Evanxeos apócrifos

Os evanxeos apócrifos son escritos redactados e recompilados nos primeiros séculos do cristianismo que recollen ditos e feitos de Xesús de Nazaret, as súas ensinanzas, a natureza de Deus ou as ensinanzas dos Apóstolos e as súas vidas. Estes escritos non foron recoñecidos pola Igrexa Ortodoxa, a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Etíope Tewahedo e a Igrexa Católica nin polo protestantismo como expresión da fe.

Definición

A palabra apócrifo é unha palabra de orixe grega que significa agochado. Este adxectivo deriva dos escritos manexados polo gnosticismo, cuxos seguidores se concibían a si mesmos como escollidos aos que lles estaba reservado o coñecemento de revelacións misteriosas e ocultas ao común das xentes. Pero referirse aos escritos gnósticos como "apócrifos" é enganoso, posto que non serían considerados como tales polos crentes máis ortodoxos dende o punto de vista doutrinario. Os Pais Gregos usaban o termo como sinónimo de antilegomena (documento disputado), aínda que certos libros canónicos tamén foron disputados, como a Apocalipse de San Xoán. Os expertos usan tamén o termo como sinónimo de pseudografía, termo aplicado a documentos de atribución falsa como o Evanxeo de Pedro, no que un autor anónimo emprega o nome dun apóstolo para titular o seu traballo. A partir do Concilio de Trento a palabra "apócrifo" adquiriu connotacións negativas e tornouse sinónimo de "falso".

Historia

As comunidades xudeo-cristiás do primeiro cristianismo manexaron textos en hebreo e arameo. Os ebionitas manexaron os seus propios textos coherentes co monoteísmo radical do xudaísmo. Siria e Exipto foron prolíficas neste tipo de escritos. Neste caso obsérvanse dúas tendencias:

  • A que busca salientar o extraordinario e milagroso, moi do gusto popular.
  • As que conteñen mensaxes crípticas, misteriosas e en clave só accesible para os iniciados, como é o caso dos gnósticos.

Correntes como o dualismo propio do maniqueísmo sumáronse ao gnosticismo no senso de desprezar o carnal e o material e, polo tanto, non buscaban tanto reflectir feitos meramente históricos, senón mensaxes de elevación mística e revelación espiritualista.

O marcionismo, ao establecer o seu propio canon que non aceptaba máis que o Evanxeo de Lucas e algunhas cartas atribuídas a Paulo de Tarso, provocou nas comunidades que se foron aglutinando en torno aos patriarcados incipientes de Alexandría, Xerusalén e Antioquía que se fose realizando unha escolma de textos que se entendía que reflectían a experiencia de fe transmitida polos apóstolos.

O recoñecemento de determinados textos por parte de figuras ás que se recoñeceu especial autoridade (Pais da Igrexa) foi tamén un criterio de escolla e depuración. Oríxenes enumera varios libros apócrifos xa no século III. Foi un proceso de decantación que se produciu devagar ata a lista definitiva de Atanasio de Alexandría na que menciona os 27 textos do Novo Testamento.

Posteriormente, o Fragmento Murotariano, unha carta de Inocencio I, e o denominado Decreto Xelasiano pretenden dar un carácter fixo e definitivo ao conxunto de textos canónicos.

Evanxeos

Evanxeos da infancia

A escaseza de información sobre a infancia de Xesús nos evanxeos provocou unha gran demanda sobre os primeiros anos da súa vida entre os primeiros cristiáns. Esta demanda foi satisfeita por diversos textos redactados a partir do século II d.C. Ningún deles foi aceptado no canon bíblico, a pesar do gran número de exemplares sobreviventes que dan idea da súa popularidade.

A maior parte foi baseada no máis antigo dos evanxeos da infancia, o Evanxeo da Infanca de Tiago (tamén chamado Proto-evanxeo de Tiago), no Evanxeo da Infancia de Tomé, e na combinación posterior de ambos no Evanxeo de Pseudo-Mateo (tamén chamado "Evanxeo da Infancia de Mateo" ou "Nacemento de María" e "Infancia do Salvador").

