Everest

O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia . Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo), en tibetano, Chomolungma (ཇོ་མོ་གླང་མ), Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo), e en chinés: 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰. A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.

Coordenadas: 27°59′17″N 86°55′31″L / 27.98806, -86.92528

Everest
O monte Everest desde Sagarmatha

Everest desde Kala Patthar, en Nepal
Altitude8.844,43 m Posición 1
Latitude27°59′16″ N
Lonxitude86°56′40" E
LocalizaciónFronteira NepalTíbet
CordilleiraHimalaia
Primeira acensión29 de maio de 1953, por Edmund Hillary e Tenzing Norgay
Ruta máis fácilSur (Nepal)

Medida da súa altitude

Everest-fromKalarPatar
Everest visto desde KalarPatar.

Ata 1865 as autoridades coloniais británicas das Indias, denominaban ao monte Everest coma Peak XV (Pico XV).

Radhanat Sikdar, un matemático e topógrafo indio do Bengal, foi o primeiro en identificar o Everest coma o cumio máis alto do mundo, por cálculos trigonométricos en 1852. A súa altitude foi entón estimada en 29.002 pés (en vez dos 29.035 reais), cálculos que foron feitos públicos por Sir Andrew Waugh, gobernador xeral da India colonial británica desde 1843.

No 1865, o mesmo Andrew Waugh bautiza o Peak XV co nome do seu predecesor a gobernador xeral, Sir George Everest (1790-1866), gobernador de 1830 a 1843. Desde entón, o nome de monte Everest establécese en todas as linguas occidentais. Certos indios pensan que o cumio debería de se chamar Sikdar, e non Everest, a fin de render xustiza ao autor dos cálculos de 1852.

Unha medida GPS efectuada en maio 1999 por alpinistas americanos e aceptada pola National Geographic Society sitúa a altura do Everest en 8.850 metros. En cambio, no ano 2005, científicos chineses con aparellos máis modernos reflectiron como medida real a de 8.844,43 cun índice de erro non superior a 30 centímetros.

Ascensións

Desde 1921 tíñanse feito varias tentativas de ascensións á montaña.

  • 1924 - Tentativa de ascensión por unha expedición inglesa - George Mallory e Andrew Irvine desaparecen sen que se saiba se atinxiran o cumio.
  • 1953 - A Primeira ascensión que tivo éxito foi a realizada por unha expedición anglo-neozelandesa dirixida por John Hunt. Edmund Hillary e o sherpa Tensing Norgay acadaron o cumio o 29 de maio dese mesmo ano.
  • 1975 - A xaponesa Junko Tabei é a primeira muller en acadar o cumio.
  • 1978 - Primeira ascensión sen osíxeno por Reinhold Masnar e Petar Habelar.
  • 1980 - Reinhold Masnar fai a primeira ascensión en solitario.
  • 1995 - Alison Hargreaves é a primeira muller en ascender o Everest sen osíxeno.
Himalayas
Everest visto desde a Estación Espacial Internacional.

Estatísticas

Ao concluír 2001, 1.491 persoas acadaran o cumio.

Dende a tentativa de ascensión de George Mallory e Andrew Irvine no ano 1924 ata o remate do período de escalada do ano 2013, faleceron no monte Everest un total de 240 persoas[1].

Clima

O clima do Everest é extremo. En xaneiro, o mes máis frío, a temperatura promedio no cumio é de -36 °C podendo baixar incluso ata os -60 °C. En xullo, o mes máis cálido, a temperatura promedio no cumio é de -20 °C. Porén estas temperaturas xa de por si extremas co efecto do vento a sensación térmica é dunha temperatura moito máis baixa.

Cronoloxía

Mount Everest from Rombok Gompa, Tibet
Everest visto desde Rombok Gompa (Tíbet).
  • 1841: O coronel George Everest, Topógrafo Xeral na India, bautiza provisionalmente a montaña como Pico XV.
  • 1852: Cálculos da Great Trigonometrical Survey levan a concluír que se trata da montaña máis alta da Terra.
  • 1921: Primeira expedición británica no Everest.
  • 1924: O 8 de xuño George Mallory e Andrew Irvine parten rumbo ao pico e desaparecen na néboa. Nunca se soubo se chegaron ou non.
  • 1953: Na mañá do 29 de maio, o apicultor neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan ao pico.
  • 1995: Waldemar Niclevicz e Mozart Catão son os primeiros brasileiros en atinxir o cume do Everest, ás 11h 22m do día 14 de maio.
  • 1996: O porriñés Jesús Martínez Novás convértese no primeiro galego en subir o Everest (e sen osíxeno).
  • 1996: Maior número de alpinistas mortos nun só ano: quince.
  • 1999: O corpo de Mallory é atopado con obxectos persoais, mais sen a foto da esposa, que prometera deixar no pico.
  • 1999: En maio, João Garcia é o primeiro portugués en atinxir o pico (e sen osíxeno adicional), mais pérdese no descenso (o seu colega de escalada belga morre na descendida) e é rescatado polo matrimonio brasileiro Helena e Paulo Rogério Coelho. Após unha longa hospitalización sobrevive, mais perde parte de nove dedos e parte do nariz.
  • 1999: O 26 de maio a galega Chus Lago é a primeira muller galega, e terceira do mundo, en realizar a ascensión sen osíxeno artificial.

