Evaporación

A evaporación é o proceso polo cal un corpo pasa de estado líquido a estado gasoso debido a diferentes factores (a calor da luz do sol, ou unha calor producida artificialmente).

Watervapor cup
A agua condénsase en gotas visibles despois de evaporarse fóra dunha cunca de té quente.
Buffalo, Nova York

Buffalo é a segunda cidade máis grande do estado de Nova York en Estados Unidos de América, tras a cidade de Nova York. A cidade sitúase ao oeste do estado, na área coñecida como Western New York e é a capital do condado de Erie, limitando co condado de Niágara. A súa poboación aproximada é de 261,310 habitantes segundo o censo de 2010. Pertence á área metropolitana Buffalo-Niágara que conta cunha poboación de 1,215,826 habitantes. Grazas á súa gran proximidade a Canadá, en concreto á provincia de Ontario (a fronteira entre ambos os dous países atópase a escasos minutos do centro da cidade) Buffalo forma xunto coa área de Toronto e do sur de Ontario unha rexión binacional pola que non é estraño ver flutuar aos seus habitantes, e na que o ambiente nocturno e cultural de Buffalo cobra unha grande importancia.

Buffalo atópase a uns 30 minutos das Cataratas do Niágara e a 1 hora e media de distancia da cidade de Toronto, á beira da rexión do sur de Ontario coñecida como Golden Horseshoe, que ten máis de 8,5 millóns de habitantes. Búfalo xace ao extremo leste do lago Erie, moi próximo ao río Niágara, que desemboca no lago Ontario. O lago Erie rodea gran parte da cidade, e debido a iso, a miúdo Búfalo presenta un ceo gris e unha atmosfera nubrada e húmida, producíndose este efecto, coñecido como Lake Effect ou efecto do lago, pola evaporación das súas augas.

Centro Arqueolóxico de Salinae

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

Cera

As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de froitos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.

Clima árido

Os climas secos (áridos e semiáridos) caracterízanse por presentar un volume de chuvias (precipitación) menor do que a taxa de evaporación e transpiración.

Conca endorreica

En xeografía, unha conca endorreica é unha área na que a auga non ten saída fluvial cara ao mar. O termo ten raíces gregas, endo, "interior" e rhein, "fluír". Calquera choiva ou precipitación que caia nunha conca endorreica fica alí, abandonando o sistema unicamente por infiltración ou evaporación, o cal contribúe á concentración de sales. Nas concas endorreicas nas que a evaporación é maior cá alimentación, os lagos salgados desaparecen e fórmanse salgares. As concas endorreicas tamén son denominados sistemas de drenaxe interna.

Aínda que, en teoría, as concas endorreicas pódense dar en calquera clima, na práctica son máis comúns en zonas de deserto cálido. Nótese ademais que, por definición, calquera lago situado baixo o nivel do mar (p.e., mar Caspio, mar Morto) debe ser endorreico e drenar unha conca hidrográfica endorreica.

Condensación

Denomínase condensación o proceso físico que consiste no paso dunha substancia en forma gasosa á forma líquida. Trátase xa que logo do proceso inverso ao da vaporización. De se producir directamente un paso de estado gasoso a estado sólido estariamos perante un proceso chamado sublimación inversa.

Destilación

A destilación é un proceso físico que consiste en quentar un material ata que os seus compoñentes máis volátiles pasan á fase de vapor e, a continuación, arrefrían o vapor para recuperar ditos compoñentes en forma líquida por medio da condensación. O obxectivo principal da destilación é separar unha mestura de varios compoñentes aproveitando as súas distintas volatilidades, ou ben separar os materiais volátiles dos non volátiles.

Na evaporación e no secado, normalmente o obxectivo é obter o compoñente menos volátil; o compoñente máis volátil, case sempre auga, rexéitase. Porén, a finalidade principal da destilación é obter o compoñente máis volátil en forma pura. Por exemplo, a eliminación da auga da glicerina evaporando a auga, chámase evaporación, pero a eliminación da auga do alcohol evaporando o alcohol, chámase destilación, aínda que se usan mecanismos similares en ámbolos dous casos.

