Exeo Meridional

Exeo meridional é unha das 13 rexións de Grecia. Está situada ao sueste do país e composta por illas situadas no mar Exeo. Entre elas atópase o arquipélago Dodecaneso.

GreeceSouthAegean
O mapa mostra a situación da rexión en Grecia
A1 Ethniki

A A1 Ethniki (en grego: Α1 Εθνική, A1 Nacional), coñecida por motivos de patrocinio como Stoiximan.gr Basket League, é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (en grego: ΕΣΑΚΕ, Esake, tamén coñecida en inglés como HEBA, Hellenic Basketball Clubs Association). O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por catorce equipos que xogan entre eles entre os meses de outubro e xullo, xogando entre eles vinte e seis partidos de liga regular, cos oito mellores xogando un playoff para decidir o campión. Por outra banda, os dous último clasificados descenden á segunda categoría, a A2 Ethniki. Disputada por primeira vez na temporada 1927–28, tan só novo equipos diferentes conseguiron o título de campión, sendo o gran dominador o Panathinaikos, que gañou o campionato en máis de trinta ocasións. A liga grega está considereda como unha das 3 ou 5 mellores competicións domésticas do baloncesto europeo desde que se fan clasificacións das mesmas.

A2 Ethniki

A A2 Ethniki (en grego: Α2 Εθνική καλαθοσφαίρισης) é a segunda categoría do baloncesto grego entre clubs. Foi fundada en 1986 e está organizada pola Federación Helena de Baloncesto (en grego: Ελληνική Ομοσπονδία Καλαθοσφαίρισης, "EOK"). Actualmente disputan esta competición 14 equipos, dos cales os dous primeiros ascenden á A1 Ethniki, a máxima categoría helena.

Cícladas

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Dodecaneso

O Dodecaneso (en lingua grega Δωδεκάνησα, que significa "doce illas") é un grupo de illas gregas na extremidade leste do Mar Exeo, xunto á costa suroeste da Turquía. Teñen unha rica historia e mesmo parte das illas máis pequenas e deshabitadas ostentan varias igrexas bizantinas e castelos medievais.

A rexión administrativa do Dodecaneso consiste en 163 illas, das que 26 están permanentemente habitadas. As doce maiores, que dan ao grupo o seu nome, están resaltadas.

Agathonisi

Alimia

Arkoi

Astipalea

Halki

Giali

Halki

Kálimnos

Karpathos

Kasos

Kastellorizo

Kinaros

Kos

Leros

Leipsoí

Nísiros

Patmos

Psérimos

Rodas

Symi

Syrna

Telendos

TilosEstas illas forman parte da periferia da Grecia do Exeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros, mais cunha dependencia en Rodas.

Eschati

Eschati (grego: Εσχάτη) é un pequeno illote volcánico grego deshabitado nas Cícladas.

Giaros

Giaros (grego: Γυάρος), tamén coñecida localmente como Gioura (grego: Γιούρα, é unha árida e despoboada illa grega do norte das Cícladas ao suroeste de Andros e o noroeste de Siros, que depende da municipalidade de Ano Siros e forma parte da provincia de Siros e da rexión do Exeo Meridional. Ten 23 km² e a súa máxima altura é de 489 m.

Antigamente era coñecida como Gyaros ou Gyara (en latín gyaru), estaba habitada e tiña unha pequena cidade de pescadores que foi visitada por Estrabón. Un delegado da illa foi enviado (30 a.C.) a Corinto, onde se atopaba Augusto, para pedir a redución do tributo de 150 dracmas, xa que os insulares apenas podían pagar cen.

Esta e outras pequenas illas do mar Exeo serviron como lugares de exilio para as persoas importantes no imperio romano, entre outros, o filósofo Musonio estivo desterrado en tempos de Nerón. A súa desolación extrema era proverbial entre os autores romanos, como Tácito e Xuvenal.

Modernamente volveu ser lugar de desterro e entre 1948 e 1974 unhas 22.000 persoas da esquerda grega foron deportadas á illa. O lugar onde vivían os desterrados, equivalente a unha cárcere, está ao sueste da illa e chamase tamén Giaros, o goberno grego mantén o recordo polos que sufriron a represión.

Grecia

Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O Mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o Mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.

Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino, e o Imperio Otomán. Así mesmo, Grecia é o berce da democracia, a filosofía occidental, os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidental incluíndo a traxedia e a comedia.

