentos de probabilidade).

Doutra banda é maioritaria a postura que defende que as divisións da ciencia, e a propia ciencia, teñen orixe social e histórica, e que as definicións de física fórxanse para tentar reunir a todas as persoas que son aceptadas como físicos pola sociedade. Así desde este punto de vista a física é tamén unha construción social ao cabo, e daquela a súa definición está inzada de connotacións e elementos que van mudando, reflectindo mudanzas sociais.

Principais Teorías

Teoría Tópicos principais Conceptos
Mecánica clásica Leis de Newton do movemento, mecánica de Lagrange, mecánica hamiltoniana, teoría do caos, acústica, mecánica de fluídos Dimensión, espazo,tempo, movemento, lonxitude, velocidade, masa, momento, forza, enerxía, momento angular, torque, lei de conservación, oscilador harmónico, onda, traballo mecánico, potencia
Electromagnetismo Electrostática, magnetismo, ecuacións de Maxwell, electrodinámica, óptica Carga eléctrica, corrente eléctrica, campo eléctrico, campo magnético, electromagnetismo, Radiación electromagnética, monopolo magnético
Termodinámica e mecánica estatística Máquina térmica, teoría cinética dos gases Constante de Boltzmann, entropía, enerxía libre de Gibbs, calor, función de partición, temperatura
Mecánica cuántica Ecuación de Schrödinger, Teoría da difusión, electrodinámica cuántica,teoría cuántica de campos, cromodinámica cuántica Hamiltoniano, partículas idénticas, constante de Planck, entrelazamento cuántico, oscilador harmónico cuántico, función de onda, enerxía do punto cero, principio de exclusión de Pauli
Teoría da relatividade Relatividade especial, Relatividade xeral Principio de equivalencia, cuadrimomento, sistema de referencia, espazo-tempo, velocidade da luz

Outras Teorías Propostas

Teoría do todo -- Teoría da grande unificación -- Teoría de Cordas -- Teoría M

Conceptos centrais

Materia -- Antimateria -- Partículas -- Masa -- Enerxía -- Cantidade de movemento -- Momento -- Tempo -- Forza -- Onda -- Electricidade -- Magnetismo -- Temperatura -- Entropía -- Sistemas de unidades -- Constantes físicas

Interaccións Fundamentais

Interacción gravitatoria -- Interacción electromagnética -- Interacción nuclear débil --Interacción nuclear forte

Campos da física

Como outras ciencias, a Física vese dividida de acordo con diversos criterios. En primeiro lugar hai unha división fundamental entre física teórica, física experimental e física aplicada. (Os dous primeiros ramos reúnense baixo a denominación investigación básica.)

  • A física teórica procura definir novas teorías que condensen o coñecemento advindo das experiencias; tamén vai procurar formular as preguntas e os experimentos que permitan expandir o coñecemento.
  • A física experimental conduce experimentos capaces de validar ou non teorías científicas, ou mesmo corrixir aspectos defectuosos destas teorías.
  • A física aplicada trata do uso das teorías físicas na vida cotiá.

Unha outra división pode ser feita pola magnitude do obxecto en análise. A física cuántica trata do universo do moi pequeno (o microcosmos), dos átomos e das partículas que compoñen os átomos; a física clásica trata dos obxectos que atopamos no noso día a día; e a física relativista trata de situacións que envolven grandes cantidades de materia e enerxía.

Mais a división máis tradicional é aquela feita de acordo coas propiedades máis estudadas nos fenómenos. De aí temos a Mecánica, cando se estudan obxectos a partir do seu movemento ou ausencia de movemento, e tamén as condicións que provocan ese movemento; a Termodinámica, cando se estudan a (calor), o traballo, as propiedades das substancias, os procesos que as envolven e as transformacións dunha forma de enerxía noutra; o Electromagnetismo cando se analizan as propiedades eléctricas, aquelas que existen en función do fluxo de eléctrons nos corpos; a Ondulatoria, que estuda a propagación de enerxía polo espazo; a Óptica, que estuda a propagación da luz e os obxectos a partir das súas impresións visuais; a Acústica, que estuda os obxectos a partir das impresións sonoras; e máis algunhas outras divisións menores.

