Eusebio de Cesarea

Eusebio de Cesarea, nado en Cesarea de Palestina contra o 265 e finado contra o ano 340, foi un bispo e escritor en grego.

Eusebio de Cesarea
Eusebius of Caesarea
Retrato apócrifo de Eusebio
Nacementoc. 265
 Cesareia Marítima
Falecementomaio de 339
 Cesareia Marítima
NacionalidadeImperio Bizantino
Relixióncatolicismo
OcupaciónTeólogo, sacerdote, historiador da igrexa, escritor, clérigo e historiador
Coñecido/a porHistória Eclesiástica
Profesiónbispo

Traxectoria

Discípulo de Pánfilo de Cesarea, en colaboración co cal redactou os primeiros cinco libros da Apologia ad Origenes, escapou das persecucións anticristiáns de Diocleciano e no ano 313 foi elixido bispo de Cesarea, gozando da amizade do emperador Constantino I.

Respecto da herexía de Arrio, Eusebio tivo, no Primeiro Concilio de Nicea, unha actuación comprometida, ao asinar a condena de Arrio, mais refugando ao tempo condenar as teses do maior expoñente do partito niceano, é dicir do bispo santo Atanasio.

Aha

Aha foi o segundo faraón da I dinastía exipcia, c. 3007-2975 a. C. (segundo von Beckerath).

Chamado Atotis por Manetón, segundo Sexto Xulio Africano e Eusebio de Cesarea, Teti na lista Real de Abidos e it(t) no Canon de Turín.

Manetón outórgalle 57 anos de reinado (Africano), ou 27 anos segundo (Eusebio).

Fillo de Menes, segundo Africano. Proviniente do Alto Exipto, casou coa princesa Neithotep do Baixo Exipto, a súa esposa principal, aínda que o seu fillo e sucesor, Djer, nacería dunha concubina.

Na Pedra de Palermo indícase que durante o seu reinado mantivéronse relacións comerciais con Canaán e que fixo a guerra en Nubia e Libia.

Segundo Manetón, Atotis, mandou edificar un palacio en Menfis e practicou a arte do medicamento, escribindo tratados sobre a técnica de abrir os corpos.

Anedjib

Anedjib foi o sexto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2867-2861 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Miebidos (Xulio Africano) ou Niebais (Eusebio de Cesarea) e di que reinou 26 anos.

O Canon Real de Turín asignoulle 74 anos.

Merbiapen é o primeiro rei rexistrado na Lista Real de Saqqara.

Manetón comenta que é o fillo do anterior faraón. Unha das súas esposas foi Betrest, a nai do seu seguidor, Semerkhet, xeralmente considerado como usurpador.

O seu nome atópase con frecuencia borrado das inscricións, feito atribuído ao seu sucesor Semerkhet, o que indicaría un período de turbulencias políticas.

A Pedra de Palermo menciona que realizou unha expedición militar contra os nómades e cítalle como fundador de varias cidades.

Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Den

Den, ou Udimu, foi o quinto faraón da primeira dinastía de Exipto de c. 2914-2867 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Usafais, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea e atribúenlle 20 anos de reinado. Aínda que Kaplony cre que puido chegar ata 45 anos.

A Pedra de Palermo menciona que baixo o seu reinado houbo un empadroamento xeral do país e numerosas festas relixiosas.

Foi o primeiro faraón en usar o título de rei do Alto e Baixo Exipto.

Do mesmo xeito que os seus predecesores realizou numerosas expedicións bélicas, especificamente contra as tribos nómades do Sinaí.

Atopáronse numerosos obxectos na súa tumba, incluíndo unha tablilla onde aparece cumprindo ritos relixiosos destinados a repetir a coroación, Heb Sed, e xa que logo, renovar o poder real.Dreyer atopou na tumba T de Umm el-Qaab, Abidos, unha inscrición cos nomes de Narmer, Aha, Djer, Djet, Den e Meit-Neit, e nesa orde, confirmando a nomenclatura e sucesión destes faraóns.

Djer

Dyer foi o terceiro faraón da dinastía I de Exipto, c. 2974-2927 adC (von Beckerath). Segundo Manetón, Kenkenes reinou 31 anos (Xulio Africano) ou 39 (Eusebio de Cesarea).

Djet

Djet ou Uadye "serpe", foi o cuarto faraón da dinastía I de Exipto, c. 2927-2914 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Uenefes e atribúelle 23 anos (Xulio Africano) ou 42 anos (Eusebio de Cesarea) de reinado. Segundo a versión armenia de Eusebio, Vavenefis reinou 42 anos.