Glándula sudorípara

A glándula sudorípara é unha glándula tubular enrolada que está situada na derme, formada por longos e delgados tubos, pechados polo extremo inferior, onde se amorean, formando unha bóla. Polos poros que se abren ao exterior segregan a suor, graxa sobrante líquida, con sabor salgado, e unha textura semellante aos ouriños.

As glándulas sudoríparas divídense en:

Glándulas sudoríparas ecrinas: están formadas por un glomérulo secretor e un conduto excretor que desemboca directamente na superficie da pel. Existen unhas 600 glándulas por centímetro cadrado de pel, con maior concentración nas palmas das mans, plantas dos pés e rexión frontal da cara. Segregan 1 litro ao día en condicións basais e poden perder até 10 L en condicións extremas. As glándulas sudoríparas desempeñan funcións importantes no metabolismo hidroclorado, na termorregulación pola evaporación da suor e humidade da superficie cutánea que tamén está relacionada coa prensión dos obxectos coas mans.

Glándulas sudoríparas apocrinas: excretan o seu contido xunto co sebo. Están formadas por un gran lóbulo secretor e un conduto excretor dérmico que desemboca no folículo pilosebáceo. Estas glándulas apocrinas están en involución no ser humano, son pouco numerosas e localízanse nas axilas, perineo, pube e conduto auditivo externo. Estas glándulas son as encargadas da secreción das feromonas. A glándula mamaria é unha glándula sudorípara apócrina modificada. As glándulas sudoríparas apocrinas producen substancias moi olorosas que son as responsables do cheiro característico de zonas coma as axilas e mailos órganos sexuais. Ás veces estes cheiros corporais son moi desagradables cando se descoida a hixiene persoal ao mesturarse coas bacterias presentes na pel. Os nenos antes da puberdade teñen un cheiro diferente aos adultos xa que non producen suor apocrina e a súa secrecion sebacea é menor.A inflamación dunha glándula sudorípara chámase hidradenite.

Helio

O helio é un elemento químico de número atómico 2 e símbolo He. A pesar de que a súa configuración electrónica é 1s², non figura no grupo 2 da táboa periódica, xunto o hidróxeno no bloque s, senón que se coloca no grupo 18 do bloque p, xa que o ter o nivel de enerxía completo, presenta as propiedades dun gas nobre. Isto é, é inerte (non reacciona) e ao igual que estes, é un gas monoatómico incoloro e inodoro. O helio ten o menor punto de evaporación de tódolos elementos químicos, e só pode ser solidificado baixo presións moi grandes. É ademais, o segundo elemento químico en abundancia no universo, tralo hidróxeno, encontrándose na atmosfera trazas debidas á desintegración de algúns elementos. En algúns depósitos naturais de gas encóntrase en cantidade suficiente para a explotación, empregándose para o recheo de globos e dirixibles, como líquido refrixerante de materiais supercondutores crioxénicos e como gas envasado no mergullo a gran profundidade.

Musgo

Os musgos ou carrizas (Bryophyta sensu stricto) son unha división do reino das plantas que comprende unhas 12.000 especies.Son plantas non vasculares que presentan un ciclo vital con alternancia de xeracións heterofásica e heteromórfica, o gametófito desenvolve gametanxios, anteridios e arquegonios. Os arquegonios están rodeados por unha envoltura protectora de células estériles. Tras a fecundación o cigoto desenvolve un embrión pluricelular (embriófitos) alimentado pola célula nai. Pódense reproducir sexual ou asexualmente. A reprodución sexual realízase no interior do arquegonio. A reprodución asexual realízase mediante fragmentación do gametófito, por xemación do protonema. En xeral, segundo a especie acadan unha altura de 1 a 10 cm, aínda que existen algunhas especies de maior envergadura.

Os esporanxios presentan unha envoltura de células estériles. Pode aparecer unha cutícula que protexe ás células da evaporación, pero é moi fina, polo cal os briófitos perden axiña a humidade. Pode aparecer un sistema condutor moi simplificado.