  • Evanxeo da Infacia de Siríaco
  • Historia de Xosé o Carpinteiro
  • Vida de Xoán o Bautista
  • Evanxeo Armenio da Infancia de Xesús

Apócrifos xudeocristiáns

Son evanxeos pertencentes a sectas xudeocristiás que conservaban unha forte relación co xudaísmo, e que mantiñan a Lei mosaica:

  • Evanxeo dos Hebreos, famoso por denominar o Espírito Santo como nai de Xesús.
  • Evanxeo dos Nazarenos
  • Evanxeo dos Ebionitas

Versións rivais dos evanxeos canónicos

Existiron moitas versións alternativas e editadas doutros evanxeos durante os primeiros anos do cristianismo. Na maior parte das veces o texto afirma ser unha versión máis antiga ou unha versión sen os engadidos ou distraccións feitas polos opoñentes nas versións máis recoñecidas. Os Pais da Igrexa insistían en que eran estas versións rivais as que distorsionaban o texto orixinal, aínda que non todos os estudosos modernos coincidan. É tema de debate se existe ou non algunha versión máis antiga dos evanxeos canónicos. Algúns detalles dos seus contidos só sobreviviron nas referencias que deles facían os que escribían argumentos na súa contra. Por iso non está claro se eran moi distintos entre eles, ou se eran todos eles diferentes obras, ou varios títulos referidos a un mesmo texto.

  • Evanxeo de Marción
  • Evanxeo de Mani, tamén chamado Evanxeo Vivo ou Evanxeo dos Vivos.
  • Evanxeo de Apeles
  • Evanxeo de Bardesanes
  • Evanxeo de Basílides
  • Evanxeo de Cerinto

Apócrifos da Paixón e da Resurrección

Adoitan exculpar a Roma da crucifixión de Xesús:

  • Evanxeo de Pedro
  • Evanxeo de Nicodemo, tamén coñecido como Evanxeo de Pilatos.
  • Aínda que existen tres textos que levan o nome de Bartolomeu, as "Cuestións" e a "Resurrección" poden ser, en realidade, o descoñecido Evanxeo de Bartolomeu.
  • Sentenza de Poncio Pilatos
  • Declaración de Xosé de Arimatea

Apócrifos gnósticos

Na era moderna recuperáronse moitos téxtos gnósticos, especialmente tras o descubrimento da Biblioteca de Nag Hammadi en 1945. Algúns textos expoñen a cosmoloxía esotérica e a ética defendida polos gnósticos. Moitas veces adoptan a forma de diálogos nos que os discípulos preguntan a Xesús e este expón o seu coñecemento esotérico. Hai un texto coñecido como Epístola Apostolorum que é unha polémica contra o esoterismo gnóstico, pero está tamén escrito ao xeito do resto dos textos gnósticos.

Diálogos con Xesús

  • Apócrifo de Tiago
  • Libro de Tomé Adversario
  • Diálogo do Salvador
  • Evanxeo de Xudas, tamén chamado "Evanxeo de Xudas Iscariote".
  • Evanxeo de María, tamén chamado "Evanxeo de María Magdalena".
  • Evanxeo de Felipe
  • Evanxeo Grego dos Exipcios, distinto do Evanxeo Copto dos Exipcios.
  • Sofía de Xesucristo
  • Evanxeo de Tomé, unha visión gnóstica dos supostos milagres da infancia de Xesús, de forma non narrativa, senón como citas, que algúns estudosos consideran dentro dunha tradición da que xurdiron os evanxeos, e que pode servir para facernos unha idea de como sería o teórico Documento Q.

