Evaristo Martelo Paumán

Evaristo Martelo Paumán del Nero, nado na Coruña o 25 de abril de 1853 e falecido na mesma cidade o 31 de marzo de 1928, foi un escritor e avogado galego.[1]

Evaristo Martelo Paumán
Evaristo Martelo Paumán
Nacemento25 de abril de 1853
 A Coruña
Falecemento31 de marzo de 1928
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e escritor

Traxectoria

Os afillados do demo
Os afillados do demo.

Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, era descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño, fixo estudos para mariño, pero finalmente dedicouse ao Dereito. A vida de Evaristo Martelo transcorreu entre a Casa do Arco en Laxe, o pazo dos Andeiro en Rianxo, o castelo de Vimianzo (que el mercou) e o pazo de Ombre. Membro da nobreza, foi Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro.

Era un dos contertulios da Cova Céltica coruñesa, na que participaba con Eduardo Pondal, con quen trabou unha grande amizade, influíndo na súa obra. Fixo gala dun patriotismo galego exemplar, sobre todo na defensa do idioma, ao que cualificaba como "fala de reis". Colaborou en Revista Gallega. Foi membro da Real Academia Galega (1921-1928).[2]

Casou con Josefa de la Maza Agar, filla de Ramón María de la Maza Quiroga.

Obra en galego

  • Os afillados do demo, 1885, A Coruña.
  • A noite de San Silvestre, 1890, A Coruña.
  • Líricas gallegas, 1894, A Coruña.

Estas obras, xunto con outra inédita, As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa do idioma.

  • Landras e bayas, 1919, El Noroeste, A Coruña.
  • Andeiro. Poema histórico-brigantino da Unión Ibérica (século XIV), 1922, A Coruña.
Landras e bayas
Landras e bayas.

Obra en castelán

Ensaios xurídicos

  • El laudemio, su legislación y jurispridencia hasta el año 1898, 1899, A Coruña.
  • Manual de los Consejos de Agricultura, Industria y Comercio.

Notas

  1. Membros da Academia
  2. Discurso de ingreso de Evaristo Martelo Paumán

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

25 de abril

O 25 de abril é o 115º día do ano do calendario gregoriano (116º nos anos bisestos). Quedan 250 días para finalizar o ano.

31 de marzo

O 31 de marzo é o 90º día do ano do calendario gregoriano e o 91º nos anos bisestos. Quedan 275 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Historia da literatura galega contemporánea

Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963. En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:

Foi reeditada en 1981 e 2001 .

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.