Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.

Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Extramuros
Producido por Voz TV
Presentado por Luís Álvarez Pousa
Cadea TVG
Día da estrea 6 de marzo de 1988
Páxina web oficial
Basílica

O termo basílica provén do latín basilica que á súa vez deriva do grego βασιλική (foneticamente, basiliké) que significa 'rexia ou real' (fem.), e vén ser unha elipse da expresión completa βασιλική οἰκία (basiliké oikía) que quere dicir «casa real». Unha basílica era un suntuoso edificio público que nas antigas Grecia e Roma adoitaba destinarse ao tribunal, e que nas cidades romanas ocupaba un lugar preferente no foro.

Máis adiante, os cristiáns aproveitaron a forma basilical e, en moitos casos, os propios edificios romanos para utilizalos como recinto relixioso oficial para a celebración da liturxia. Despois de que o Imperio romano volvésese oficialmente cristián, o término usouse tamén para referirse a igrexas, xeralmente grandes ou importantes, ás que se outorgaron ritos especiais e privilexios en materia de culto. Neste sentido utilízase hoxe a denominación, tanto desde o punto de vista arquitectónico, como relixioso.

Chunda Chunda

Chunda Chunda foi unha serie documental de oito capítulos que emitiu a TVG no ano 2000. Dirixiuna Jorge Coira e presentouna Luís Tosar, a serie seguía a dúas orquestras de verbena en xira por toda Galicia no verán de 1999.

Con perdón

Con perdón foi un programa de humor da TVG que se emitiu en 1997. Dirixido por Manolo Bello, realízaronse 26 capítulos e os seus presentadores eran Marma Campos, Alberto Comesaña e Xoán Pérez.

Contrafío

Contrafío foi un programa de debates da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988 nun primeiro momento dirixido e presentado por Amelia García e logo asumiu a función de dirección Xosé María Palmeiro.

Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela

O convento de Santa Clara é un convento de clausura da orde das clarisas que se atopa na Rúa de San Roque, en Santiago de Compostela. O convento fúndase extramuros ao norte da cidade no ano 1260 grazas a doazóns da vila de Compostela e da dona do rei Afonso X o Sabio: Violante de Aragón. É o primeiro que as clarisas tiveron en Galicia. Foi fundado e impulsado por dona Violante, muller do rei Afonso X o Sabio, na segunda metade do s. XIII, polo que ten o título de "Real".

Sufriu diferentes modificación ao longo dos séculos, as primeiras no século XVI grazas ás doazóns da abadesa Isabel de Granada; e posteriormente nos séculos XVII e XVIII que lle deron o aspecto barroco actual. Nestes traballos participan os arquitectos Domingo de Andrade, frei Gabriel Domínguez, Pedro Arén e Simón Rodríguez.

Salienta a fachada da igrexa, obra de Simón Rodríguez, grande obra do barrroco compostelán.

O convento de Santa Clara foi declarado Monumento Nacional en 1940.

Costeira galega

Costeira galega foi un programa divulgativo e informativo sobre o mundo do mar e dos mariñeiros emitido na Televisión de Galicia na tempada 1985-1986 presentado por Queca Merino.

Costeira galega emitíase os luns ás 20:00 horas cunha duración de 55 minutos. En xuño de 1986 o programa reduce a súa duración ata os 30 minutos e muda de nome a Mar.

DeZine

DeZine foi un programa sobre cine que emitiu a TVG desde 1998 ata 2005 presentado pola actriz Uxía Blanco e dirixido por Pilar Comesaña e Eduardo Galán Blanco. Recibiu o Premio AGAPI 1998 ó mellor programa de televisión e o Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor programa de televisión.

Ensanche

Ensanche é un terreo urbano adicado ás edificacións nos arrabaldes dunha poboación, normalmente mediante urbanismo planificado. Tamén define a ampliación da cidade. Adoitan desenvolverse mediante un plano en cuadrícula ou plano ortogonal.