Textos sobre Xesús

Textos setianos

Os setianos era un grupo que adoraba ao Seth bíblico, terceiro fillo de Adán e Eva como unha figura mesiánica, sendo Xesús como unha reencarnación de Seth. Produciron varios textos nos que se expuña a súa cosmoloxía esotérica:

  • Apócrifo de Xoán, tamén chamado Evanxeo Secreto de Xoán.
  • Evanxeo Copto dos Exipcios, distinto do Evanxeo Grego dos Exipcios.
  • Apocalipse Copto de Paulo, distinto da Apocalipse de Paulo.
  • Protenoia Trimórfia

Feitos aprócrifos

Os 'Feitos dos Apóstolos' foi un xénero literario no cristianismo primitivo, que contaba a historia do movemento cristián tras a Ascensión de Xesús a través das vidas e obras dos seus Apóstolos, principalmente Pedro, Xoán e Paulo. O texto chamado Feitos dos Apóstolos foi incluído no canon bíblico, sendo a segunda parte dunha obra iniciada co Evanxeo de Lucas[1].

Entre os apócrifos abundan os feitos sobrenaturais. Segundo a tradición, unha parte deles foron escritos por Leucius Charinus, compañeiro do apóstolo Xoán. Os "Feitos de Tomé" e os "Feitos de Pedro e os doce" son considerados textos gnósticos.

  • Feitos de André
  • Feitos de André e Matías
  • Feitos de Barnabé
  • Feitos de Xoán (150 - 160 d.C.) describe milagres, cita sermóns e é bastante ascético.
  • Feitos de Xoán o Teólogo
  • Feitos dos mártires
  • Feitos de Paulo (c. 160 d.C.) conta a historia dunha moza que fora convertida por Paulo de Tarso abandonando así o noivado.
  • Feitos de Paulo e Trega
  • Feitos de Pedro, que narra as maldades de Simón Mago, a fuga de San Pedro de Roma, a súa volta e crucifixión cabeza para baixo.
  • Feitos de Pedro e André
  • Feitos de Pedro e Paulo
  • Feitos de Pedro e os doce, gnóstico.
  • Feitos de Filipe
  • Feitos de Pilatos
  • Feitos de Tadeo
  • Feitos de Tomé, gnóstico, describe o apóstolo Santo Tomé como un misioneiro na India.
  • Feitos de Xantipe, Polixena e Rebeca
  • Relatos de martirios:
    • Martirio de André
    • Martirio de Bartolomeu
    • Martirio de Mateo

Epístolas

Existen tamén varias epístolas non canónicas dirixidas polos seus autores tanto a individuos concretos como a comunidades eclesiásticas. Algunhas delas foron consideradas importantes pola Igrexa antiga:

  • Epístola de Barnabé
  • I Epístola de Clemente
  • II Epístola de Clemente
  • Epístola dos Corintios a Paulo
  • Epístola de Ignacio aos Esmirniotas
  • Epístola de Ignacio aos Tralios
  • Epístola de Policarpo aos Filipenses
  • Epístola dos Apóstolos
  • Epístola a Diogneto
  • Epístola aos Laodicenses, a nome de Paulo, escrita para materializar a epístola mencionada en Colosenses 4,16.
  • Correspondencia entre Paulo e Séneca
  • Terceira Epístola aos Corintios, aceptada no pasado por algunas Igrexas.
  • Correspondencia entre Xesús e Abgar, rei de Edesa.
    • Ditos de Xesús ao rei Abgar
    • Epístola de Xesús ao rei Abgar
    • Epístola do rei Abgar a Xesús
  • Correspondencia de Poncio Pilatos:
    • Epístola de Poncio Pilatos a Herodes
    • Epístola de Poncio Pilatos ao Emperador

Apocalipses apócrifos

Artigo principal: Literatura apocalíptica.

