Evanxeos sinópticos

Evanxeos sinópticos é o termo co que se coñece o conxunto que forman os evanxeos de Mateo, Marcos e Lucas. Etimoloxicamente provén do grego σύν (syn, "xunto") e ὄψις (opsis, "ollar"), é dicir, que se poden ver os tres dunha ollada simultánea, posto que teñen moito texto común.

Os evanxeos sinópticos

Os tres evanxeos citados comparten moito material: parábolas que se repiten nos tres evanxeos e milagres de Xesús relatados do mesmo xeito. Aínda coas características propias de cada un, deixan ver ás claras que teñen unha orixe común, moito máis cando se comparan co outro evanxeo, o de Xoán.

Dun xeito esquemático, están son as súas características principais:

--- Evanxeo de Marcos Evanxeo de Mateo Evanxeo de Lucas
Data Entre os anos 60 e 70 Ano 70 ou algo posterior Ano 80, posterior ao de Mateo
Autor Atribuído a Xoán Marcos, discípulo de Pedro. Debía de ser un cristián de orixe xudía Atribuído ao Apóstolo. Igual que en Marcos, o autor era de orixe xudía Identifícase co Lucas médico discípulo de Paulo. En calquera caso é un grego convertido ao cristianismo que tamén escribiu os Feitos dos Apóstolos
Destinatarios Dedica moito tempo a explicar costumes e leis xudeas, polo que debía estar escrito para cristiáns de orixe non xudía Continua contraposición entre a mensaxe de Xesús e as posturas de grupos xudeus como saduceos e fariseos, o que indica unha comunidade cristiá de orixe xudía e que está asentada en Palestina Como en Marcos, os destinatarios son alleos á cultura xudía
Estrutura Ten dous eixos, que son as dúas preguntas que Xesús fai aos seguidores: "quen dicides que son eu? Alterna seis seccións narrativas con cinco seccións discursivas Estrutura o seu escrito como un camiño que Xesús percorre desde a súa orixe, Nazaret, ata o seu destino, Xerusalén

A teoría das tres fontes

Entre os investigadores hai bastante unanimidade en que as causas das coincidencias entre os tres evanxeos hai que buscalas nas fontes comúns que usaron os seus autores.

A teoría máis aceptada é a das tres fontes. Segundo esta, habería tres fontes das que beberon os autores; as relacións que se establecen entre as fontes e os distintos evanxeos explica ás súas coincidencias, a súa sinopse, e tamén as diferenzas. As tres fontes son:

  • Evanxeo de Marcos: sendo o máis antigo era coñecido polos outros dous autores e serviu de base para os seus escritos.
  • Fonte Q: do alemán Quelle ("fonte"). Sería unha colección de discursos e feitos de Xesús, á que tiveron acceso Mateo e Lucas, pero non Marcos. Explica os elementos comúns daqueles que non aparecen neste.
  • Fontes propias de cada evanxelista, por exemplo as seccións dedicadas á infancia de Xesús son moi distintas en Mateo e en Lucas. Son fontes exclusivas de cada autor ou froito do traballo de autoría.
A Última Cea

Na fe cristiá, A Última Cea foi a última ocasión na que Xesús de Nazaret se reuniu cos seus apóstolos para compartir o pan e o viño antes da súa morte.

Considérase, para a Igrexa católica, que é o momento en que se institúe a eucaristía.

A Última Cea, foi o tema de numerosas pinturas, sendo quizais a obra de Leonardo da Vinci máis coñecida de todas.

Carta a Filemón

A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota, que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

Cartas Católicas

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos. O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Corpus Xoánico

O Corpus Xoánico é o nome co que se coñece aos libros do Novo Testamento que teñen como autor, ou que se atribúe como autor, a Xoán o Evanxelista.

Deuteronomio

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

Evanxeo

Evanxeo, do grego εὐαγγέλιον (evangélion), de εὐ (eu, que significa 'ben'), e ἀγγέλιον (angélion, que significa 'mensaxe') e en hebreo בשורה, que significa 'noticia' e טובה, que significa 'boa', é a boa noticia do cumprimento da promesa feita por Deus a Abraham, Isaac e Xacob de que redimiría á súa descendencia do pecado (Feitos: 13, 32) por medio da morte do seu Fillo unixénito Xesús (Xénese: 22, 2 ; Salmos: 130, 8 ; Salmos: 2, 7 ) quen morrería en expiación polo pecado de toda a humanidade (Isaías: 53, 10) e resucitaría ao terceiro día (Salmos: 16, 10) para dar arrepentimento e perdón dos pecados a todo aquel que crea nel (Lucas: 24, 47).David profetizou que Xesús resucitaría ao terceiro día sen ver corrupción (Salmos: 16, 10), todos sabemos que David morreu e que o seu corpo viu corrupción (Romanos: 2, 10) e a tumba de David está no Monte Sión, pero Xesús resucitou ao terceiro día (Marcos: 16, 1-6) cumprindo a profecía da súa resurrección e a súa tumba está baleira e é coñecida como o Santo Sepulcro.