Sistemas de Unidades

Sistema Internacional de unidades (SI), Sistema métrico, Sistema MKS, Sistema CGS.

Algunhas unidades típicas

Ángstrom -- metro -- segundo -- quilogramo

Breve historia

Artigo principal: Historia da fí­sica.

Desde a antigüidade as diferentes culturas trataron de comprender a natureza e os fenómenos que nela se observan: o paso das estacións, o movemento dos corpos e dos astros etc. As primeiras explicacións baseáronse en consideracións filosóficas e sen realizar apenas verificacións experimentais. Por isto, algunhas interpretacións erradas, como a feita por Tolomeo - "A Terra está no centro do Universo e ao redor dela viran os astros" - perduraron centos de anos.

No século XVI Galileo foi pioneiro no uso de experimentos para validar as teorí­as da fí­sica. Interesouse no movemento dos astros e dos corpos. Usando o plano inclinado descubriu a lei da inercia da dinámica e co telescopio observou que Xúpiter tiña satélites virando ao seu ao redor.

No século XVII Newton (1687) formulou as leis clásicas da dinámica (Leis de Newton) e a Lei da gravitación universal de Newton.

A partir do século XVIII prodúcese o desenvolvemento doutras disciplinas tales como a termodinámica, a Mecánica estatística e a fí­sica de fluídos.

No século XIX prodúcense avances fundamentais en electricidade e magnetismo. En 1855 Maxwell unificou ambos os fenómenos e as respectivas teorí­as vixentes ata entón na Teorí­a electromagnética, descrita a través das Ecuacións de Maxwell. Unha das predicións desta teorí­a é que a luz é unha onda electromagnética. A finais deste século prodúcense os primeiros descubrimentos sobre radioactividade dando comezo o campo da fí­sica nuclear. En 1897 Thomson descubriu o electrón.

Durante o o século XX a Fí­sica desenvólvese plenamente. En 1904 propúxose o primeiro modelo do átomo. En 1905 Einstein formulou a Teorí­a da Relatividade especial, a que coincide coas Leis de Newton cando os fenómenos se desenvolven a velocidades pequenas comparadas coa velocidade da luz. En 1915 Einstein estendeu a Teorí­a da Relatividade especial formulando a Teorí­a da Relatividade xeral, a cal substitúe á Lei da gravitación de Newton e compréndea nos casos de masas pequenas. Planck, Einstein, Bohr e outros desenvolveron a Teorí­a cuántica a fin de explicar resultados experimentais anómalos sobre a radiación dos corpos. En 1911 Rutherford deduciu a existencia dun núcleo atómico cargado positivamente a partir de experiencias de dispersión de partí­culas. En 1925 Heisenberg e en 1926 Schrödinger e Dirac formularon a mecánica cuántica, que comprende as teorí­as cuánticas precedentes e fornece as ferramentas teóricas para a Física da materia condensada. Posteriormente formulouse a Teoría cuántica de campos para estender a Mecánica cuántica de xeito consistente coa Teorí­a da Relatividade especial, acadando a súa forma moderna a finais dos 1940s grazas ao traballo de Feynman, Schwinger, Tomonaga e Dyson, quen formularon a teorí­a da electrodinámica cuántica. Así mesmo, esta teorí­a forneceu as bases para o desenvolvemento da Física de partículas. En 1954 Yang e Mills desenvolveron as bases do modelo estándar. Este modelo completouse nos anos 1970 e con el foi posible predicir as propiedades de partí­culas non observadas previamente pero que foron descubertas sucesivamente sendo a última delas o quark top. Na actualidade o modelo estándar describe todas as partí­culas elementais observadas así­ como a natureza da súa interacción.

Filosofía e Física

Moito sobre a filosofía que envolve a física pode atoparse en Filosofía da ciencia, Metafísica,Ciencia e método científico. Entre tanto, existen filosofías peculiares á Física que serán mencionadas aquí.

