Evanxeo de Marcos

O Evanxeo de Marcos é o segundo libro do Novo Testamento dentro da Biblia cristiá; céntrase na actividade pública de Xesús de Nazaret e apenas recolle os seus ditos e predicacións. Depende de tradicións anteriores, unidades de predicación sobre os feitos de Xesús que procura ensamblar a través de suturas redaccionales e sumarios para construír un relato (diégesis).

Autor

Tradicionalmente atribúese a Xoán Marcos, un discípulo secundario que recollía as predicacións de Pedro, papa. Na Historia Eclesiástica de Eusebio de Cesarea recóllense fragmentos de Papías que din que Marcos seguía a Pedro que ensinaba por medio de chreias (anécdotas). Tamén nos Feitos dos Apóstolos, e nalgunhas Cartas de Paulo de Tarso e na primeira Carta de Pedro fálase dun Marcos. O feito de non terse atribuído a un apóstolo outorga certa verosimilitude a esta versión.

Data de composición

A maior parte dos autores sitúano ao redor do ano 70, debido ás descricións que se fan no capítulo XIII no discurso apocalíptico de Xesús que semellan describir con certa exactitude as consecuencias da represión romana tras o levantamento xudeu.

Lugar da composición

Semella composto nun lugar preto de Palestina, pero dunha cultura distinta á xudía, pois explica algúns costumes hebreos. Certas expresións latinas parecen indicar unha posible composición en Roma, pero estes termos adoitan ser de dominación (flaxelación, denario, pretorio, censo, lexión...). Ambas hipóteses poden ter un certo grao de compatibilidade, unha primeira colección de tradicións antigas xudeocristiás en Siria, reelaboradas despois en Roma dende onde se difundíu e onde tomou a forma definitiva. A primeira redacción sería fonte para o Evanxeo de Mateo e o Evanxeo de Lucas.

Lingua

A lingua que emprega é o grego, idioma franco da parte oriental do Imperio Romano, aínda que as construcións manifestan un evidente substrato semítico. É moi salientable que recolla expresións literais no idioma de Xesús (o arameo de Galilea), como Effetá, Elí lamá sabactaní, talita kumi ou a invocación de Xesús a Deus coa palabra familiar Abba, e aspectos da súa personalidade moi humanas (Xesús como fillo de María sen mencionar ao pai, ou que os seus irmáns o consideraran como alienado). Isto revela que se remonta a tradicións primixenias das primeiras testemuñas oculares e coetáneos de Xesús.

Destinatarios

O que máis claramente se percibe no texto de Marcos é que os seus destinatarios padecían unha situación de hostilidade e de encrucillada, nun rexeitamento por parte dos fariseos e o xudaísmo ortodoxo e o poder romano tanto por padecer as consecuencias da crise do xudaísmo tras a destrución do Templo de Xerusalén como por sufrir a primeira persecución de Nerón.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hengel, Studies in the Gospel of Mark, Filadelfia, 1985
  • Sanders-Davies, Studying the Synoptic Gospels, London, 1989
  • Burridge, What are the Gospels. A Comparison with Graeco-Roman Biography, Cambridge, 1992

Ligazóns externas

André Apóstolo

André Apóstolo foi un xudeu da Galilea do século I, discípulo de Xoán o Bautista e despois de Xesús de Nazaret, que o escolleu como un dos doce para restaurar e xulgar ás doce tribos de Israel. Patrón de Constantinopla, Rusia, Romanía, Ucraína, Xeorxia, Escocia e a cidade grega de Patras.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Cuadrante (moeda)

O cuadrante (en latín quadrans, "un cuarto", ou teruncius, "tres onzas"), foi unha moeda romana de bronce de escaso valor, correspondente á cuarta parte dun ás ou tres onzas (unciae).

Epilepsia

A epilepsia é unha enfermidade caracterizada polo padecemento de crises epilépticas ou convulsións. Non en tódalas persoas que padecen unha crise epiléptica se diagnostica coma epilepsia. Considéranse epilépticos cando padecen polo menos dúas convulsións.

Unha crise epiléptica ocorre cando unha actividade anormal eléctrica no cerebro causa un cambio involuntario de movemento ou función do corpo, de sensación, na capacidade de estar alerta ou de comportamento. A crise pode durar desde uns segundos ata varios minutos. Hai máis de 20 tipos diferentes de crises epilépticas.