A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961, e da Axencia Espacial Europea dende 2005. Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son xunto a capital, as principais cidades do país.

Kardiotissa

Kardiotissa (grego: Καρδιώτισσα, antigamente Lagousa) é unha illa grega nas Cícladas. está deshabitada e administrativamente forma parte da comunidade da illa de Síkinos. Atópase a medio camiño entre esta illa e a illa de Folégandros.

Mar Exeo

O Mar Exeo (grego: Αιγαίο Πέλαγος Aigaío Pélagos, turco: Ege Denizi) é un brazo do Mar Mediterráneo situado entre Grecia e a península de Anatolia, é dicir, entre as terras altas de Grecia e de Turquía. No norte, o Exeo está conectado ao Mar de Mármara e a o Mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo. Considérase que este mar está delimitado ao sur por un arco que atravesa, en dirección oeste-leste, as illas de Citera, Anticitera, Creta, Kasos, Karpathos e Rodas. Polo arbitrario do seu «límite» sur, é difícil atribuírlle unha superficie exacta, sendo un valor aproximado 180.000 km². De norte a sur, a súa extensión máxima é de 600 km, e do leste a oeste é de 400 km.

O mar era tradicionalmente coñecido como o Arquipélago (na Lingua grega antiga, Ἀρχιπέλαγος, que significa "mar principal"),[Cómpre referencia] pero en galego o significado de arquipélago cambiou para referirse ás illas do Exeo e, en xeral, a calquera grupo insular.

Mar de Creta

O mar de Creta (grego: Κρητικό Πέλαγος, "Kritiko Pelagos") é un mar, parte do Mar Exeo, situado na súa extremidade sur. O mar esténdese ao norte da illa de Creta, ao leste das illas de Citerea e Antikythira, ao sur das Cícladas e ao oeste das illas do Dodecaneso de Rodas, Karpathos e Kasos. O mar contiguo cara ao oeste é o Mar Xónico. Ao Noroeste está o Mar de Myrtoan, unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e Peloponeso. Ao Leste-SE é o resto do Mar Mediterráneo, ás veces acreditado como o mar Levantino. Ao outro lado da illa de Creta, ná beira oposta comenza o mar Mar de Libia. As rutas de transbordador cara a e desde O Pireo e Heraklion, así como ás illas do Exeo e o Dodecaneso do Sur, pasan por esta área. Xusto ao longo da costa nordés de Creta, o mar alcanza unha profundidade máxima próxima aos 3.294 m. [Cómpre referencia] Outras fontes (mapas) mostran unha profundidade máxima de 2.591 m..

Mar de Mirtoon

O Mar de Mirtoon (grego: Mυρτώο Πέλαγος, Myrtoo Pelagos), é unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e o Peloponeso. É descrito como a parte do Mar Exeo ao sur de Eubea, Ática e Argólida. parte da masa de auga do Mar Negro chega ao mar de Mirtoon, transportada a través do mar Exeo.(Saundry, Hogan & Baum. 2011)

O Golfo Sarónico, o golfo de Atenas, sitúase entre a Canle de Corinto e o Mar de Mirtoon.

Dise que foi nomeado despois de que o mítico heroe Mirtilo, que fora lanzado a este mar por un enfurecido Pélope. O nome tamén estivo relacionado co da doncela Mirto. Tamén se di que deriva o seu nome dunha pequena illa chamada Mirtus. [Cómpre referencia]

Míconos

Míconos (en grego: Μύκονος) é unha illa de Grecia pertencente ás Cícladas, situada entre Tinos (ao noroeste), Siros (ao oeste), Paros (ao sueste) e Naxos (ao sur). Ten unha superficie de 86 Km² e unha altitude máxima de 364 m. A illa ten un chan maioritariamente granítico e unha importante escaseza de auga que fai imprescindible a súa obtención mediante desalación. Conta con 6.200 habitantes. A poboación principal é Miconos (Chora), situada na parte occidental da illa.

Naxos

Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 429 km² e 19.000 habitantes, o que a fai a máis grande das illas das Cícladas no mar Exeo. foi o centro da arcaica cultura das Cícladas. A illa é famosa por ser unha fonte de esmeril, unha rocha rica en corindón, que ata a época moderna foi un dos mellores abrasivos dispoñibles.