Diversas obras describen visións escatolóxicas, discutindo o futuro, a vida despois da morte, a fin do mundo etc:

  • Apocalipse da Virxe
  • Apocalipse de Paulo, distinto da Apocalipse Copto de Paulo.
  • Apocalipse de Pedro, diferente da Apocalipse Gnóstico de Pedro.
  • Apocalipse de Pseudo-Metodio
  • Apocalipse de Tomé, tamén chamado "Revelación de Tomé".
  • Apocalipse de Estevo, tamén chamado "Revelación de Estevo".
  • Consumación de Tomé
  • Primeiro Apocalipse de Tiago
  • Segundo Apocalipse de Tiago
  • Vinganza do Salvador
  • Visión de Paulo

Destino de María

Moitos textos son descricións dos eventos que rodearon o destino da María (a nai de Xesús):

  • O Desendimento de María
  • Pasaxe da Benaventurada Virxe María
  • Xuízo de Poncio Pilatos, libro de Xoán, o Teólogo, sobre a Asunción da Virxe María

Outros textos

  • Caverna dos Tesouros, tamén chamado de "O Tesouro".
  • Constitucións Apostólicas, regras da Igrexa que foron supostamente deixadas polos apóstolos.
    • Canons dos Apóstolos, último capítulo das Constitucións Apostólicas, que tivo unha ampla circulación independente.
  • Didaqué, posibelmente o primeiro catecismo escrito.
  • Discurso de Domingos
  • Literatura Clementina
  • Libro de Nepos
  • Liturxia de Santiago
  • Morte de Poncio Pilato
  • Evanxeo da Natividade de María
  • Penitencia de Oríxenes
  • Prez do apóstolo Paulo
  • Retrato de Xesús
  • Retrato do Salvador
  • Sentenzas de Sexto
  • Physiologus

Fragmentos

Ademais das obras apócrifas coñecidas, existen tamén algúns pequenos anacos de obras que nos son descoñecidas no seu formato completo. Algúns dos máis importantes son:

  • O Evanxeo descoñecido de Berlín, tamén chamado "Evanxeo do Salvador".
  • O Fragmento Naaseno
  • O Fragmento Fayyum
  • O Evanxeo secreto de Marcos
  • Os Evanxeos de Oxirrinco
  • O Evanxeo de Egerton

Obras perdidas

Existen diversos textos mencionados en moitas fontes antigas e que foron considerados dende a ortodoxia da época como apócrifos, aínda que non chegaron ata nós:

  • Evanxeo de Eva, citado por Epifanio.
  • Evanxeo dos catro reinos celestes
  • Evanxeo de Matías, probablemente diferente do Evanxeo de Mateus.
  • Evanxeo da Perfección, utilizado polos seguidores de Basílides e outros gnósticos.
  • Evanxeo dos Setenta
  • Evanxeo de Tadeo, que pode ser o mesmo que o Evanxeo de Xudas, nunha confusión entre Xudas Iscariote e Xudas Tadeo.
  • Evanxeo dos Doce
  • Memoria Apostolorum

Ortodoxia

Artigos principais: Ortodoxia doctrinaria e Ortodoxia.

Aínda que moitos libros citados aquí son considerados heréticos, outras obras non son consideradas particularmente heréticas no contido, e son en realidade aceptadas como libros de importante valor espiritual. Non son, a pesar diso, considerados canónicos.

  • As Epístolas de Clemente: I Clemente e II Clemente
  • Pastor de Hermas
  • Didaqué
  • Epístola de Barna
  • Apocalipse de Pedro
  • Proto-Evanxeo de Tiago
  • Terceira Epístola aos Corintios

Entre os historiados do cristianismo primitivo, estes libros teñen un valor incalculable, especialmente os que case entraron no canon final, como o Pastor de Hermas. Bart Ehrman, por exemplo, di:

Os vitoriosos nas disputas para establecer a ortodoxia cristiá non só gañaron as súas batallas teolóxicas, senón que tamén reescribiron a historia do conflito. Os líderes posteriores naturalmente asumiron que os puntos de vista vitoriosos foran aceptados pola maioría dos cristiáns dende o inicio... A práctica da falsificación cristiá ten unha longa e dilatada historia... o debate durou más de trescentos anos... mesmo dentro dos círculos "ortodoxos" había un considerable debate sobre que libros deberían ser incluídos no canon.
 

