Extremadura Unida

Extremadura Unida (EU) é un partido rexionalista estremeño de centro dereita. Fundado en 1980 por Pedro Cañada Castillo foi o primeiro partido rexionalista de Extremadura. Pedro Cañada Castillo foi tamén fundador de Acción Regional Extremeña, un dos partidos que se integrou en Unión de Centro Democrático ao inicio da Transición e que foi, até 1979, senador pola UCD.[1] Obtivo representación no Parlamento de Extremadura nas eleccións de 1983 e 1987. En 1989 formou parte da candidatura presentada pola Federación de Partidos Rexionais nas eleccións ao Parlamento Europeo, sen conseguir a coalición representación. No 2005 propuxo a celebración dun referendum en toda España para que o pobo español se definise sobre o Plan Ibarretxe. No ano 2006 asinou un acordo para presentar listas conxuntas co Partido Popular nas eleccións municipais e autonómicas de 2007.EU obtivo un deputado autonómico, Juan Pedro Domínguez, nas listas da coalición co PP.

Presentouse en solitario ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009, obtendo 5.007 votos (0,03% dos votos). En Estremadura obtivo 1.720 votos (0,38% do total da comunidade).[2]

O logotipo de Extremadura Unida é a silueta da rexión estremeña, con fondo da bandeira de Estremadura e sobre a franxa branca o nome do partido. Pódense atopar dentro do partido actitudes favorables cara ao estremeño, publicando en 2004 unha tradución de Pedro Cañada da Constitución Española chamada La Cohtitución Ehpañola en Ehtremeñu.

De cara ás eleccións xerais de 2011, presentouse en coalición co Partido Popular.[3]

Resultados electorais

Data
Votos
%
Deputados
1983 47.504 8,52 6
1987 34.606 5,86 6
1991 14.452 2,52 0
1995 Presentouse dentro de Coalición Extremeña, obtendo 1 deputado
1999 10.783 1,69 0
2003 12.171 1,87 0
2007 Presentouse en coalición co Partido Popular, obtendo 2 deputados
2011 Presentouse en coalición co Partido Popular, obtendo 1 deputado

Notas

  1. Ficha de Pedro Cañada Castillo Arquivado 14 de setembro de 2008 en Wayback Machine. na web do Senado. (en castelán)
  2. Acordo de 23 de xuño de 2009, da Presidencia da Xunta Electoral Central, polo que se procede á publicación dos resultados das eleccións de Deputados ao Parlamento Europeo convocadas por Real Decreto 482/2009, de 3 de abril, e celebradas o 7 de xuño de 2009, con indicación do número de escanos e de votos obtidos polas candidaturas proclamadas.
  3. La Directiva Nacional del PP aprueba coalición con EU para elecciones del 20N Arquivado 22 de decembro de 2011 en Wayback Machine., ABC, 6 de outubro de 2011.

Ligazóns externas

EU

As siglas EU poden referirse a:

o partido político galego Esquerda Unida;

o partido político estremeño Extremadura Unida;

a Unión Europea (siglas en inglés);Ademais, eu pode referirse a:

o pronome eu, de primeira persoa;

o elemento químico europio.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As Eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1983

As primeiras eleccións á Asemblea de Estremadura tiveron lugar o 8 de maio de 1983, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco. Presentáronse sete candidaturas en total: PSOE, a coalición AP-PDP-UL, CDS (só por Cáceres), PCE, Extremadura Unida, Bloque Popular de Extremadura (só por Cáceres) e a coalición entre PCEU e PCOE (só por Badaxoz). Esta primeira Asemblea tería que elixir o primeiro presidente da Xunta de Estremadura. A presidencia da Xunta preautonómica era ostentada polo socialista Juan Carlos Rodríguez Ibarra.

Cun censo de 786.200 electores, os votantes foron 565.244 (71,9%) e 220.956 as abstencións (28,1%).

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1987

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 1987 celebráronse o 10 de xuño. Cun censo de 808.654 electores, os votantes foron 601.615 (74,4 %) e 207.039 as abstencións (25,6 %). O PSOE gañou novamente por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta de Estremadura.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1991

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 1991 celebráronse o 26 de maio. Cun censo de 821.191 electores, os votantes foron 583.172 (71,0 %) e 238.019 as abstencións (29,0%). O PSOE gañou por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta de Estremadura.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1995

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 1995 celebráronse o 26 de maio. Cun censo de 845.728 electores, os votantes foron 662.444 (78,3 %) e 183.284 as abstencións (21,7 %). O PSOE gañou por maioría relativa, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta grazas á abstención dos membros de IU.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 1999

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 1999 celébranse o 26 de maio. Cun censo de 885.753 electores, os votantes foron 650.527 (73,4 %) e 235.226 as abstencións (26,6 %). O PSOE gañou por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2003

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 2003 celebráronse o 26 de maio. Cun censo de 881.228 electores, os votantes foron 687.501 (78,0 %) e 193.727 as abstencións (22,0 %). O PSOE gañou por maioría absoluta, e conseguiu o nomeamento do seu candidato, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, como presidente da Xunta.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 2007 tiveron lugar o 27 de maio de dito ano, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas salvo Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco e coas municipais en toda España.

Eleccións á Asemblea de Estremadura de 2011

As eleccións á Asemblea de Estremadura de 2011 tiveron lugar o 22 de maio de dito ano, coincidindo coas eleccións aos parlamentos de todas as comunidades autónomas quitando a Andalucía, Cataluña, Galicia e País Vasco, e coas municipais en toda España. Na provincia de Badaxoz escolléronse 36 deputados (un máis que nas eleccións de 2007), e na de Cáceres, 29 (un menos que nos anteriores comicios).

Elena Nevado del Campo

Elena Nevado del Campo, nada o 26 de xaneiro de 1967, é a actual alcaldesa de Cáceres, tras gañar as eleccións municipais do 22 de maio de 2011.

Estanislao Martín

Estanislao Martín Martín, nado en Casares de las Hurdes (Cáceres) en 1964, é un avogado e político de Estremadura (España). É o coordinador xeral de Coalición Extremeña e foi deputado na Asemblea de Estremadura entre 2007 e 2011.

Partido Regionalista Extremeño

O Partido Regionalista Extremeño (PREx) é un partido político rexionalista de Estremadura (España), fundado e dirixido por Estanislao Martín Martín. É un dos compoñentes da federación de partidos Coalición Extremeña.

O Partido Regionalista Extremeño foi inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior en xaneiro de 1990.

Nas eleccións autonómicas do ano seguinte obtivo 8.643 votos (1,50%), que non lle permitiron obter representación. Nas eleccións á Asemblea de Estremadura de 1995 uníronse a Convergencia Regionalista de Extremadura (CREx) e Extremadura Unida para formar unha coalición electoral, Coalición Extremeña, que obtivo o 3,86% e un escano. Extremadura Unida abandonou posteriormente a coalición, mais PREx e CREx mantiveron a súa alianza. En 2003, Coalición Extremeña pasou a definirse como unha federación de partidos, unificándose nunha única estrutura os dous partidos que a componen.

Partidos políticos de España inscritos de 1981 a 1985

Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1981 a 1985.

Pedro Cañada Castillo

Pedro Cañada Castillo, nado en Calzadilla, Cáceres o 22 de febreiro de 1936, é un político e profesor universitario estremeño. Actualmente é o secretario xeral do partido Extremadura Unida.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.