En tempos de Djet vivía unha muller, Meritneit, coñecido pola súa tumba en Abidos. Posíbelmente Meritneit era a esposa do faraón Djer e a nai de Djet e Den. Así ela sería rexente no primeiro período do reinado de Djet.

Manetón comenta que na súa época unha gran fame negra arrasaría a Exipto.

Fixo expedicións fóra de Exipto e atopáronse pegadas do seu paso polo deserto arábigo, no camiño que conduce ao mar Vermello.

Estacio, bispo de Bizancio

Estacio o Apóstolo foi o Bispo de Bizancio entre os anos 38 a 54. Disque, tivo estreito contacto con André o Apóstolo e Paulo de Tarso.

Eusebio de Cesarea cita a Oríxenes mencionando que André predicara na Asia Menor e en Escitia, ao longo de Mar Negro e en lugares tan afastados como o Volga e Kiev, converténdose xa que logo no santo patrón de Romanía e Rusia. Segundo a Tradición, el fundou a diocese de Bizancio no ano 38, instalando a Estacio como bispo (o único bispado existente naquela zona era o que estaba situado en Heraclea). Esta diocese máis tarde converteríase no Patriarcado de Constantinopla, tendo ao Apóstolo André como o seu Santo Patrón.

Non queda claro se Estacio é a mesma persoa a quen Paulo chama "querido" na Epístola aos Romanos (Rom. 16:9).

A súa festividade celébrase o día 31 de outubro.

Hatshepsut

Hatshepsut, raíña-faraón da dinastía XVIII de Exipto. Quinto gobernante de devandita dinastía, reinou aproximadamente entre os anos 1479 e 1457 a. C., segundo von Beckerath, Kitchen, Aldred e Málek. Gobernou co nome de Maatkara Hatshepsut, Maatkara Hatshepsut é a transcrición do seu nome de trono e de nacemento, segundo as convencións académicas.

Os títulos da raíña, gravados no seu templo de Deir el-Bahari, son:

Horus Useretkau "Poderosa en kas", as dúas Señoras Uadyetrenput "Afortunada en anos", Horus de ouro Necheretjau "Divina en aparicións", rei das Dúas Terras (Exipto) Maatkara "O espírito de Ra é Xusto", "imaxe (sacra) de Amón", ..."Procreada por Amón".

O nome da raíña segundo os epítomes de Manetón:

Amesis (Flavio Xosefo, Contra Apión)

Amesse (Flavio Xosefo, de Teófilo)

Amensis (Xulio Africano, versión de Sincelo)

(Omitido) (Eusebio de Cesarea, versión de Sincelo)

(Omitido) (Eusebio de Cesarea, versión armenia)Outras grafías do seu nome: Amesses, Hasepsowe, Hatasu, Hatchepset, Hatchepsout, Hatshopsitou, Hatshopsitu, Kamara, Kamare, Kematra, Kematre, Khenemetamon, Maatkare, Maetkara, Maetkare, Makara, Makare, Makera, Makere, Mattkara, Mattkare, Netcheretjau, Netjeretkhau, Netkheretkhau, Uadjetrenput, Uadjitrenpet, Useretkau, Userkhau, Wazi.

e chegou a ser a muller que máis tempo estivo no trono das "Dúas Terras".

O nome de Hatshepsut co que lla recoñece hoxe en día en principio era un título co significado de "A primeira entre as damas nobres", que tamén se presentaba na súa forma completa de Hatshepsut Jenemetamón, isto é, "A primeira entre as damas nobres que abraza a Amón".

Hetepsekhemui

Hetepsekhemui foi o primeiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. -2828 - -2800 (von Beckerath)

O seu nome significa "Os dous poderes está en paz", o que parece aludir ao remate das loitas entre o Baixo Exipto e o Alto Exipto.

Manetón denomínao Boetos, segundo Xulio Africano, ou Bocos, na versión armenia de Eusebio de Cesarea, e asígnalle 38 anos de reinado.

O Canon Real de Turín indica 95 anos para Bau... (fragmento).

Considéraselle o iniciador da dinastía II, pero non se sabe con certeza que relación existiu entre el e a dinastía anterior, pois se cre que non foi fillo de Qaa. É posible que Hetepsekhemui chegase ao trono casándose cunha princesa.

A partir do seu reinado deixan de usarse as tablillas epónimas da Primeira dinastía e substitúeas por impresións de selos cilíndricos. Isto proporcionaranos os nomes dos funcionarios, pero non información sobre sucesos políticos ou relixiosos.

