Fábrica

Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios

InternationalPaper6413
Fábrica de papel en Georgetown, Estados Unidos.

Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación.

Hai de distintos tipos e tamaños. Actualmente as fábricas van substituíndo a man de obra por tecnoloxía para reducir custos e aumentar a produtividade.

Utilización do termo fábrica

O vocábulo fábrica tal e como o seu uso é relativamente moderno, xa que a fabricación e os procesos industriais apareceu ca Revolución industrial, na segunda metade do século XVIII.

O vocábulo fábrica ten un uso anterior no campo da arquitectura e construción. Chámase «fábrica» á edificación construída a base de módulos dispostos ou organizados co fin de soportar a estrutura. Dentro desta definición encóntranse todas as formas de mampostería, típico sistema construtivo dende a expansión romana en Europa. Durante o Renacemento coñecíase como fábrica ao edificio mesmo, independentemente da súa modalidade de construción. En conclusión, fábrica corresponde á composición dos muros e paredes de ladrillos ou pedras que compoñen a estrutura da edificación.

Fabricación

A fabricación transforma as materias primas en produtos. Dende unha camisa ata un avión, case todo o que usamos está fabricado. Pode facerse a man (de forma artesanal) ou a base de maquinaria (de forma automática, máis ou menos informatizada).

Produción en serie

Un produto fabrícase en serie cando se fai un gran número de copias idénticas deste. Hai séculos, cada exemplar dun libro copiábase a man. A imprenta facilitou facer moitas copias rapidamente, e os libros fixéronse máis baratos e accesibles.

Produción en cadea

Artigo principal: Produción en cadea.

Unha cadea de produción é un sistema para fabricar en serie un produto de xeito máis eficiente. Henry Ford aplicou esta idea á fabricación de automóbiles, que resultaba así máis rápida e barata.

Chámase cadea de produción porque cada paso na fabricación dun produto se fai nun lugar diferente. En cada lugar, os traballadores (ou as máquinas) realizan a mesma actividade repetidamente con produtos semi-elaborados, que van avanzando dun elo a outro da cadea. Deste modo complétanse moitas máis unidades ao día que se un traballador se dedicase a realizar unha peza completamente dende o principio ata o final.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

25 de marzo

O 25 de marzo é o 84º día do ano do calendario gregoriano e o 85º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

A Fábrica de Labora, Santa María de Neda, Neda

A Fábrica de Labora é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 28 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 14 homes e 14 mulleres.

A Fábrica de Xuvia, Santa María de Neda, Neda

A Fábrica de Xuvia é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. No 2015 estaba despoboado segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

A Fábrica do Monte, Santa María de Neda, Neda

A Fábrica do Monte é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 25 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 12 homes e 13 mulleres.

Aguilar de Campoo

Aguilar de Campoo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 7 160 habitantes (INE 2013). O municipio é coñecido pola súa industria galleteira, a máis importante de España, e porque nel se atopa o encoro de Aguilar.

É unha das localidades do Camiño de Santiago do Norte, na Ruta do Besaya.

BMW

BMW ( Bayerische Motoren Werke , Fábrica Bávara de Motores) é un fabricante alemán de automóbiles e motocicletas. Ten a súa sede principal en Múnic.

Cachotaría

A cachotaría ou cachotería é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra ruda, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas como calzos chamadas ripios.

Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (aínda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.

O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.

Fábrica de Tabacos da Coruña

A Fábrica de Tabacos da Coruña, coñecida co nome da Palloza, foi creada seguindo o modelo das Reales Fábricas como Real Fábrica de La Coruña.

Fígado

O fígado é un órgano vital presente nos vertebrados e nalgúns outros animais, no ser humano constitúe a maior glándula do corpo humano. Localízase no canto dereito superior do abdome, baixo o diafragma, e o seu peso aproximado é de case 1,5 kg no home adulto e un pouco menos na muller; en cativos é proporcionalmente maior, pois constitúe 1/20 do peso total dun recentemente nacido. Na primeira infancia é un órgano tan grande que pode ser sentido abaixo da marxe inferior das costelas, no lado dereito. Funciona como glándula exócrina, isto é, libera secrecións en sistema de canais que se abren nunha superficie externa ou interna. Actúa tamén como glándula endócrina, unha vez que tamén libera substancias no sangue ou nos vasos linfáticos.

Hijos de Rivera

Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España.Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra. Está presente no mercado estatal e estranxeiro, chegando a 14 países, entre eles Portugal, os Estados Unidos e México. A empresa ten fábrica en Brasil para o mercado local.

Igualada

Igualada é un municipio catalán da provincia de Barcelona, capital da comarca do Anoia. Está situado a 67 km de Barcelona. En 2010 tiña 39 149 habitantes.

A súa principal actividade é a industria (téxtil, papel, pel). Tamén se caracteriza por ter a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España (Ultramagic). Así que Igualada poderíase definir como "a cidade do téxtil, a pel e os globos aerostáticos".

Lousame

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 3.447 habitantes (1.681 homes e 1.766 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lousamán.

É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Mercedes-Benz HighPerformanceEngines

Mercedes-Benz HighPerformanceEngines Ltd. (anteriormente coñecido como Mercedes-Ilmor e na tempada 2012 como Mercedes AMG High Performance Powertrains) é unha compañía británica fabricante de motores de Fórmula Un, propiedade de Mercedes-Benz. A compañía proporcionou motores a Sauber durante a tempada 1994, a McLaren de 1995 a 2014, Force India desde { 2009, Brawn en 2009, ao equipo de fábrica de Mercedes (formado polo equipo Brawn GP, que Mercedes comprou logo do final da tempada 2009) desde 2010, Williams desde 2014, Lotus en 2015 e Manor Racing en 2016. Os seus motores gañaron seis campionato de construtores de Fórmula Un e sete Campionatos de Pilotos de Fórmula 1.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

O Barro, A Baña

Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

Renault Sport F1

Renault Sport F1 é a encarnación actual da participación de Renault na Formula 1., fundada a finais de 2010, cando o fabricante de automóbiles vendeu o 25 por cento da súa participación na propiedade do equipo Renault F1 con base en Enstone, ao accionista principal Genii Capital, pero mantivo o control para se mesmo da fábrica de motores de Viry Châtillon.

Sada

Sada é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 15.156 habitantes (14.922 no 2012, 14.487 no 2009, 13.606 no 2007, 13.134 no 2006, 12.867 no 2005, 12.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sadés» e «sadense».

Sindicato

Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador.

Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.

Vapor Vell

O Vapor Vell foi a primeira gran fábrica téxtil moderna que se instalou no antigo concello de Sants, e unha das primeiras de Cataluña. As obras de construción comezaron no ano 1844 e empezou a producir en 1846. Pertenceu á compañía Güell, Ramis i Cia, con Joan Güell i Ferrer como socio capitalista e presidente e con Domènec Ramis, socio fabricante que obtivera un monopolio per producir teares mecánicos ó xeito francés.

Joan Güell e Domènec Ramis fundaron unha empresa téxtil e a fábrica instalada no barri de Sants era coñecida inicialmente como "El Vapor Güell". Poucos anos despois, instalouse en Sants outra fábrica téxtil con máquinas de vapor, L'Espanya Industrial, popularmente referíanse á fábrica de Gúell e Ramis coma o "vapor vell" e á de Espanya Industrial como "vapor nou".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.