Evencio Ferrero Rodríguez

Evencio Ferrero Rodríguez, nado en Carballo en 1955, é un mestre e político galego que actualmente, e dende o 2003 é alcalde desta localidade polo BNG.

Evencio Ferrero Rodríguez
Evencio Ferrero Rodríguez
Datos persoais
Nacemento1955
 Carballo, Galiza Galiza
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
ProfesiónPolítico e mestre

Traxectoria

Evencio Ferrero é un dos personaxes centrais na vida política e social de Carballo no último cuarto de século, formando parte da corporación municipal carballesa dende a celebración das primeiras eleccións democráticas nas corporacións locais en Abril de 1979.

Foi fundador da Asociación de Veciños de Carballo, da Asociación Cultural "Lumieira" e da Asociación Deportiva Xiria, amais é socio da Asociación Antidroga "Vieiro" dende a súa fundación.

Ferrero formou parte do Consello Nacional do BNG a finais da década dos 80 e durante toda a década seguinte, e da Comisión Permanente do BNG, sendo responsable institucional da política municipal dende 1990 ata 1996. Actualmente é membro do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias, membro do consello de administración de Xestur Coruña, e conselleiro xeral da entidade Caixa Galicia. Forma parte do Consello Escolar de Galiza e do Consello Galego de Inmigración, representando os concellos galegos e da Comisión Negociadora para o Pacto Local na área de Sanidade. É presidente da Fundación Comarcal de Bergantiños, da que forman parte os concellos da comarca.

No 2003 Ferrero accedeu á alcaldía de Carballo co apoio do Centro Democrático Independiente (actualmente Terra Galega) e o PSdeG poñendo fin a tres lexislaturas de mandato de Manuel Varela Rey (PPdeG). Nas eleccións municipais do 2007 conseguiu manter a alcaldía experimentando un crecemento no número de votos e apoiado polo PSdeG. Nos comicios municipais celebrados o 22 de maio do 2011 quedou a un concelleiro de acadar a maioría absoluta, véndose obrigado a gobernar en minoría logo de que o PSdeG retirase o seu apoio.

Nas eleccións de 2019 acadou de novo a alcaldía.[1]

Predecesor:
Manuel Varela Rey
 Escudo de Carballo.svg
alcalde de Carballo
 
2003-actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. Concello de Carballo na FEGAMP

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Club Atletismo Carballo

O Club Atletismo Carballo é un club de atletismo da localidade de Carballo, Galiza. Fundado en 2013, a súa presidenta dende a súa fundación é Ascensión Vázquez Bertoa.

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2007 en Galicia

As eleccións municipais de 2007 celebráronse o 27 de maio en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Datos totais de Galicia

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Carballo

Corporacións democráticas en Carballo desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Sánchez Vilas — UCDModelo:Carballo 1979

1983 Alcalde: José Sánchez Vilas — CPModelo:Carballo 1983

1987 Alcalde: José Sánchez Vilas — CPGModelo:Carballo 1987

1991 Alcalde: Manuel Varela Rey — IxCModelo:Carballo 1991

1995 Alcalde: Manuel Varela Rey — PPdeGModelo:Carballo 1995

1999 Alcalde: Manuel Varela Rey — PPdeGModelo:Carballo 1999

2003 Alcalde: Evencio Ferrero Rodríguez — BNG

2007 Alcalde: Evencio Ferrero Rodríguez — BNG

2011 Alcalde: Evencio Ferrero Rodríguez — BNG

2015 Alcalde: Evencio Ferrero Rodríguez — BNGCandidatos: Evencio Ferrero Rodríguez (BNG), Miguel-Ángel Ferreiro Suárez (PP), Manuel Andrade Cristóbal (TEGA), María Carmen Vila Blanco (PSdeG-PSOE), María Esther Iglesias Barreiro (CxG-CCTT) e Jesús Deus Gende (Son Carballo).

2019 Alcalde: Evencio Ferrero Rodríguez — BNG

Manuel Varela Rey

Manuel Varela Rey, nado en Artes (Carballo) o 30 de decembro de 1953, é un profesor e político galego que foi alcalde de Carballo entre 1991 e 2003, primeiro por Independentes por Carballo e as dúas últimas candidaturas polo PPdeG.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.