Eusebio Lorenzo Baleirón

Eusebio Lorenzo Baleirón, nado en Laíño (Dodro) o 25 de xaneiro de 1962 e finado o 14 de decembro de 1986 tamén en Dodro, foi un escritor galego [1]. Era irmán do tamén escritor Manuel Lorenzo Baleirón.

Eusebio Lorenzo Baleirón
Eusebio Lorenzo Baleirón
Graffiti no Colexio público de Dodro.
Nacemento25 de xaneiro de 1962
 Laíño, Dodro
Falecemento14 de decembro de 1986 (24 a.)
 Dodro
NacionalidadeEspaña
Alma máterU. de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
CónxuxeAsunción Soñora Abuín
FillosFlavia Lorenzo Soñora
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía Galego-Portuguesa

Traxectoria

Foi fillo de Nieves e Ángel, que morreu cando Eusebio indo non cumprira tres anos de idade. Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985. Colaborou como ensaísta na revista Grial con estudos sobre a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño, Nuno Júdice e Álvaro Cunqueiro. Destacou na súa faceta poética, que se viu recoñecida por varios premios obtidos en diferentes certames. En 1985 sacaría á luz dous poemarios: Os días olvidados e O corpo e as sombras, a esa altura publica tamén un libro de narrativa xuvenil: O libro das viaxes e dos soños. A morte prematura impediulle ver editado o que sería o seu terceiro poemario, A morte presentida, que foi publicado postumamente en 1988.

No décimo aniversario da morte do poeta editouse a súa obra poética completa: Gramática do silencio. Obra poética. Así mesmo, en 2000 saíu á luz Antología Poética, unha antoloxía bilingüe (galego-español) baixo o coidado de Ánxeles Penas.

En 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente ao ano 2018, canda Ricardo Carballo Calero, Plácido Castro, Antón Fraguas e María Victoria Moreno,[2] que é a que foi finalmente escollida.

Obras

Poesía

  • Os días olvidados (1985, Algalia).
  • O corpo e as sombras (1985, Caixa Ourense).
  • A morte presentida (1988, Sotelo Blanco).
  • Gramática do silencio. Obra poética (1996, Espiral Maior).
  • Antología Poética (2000, Espiral Maior). Edición bilingüe galego-castelán
  • Gramática del silencio (2007, Rinoceronte )

Literatura infanto-xuvenil

  • Libro das viaxes e dos soños (1986, Vía Láctea).

Obras colectivas

  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
  • Poesía gallega contemporánea (1996, Litoral).
  • Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega (1999, Xerais).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
  • El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana (Espiral Maior, 2009). Antonio Domínguez Rey.
  • Losada Castro, Basilio: Antoloxía Poética. Leliadoura (1985-1997). Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela. 2005.
  • Rodríguez Rial, Nel : XXV Aniversario do premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.1988-1912.ConCello de Dodro. Edizer. 2013.

Premios

  • Premio do Concurso Nacional de Poesía O Facho no 1983, por Cunqueiro.
  • 2º Premio no certame de Poesía Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1984, por Os días olvidados.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1984, por Os ollos no camiño.

Notas

  1. Fandiño Veiga, X. R.. "Lorenzo Baleirón, Eusebio". Gran Enciclopedia Galega,
  2. "A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará…" RAG, 13/6/2017.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

25 de xaneiro

O 25 de xaneiro é o 25º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 340 días para finalizar o ano, 341 nos anos bisestos.

Arturo Díaz

Arturo Díaz Díaz, nado en Sober o 8 de outubro de 1946, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Carlos Penela

Carlos Penela Martín, nado en Vigo o 16 de maio de 1975, é un poeta galego.

Cristina Ferreiro Real

Cristina Ferreiro Real, nada en Lugo o 9 de maio de 1983, é unha escritora galega.

Emma Couceiro

Emma Couceiro, nada en Cospeito (Terra Chá) en 1977, é unha poeta en lingua galega.

Estevo Creus

Estevo Creus Andrade, nado en Cee en 1971, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Isaac Xubín

Isaac Fernández Fernández, coñecido como Isaac Xubín, nado na Coruña o 9 de xullo de 1978, é un escritor galego.

Luís Valle

Luís Valle Regueiro, nado en Lugo en 1977, é un poeta e pintor galego.

Manuel Lorenzo Baleirón

Manuel Lorenzo Baleirón, nado en Tarrío (Laíño, Dodro) en 1957, é un escritor e profesor galego.

María Comesaña Besteiros

María Comesaña Besteiros, nada en Vigo en 1979, é unha poeta galega.

María Neves Soutelo

María Neves Soutelo Vázquez, nada en Pontevedra o 16 de decembro de 1982, é unha poeta galega.

Palmira González Boullosa

Palmira González Boullosa, nada en Vigo en 1941, e falecida o 9 de febreiro de 2017, foi unha escritora galega.

Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído en 1988 polo concello de Dodro co obxectivo de contribuír á reafirmación da lírica galega e honrar ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. Os poemarios gañadores publícanse, a partir de 1992, na Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Edicións do Castro.

Ramón Blanco Fernández

Ramón Blanco Fernández, nado en Outes en 1979, é un poeta galego.

Rinoceronte Editora

Rinoceronte Editora é unha editorial galega creada en 2005 por iniciativa de Moisés Barcia Rodríguez, o tradutor galego de O Señor dos Aneis, e Penélope Pedreira. Ten a súa sede en Cangas.

Santiago, mar de pedra

Santiago, mar de pedra é o décimo álbum de estudio (e décimo segundo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun disco dedicado á capital de Galiza, con composicións dos poetas Avelino Abuín de Tembra, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Díaz Jácome, Xosé Antón Neira Cruz, Ramón Cabanillas, Manuel Fabeiro Gómez, Eusebio Lorenzo Baleirón e Bernardino Graña.

Serxio Iglesias

Serxio Iglesias Rodríguez, nado en Buenos Aires en 1966, é un poeta galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.