Notas

  1. Hans-Josef Klauck. The Apocryphal Acts of the Apostles: An Introduction. Baylor UP: [s.n.], 2008.
  2. Bart D. Ehrman (2003). Lost Christianities (en inglés). Oxford University Press.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ehrman, B.D. Misquoting Jesus: The story behind to changed tha bible and why. HarperCollins, 2005. ISBN 978-0-06-0731817-4
  • Piñero, A. Apócrifos del Antiguo y Nuevo Testamento. Alianza Editorial, 2010. ISBN 978-84-206-1911-3.
  • Santos Otero, A. Los Evangelios Apócrifos. BAC, 2004 ISBN 84-7914-504-8
  • Los Evangelios Apócrifos, Tradución, introdución crítica e notas de González Blanco, E. Biblioteca de Bolsillo. Imprenta Sáez Hermanos, Madrid.
Ana, nai de María

Santa Ana (do hebreo Hannah, חַנָּה, que significa "graza"), descendente de David, foi a nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo segundo a tradición cristiá e islámica. O seu nome non aparece nos Evanxeos canónicos e no Corán.

Catedral de Tui

A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do río Miño. É sé da diocese de Tui-Vigo, convertida en sede episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico, e foi finalizada cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, ano no que foi consagrada polo bispo Esteban Egea. En 1931 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

Evanxeo

Evanxeo, do grego εὐαγγέλιον (evangélion), de εὐ (eu, que significa 'ben'), e ἀγγέλιον (angélion, que significa 'mensaxe') e en hebreo בשורה, que significa 'noticia' e טובה, que significa 'boa', é a boa noticia do cumprimento da promesa feita por Deus a Abraham, Isaac e Xacob de que redimiría á súa descendencia do pecado (Feitos: 13, 32) por medio da morte do seu Fillo unixénito Xesús (Xénese: 22, 2 ; Salmos: 130, 8 ; Salmos: 2, 7 ) quen morrería en expiación polo pecado de toda a humanidade (Isaías: 53, 10) e resucitaría ao terceiro día (Salmos: 16, 10) para dar arrepentimento e perdón dos pecados a todo aquel que crea nel (Lucas: 24, 47).David profetizou que Xesús resucitaría ao terceiro día sen ver corrupción (Salmos: 16, 10), todos sabemos que David morreu e que o seu corpo viu corrupción (Romanos: 2, 10) e a tumba de David está no Monte Sión, pero Xesús resucitou ao terceiro día (Marcos: 16, 1-6) cumprindo a profecía da súa resurrección e a súa tumba está baleira e é coñecida como o Santo Sepulcro.

Este é o evanxeo que predicaban os primeiros discípulos de Xesús (1 Corintios: 15, 1-12).O cumprimento da promesa de Deus, ou evanxeo, foi escrito polos primeiros discípulos xudeus nos evanxeos, que son os escritos que recollen as primeiras predicacións dos discípulos de Xesús de Nazaret, e cuxo núcleo central da mensaxe é a morte e resurrección de Xesús.

Nun sentido máis xeral o termo evanxeo pode referirse aos evanxeos. Neste sentido existen catro evanxeos contidos no Novo Testamento da Biblia cristiá, chamados Evanxeos canónicos, recoñecidos como parte da Revelación polas diferentes confesións cristiás. Coñécense co nome dos seus supostos autores: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. A maioría dos expertos considera que estes catro evanxeos foron escritos entre os anos 65 e 100 d.C., aínda que outros académicos propoñen datas máis temperás.

Existen outros escritos, coñecidos como Evanxeos apócrifos, non recoñecidos como canónicos polas igrexas cristiás actuais.