Unha delas é o Determinismo Científico que se formulou como un sistema de pensamento consistente coa mecánica clásica Newtoniana. Asumido que todo está formado por partículas e que o seu movemento se determina para todo o tempo cando se determina a posición e a velocidade da partícula no momento actual, pódese dicir que todo o futuro xa está determinado, unha vez fixadas unha configuración e unhas condicións iniciais. O Demo de Laplace nace así, a pesar de ter sido arrañado pola Mecánica Cuántica canto a súa definición e pola Caos canto a súa implementación.

Extensións dese pensamento centrado no Determinismo Científico adecuadamente adaptadas ás dificultades teóricas tiñan consecuencias filosóficas profundas, por exemplo: se se aceptar que o cerebro comanda todas as accións humanas e se o cerebro faise apenas de átomos (gobernados apenas por leis da Física), é preciso preguntar se realmente a persoa ten liberdade para controlar o seu comportamento. Neste senso, ten habido un debate se cabía á Física ou á Metafísica responder a estas cuestións filosóficas.

Outra idea na que se ven envoltos moitos físicos, que a ollan como a vertente filosófica da Física, é a busca dunha teoría xeral, única, consistente, que describa todos os procesos do universo; a procura dunha cosmoloxía na que se insira a explicación de calquera fenómeno. Tal teoría debería contemplar a Mecánica Cuántica e a Teoría da Relatividade como casos especiais, ben como todas as outras teorías existentes. Tamén debería basearse apenas en argumentos matemáticos, ou sexa, sen ningunha constante fundamental. Varias teorías consideráronse xa sobre esta teoría fundamental, por exemplo, a Supersimetría. Entre tanto, esta é unha cuestión aberta, e talvez sempre sexa.

Físicos

Físicos Universais

Físicos galegos

Físicos españois

A Física en Galiza

Estudar Física

Na ESO e en 1º curso de Bacharelato a física ensínase conxuntamente coa química, na materia denominada Física e Química.

No segundo curso de Bacharelato, porén, hai unha materia dedicada ao estudo exclusivo de problemas e teorías da física con este nome; e que cursan os alumnos da modalidade de ciencias da natureza e da saúde (optativa) e do bacharelato tecnolóxico (obrigatoria). Está enfocada, en gran medida, a fornecer un conxunto de coñecementos que permitan abordar o estudo máis avanzado da Física que despois atopan a maior parte dos alumnos desta modalidade na universidade.

Na universidade a Física pódese estudar como unha carreira, na licenciatura de Física, actualmente impartida polas universidades de Santiago de Compostela e de Vigo (no campus de Ourense); pero tamén se estuda en maior ou menor profundidade, e nunha ou varias materias, nas titulacións experimentais (Bioloxía, Química) e técnicas (Enxeñerías, Arquitecturas, Óptica e Optometría etc.).

A licenciatura en Física é actualmente, e previsiblemente ata o curso 2007-08 ou 2008-09, unha licenciatura de dous ciclos; presenta ademais unha serie de opcións no segundo ciclo, que supoñen un certo grao de especialización nunha área determinada. En Compostela a carreira componse actualmente de cinco cursos académicos; pódense cursar as opcións de Optoelectrónica, Electrónica e Computación, Física de Partículas, Física de Materiais e Física Fundamental. En Ourense a titulación consta tamén de cinco cursos académicos, podendo cursar no segundo ciclo as opción de Física Da Atmosfera e Medio Ambiente, de Física Aplicada e unha opción denominada "Xenérica".

Finalmente a física estúdase tamén nunha gran cantidade de estudos de posgrao, especialmente en programas de doutoramento de departamentos de Física, pero tamén de departamentos de enxeñería.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Física.
  2. Portal das Palabras. "Física". Consultado o 19/9/2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Astronomía

A astronomía, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia encargada de observar e explicar os corpos e os eventos fóra da Terra. Unha materia relacionada pero distinta é a cosmoloxía, que se encarga de estudar o universo como conxunto.

Despois de comprender que os elementos que forman os "obxectos celestes" son os mesmos que conforman a Terra, e que as leis da física aplícanse do mesmo xeito, naceu a astrofísica como unha aplicación da física ós fenómenos observados pola astronomía.

Os astrónomos necesitan unha gran preparación en física, e as observacións fanse sempre nun contexto astrofísico, estando ligados con frecuencia ambos os campos.