Cando o crecemento demográfico e as novas actividades con requisitos intensivos de chan, como o ferrocarril, obrigaron a un crecemento extramuros das cidades e o derrubamento das antigas murallas, que perderan todo o seu valor militar e tenían só a función fiscal de aduana. En moitos casos, este crecemento proxectado e concibido para conseguir unha cidade saudable por e para a burguesía, desvirtuouse co paso do tempo por mor da especulación e a medida que a cidade seguiu medrando, foron desaparecendo progresivamente os espazos verdes.

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Extramurs

Extramurs (en galego: Extramuros) é o nome que recibe o distrito número 3 da cidade de Valencia. Limita coa Ciutat Vella polo nordeste, L'Eixample polo sueste, Campanar polo noroeste e l'Olivereta, Patraix e Jesús polo suroeste. A súa poboación censada no 2009 era de 49.940 habitantes segundo o Concello de Valencia. Coñecido como o ensanche pobre fronte ao ensanche rico do distrito de L'Eixample.

Galegos (programa de televisión)

Galegos foi un programa da Televisión de Galicia dunha hora de duración presentado por Xosé Antonio Silva que comezou a emitirse o 4 de setembro de 1985. O programa consistía nunha longa entrevista a un personaxe coñecido da sociedade galega.

O protagonista do primeiro programa foi Valentín Paz-Andrade.

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Ortigueira, Ortigueira

Santa Marta de Ortigueira é unha parroquia do concello de Ortigueira, capital do concello. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.584 habitantes (829 mulleres e 755 homes) nunha única entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.810 habitantes.

Parque de Rosalía de Castro

O parque de Rosalía de Castro de Lugo está encadrado nun espazo verde entre a Avenida Doutor García Portela, a rúa Xornalistas Puro Cora, a rúa Pascual Veiga e o Paseo da Vila de Foz. O parque esténdese cara á zona baixa, limitando coa Ronda da República da Arxentina. Malia estar situado extramuros co casco vello, o parque ten un carácter céntrico.

Paulo de Tarso

Paulo de Tarso, nado en Tarso cara o ano 10 e finado en Roma arredor do ano 67, foi un predicador, o primeiro gran difusor do cristianismo entre os non xudeus ou xentís. O seu nome xudeu era Saulo. Adoita aparecer representado calvo e coa espada coa que foi decapitado.

Roma

Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Con unha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, [[Istambul}}, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid. Tamén é o municipio europeo coa maior área de zonas verdes. A cidade ten un sistema administrativo especial, chamado Roma Capitale, rexido por unha lei estatal.Fundada segundo a tradición o 21 de abril de 753 a. C. (aínda que escavacións recentes no sitio arqueolóxico de Lapis Níger datan a súa fundación dous séculos antes) durante os seus tres milenios de historia foi a primeira metrópole da humanidade, sendo o corazón dunha das civilizacións antigas máis importantes, que influíron na sociedade, cultura, lingua, literatura, arte, arquitectura, filosofía, relixión, dereito e costumes dos séculos seguintes

É a cidade coa máis alta concentración de bens históricos e arquitectónicos do mundo; o seu centro histórico delimitado polo perímetro que marcan as murallas aurelianas, superposición de pegadas de tres milenios, é a máxima expresión do patrimonio histórico, artístico e cultural do mundo occidental. En 1980, xunto ás propiedades extraterritoriais da Santa Sé que se atopan na cidade e a basílica de San Paulo Extramuros, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo, cidade santa do catolicismo e destino de peregrinación (vías romeas) e tamén a única cidade do mundo que ten no seu interior unha entidade estatal autónoma: o enclave da Cidade do Vaticano, que se atopa baixo o poder temporal do papa. Por tal motivo coñecéuselle tamén como a capital de dous Estados.Por antonomasia, coñecese desde a antigüidade como a Urbs, Caput mundi, e tamén é chamada "A Cidade Eterna" (en italiano: Città Eterna).

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Sisto III, papa

Sisto III, nado en Roma e finado o 18 de agosto de 440, foi o papa nº 44 da Igrexa católica de 432 a 440.

Programación da Televisión de Galicia
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Produción allea

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.