Evanxeo da Verdade

O Evanxeo da Verdade ou Evanxeo de Valentín é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos, atopado na Biblioteca Nag Hammadi. Existen dúas traducións coptas: unha en dialecto lycopolitano que sobreviviu case enteira no Códice I (Códice Jung) e outra en dialecto sahídico en fragmentos no Códice XII.

O texto describe unha teoría sobre a aparición do Erro personificado. A súa ignorancia e o seu anceio de ver o Pai xeraron medo, que se presentou nunha nube pola cal o Erro gañou poder.

Como parte da biblioteca Nag Hammadi o Evanxeo da Verdade atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.

Evanxeo de Filipe

O Evanxeo de Filipe é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos. Datado entre 180 e 350 EC estivo perdido para os investigadores modernos ata que un exipcio o redescubriu por accidente, enterrado nunha cova preto de Nag Hammadi, en 1945.O texto non está relacionado cos Evanxeos canónicos. Inda que o evanxeo poida parecer semellante ao Evanxeo de Tomé, non é un evanxeo propiamente dito, senón unha colección de ensinanzas e reflexións gnósticas, unha "antoloxía gnóstica", segundo o estudoso da relixión Marvin Meyer e Esther A. De Boer, que consideran que é un texto valentianista. Os sacramentos, en concreto o sacramento do matrimonio, son o tema principal. O texto é coñecido por ser unha das primeiras fontes da popular teoría de que Xesús estaba casado con María Madalena. O manuscrito en grego antigo describe a Xesús como o "koinonos" de María, ou "compañeiro", o que podería implicar unha relación sexual íntima ou un amigo ou compañeiro na fe. Inda que o texto orixinal do papiro está perdido algunhas traducións enchen os ocos suxerindo que "Xesús quería a María Madalena máis que aos outros discípulos e soia bicala na boca a miúdo."A súa única relación co apóstolo Filipe é que este é o único apóstolo mencionado nos manuscritos (73, 8).> Doutra banda, un "Filipe evanxelista" é mencionado nos Feitos dos Apóstolos (21:8):

[...] entrando na casa do evanxelista Felipe, un dos Sete, paramos onda el.Como parte da biblioteca Nag Hammadi o Evanxeo de Filipe atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.

Evanxeo de María

O Evanxeo de María, ou Evanxeo de María Madalena, é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos, que forma parte do Códice de Berlín (ou Códice Akhmim). Tamén existen fragmentos deste evanxeo nos papiros Oxirrinco L 3525 e Rylands 463. O primeiro está escrito en dialecto copto sahídico e os fragmentos en grego.

Segundo interpretacións como a da profesora da Cátedra Hollis de Divindade da Harvard Divinity School Karen King, o texto revela as tensións existentes entre os protoortodoxos, representados por Pedro, e os gnósticos, simbolizados por María Madalena. Unha confrontación similar existe noutros textos gnósticos, como o Evanxeo de Tomé, a Pistis Sophia ou o Evanxeo Copto dos Exipcios. Ademais, de acordo con este texto, María Madalena tería sido depositaria de revelacións secretas de Xesús, e tivo un papel destacado na comunidade cristiá postpascual. Porén, é posíbel que María Madalena non sexa aquí máis que un símbolo da Sophia do Gnosticismo.

O Códice de Berlín foi atopado soterrado en Akhmim, Exipto e está no Museo Exipcio de Berlín, Alemaña.

Evanxeo de Tomé

O Evanxeo de Tomé é un dos Evanxeos gnósticos, parte dos Evanxeos apócrifos, atopado na Biblioteca Nag Hammadi, Códice II.

Está composto por 114 ditos atribuídos a Xesús, a metade dos cales coinciden cos atopados nos Evanxeos canónicos, e non segue a forma de relato.