Rutas de ascenso

STS058-101-12 2
As dúas principais rutas de ascenso, a suroeste (laranxa) e a nordés (amarelo).

O monte Everest ten dúas rutas principais para acceder ao cumio: a ruta pola cara suroeste, dende o Nepal, e a ruta nordés, dende o Tibet, porén existen outras trece rutas menos frecuentadas. Das dúas rutas principais a máis fácil tecnicamente e a máis utilizada é a suroeste, foi a seguida por Hillary e Tenzing en 1953 e a primeira das quince rutas descritas en 1996, porén esta foi máis unha decisión política que técnica, xa que China pechou a súa fronteira aos estranxeiros en 1949

A maior parte dos intentos de ascensión realízanse entre abril e maio, antes de que comece o verán, a estación dos monzóns. Isto débese a que un cambio nas corrente en chorro nesa época do ano reduce a velocidade media do vento en altas cotas da montaña. A pesar de que tamén se realizan intentos despois dos monzóns (en setembro ou outubro) a neve depositada polo monzón e o clima menos estabel fan a escalada máis complexa.

Aceso en helicóptero

O 14 de maio de 2005 o piloto francés Didier Delsalle aterrizou cun helicóptero Eurocopter modelo AS 350 B3 no cumio do Everest. Permaneceu alí durante dous minutos, coa engalaxe posterior sentou a marca mundial de engalaxe con helicóptero dende o punto máis elevado.

Masificación

Na actualidade o monte Everest e un centro turístico de importancia mundial, atraendo cada ano miles de persoas, podendo emprender a ruta de ascenso ao cumio nun mesmo día 234 persoas. Esta masificación comporta varios problemas como o de pelexas a máis de 6.000 metros de altura polo uso das cordas ancoradas na parede da montaña, roubos e sobre todo a acumulación de lixo en zonas de difícil aceso como é o cumio do Everest.

Por estas razóns no ano 2014 o goberno nepalí lexislou ao respecto, decretando que todo aquel que ascenda á montaña deberá recoller e descender con oito quilogramos de lixo, así mesmo creou un posto de seguridade cun pequeno corpo formado por membros do exército, policía e policía armada nepalís[2][3].

Notas

  1. http://www.teinteresa.es/deportes/monte-Everest-verdugo-montanistas_0_1095492640.html
  2. http://www.elmundo.es/deportes/2014/03/03/5314e10a268e3ecd758b4585.html
  3. http://deportes.elpais.com/deportes/2014/03/07/actualidad/1394210738_506147.html

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

11 de xaneiro

O 11 de xaneiro é o 11º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 354 días para finalizar o ano, 355 nos anos bisestos.

1 de decembro

O 1 de decembro é o 335º día do ano do calendario gregoriano e o 336º nos anos bisestos. Quedan 30 días para finalizar o ano.

4 de xullo

O 4 de xullo é o 185º día do ano do calendario gregoriano e o 186º nos anos bisestos. Quedan 180 días para finalizar o ano.

Cho Oiu

O Cho Oiu é a sexta montaña máis alta da Terra con 8.201 m.s.n.m. Està situada na cadea do Himalaia, a uns 20 km ao oeste do Everest, a 28º 06' N e 86º 39' L, na fronteira entre Nepal e o territorio do Tíbet.

Chus Lago

María Jesús Lago Rey, máis coñecida como Chus Lago, nada en Teis, Vigo, o 25 de decembro de 1964, é unha alpinista e escritora galega, a única que ascendeu o Everest sen osíxeno artificial.

Concha Blanco

María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950, é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega, xa xubilada. Dende o comenzo da súa actividade editou libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.

Editorial Everest

Everest foi unha editorial leonesa, con máis de 3 000 referencias publicadas e cincuenta anos de historia, extinta en 2015, en 2018 foi mercada pola asturiana Ediciones Nobel.

