Europa Oriental

As conferencias de Ialta (4 de febreiro - 11 de febreiro de 1945) e de Potsdam (17 de xullo - 2 de agosto de 1945), dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa Oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, do Exército Vermello.

Estes países, afíns ideoloxicamente, organizáronse no:

Na actualidade desapareceron tanto o COMECON como o Pacto de Varsovia. Os países de Europa Oriental estánse a integrar na Unión Europea e na Alianza Atlántica de xeito constante e progresivo trala caída do pano de aceiro.

Eastern-Europe-extended-map
Mapa da Europa Oriental estendida, incluíndo as repúblicas ex-soviéticas incorporadas á UE, tamén as bálticas.

Macrorexión da ONU

Tendo en conta a división do mundo feita pola ONU, Europa Oriental é unha das macrorexións da ONU nas que se divide Europa. Esta clasificación inclúe 10 estados:

Balcáns

Tradicionalmente tamén son incluídos nesta clasificación os países balcánicos:

Estados desaparecidos

Na Europa Oriental tamén se incluían:

Repúblicas bálticas

As repúblicas bálticas non sempre son incluídas nesta clasificación, aparecendo ás veces dentro da macrorexión xeográfica de Europa do Norte:

Véxase tamén

Outros artigos

Alfabeto cirílico

O alfabeto cirílico ou азбука (azbuka) é o alfabeto utilizado para escribir seis linguas eslavas: bielorruso, búlgaro, macedonio, ruso, serbio e ucraíno, ademais de moitas outras linguas da antiga Unión Soviética, Europa Oriental e Asia como: abkhazo, azarí, casaco, komi, mongol, taxico e iakut, noutras aínda que non é oficial o seu uso segue a ter arraigo como no caso do uzbeko e o turcomán. O moldavo, a variedade do romanés oficial na República Socialista Soviética de Moldavia utilizou o alfabeto cirílico de forma oficial ata 1989. Na República de Transnistria, non recoñecida internacionalmente, o moldavo segue a utilizarse oficialmente co alfabeto cirílico. En Rusia unha lei aprobada no ano 2002 prescribe que todas as linguas do país teñen que ser escritas no alfabeto cirílico, o que atopou unha forte oposición por parte do goberno e dos medios culturais tártaros, que avogan polo alfabeto latino.

Belarús

Belarús (en belaruso: Беларусь, "Bielaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussiia"), oficialmente a República de Belarús, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industriais.Até o século XX, os belarusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Belarús pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 1917, Belarús declarou a súa independencia como a República Nacional Belarusa (1918-19), e posteriormente pasou a ser unha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Belarús.

As fronteiras actuais do país teñen a súa orixe en 1939, coa incorporación á república de territorios até antón pertencentes á Segunda República Polaca logo da invasión soviética de Polonia, en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Mólotov entre a URSS e o Terceiro Reich Alemán. A nación e o territorio quedaron devastados logo da Segunda Guerra Mundial, onde Belarús perdeu a terceira parte da súa poboación e máis da metade dos seus recursos económicos. A república foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Belarús o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Belarús declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aliaksandr Lukašenka ten sido presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukašenka continuou con políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Segundo algunhas organizacións, as eleccións non teñen sido limpas, e os opositores políticos teñen sufrido forte represión. Desde 2000, Belarús e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9,5 millóns de habitantes de Belarús moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras rexións. Máis do 80% da poboación son nativos belarusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais, o belaruso e o ruso. A Constitución de Belarús non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo, mentres que a segunda máis popular, o catolicismo, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chan (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada pantanos de Prypett.

Caída de Constantinopla

A caída de Constantinopla (en grego: Ἅλωσις τῆς Κωνσταντινουπόλεως, Halōsis tēs Kōnstantinoupoleōs; en turco: İstanbul'un Fethi) ou a conquista de Bizancio, polos turcos otománs o 29 de maio de 1453 foi un acontecemento histórico que, segundo a periodización clásica, marca a fin da Idade Media en Europa e a fin do derradeiro vestixio do Imperio Bizantino e da cultura clásica.

Xusto antes da conquista turca, Constantinopla era unha capital sen país: o Imperio Bizantino (Imperio Romano de Oriente), que outrora se estendía dende Persia até os Alpes, e tamén polos desertos de Asia, quedara reducido ó interior das murallas da cidade, arrodeada pola forza da nova nación turca. Constantino XI, derradeiro emperador de Bizancio, intuíu o perigo de que Constantinopla, cidade de cultura europea milenaria, caese por mor da supremacía militar dos otománs. Mehmed II, sultán dos turcos, conquistou a cidade, o cal supuxo a fin do antigo imperio bizantino e o comezo da preseza turca en Europa oriental.

Década de 1170

A década de 1170 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1170 e remata o 31 de decembro de 1179.

Europa Occidental

A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).

Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a Primeira Guerra Mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Reino de Italia,...). Durante a Guerra fría, as nacións de Europa occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa oriental. Durante esta época (1948-1989) o pano de aceiro -fortemente militarizado- dividía o contienente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.

Actualmente os lindes de Europa occidental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea. De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, Rep. Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións con EUA e Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa occidental.

Compoñen Europa occidental:

Islandia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca.

Irlanda e Reino Unido.

Na Península Ibérica: España, Portugal e Andorra.

Os países do Benelux.

Francia, Mónaco, Alemaña.

Suíza, Liechtenstein, Austria.

Italia, San Mariño, cidade do Vaticano.

Europa central

Europa Central é a rexión que engloba ás nacións que se atopan na parte central de Europa. Non existe un acordo unánime sobre que territorios forman esta rexión. Adóitanse citar Alemaña, Austria, Suíza, Polonia, Hungría e Liechtenstein.

Outros países como Hungría, República Checa e Eslovaquia adoitan incluírse dentro desta zona, pero tamén dentro de Europa do leste.

Esta situación débese ás diferentes consideracións de carácter histórico máis ca xeográfico. Como consecuencia de ser o centro continental (tal como indica o seu nome). Centroeuropa viviu moitos cambios, sendo escenario de importantes acontecementos, como as dúas primeiras guerras mundiais.

A fronteiras entre a Europa central e as súas veciñas están fortemente delimitadas por barreiras naturais ao norte e ao sur. Desta forma Europa do norte (ou Escandinavia) fica separado polo Mar Báltico e a ao sur delimítase mediante os Alpes. As fronteiras coa Europa occidental e a Europa oriental son máis confusas.

Henryk Sienkiewicz

Henryk Adam Aleksander Pius Sienkiewicz de Oszyk, nado en Wola Okrzejska o 5 de maio de 1846 e finado en Vevey (Suíza) o 15 de novembro de 1916, foi un escritor polaco, Premio Nobel de Literatura en 1905.

Foi o quinto premio Nobel (1905) na historia do galardón e o primeiro de Europa Oriental.

Igrexa ortodoxa

A Igrexa ortodoxa, tamén coñecida como Igrexa católica ortodoxa, é unha igrexa cristiá, que se considera a si mesma como a igrexa unha, santa, católica e apostólica fundada por Xesús Cristo. Estrutúrase como unha comuñón de igrexas autocéfalas gobernadas cada unha por un sínodo de bispos, iguais entre eles, e sen unha autoridade central de goberno análoga ao papado na Igrexa católica.

A Igrexa ortodoxa considerase a herdeira de tódalas comunidades cristiás da metade oriental do Mediterráneo.​ A súa doutrina teolóxica estableceuse nunha serie de concilios, dos cales os máis importantes son os primeiros Sete Concilios, chamados "ecuménicos" que tiveron lugar entre os séculos IV e VIII. Tras varios desencontros e conflitos, a Igrexa ortodoxa e a Igrexa católica separáronse no chamado "Cisma de Oriente e Occidente", o 16 de xullo de 1054. O cristianismo ortodoxo difundiuse por Europa Oriental grazas ao prestixio do Imperio Bizantino e ao labor de numerosos grupos misioneiros.

Está en realidade constituída por 14 ou, segundo algunhas delas, 15 Igrexas autocéfalas que só recoñecen cadansúa propia autoridade xerárquica (por exemplo, do patriarca de Alexandría, de Antioquía, de Constantinopla, etc. ou a de metropolitanos, se é o caso), pero manteñen entre si comuñón doutrinal e sacramental.

Linguas altaicas

As linguas altaicas foron unha proposición de familia lingüística de Siberia e Eurasia central, hoxe en día amplamente desacreditada.Varias versións incluíron as familias turcas, mongólicas, tungús e ás veces o coreano e máis as linguas xapónicas. Estas linguas son faladas nun amplo arco que se estende dende o nordeste de Asia por Asia Central ata Anatolia e Europa oriental. O grupo é nomeado após a cordilleira de Altai de Asia Central.

Outra vista acepta Altaic como familia válida mais inclúe nel só as linguas turcas, mongólicas e tungús. Esta vista estaba xeneralizada antes do 1960 mais xa case non dispón de seguidor entre os especialistas hoxe en día. A agrupación estendida, incluíndo coreano e ás veces xaponés, chegou a denominarse como "Macro-Altaica", o que levou á creación dunha agrupación máis pequena, a "Micro-Altaica". A maioría dos defensores da familia altaica continúa aínda a apoiar a inclusión do coreano.

Mar Negro

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Pobo polaco

Os polacos (en polaco: Polacy) son un pobo eslavo de Europa Oriental. A maioría deles viven en Polonia, onde son arredor de 37.310.000 sobre a poboación total de 38.538.000.