Os síntomas que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen de lugar no cerebro no cal ocorre a alteración da actividade eléctrica. Unha persoa que ten unha crise tonicoclónica (tamén chamada de grand mal) pode berrar, perde-lo senso e esvaerse ou porse ríxido e con espasmos musculares. Outro tipo de crise epiléptica é a chamada crise parcial complexa, na que o paciente pode parecer confundido ou atordoado e non poderá responder a preguntas nin instrucións. Outras persoas teñen ataques moi leves que nin sequera son notados por outros. Algunhas veces, a única manifestación da crise epiléptica é un palpebrexar rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; a este tipo de crise epiléptica chámaselle ausencia e é relativamente frecuente na infancia.

A epilepsia pode ter moitas causas; nuns casos é debida a lesións cerebrais de calquera tipo (traumatismos craniais, secuelas de meninxite, tumores etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón unicamente unha predisposición de orixe xenética a padece-las crises. Con tratamento médico é posible o control das crises nunha elevada porcentaxe de pacientes.

Evanxeo

Evanxeo, do grego εὐαγγέλιον (evangélion), de εὐ (eu, que significa 'ben'), e ἀγγέλιον (angélion, que significa 'mensaxe') e en hebreo בשורה, que significa 'noticia' e טובה, que significa 'boa', é a boa noticia do cumprimento da promesa feita por Deus a Abraham, Isaac e Xacob de que redimiría á súa descendencia do pecado (Feitos: 13, 32) por medio da morte do seu Fillo unixénito Xesús (Xénese: 22, 2 ; Salmos: 130, 8 ; Salmos: 2, 7 ) quen morrería en expiación polo pecado de toda a humanidade (Isaías: 53, 10) e resucitaría ao terceiro día (Salmos: 16, 10) para dar arrepentimento e perdón dos pecados a todo aquel que crea nel (Lucas: 24, 47).David profetizou que Xesús resucitaría ao terceiro día sen ver corrupción (Salmos: 16, 10), todos sabemos que David morreu e que o seu corpo viu corrupción (Romanos: 2, 10) e a tumba de David está no Monte Sión, pero Xesús resucitou ao terceiro día (Marcos: 16, 1-6) cumprindo a profecía da súa resurrección e a súa tumba está baleira e é coñecida como o Santo Sepulcro.

Este é o evanxeo que predicaban os primeiros discípulos de Xesús (1 Corintios: 15, 1-12).O cumprimento da promesa de Deus, ou evanxeo, foi escrito polos primeiros discípulos xudeus nos evanxeos, que son os escritos que recollen as primeiras predicacións dos discípulos de Xesús de Nazaret, e cuxo núcleo central da mensaxe é a morte e resurrección de Xesús.

Nun sentido máis xeral o termo evanxeo pode referirse aos evanxeos. Neste sentido existen catro evanxeos contidos no Novo Testamento da Biblia cristiá, chamados Evanxeos canónicos, recoñecidos como parte da Revelación polas diferentes confesións cristiás. Coñécense co nome dos seus supostos autores: Mateo, Marcos, Lucas e Xoán. A maioría dos expertos considera que estes catro evanxeos foron escritos entre os anos 65 e 100 d.C., aínda que outros académicos propoñen datas máis temperás.

Existen outros escritos, coñecidos como Evanxeos apócrifos, non recoñecidos como canónicos polas igrexas cristiás actuais.

Evanxeo de Lucas

O Evanxeo de Lucas é o terceiro libro do Novo Testamento dentro da Biblia. Recolle unidades de predicación constituídas por feitos da vida de Xesús de Nazaret e tamén ditos, a maioría moi probablemente da denominada fonte Q. Constitúe unha unidade literaria cos Feitos dos Apóstolos

Evanxeos sinópticos

Evanxeos sinópticos é o termo co que se coñece o conxunto que forman os evanxeos de Mateo, Marcos e Lucas. Etimoloxicamente provén do grego σύν (syn, "xunto") e ὄψις (opsis, "ollar"), é dicir, que se poden ver os tres dunha ollada simultánea, posto que teñen moito texto común.

Friedrich Schleiermacher

Friedrich Daniel Ernst Schleiermacher, nado en Breslau o 21 de novembro de 1768 e finado en Berlín o 12 de febreiro de 1834, foi un teólogo e filósofo alemán.

Inferno

O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'.

Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.

Ao longo da historia houbo moitas interpretacións sobre o inferno. Destaca a obra cumio de Dante Alighieri, a Divina Comedia.

O xardín das delicias de Hieronymus Bosch adopta unha representación tríptica do dualismo entre a harmonía do ben e a anarquía, desorde e caos do mal.

Marcos o Evanxelista

San Marcos o Evanxelista (século I) vén sendo considerado tradicionalmente o autor do Evanxeo de Marcos.