Cloroplastos con clorofila a e clorofila b, ademais de carotenoides; amidón como material de reserva; paredes celulares con celulosa, carecen de lignina.

Hai unhas 24.000 especies.

Anteriormente considerábanse clases desta división ás:

Antocerotas (clase Anthocerotopsida), cladisticamente considéranse división (ver Anthocerotophyta).

Hepáticas (clase Marchantiopsida ou Hepatopsida) cladísticamente considéranse división, (ver Hepaticophyta).

Océano Ártico

O océano Ártico, tamén coñecido como océano Glacial Ártico, é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra.

Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico. Por outro lado, o océano Ártico pode ser visto como o lobo norte do océano Mundial.

Case completamente envolvida por Eurasia e por América do Norte, o océano Ártico está parcialmente cuberto por xeo durante todo o ano: case por completo no inverno, se ben no comezo do século XXI a superficie cuberta por xeo é de só entre 1/3 e 1/2 a finais do verán. A temperatura e a salinidade do océano Ártico varían segundo esta cobertura de xeo se derrete e conxela; a media de salinidade é a máis baixa en comparación cos cinco grandes océanos, debido á baixa evaporación, ao fluxo pesado de auga doce de ríos e correntes, e a conexión limitada con augas oceánicas de salinidade máis elevada. No verán o nivel do xeo diminúe nun 50 %. O National Snow and Ice Data Center (NSIDC) usa datos de satélite para fornecer un rexistro diario da cobertura de xeo do Ártico e a taxa de fusión, en comparación cun período medio dos últimos anos.

Pel

A pel é o órgano de revestimento externo do corpo humano e de moitos animais. Nos humanos é o maior órgano do corpo, responsable da protección do organismo contra o medio externo.

Por extensión, denomínase pel á superficie externa doutras realidades, como das froitas ou da propia terra, así como o material elaborado con este tecido animal para a confección de roupa, con ou sen pelo (como sería o caso da pel de visón ou do coiro, por exemplo).

Praia

Unha praia é unha forma xeolóxica consistente na acumulación de sedimentos, por efecto da dinámica local das ondadas. Estes sedimentos son normalmente areas pero tamén hai praias de gravas ou grixos e de croios, seixos ou bolos, chamadas coídos. Existen moitas clases de praias podendo existir varios tipos sobre un mesmo banco de sedimentos, por mor a que nuns metros o tipo de rompente pode variar dando orixe a un tipo de praia distinta.

Unha praia fórmase cando as ondas e as correntes do mar propician a chegada de sedimento á beiramar. Logo unha praia fórmase baixo dous supostos: o primeiro, que a forma da costa sexa tal que haxa unha zona onde se deposite unha determinada cantidade de sedimento e que sexa estábel cos diferentes estados do clima marítimo. O segundo, que exista unha zona na que se ben o sedimento vaise perdendo por algures, haxa unha achega de sedimento por outro que o poida compensar. Unha vez que foron depositados os sedimentos, a praia é modelada segundo o tipo de rompente que lle afecta.

A praia é unha xeoforma dinámica pola cal está en permanente cambio, suxeita en todo momento a acción que cada onda, cada marea e cada temporal lle provoca, con grandes e importantes transportes de propio sedimento que a compoñen.

O termo "praia" tamén ten unha acepción a miúdo empregada nos textos de xeografía e xeoloxía para designar os bordos flutuantes de lagos salobres, salinos ou de "salgares" propiamente ditos. Estes lagos salinos ou "salgares" acostuman presentarse en cuncas endorreicas ou depresións de escasa profundidade onde a evaporación é moi intensa, polo que se van acumulando os sales, ao precipitarse, no fondo das mesmas.

Precipitación (meteoroloxía)

En meteoroloxía, a precipitación é calquera forma de auga que cae do ceo. Isto inclúe chuvia, neve, sarabia, néboa e orballo.