Densidade

A densidade é unha magnitude física derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). A fórmula para o seu cálculo é:

onde ρ representa a densidade, m a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa.

A súa unidade no SI é o kg/m3.

Por extensión, aplícase a outros tipos de medida que dividen unha unidade fundamental entre unha unidade de lonxitude, superficie ou volume (densidade do campo gravitatorio, eléctrico ou vectorial en xeral, densidade de poboación) e coloquialmente tamén para cando o denominador é o tempo (densidade de corrente ou de fluxo electromagnético).

Deporte

O deporte é unha actividade física, lúdica e mental que está suxeita a unha serie de determinadas regras. Algúns deportes practícanse con vehículos. Neste caso é máis importante a destreza e a concentración que a actividade física. Xeralmente practícase un deporte para divertirse, mais existen competicións nas que os deportistas xogan para ver quen é o mellor. Os deportes poden ser colectivos ou individuais: nos colectivos, xógase en equipo, e nos individuais, xoga unha persoa contra outra (ou outras).

É posíbel que os deportes nacesen na prehistoria, aínda que isto non está demostrado. O que si está demostrado é que moitas civilizacións antigas practicaban deportes, como a azteca, a exipcia, a grega, a chinesa, a aborixe australiana, ou a romana. De feito, os Xogos Olímpicos teñen a súa orixe na cidade Olimpia da antiga Grecia.

Electrón

O electrón, designado como e-, é unha partícula elemental estable, pertencente á clase dos leptóns coa carga negativa máis pequena que existe na natureza (1,602*10−19 C). dita carga recibe o nome de carga elemental xa que calquera carga eléctrica separable está composta por un número enteiro delas.

Enerxía

En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, altofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.

Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quece-lo ou a facelo atravesarse por unha corrente eléctrica - está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha "transferencia", pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser transferida para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.

Así pois, o concepto de enerxía é un dos conceptos esenciais da física. Nacido no século XIX, pódese atopar en todas as disciplinas da Física (mecánica, termodinámica, electromagnetismo, mecánica cuántica etc.), así como noutras disciplinas, particularmente na química.

Físico

Físico é o nome común que se lles dá aos científicos e profesionais que se dedican á área das ciencias físicas ou a actividades económicas relacionadas coa aplicación das mesmas.

Historicamente, podería considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do físico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestións acerca do mundo material mediante o método científico. A cuestión que abordou Galileo foi a "caída dos graves" (caída libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuación correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caída libre en función do tempo.

Aristóteles escribiu o primeiro tratado chamado "Física" que se baseaba na observación e a abstracción, pero non tomaba en conta a experimentación, polo cal, non se lle pode considerar como un físico no sentido moderno do termo.

O termo "físico" foi acuñado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences.

Potencia

En Física, potencia (de símbolo P) é a cantidade de traballo efectuado por unidade de tempo. Isto é equivalente á velocidade de cambio de enerxía nun sistema ou á rapidez en realizar un traballo, segundo queda definido por:

,

onde:

A potencia pódese considerar en función da intensidade e a superficie:

P = I · S

A unidade de potencia no Sistema internacional (SI) é o watt, o cal é equivalente a un joule por segundo.

Fóra do SI tamén se utilizan o Cabalo de Vapor (CV) equivalente a 736 W ou o Horse Power (HP) que son aproximadamente 746 W

Premio Nobel de Física

O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio. Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).

Punto de fusión

O punto de fusión é a temperatura do momento no cal unha substancia pasa do estado sólido ao estado líquido. Nas substancias puras, o proceso de fusión ocorre nun momento determinado. Este punto non depende da presión.

O material co punto de fusión máis alto é o grafito, cun punto de fusión de 3.948 K. O metal puro co punto de fusión máis elevado é o volframio: 3683-3687-3695 K.

Quilogramo

O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg.

Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.

Tamén é común que se utilice á vez como unidade de peso, aínda que se debería facer baixo o nome de quilogramo forza. O quilogramo-forza correspóndese, aproximadamente, co peso dunha masa de 1 quilogramo situada na superficie terrestre, a nivel do mar. A definición só é correcta na Terra, por canto intervén o valor da gravidade.