A introdución di:

"Estas son as palabras ocultas que o vivente Xesús falou e Dídimo Xudas Tomé escribiu."Dídimo (grego) e Tomé (arameo) significan ambos "xemelgo". Varios estudosos críticos sospeitan que esta referencia ao Apóstolo Tomé é falsa e que polo tanto o autor é descoñecido.Como parte da biblioteca Nag Hammadi, o Evanxeo de Tomé atópase no Museo Copto do Cairo, Exipto, nunha biblioteca só aberta para investigadores.

Feitos de Tomé

O texto de principios do s. III chamado Feitos de Tomé é un dos apócrifos do Novo Testamento. É unha serie de feitos episódicos acontecidos durante a misión evanxelizadora de Xudas Tomé ("Xudas o Xemelgo") na India. Remata co seu martirio cando morre atravesado por lanzas, por espertar a ira do rei Misdeo ou Mazdaï (Vasudeva I). Consérvanse fragmentos doutros catro ciclos de narracións sobre o apóstolo Tomé, mais este é o único completo. Aínda que Gregorio de Tours fixo unha versión, a corrente central da tradición cristiá rexeita os Feitos de Tomé como pseudepigráficos e apócrifos, e pola súa banda, a Igrexa Católica Romana finalmente confirmou os Feitos como heréticos no Concilio de Trento. Non debe ser confundido cos máis antigos "ditos" do Evanxeo de Tomé. "Como outros feitos apócrifos que combinan lendas populares e propaganda relixiosa, a obra tenta entreter e instruír. Amais de narracións sobre as aventuras de Tomé, o seus elementos poéticos e litúrxicos proporcionan importantes datos das primitivas tradicións cristiás sirias".

Historia de Xosé o carpinteiro

A Historia de Xosé o Carpinteiro é un texto orixinariamente escrito en copto no século III ou IV considerado polo seu contido como un dos evanxeos apócrifos da infancia de Xesús de Nazaret. Apareceu no século XVIII

María Madalena

María Madalena (ás veces escrito María Magdalena e mesmo María Madanela) foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.

Milagres de Xesús

Os milagres de Xesús son os feitos sobrenaturais que se atribúen a Xesucristo no curso da súa vida terreal e que foron recollidos nos Evanxeos canónicos. Estes milagres pódense clasificar en catro grupos: as curacións, exorcismos, a resurrección dos mortos e o control sobre a natureza.

O número exacto dos milagres depende de como se contan os milagres, por exemplo, no milagre da filla de Xairo, onde unha muller se cura e unha nena é resucitada, pero os dous acontecementos son narrados nos mesmos parágrafos dos Evanxeos, e polo xeral de forma conxunta, e o feito de que a nena tiña 12 anos e a muller estivera enferma durante 12 anos foi obxecto de diversas interpretacións.

Estes milagres causaban a indignación de escríbalos e os mestres da lei.Neses tempos, escríbalos, fariseos e outros, atribuíron a unha confabulación con Belcebú este poder de expulsar aos demos. Xesús defendeuse enerxicamente destas acusacións. Segundo os relatos evanxélicos, Xesús non só tiña o poder de expulsar demos, senón que transmitiu ese poder aos seus seguidores Ata se menciona o caso dun home que, sen ser seguidor de Xesús, expulsaba con éxito demos no seu nome.Segundo o escrito en Mateo 11: 20-24, Corazín, Betsaida e Cafarnaún -tamén chamada Capernaúm-, son a cidades onde Xesús realizou a maior parte dos seus milagres, debido a que estes aínda non se arrepentían dos seus pecados.

Segundo Xoán 14:10-14, Xesús pídelles aos apóstolos que crean por esas obras porque é o Pai (Deus) quen as realiza nel. Tamén lles di que todo o que pidan ao Pai no seu nome el o fará, para que o Pai sexa glorificado no Fillo.

Prisciliano

Prisciliano, nado no ano 340 e axustizado en Tréveris en 385, foi un relixioso heresiarca galaico-romano, aínda que non se coñece exactamente se naceu na Gallaecia ou noutro lugar. En todo caso, é considerado galaico pola exitosa propagación da súa herexía e persistencia adeptos neste territorio.

