Exvoto

Un exvoto é unha ofrenda de certa calidade artística, que os xentís facían os seus deuses. Estas ofrendas depositábanse en santuarios ou lugares de culto, as cales podían tomar a forma de persoas, animais, armas, alimentos etc.

Posteriormente este símbolo dos desexos ou preocupacións dos homes, foi adoptado polo cristianismo, en forma de ofrenda deixada por fieis en busca ou agradecemento dunha curación ou remedio ás súas doenzas e preocupacións.

Son frecuentes nas inmediacións ou altares de calquera centro de peregrinación en formas de cera antropomórficas ou en partes do corpo, como unha evocación da doenza a tratar polo romeiro.

IgrexaVirtudesAPonte050516milagre
Exvoto mural de Domingo de Carranza, de 1606, Capela da Nosa Señora das Virtudes, Ribadeo.[1]

Galería de imaxes

Exvotos expostos no Castelo de Sobroso
Exvotos expostos no Castelo de Sobroso 
Moldes de madeira para facer exvotos de cera, no Museo Liste.
Moldes de madeira para facer exvotos de cera, no Museo Liste

Notas

  1. Exvoto mural 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Cangas

Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2017 tiña 26.490 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.

Coves del Cogul

As Coves del Cogul son un dos sitios de pinturas rupestres máis destacadas da arte rupestre levantina, que se estendía durante o Paleolítico por todo o Oriente da Península Ibérica. O lugar, situado en El Cogul, na comarca de Les Garrigues (Lleida), é denominado Roca dels Moros (Rocha dos Mouros), constando o seu uso como un santuario ou lugar máxico polos iberos e romanos.

Foi descuberto polo párroco do lugar de El Cogul, Ramon Huguet, no ano 1908. Foron descritas por Ceferí Rocafort (Las pinturas rupestres de Cogul, Butlletí del Centre Excursionista de Catalunya, 1908). Unha segunda edición máis ampla foi publicada por Joan Cabré en El arte rupestre en España (1914).

As pinturas da Roca dels Moros, como toda a arte rupestre levantina, foron declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.

A escena de danza é a máis famosa. Vense nove mulleres que van emparelladas, unhas pintadas en negro e outras en vermello; levan unhas pequenas saias longas e bailan arredor dun home nu co sexo ostensíbel, tal e como é representada a figura masculina en case toda a arte rupestre levantina.

Xuntamente coas figuras humanas hai representacións de diversos animais; así mesmo aparecen inscricións, posteriores, en alfabeto ibérico e en latín, unha das cales é un exvoto, cousa que indicaría que o lugar foi un santuario, cuxo uso se prolongou até as épocas ibérica e romana.

En total na Roca dels Moros hai 45 figuras, 7 das cales van gravadas na pedra e 38 pintadas en vermello claro, negro e vermello escuro. O conxunto está preparado para as visitas do público.

Delos

Delos, (grego Δήλος, Dhilos) estable e visible, é unha das máis pequenas illas das Cícladas, no mar Exeo tamén chamada Lagia, illa das lebres; Ortigia, illa dos paspallás; Cintera, tamén Clamidia, Cintos, Pirpile e Pelasgia.

Década de 1600

A década de 1600 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1600 e remata o 31 de decembro de 1609.

Galería de imaxes do Santuario da Virxe da Barca

Santuario da Virxe da Barca, Muxía

Incendio do Santuario da Virxe da Barca

Juan Luis

Juan Luis López García, chamado Juan Luis, nado en Santiago de Compostela en 1894 e falecido en Madrid en 1979, foi un pintor galego.

Monterrei

Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é monterreiés, montederrense ou montederreguense.

Museo do Louvre

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

Ofrenda votiva

Unha ofrenda votiva é un obxecto deixado nun lugar sagrado por motivos rituais. Estes obxectos son unha característica de sociedades modernas e antigas, e adoitan facerse para gañar o favor de forzas sobrenaturais, como testemuñan as fontes históricas gregas e romanas, se ben actos semellantes seguen a facerse na actualidade,[cando?] como os pozos dos desexos ou as chamas votivas.

Olimpia

Olimpia (en grego Ολυμπία Olympía ou Ολύμπια Olýmpia) é unha pequena cidade da antiga Grecia na prefectura de Élide, na península do Peloponeso, famosa polo próximo xacemento arqueolóxico do mesmo nome, principal santuario relixioso Panhelénico da Antiga Grecia, onde se levaron a cabo os Xogos Olímpicos da Antigüidade. O sitio estaba dedicado principalmente a Zeus e atraía a visitantes de todo o mundo grego como un grupo de centros "Panhelenicos" que axudaron a construír a identidade dos antigos gregos como nación. Malia o nome, non se atopa preto do Olimpo no norte de Grecia, onde se cría que vivían os Deuses olímpicos, as principais divindades da Relixión da Grecia antiga. A cidade atópase ó pé do monte Cronio e na beira dereita do río Alfeo.

Os Xogos Olímpicos disputáronse cada catro anos durante toda a Antigüidade clásica, desde o século VIII a. C. ata o século IV d. C.O sitio arqueolóxico ten máis de 70 edificios significativos, e as ruínas de moitas destes sobreviven, aínda que o principal Templo de Zeus, sobrevive só como pedras no chan. O sitio é unha importante atracción turística e ten dous museos, un dedicado aos xogos antigos e outro aos modernos.

Padornelo, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Padornelo é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 123 habitantes (66 homes e 57 mulleres).

Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.

Quarquernos

Os quarquernos (latín: quarquerni) eran un pobo galaico da Gallaecia, sito dentro do Convento xurídico bracarense, cuxo territorio actual pode reducirse á comarca da Baixa Limia, centrados en torno aos Baños (Bande, provincia de Ourense), e nas beiras do curso medio do río Limia.

Romaría do San Bieito da Uceira

A romaría do San Bieito da Uceira realízase tódolos luns de Pascua e os segundos domingos de xullo na ermida do mesmo nome, situada no monte da Uceira, preto do lugar de Cerredelo (Couso de Limia) e da capital do concello de Sandiás.

Este San Bieito da Uceira é un santo presuntamente moi milagreiro, especialmente avogoso para as verrugas, que ten moito predicamento entre os veciños da comarca da Limia e dos arredores. A tradición conta que había unhas muletas na ermida pertencentes a un home que veu con elas ofrecidas ó santo e ó volver xa non as necesitou máis.

A tradición esixe que se pase un pano polas zonas do Santo onde se padeza o mal (por exemplo, os ollos), e logo polas zonas equivalentes da persoa. Tamén se entende que os presuntos poderes do santo se reforzan coa compra dun exvoto de cera.

Sandiás, Sandiás

Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. En 2011, segundo o IGE, tiña 488 habitantes (215 homes e 273 mulleres).

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

Santuario da Virxe da Barca

O Santuario da Virxe da Barca é un templo católico situado no concello de Muxía. A súa situación na punta da península onde se asenta Muxía, fronte do mar, os ritos relixiosos asociados ao mesmo e a súa arquitectura e imaxinería fan del un dos máis singulares de Galicia. Nel celébrase a romaría da Nosa Señora da Barca, declarada Festa de interese turístico nacional de España.

O día de nadal de 2013 foi destruído por un incendio causado por un raio. En 2015 rematou a restauración.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.