Edmund Hillary

Edmund Percival Hillary, nado en Auckland o 20 de xullo de 1919 e finado o 11 de xaneiro de 2008, foi un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.

Exipto Mons

Exipto Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Ten 10 km de altura, e fai dela a 11ª montaña máis alta de Ío, máis alta co monte Everest. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 193,7 km, aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 133,8 km por 146 km de ancho. É un macizo montañoso escarpado, de forma moi irregular e dunha morfoloxía complexa. Cobre unha área duns 9.792 km² e está situado nas coordenadas 41,49° S 257,6° O. Ten unha escarpa na cara norte. Recibiu o nome de Exipto, en referencia ó lugar onde a mitolóxica Ío rematou a súa fuxida. Recibiu oficialmente o seu nome por parte da Unión Astronómica Internacional no ano 1997. Cara ao noroeste está Babbar Patera, e cara ao sueste está Hermes Mensa. Svarog Patera pode ser atopado cara ao suroeste.

Francisco Xosé Fernández Naval

Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense en 1956, é un narrador e poeta galego.

Himalaia

O Himalaia (ou Himalaias) é unha cordilleira asiática que separa o subcontinente indio do vasto planalto tibetano (agora parte da China) no norte. É a cordilleira máis alta da Terra, con dez das catorce cimas de máis de 8000 metros de altura, incluíndo o Everest, cos seus 8848 msnm, a montaña máis alta do planeta.

Forma parte dun complexo orográfico maior: o sistema dos Himalaias, un conxunto composto polas cordilleiras do Himalaia, Karakorum, Hindu Kush e diversas outras subcordilleiras que se estenden a partir do Nó do Pamir e as súas subcordilleiras adxacentes.

No Himalaia nacen algúns dos maiores ríos do mundo como son o Ganxes, Indo, Brahmaputra, Yamuna e Yangtzé, en cuxos concas viven non menos de 1300 millóns de persoas. As montañas do Himalaia influíron profundamente nas culturas de Asia do Sur e moitas delas son consideradas sagradas para o Hinduísmo ou o Budismo.

Hipólito de Sa

Hipólito de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1907 e finado en Vigo o 16 de agosto de 2001, foi un escritor e historiador galego. É coñecido tamén polas súas actividades de profesor, investigador e músico.

K2

O K2, tamén coñecido como Mont Godwin-Austen, Chogori ou Dapsang, é unha montaña do Himalaia no masivo de Karakoram, na fronteira sino-paquistanesa (na rexión da Caxemira ocupada). É o segundo pico máis alto do mundo, despois do Everest, cunha altitude de 8.611 metros.

Lhotse

O Lhotse, (en nepalés: ल्होत्से, en tibetano: ལྷོ་རྩེ) con 8.516 metros (8.501 na medición antiga) é a cuarta montaña máis alta da Terra. Sitúase na cadea do Himalaia, na fronteira entre Nepal e o Tíbet, moi preto do Everest. Esta proximidade ao Everest ten feito que fose ignorada por moitos montañeiros. O macizo conta con varias cimas secundarias que superan os oito mil metros, así: o Lhotse do medio (sito a leste) con 8.414 m e o Lhotse Shar, con 8.383 m.

Makalu

O Makalu ((oficialmente en Nepal मकालु, na China Makaru; chinés: 马卡鲁山, pinyin: Mǎkǎlǔ Shān; Makalungma en Limbu) é a quinta montaña máis alta da Terra cunha altura de 8.485 m.s.n.m. Sitúase na cadea do Himalaia, ao leste do Everest, na fronteira entre o Nepal e o Tíbet (China).

Manuel Chamoso Lamas

Manuel Chamoso Lamas, nado na Habana o 16 de maio de 1909 e falecido na Coruña o 24 de abril de 1985, foi un arqueólogo, historiador da arte e escritor galego que dirixiu as escavacións de Iria Flavia e o subsolo da Catedral de Santiago de Compostela.

Montaña

Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.

A superficie do planeta Terra é nun 24% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.

Reinhold Messner

Reinhold Messner, nado o 17 de setembro de 1944 en Villnöß-Funes, Tirol do Sur, é un alpinista italiano de lingua alemá que se converteu na primeira persoa do mundo en escalar os oitomil. Messner foi a primeira persoa en ascender o monte Everest en solitario e sen axuda de osíxeno en 1980, así como ao Nanga Parbat. Tamén cruzou a Antártida sen axudas externas.

Xoán Babarro

Xoán Babarro González, nado en Calvelo (Zorelle, Maceda) o 23 de decembro de 1947, é un escritor e lingüista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.