Este é o evanxeo que predicaban os primeiros discípulos de Xesús (1 Corintios: 15, 1-12).O cumprimento da promesa de Deus, ou evanxeo, foi escrito polos primeiros discípulos xudeus nos evanxeos, que son os escritos que recollen as primeiras predicacións dos discípulos de Xesús de Nazaret, e cuxo núcleo central da mensaxe é a morte e resurrección de Xesús.

Nun sentido máis xeral o termo evanxeo pode referirse aos evanxeos. Neste sentido existen catro evanxeos contidos no Novo Testamento da Biblia cristiá, chamados Evanxeos canónicos, recoñecidos como parte da Revelación polas diferentes confesións cristiás. Coñécense co nome dos seus supostos autores: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. A maioría dos expertos considera que estes catro evanxeos foron escritos entre os anos 65 e 100 d.C., aínda que outros académicos propoñen datas máis temperás.

Existen outros escritos, coñecidos como Evanxeos apócrifos, non recoñecidos como canónicos polas igrexas cristiás actuais.

Evanxeo de Lucas

O Evanxeo de Lucas é o terceiro libro do Novo Testamento dentro da Biblia. Recolle unidades de predicación constituídas por feitos da vida de Xesús de Nazaret e tamén ditos, a maioría moi probablemente da denominada fonte Q. Constitúe unha unidade literaria cos Feitos dos Apóstolos

Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

I Samuel

I Samuel é un dos libros do Antigo Testamento, xunto con II Samuel constitúe o oitavo libro da Tanakh que os cristiáns dividiron en dous. O libro está consagrado á vida do profeta Samuel, consagrado a Deus pola súa nai Hannah. Cronoloxicamente cobre un período de cen anos correspondentes á vida de Samuel e contén a historia de Elí e da súa muller Ana (1-4), a historia de Samuel (5-12) e a historia de Xaúl e de David no exilio(13-31)

Levítico

O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Libro de Rut

O Libro de Rut ou Libro de Ruth é un libro da Biblia, dos chamados episódicos.

Narra, de xeito sinxelo, a historia dunha viúva xudía, Noemí, que volta á súa terra en compaña da xentil Rut, súa nora, viúva ela tamén dun dos fillos de Noemí. A determinación de Rut e os seus esforzos por coidar da súa sogra, lograranlle un matrimonio con Boaz, home rico e parente distante do seu sogro, o que lle permite saía da pobreza, fundar unha familia e obter o recoñecemento da súa sogra e de toda a comunidade.

Libro de Xonás

O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Libros episódicos

Clasificación que os estudosos cristián da Biblia aplican a unha serie de libros históricos que teñen en común ser relatos breves, cun protagonista individual, e cun fin didáctico e moralizante.

María Madalena

María Madalena (ás veces escrito María Magdalena e mesmo María Madanela) foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Transfiguración de Xesús

A Transfiguración de Xesús é un episodio do Novo Testamento no cal Xesús é transfigurado (ou "metamorfoseado") e se torna "radiante" no alto dunha montaña. Os evanxeos sinópticos e unha epístola fan referencia ao evento. Nestes relatos, Xesús e tres dos seus apóstolos, Pedro, Santiago e Xoán, van a unha montaña (coñecida como Monte da Transfiguración). Alí, Xesús comeza a brillar e os profetas Moisés e Elías aparecen ao seu lado, conversando con el. Xesús é entón chamado "Fillo" por unha voz no ceo - presuntamente Deus Pai - como xa ocorrera antes no seu bautismo.A Transfiguración é un dos milagres de Xesús nos evanxeos, distinto dos demais pois, neste caso, o obxecto do milagre é o propio Xesús. Tomé de Aquino consideraba a Transfiguración como o "maior dos milagres", unha vez que el complementou o bautismo e mostrou a perfección da vida no ceo. A Transfiguración é tamén un dos cinco grandes puntos da vida de Xesús na narrativa dos evanxeos (os outros son o bautismo, a crucifixión, a resurrección e a ascensión).

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.