A cidade máis grande e capital da illa é Chora ou Naxos, con 6.533 habitantes (censo 2001). Os principais pobos son Filoti, Apiranthos, Vivlos, Agios Arsenios, Koronos e Glinado.

Periferias de Grecia

As rexións administrativas de Grecia, denominadas periferias (en grego: περιφέρειες), son trece (nove no Continente e catro grupos de illas), entidades administrativas de primeiro nivel do país, cada unha composto por varias unidades de segundo nivel, orixinalmente prefecturas e desde 2011, unidades rexionais.

Programa Kallikratis

O Programa Kallikratis, Plan Calícrates ou Programa Calícrates (en grego Πρόγραμμα Καλλικράτης, Prógramma Kallikrátis), cuxo nome completo é Nova arquitectura das Autonomías e da Administración Descentralizada - Programa Kallíkratis (en grego Νέα Αρχιτεκτονική της Αυτοδιοίκησης και της Αποκεντρωμένης Διοίκησης - Πρόγραμμα Καλλικράτης, Nea Arkhitektonikí tis Aftodioíkisis kai tis Apokendroménis Dioíkisis - Prógramma Kallikrátis), é unha lei grega que reformou a división administrativa de Grecia no ano 2010. Ademais, concretou os límites das unidades autónomas, como o procedemento de elección dos distintos órganos e as competencias destes.

O plan votouse no Parlamento grego en maio de 2010 e parte del foi publicado no Boletín do Estado do 7 de xullo de 2010 para que puidese aplicarse ás eleccións autonómicas gregas do ano 2010. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2010. Tanto a elaboración da lei como tamén ao entrar en vigor provocaron reaccións violentas e manifestacións en toda Grecia, e ata unha folga de fame. Entre os principais motivos destas reaccións están as fusións e os recortes en certos servizos sociais, como en centros educativos e de saúde.

Rodas

Rodas (grego: Ρόδος, Ródos roðos) é a illa máis grande das illas do Dodecaneso en términos de superficie e tamén a capital histórica do grupo de illas. Administrativamente a illa forma un municipio separado dentro da unidade rexional de Rodas, que é parte da rexión administrativa do Exeo Meridional. A cidade principal da illa e a sede do municipio é Rodas. A cidade de Rodas tiña 50.636 habitantes en 2011. Está situada ao nordés da illa de Creta, ao sueste de Atenas e xusto á beira da costa anatolia de Turquía. O alcumo de Rodas é "A illa dos cabaleiros", nomeada logo de que os Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, a conquistaran.Historicamente, Rodas era famosa en todo o mundo polo Coloso de Rodas, unha das sete marabillas do mundo antigo. O casco antigo medieval da cidade de Rodas foi declarado Patrimonio da Humanidade. Hoxe en día, é un dos destinos turísticos máis populares de Europa.

Serifopoúla

Serifopoulo (en grego: Σεριφοπούλα) é unha illa grega nas Cícladas. É unha parte do municipio de Serifos. Serifopoula estaba deshabitada non censo grego de 2001.

Siros

Siros (grego: Σύρος) ou Syros ou Syra é unha illa de Grecia situada no arquipélago das Cícladas, no mar Exeo, e capital da prefectura do mesmo nome e da rexión do Exeo meridional. Atópase a 144 km ao sueste de Atenas. A superficie da illa é de 83´6 km² e ten 21.507 habitantes (censo 2011).

As cidades máis grandes son Ermoupoli (grego: Ερμούπολη), Ano Siros, e Vari grego: Βάρη Σύρου. Ermoupoli é a capital da illa e das Cícladas. Sempre foi unha cidade portuaria importante, e durante o século XIX foi aínda máis significativo que o Pireo. Outros pobos son Galissas, Foinikas, Pagos, Manna, Kini e Poseidonia.

Unidades periféricas de Grecia

As 74 unidades periféricas ou unidades rexionais (grego: περιφερειακές ενότητες, perifereiakés enóti̱tes, sing. περιφερειακή ενότητα, perifereiakí̱ enóti̱ta) son divisións administrativas descentralizadas de Grecia. Son as subdivisións das 13 periferias do país, subdivididos en municipios. Foron introducidos como parte da reforma administrativa Kallikratis do 1 de xaneiro de 2011 e son comparables en tamaño e, na parte continental, lindeiras coas prefecturas de Grecia pre-"Kallikratis".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.