Pórtico real da Catedral de Tui

O Pórtico Real da Catedral de Tui é o conxunto escultórico que dá acceso, pola portada principal á Catedral-fortaleza de Santa María da cidade medieval fronteiriza de Tui, no Camiño Portugués de Santiago. E o máis espléndido portal gótico do século XIII existente en Galicia e un dos primeiros que na Península Ibérica se fixeron eco das novas orientacións estilísticas que xurdiran en Francia.

Rafa Lobelle

Rafael Lobelle González, coñecido como Rafa Lobelle, nado en Vilameá (Chantada) o 16 de outubro de 1988, é un poeta e escritor galego.

Viacrucis

A palabra Viacrucis, significa "camiño da cruz" e refírese ás diferentes etapas ou momentos vividos por Xesucristo desde o momento en que foi aprehendido ata a súa crucifixión e sepultura.

Virxe María

A Virxe María, Santa María ou simplemente María (Mariam: grego: Μαριάμ; hebreo: מרים; árabe: مَريَمْ) foi unha muller xudía de Nazaret (Galilea), considerada segundo as tradicións cristiá e musulmá a nai de Xesús de Nazaret e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de Deus. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de Benaventurada Virxe María e Nai de Deus nas igrexas occidentais, e o seu equivalente Theotokos no cristianismo oriental, e Maryam, nai de Isa (Xesús) no islam. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é Cristo (é dicir, o mesías prometido ao pobo xudeu) e Deus Fillo encarnado, mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos profetas más importantes enviados por Deus á humanidade.

Segundo os Evanxeos canónicos de Mateo e Lucas, María era unha virxe (en grego παρθένος, parthénos) que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do Espírito Santo. Os musulmáns cren que concibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba prometida a San Xosé mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a Belén, onde naceu Xesús.

O Novo Testamento comeza a súa crónica da vida de María coa Anunciación, cando o arcanxo Gabriel se lle apareceu e lle anunciou a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A tradición da Igrexa e o Protoevanxeo de Santiago (apócrifo) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San Xoaquín e Santa Ana.

Os cristiáns da Igrexa católica, da Igrexa Ortodoxa, da ortodoxia oriental, da Comuñón Anglicana e das igrexas luteranas cren que María, como nai de Xesús, é Nai de Deus (Μήτηρ Θεοῦ) e a Theotokos, "portadora de Deus". María ten recibido veneración dende os comezos do cristianismo, a través de numerosas advocacións (Virxe de Fátima, de Lourdes etc.). Hai unha grande diversidade na marioloxía e prácticas devocionais das diferentes tradicións cristiás. A Igrexa católica ten unha serie de dogmas marianos, como a Inmaculada Concepción, a Virxindade perpetua de María e a súa Asunción ao Ceo.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Xosé de Nazaret

Xosé de Nazaret (en hebreo: יוֹסֵף, transliterado Yosef‎) foi, segundo a relixión cristiá, o esposo de María, a nai de Xesús de Nazaret e, xa que logo, pai putativo de Xesús. Era de oficio carpinteiro, profesión que lle ensinou ao seu fillo, e de extracción humilde, aínda que as xenealoxías de Mateo 1,1-17 e Lucas 3,23-38, fano descendente do Rei David. Ignórase a data da súa morte (tradicionalmente, acéptase que morreu cando Xesucristo tiña máis de 12 anos), pero non está presente no relato evanxélico da predicación de Xesús, polo que se presume que morreu antes de que esta tivese lugar.

Éliphas Lévi

Éliphas Lévi, nome de bautismo Alphonse-Louis Constant, nado en París o 8 de febreiro de 1810 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 1875, foi un escritor francés, ocultista e cabalista.

O seu pseudónimo Éliphas Lévi, so o cal publicaba os seus libros, é unha tradución do seu nome "Alphonse-Louis" ao hebreo.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.