Química

A química é a ciencia que estuda a constitución, a estrutura e as propiedades da materia, así como as transformacións desta mediante reaccións químicas e os cambios enerxéticos implicados nestes procesos. En contraposición á física, ciencia que estuda as propiedades xerais da materia e establece as leis que explican os fenómenos materiais, o estudo fundamental desta son as transformacións que sofre a materia.

Os científicos dedicados ao seu estudo son os químicos e as químicas.

Satélite artificial

Enténdese por satélite artificial calquera dos obxectos postos en órbita periódica arredor da Terra de xeito artificial (pola nosa especie). Os obxectivos son variados e van dende os fins científicos ou tecnolóxicos ós militares.

Agora ben, se o definimos dende un punto de vista rigoroso, un satélite artificial é un obxecto non tripulado posto en órbita arredor da Terra, quedando fóra desta definición os foguetes lanzadores como as cápsulas tripuladas ou de carga, os transbordadores espaciais e mailas estacións orbitais. Tampouco son considerados satélites artificiais as sondas espaciais enviadas a calquera outro destino do Sistema Solar, pois non teñen unha órbita periódica.

O satélite artificial é unha das ferramentas máis útiles que ata a data creou o home. Posibilita observar e controlar o noso planeta e ollar o cosmos sen a interposición da atmosfera.

Xeografía

A xeografía (provén do latín geographĭa e este dende o grego «γεωγραφία» xeografía 'descrición da terra', composto de "η γη" (hê gê) a Terra e "γραφειν" [graphein] describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol (xeografía matemática), e entre os humanos e o ambiente (xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. A natureza enténdese aquí como as forzas que xeraron ou contribúen a moldear o espazo xeográfico, é dicir, a dinámica e interaccións que existen entre a atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera.

O primeiro autor en utilizar a palabra Xeografía foi Eratóstenes (276-194 a. C.) nunha obra hoxe en día perdida. Con todo, a fundación da xeografía atribúeselle ao tamén considerado pai da Historia, Heródoto (484-425 a. C.). Para os gregos é a descrición racional da Terra, e particularmente para Estrabón, é o estudo das distintas rexións humanas como base para a formación do político.

Existen catro tradicións históricas na investigación xeográfica, as cales son: a análise espacial de fenómenos naturais e humanos, os estudos do territorio (do lugar á rexión), o estudo da relación entre o home e a súa contorna, e a investigación das ciencias da Terra.A Xeografía moderna é unha disciplina cuxo obxectivo primordial é a explicación de toda unha serie de fenómenos naturais e sociais e non se refire só á localización deses fenómenos, senón que tamén estuda como son e como cambiaron para chegar a ser o que son. A Xeografía divídese en dúas ramas principais, a saber, xeografía física e xeografía humana.

A xeografía humana ocúpase do estudo das persoas e as súas comunidades, culturas, economía e interaccións co medio ambiente mediante o estudo das súas relacións co espazo e o lugar e a través del.

A xeografía física ocúpase do estudo de procesos e patróns na contorna natural como a atmosfera, a hidrosfera, a biosfera e a xeosfera.

Isto quere dicir que a xeografía é unha ciencia que se cuestiona simultáneamente polas pegadas deixadas polas sociedades (desenvolvemento dos espazos) ou a natureza (oroxénese das montañas, impacto do clima, etc.); así mesmo, a dinámica e organización espacial das sociedades e á súa vez as do medio físico (como o cambio climático ou o aumento do nivel medio do mar). É por iso que a Xeografía interésase nos fundamentos (físicos e humanos) así como nas dinámicas (demográficas, socio-económicas, culturais, climáticas, bioxeográficas, xeomorfolóxicas) que teñen lugar nas distintas rexións. Doutra banda esta disciplina comezou a integrar aos poucos diversos campos culturais, como a pintura paisaxista, a literatura descritiva e inclusive o cine.

Campos de estudo das ciencias
Ciencias naturais
Ciencias sociais
Ciencias aplicadas
Campos de estudo da física
Física
Mecánica
Relatividade

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.