Pobo ruso

Os rusos (en ruso: русские, russkiye) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Europa Oriental. A maioría dos rusos habitan no estado nación de Rusia, tendo notables minorías noutros estados veciños como Ucraína, Casaquistán e Belarús. Unha grande diáspora rusa está presente en todo o mundo, con poboacións importantes nos Estados Unidos, Alemaña, Israel e o Canadá. Os rusos son o meirande grupo étnico de Europa.

Os rusos comparten moitos trazos culturais con outros pobos eslabos orientais, como os belarusos e os ucraínos así como con certos eslavos do sur como os búlgaros, os macedonios, os montenegrinos e os serbios. Son maioritariamente de relixión ortodoxa. A lingua rusa é lingua oficial en Rusia, Belarús, Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, e tamén é falada como segunda lingua en moitos dos antigos estados soviéticos.

Pobo tártaro

Os tártaros (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica aos pobos turcos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo de orixe mongola que habitaban no noroeste da actual Mongolia no século V.

Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Estendeuse o uso despois para incluír a case calquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.

Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azeríes ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tatarstán).

A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha boa parte dos tártaros son musulmáns sunníes pero tamén hai tártaros cristiáns ortodoxos.

O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.

Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tatarstán.

O nome de tártaros, dado aos invasores, estendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma póla turca en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.

Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:

Os Tártaros de Crimea, en Crimea, Ucraína, Bulgaria, Rusia, Lituania, Polonia, Romanía Turquía e Norteamérica.

Os Tártaros do Cáucaso.

Os Tártaros de Siberia.Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.

Terceiro Mundo

Os termos Primeiro Mundo, Segundo Mundo e Terceiro Mundo, aínda que subxectivos, utilízanse para dividir as nacións en tres categorías. O termo Terceiro Mundo foi cuñado polo economista francés Alfred Sauvy en 1952, nun artigo da revista L'Observateur, mostrando un paralelismo co termo francés Terceiro Estado (tiers état), para designar os países que durante o período da guerra fría, non pertencían nin ao bloque occidental (Estados Unidos Europa Occidental, Australia etc.), nin ao bloque comunista (Unión Soviética, China, Europa Oriental etc.). Estes países serían tamén coñecidos como o bloque dos non aliñados.

Non obstante, na actualidade, este termo utilízase para diferenciar os países segundo o seu Índice de desenvolvemento humano (estabelecido polas Nacións Unidas), independentemente do seu status político. Os estados do terceiro mundo non son estados industrializados nin avanzados tecnoloxicamente en comparación cos estados membros da OCDE; polo tanto, a miúdo se utiliza como sinónimo o termo países en vías de desenvolvemento ou países subdesenvolvidos. Algúns estados son caracterizados así pola súa alta taxa de analfabetismo e as súas deficiencias económicas e políticas. As características comúns dos países do Terceiro Mundo adoitan ser unha base económica agrícola, unha economía endebedada cos países economicamente máis poderosos e unha escasa infraestrutura.

Dado que o termo Terceiro Mundo adquiríu un carácter derrogatorio, as Nacións Unidas e outras institucións internacionais, preferen outros termos como Sur global, países en vías de desenvolvemento e países menos desenvolvidos.

Unión Soviética

A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.

Valaquia

Valaquia (ás veces coa grafía Wallachia ou Walachia; en romanés: Țara Românească - literalmente "país romano"; e tamén Vlahia ou Valahia; en turco: Iflak) foi un principado romanés de Europa oriental dende a Baixa Idade Media ata mediados do século XIX.

A súa capital cambiou co tempo, de Curtea de Arxeș a Târgoviște e finalmente a Bucarest.

Xogos Olímpicos de 1984

Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.

A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.

A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.

Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após do seu término, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.

Xázaro

Os xázaros ou kházaros (en hebreo, Kuzari כוזרי, en árabe: خزر, en turco: Hazar, en grego: Χαζαροι, en ruso: Хазары, en latín: Gazari ou Cosri) foron un pobo turco procedente de Asia central. Entre os séculos VIII e IX, o xudaísmo converteuse na relixión de estado.

O nome "khazar" parece estar vinculado a un verbo túrquico que significa "errante" (gezer en turco moderno). No século VII, fundaron un Khanato independente no Cáucaso Norte a beiras do Mar Caspio, onde co paso do tempo o xudaísmo converteríase en relixión oficial. No seu momento de máximo esplendor, eles e os seus tributarios controlaron boa parte do que hoxe é o sur de Rusia, Casaquistán occidental, este de Ucraína, parte importante do Cáucaso, (Daguestán, Acerbaixán, Xeorxia,...) e Crimea.

Os xázaros foron importantes aliados do Imperio Bizantino contra o Imperio Sasánida, ademais dunha significativa potencia rexional no seu momento de máximo esplendor. Emprenderon unha serie de guerras, todas vitoriosas, contra os califatos árabes, evitando así posiblemente a invasión de Europa Oriental. A finais do século X, o seu poder declinaría fronte ao Rus de Kiev, desaparecendo misteriosamente da historia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.