Segundo Manetón na súa época abriuse unha greta no chan de Bubastis na que pereceron numerosas persoas.

Crese que Hetepsekhemui foi apartado do trono mediante un complot organizado polo seu propio irmán.

Narmer

Narmer ou Menes foi o primeiro faraón do Antigo Exipto e fundador da Dinastía I c. 3050 a. C.

Denominado Meni na Lista Real de Abidos e o Canon de Turín, Men ou Min por Herodoto e Menes de Tis por Manetón nos seus epítomes, escritos por Xulio Africano, Eusebio de Cesarea e o monxe Sincelo.

Menes reinou 62 anos segundo Xulio Africano, ou 60 anos segundo Herodoto e Sincelo. Aínda que a versión armenia de Eusebio de Cesarea asígnalle 30 anos.

Menes era rei do Alto Exipto, posible sucesor de Hr skr, Horus Escorpión. Conquistou o Baixo Exipto (delta do Nilo) e instaurou a súa capital en Ineb Hedy "Muralla branca", a futura Menfis. Avanzou co seu exército máis aló das fronteiras do seu reino (Eusebio de Cesarea). Pereceu arroiado por un hipopótamo (Xulio Africano).

O triunfo da primeira unificación do Antigo Exipto quedou rexistrado alegoricamente na denominada Paleta de Narmer (Gardiner).

Neferkasokar

Neferkasokar foi un soberano da segunda dinastía de Exipto. Gobernou c. 2719-2711 adC (von Beckerath)

O seu nome figura entre Neferkara e Hudjefa na Lista Real de Saqqara e o Canon Real de Turín onde lle asignan un mandato de 8 anos. Aínda que non está na Lista Real de Abidos.

Pode tratarse do Sesocris de Manetón, segundo Xulio Africano e Eusebio de Cesarea.

Posiblemente se tratáse dun mandatario que só gobernaba na rexión do delta do Nilo.

Von Beckerath asigna como sucesor de Neferkasokar a Hudjefa.

Ninetjer

Ninetjer foi o terceiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. 2785-2742 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Binotris (Xulio Africano) ou Biofis (Eusebio de Cesarea) e atribúelle 47 anos de reinado.

A Pedra de Palermo menciona a celebración de numerosas festas relixiosas, a realización do empadroamento e dun censo de gando (cada dous anos).

Continúa a política de desprazamentos cara ao norte do país, iniciada polos seus antecesores, como forma de consolidar a unificación emprendida polo primeiro faraón Menes.

Manetón comenta que durante este reinado lexislouse que as mulleres podían exercer o poder real.

Primeiro Concilio de Nicea

O Primeiro Concilio de Nicea foi un concilio ecuménico, aceptado por case toda a cristiandade (agás grupos coma os mormóns), que se celebrou no ano 325.

Nel condenouse o arrianismo, que afirmaba que Xesucristo era inferior a Deus Pai, e estableceuse o coñecido como Credo de Nicea.

O convocante deste concilio foi o emperador Constantino, algo que tivo unha grande carga simbólica, dado que ata había poucos anos (antes do Edicto de Milán de 313) os cristiáns eran sometidos a persecucións dentro do Imperio Romano.

Este concilio foi un dos dous que tiveron lugar na cidade de Asia Menor de Nicea, xunto co Segundo Concilio de Nicea (787).

Qaa

Qaa (ou Qa'a) foi o último faraón da primeira dinastía de Exipto, c. -2853 - -2828 (von Beckerath).

Segundo Manetón reinou durante 26 anos, e denomínao Bienekes (Xulio Africano), Ubientes (Eusebio de Cesarea) ou Vibentis (versión armenia de Eusebio).

Na Lista Real de Abidos figura como Qebeh, e na Lista Real de Saqqara como Qebehu.

O Canon de Turín indica que o reinado de ...beh durou de 63 anos (fragmento).

A Pedra de Palermo está partida neste período e só mostra o primeiro ano de reinado. Celebrou dúas festas Heb Sed, nas que se renovaba o poder real por períodos de trinta anos.

Suprimiu o nome do seu predecesor Semerkhet dos monumentos, ao que considerou usurpador do trono, de igual forma que este o fixo co seu antecesor Anedjib.