A precipitación é unha parte importante do ciclo da auga e é responsable por depositar auga fresca no planeta. A precipitación é xerada polas nubes, cando alcanzan un punto de saturación; neste punto as gotas de auga crecente (ou anacos de xeo) fórmanse, e caen á Terra por gravidade. É posible inseminar nubes para inducir a precipitación orballando un po fino ou un químico apropiado (coma o nitrato de prata) dentro da nube, xerando as gotas de auga e incrementando a probabilidade de precipitación.

A chuvia ten papel importante no ciclo hidrolóxico. A cantidade de chuvias é medida usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da chuvia, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de chuvias no lugar.

Podemos distinguir tres grandes tipos de chuvias:

Chuvia frontalÉ causada polo encontro dunha masa fría con outra quente (e húmida), típicas das latitudes medias, como as de inverno no Brasil Meridional. As chuvias frontais ocorren cando a masa fría se encontra con outra masa quente e húmida.

Chuvia de convecciónÉ provocada pola intensa evaporación e o consecuente arrefriamento pola ascensión do ar húmido - fenómeno que ocorre nas zonas ecuatoriais e no verán do Centro-Sur Brasileiro. Estas chuvias tamén son coñecidas popularmente como *aguaceiros ou toró.[Cómpre referencia]

Chuvia oroxénica ou de relevoOcorre cando os ventos húmidos se elevan e se arrefrían polo encontro dunha barreira montañosa, como é normal nas *encostas voltadas para o mar. Son comúns nos litorais, paranaense e catarinense.

Río

Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, en este caso denomínase afluente. Algunhas veces terminan en zonas desérticas onde as súas augas pérdense por infiltración e evaporación. Cando o río é de pouco caudal recibe o nome de regato

A potamoloxía é o estudo científico dos ríos mentres que a limnoloxía é o estudo das augas continentais en xeral.

Recentemente atopáronse ríos extraterrestres de hidrocarburos líquidos en Titán. Así mesmo hai canles noutros planetas que poden indicar o posible paso de ríos, especialmente canles de desaugadoiro en Marte. Estes ríos serven para teorizar sobre a existencia en planetas e lúas de zonas habitables estelares.

Sal mariño

O sal mariño é o sal extraído da auga mariña mediante evaporación en lugares denominados salinas, fronte ó sal mineral procedente da extración de minas. As salinas son os centros por excelencia de produción do sal mariño.

Salinidade

A salinidade é o contido de sal disolto nun corpo de auga. Dito doutra maneira, é válida a expresión salinidade para referirse ó contido salino en solos ou en auga. O sabor salgado da auga débese a que contén cloruro de sodio. A porcentaxe media que existe nos océanos é de 35 gramos por cada litro de auga. Ademais esta salinidade varía segundo a intensidade da evaporación ou se a achega de auga doce dos ríos aumenta en relación á cantidade de auga. A acción e efecto de variar a salinidade denomínase salgadura.

Vapor de auga

O vapor de auga é un gas que se obtén por evaporación ou ebulición da auga líquida ou por sublimación do xeo.

É inodoro e incoloro; a pesar do que poida parecer. As nubes ou o bafo branco dunha cazola ou un conxelador, vulgarmente chamado "vapor", é o resultado de minúsculas pingas de auga líquida ou cristais de xeo. Moi enrarecido, é responsable da humidade ambiental. En certas condicións, a alta concentración, parte da auga que forma o vapor condensa e fórmase néboa, ou, en concentracións maiores, nubes.

Xeada

A xeada é un fenómeno climático que consiste nun descenso da temperatura ambiente a niveis inferiores ao nivel de conxelación da auga, e fai que a auga que está no aire se conxele, depositándose en forma de xeo nas superficies.

Para que se dea este tipo de meteoro cómpre que a humidade relativa do aire sexa superior á máxima humidade relativa á temperatura da xeada; en caso contrario, non haberá suficiente auga na atmosfera para depositarse nas superficies aínda que exista a sensación de 'frío de xeada'. Se o vento é intenso, o depósito de auga será asemade pequeno.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.