Adoita identificárselle con "Xoán, tamén chamado Marcos". Este personaxe aparece varias veces nos Feitos dos Apóstolos. Cítaselle por primeira vez en Feitos 12:12, cando Pedro, milagrosamente liberado do cárcere, refúxiase en casa de María, nai de Xoán, por alcume Marcos. Acompañou a Pablo de Tarso e a Bernabé na primeira viaxe de Paulo (Feitos 13:5), pero separou deles cando chegaron a Panfilia, regresando a Xerusalén (Feitos 13:13). Cando Paulo ía iniciar a súa segunda viaxe, tivo unha grave disputa con Bernabé á mantenta de Xoán, chamado Marcos: Bernabé quería que fose con eles, pero Paulo negábase, xa que os abandonara na viaxe anterior. Paulo e Bernabé terminaron por separarse, e Marcos acompañou o segundo na súa viaxe a Chipre (Feitos 15:37-39).

Non está claro se este personaxe, "Xoán, tamén chamado Marcos" é o mesmo ao que se fai referencia nalgunhas epístolas atribuídas a Paulo, concretamente en Timoteo 4:11, Colosenses 4:10, Filemón 1:24 e na Primeira Epístola de Pedro (1Pedro 5:13). En Colosenses e Filemón di del que é curmán, ou sobriño, de Bernabé, o que podería explicar que este disputase con Paulo acerca de Marcos.

Non está claro que todas as mencións neotestamentarias fagan referencia ao mesmo personaxe, aínda que si parece o máis probable.

Para a Igrexa Copta e para a Igrexa Ortodoxa, Marcos foi o primeiro papa de Alexandría.

Pedro, papa

Simón (hebreo: שמעון , "Ximon"), chamado tamén Pedro ou Cefas, nado en Betsaida, e falecido en Roma en 67, foi segundo a tradición cristiá un dos doce apóstolos, discípulos de Xesús de Nazaret, a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiro patriarca de Antioquía e bispo de Roma e o primeiro papa da Igrexa católica.

Sete Palabras

As Sete Palabras (Septem Verba en latín) é a denominación máis habitual das sete derradeiras frases que Xesús pronunciou durante a súa crucifixión, antes de morrer, segundo se recolle nos Evanxeos canónicos. Os dous primeiros, o de Mateo e o de Marcos, mencionan soamente unha, a cuarta. O de Lucas relata tres: a primeira, a segunda e a sétima. O de Xoán recolle as tres restantes: a terceira, a quinta e a sexta. Non se pode determinar a súa orde cronolóxica.

Simón de Cirene

Simón de Cirene ou O Cirineo foi, segundo os evanxeos de Marcos

, Mateo e Lucas, a persoa que lle axudou a Xesús a levar a súa cruz até o Gólgota, onde logo sería crucificado. Dise que "viña do campo", e no evanxeo de Marcos faise referencia a el como "pai de Alexandre e de Rufo". Non hai ningún dato máis acerca del no Novo Testamento. Non aparece no Evanxeo de Xoán.

A súa cidade de orixe, Cirene, estaba situada no norte de África. Segundo a tradición, seus fillos Rufo e Alexandre fixéronse misioneiros. O feito de que se mencionen os seus nomes suxire que puideron tratarse de personaxes relevantes no cristianismo primitivo.

Moitos musulmáns cren que Xesús escapou da crucifixión e que Simón de Cirene (ou Xudas Iscariote) foi crucificado no seu lugar.

Tewolde-Medhin Gebre-Medhin

Tewolde-Medhin Gebre-Medhin, nado en Adi Tekelezan en 1860 e finado en 1930 foi un pastor luterano, educador e tradutor eritreo.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Xosé de Nazaret

Xosé de Nazaret (en hebreo: יוֹסֵף, transliterado Yosef‎) foi, segundo a relixión cristiá, o esposo de María, a nai de Xesús de Nazaret e, xa que logo, pai putativo de Xesús. Era de oficio carpinteiro, profesión que lle ensinou ao seu fillo, e de extracción humilde, aínda que as xenealoxías de Mateo 1,1-17 e Lucas 3,23-38, fano descendente do Rei David. Ignórase a data da súa morte (tradicionalmente, acéptase que morreu cando Xesucristo tiña máis de 12 anos), pero non está presente no relato evanxélico da predicación de Xesús, polo que se presume que morreu antes de que esta tivese lugar.

Xuízo Final

O Xuízo Final ou o Día do Xuízo Final é a denominación relixiosa da fin do mundo, na que toda a humanidade será xulgada polos seus actos.

Nas crenzas cristiás é un día no que deus xulgará todos os seres humanos e creará a nova terra segundo a Apocalipse, a cal será gobernada polo mesmo deus dende a Nova Xerusalén. Esta crenza inspirou numerosas representacións artísticas.

Libros da Biblia
Divisións maiores
Canon
Máis divisións
Versións e Manuscritos
Véxase tamén

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.