Raneb

Raneb ou Nebré foi o segundo faraón da Segunda Dinastía de Exipto; reinou c. 2800-2785 a. C. (segundo von Beckerath)

Manetón comenta que reinou en Exipto 39 anos, e denomínao kaiekos, segundo Xulio Africano, ou Kaicoos, segundo Eusebio de Cesarea, na versión de Sincelo, ou Cecous, na versión armenia de Eusebio.

Engadindo ademais que durante o seu goberno considerouse que os bois Apis en Menfis, Mnevis en Heliópolis e o carneiro en Mendes, eran deuses.

Actualmente sábese que o culto aos bois Apis procede, polo menos, de inicios da primeira dinastía.

Teoloxía

Teoloxía é literalmente estudo de Deus (do grego θεος, theos, «Deus»; + λογος, logos, «estudo»).

Este termo foi usado por primeira vez por Platón en «A República» para referirse á comprensión da natureza divina por medio da razón, en oposición á comprensión literaria propia dos seus poetas coetáneos. Máis tarde, Aristóteles empregou o termo en numerosas ocasións con dous significados:

Teoloxía como a rama fundamental da ciencia filosófica, tamén chamada filosofía primeira ou ciencia dos primeiros principios, máis tarde chamada Metafísica polos seus seguidores.

Teoloxía como denominación do pensamento mitolóxico inmediatamente previo á Filosofía, nun sentido pexorativo, e sobre todo usado para chamar teólogos aos pensadores antigos non-filósofos (como Hesíodo e Ferécides de Siros).O termo teoloxía, xa que logo, non é inicialmente de orixe cristiá . Só a través dun proceso progresivo imponse tanto en Oriente como en Occidente o uso cristián do termo “teoloxía”. Para Clemente de Alexandría, indica o “coñecemento das cousas divinas”. Para Oríxenes expresa a “verdadeira doutrina sobre Deus e sobre Xesucristo como Salvador”. Corresponde a Eusebio de Cesarea o privilexio de aplicar por primeira vez o atributo theologos a Xoán o Evanxelista, xa que no seu evanxeo escribiu unha “eminente doutrina sobre Deus”. A partir del, a teoloxía indicará a verdadeira doutrina, a cristiá, en oposición á falsa doutrina que ensinaban os pagáns e os herexes.

O termo teoloxía é unha palabra composta que, no seu significado literal, pode indicar un falar de Deus, ou ben un discurso sobre Deus. Se en termos xerais a teoloxía é unha reflexión sobre Deus (e neste sentido existe tamén unha teoloxía filosófica), no sentido máis corrente da Igrexa Católica é unha reflexión que intenta coñecer e comprender a fe a partir da razón. Así pois, a teoloxía presupón a fe como fundamento experiencial e intenta nela e a través dela o coñecemento e a comprensión da fe. Noutras palabras, é unha actividade intelectual, metódica e crítica que presupón a adhesión á fe católica. Para indicala sinteticamente, resúmese a miúdo á fórmula de Anselmo: “Fides quaerens intellectum”: (a teoloxía é a vontade da fe de comprender).

Santo Agostiño tomou o concepto teoloxía natural (theologia naturalis) da grande obra «Antiquitates rerum divinatum», de M. Terencio Varrón, como única teoloxía verdadeira de entre as tres presentadas por Varrón: a mítica, a política e a natural. Sobre esta, situou a teoloxía sobrenatural (theologia supernaturalis), baseada nos datos da revelación e xa que logo considerada superior. A teoloxía sobrenatural, situada fose do campo de acción da Filosofía, non estaba por baixo, senón por encima desta, e considerábaa a súa serva, que a axudaría na comprensión de Deus.

Teodicea é un termo empregado actualmente como sinónimo de teoloxía natural. Foi creado no s. XVIII por Leibniz como título dunha das súas obras: «Ensaio de Teodicea. Acerca da bondade de Deus, a liberdade do home e a orixe do mal», aínda que Leibniz referíase con teodicea a calquera investigación cuxo fin fose explicar a existencia do mal e xustificar a bondade de Deus.

Xoán o Ancián

Xoán o Ancián (tamén Xoán o Presbítero; do helenismo presbyteros, precisamente "ancián") foi un escuro personaxe da Igrexa antiga que unhas veces se identifica co Apóstolo Xoán e outras con Xoán de Patmos. Aparece en fragmentos do padre da Igrexa Papías de Hierápolis como unha das fontes do autor, e sen ningunha dúbida é distinguido do Apóstolo por Eusebio de Cesarea. A miúdo se suxire que pode ser un autor alternativo dalgúns dos libros que no Novo Testamento se atribúen a Xoán .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.