Euro

O euro (EUR ou ) ( pronunciación ) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da euro-zona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Historia

O acordo polo euro e as condicións de adhesión establecéronse en 1992. O ECU, Unidade Monetaria Europea (European Currency Unit) é o predecesor do euro. O euro foi introducido oficialmente o 1 de xaneiro de 1999, cando deixaron de existir as moedas dos países que se acolleron ao plano da moeda única, a denominada eurozona. Non obstante, debido ao período de fabricación requirido para os novos billetes e moedas, as antigas moedas nacionais, a pesar de perderen a cotización oficial no mercado de divisas, permaneceron como medio de pago até o 1 de xaneiro de 2002, cando foron substituídas por billetes e moedas en euros. Tanto as moedas como os billetes tiveron un período de coexistencia coas outras moedas nacionais até que foron retiradas da circulación. Este período de coexistencia tivo diferentes calendarios nos países que adoptaron o euro. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001, Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007, Malta e Chipre estes dous últimos o 1 e xaneiro de 2008. Eslovaquia incorporouse o 1 de xaneiro de 2009, Letonia en xaneiro 2014 e Lituania fíxoo no 2015.

Dinamarca, o Reino Unido e Suecia non adoptaron a moeda única. Dinamarca rexeitou o euro nun referendo levado a cabo o 28 de setembro de 2000, cunha participación do 86% e onde o 53,1 por cen dos votantes manifestáronse contra a adopción do euro. O referendo sueco do 14 de setembro de 2003, días despois do asasinato da ministra Anna Lindh, impulsora da adopción do euro, resultou un pouco máis do 56% do electorado votando en contra. A cuestión fica así posposta ao menos cinco anos, transcorridos os cales poderase repetir o referendo.

Eurozona

A eurozona ou zona euro son os países da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda única, mais outros países de fóra da Unión Europea tamén o empregan. Os países da eurozona son:

European union emu map en
     Países da Eurozona (19)      Países da ERM II (8)      outros membros da UE (1)      países fóra da UE que adoptaron ó Euro (2)

Unión Europea

Europa (non pertencentes á Unión Europea)

Mónaco, San Marino e Cidade do Vaticano teñen os seus euros propios coa súa cara nacional. Montenegro e Kosovo (da antiga Iugoslavia), empregaban como moeda o marco alemán, non subscribiron os arranxos legais coa Unión Europea.

Futuras adopcións

As datas previstas son as seguintes:

Despois é a evolución económica de cada país a que vai marcando o ritmo real de adaptación.

Símbolo

O símbolo do euro () inspírase na letra épsilon (ε) do alfabeto grego. Escolleuse este símbolo como referencia á inicial de Europa, E.

Billetes e moedas

O euro conta con moedas e billetes.

Véxase a Galería de imaxes do euro para observar as diferenzas entre as moedas dos diferentes países

Moedas de euro

Artigo principal: Moedas de euro.

As moedas de euro teñen un lado común para todos os membros da eurozona e outro distinto para cada país da eurozona. O deseño da cara común das moedas é obra de Luc Luycx, da Real Casa da Moeda de Bélxica.[3] Lista das moedas de euro:

Billetes de euro

Artigo principal: Billetes de euro.

Os billetes de euro son idénticos para todos os países da eurozona. O deseño dos billetes da primeira serie (2002) é de Robert Kalina, do Banco Central de Austria; en 2913 produciuse un redeseño a cargo de Reinhold Gerstetter.[4][5] Lista dos billetes de euro:

  • 5 euros
  • 10 euros
  • 20 euros
  • 50 euros
  • 100 euros
  • 200 euros
  • 500 euros

Equivalencias

Equivalencias Euro/Antigas moedas nacionais

1 Euro (€) Antiga moeda
13,7603 xilins austríacos (ATS)
40,3399 francos belgas (BEF)
0,5848 libras chipriotas (CYP)
1,95583 marcos alemáns (DEM)
166,386 pesetas españolas (ESP)
5,94573 marcos fineses (FIM)
6,55957 francos franceses (FRF)
340,750 dracmas gregos (GRD)
0,787564 libras irlandesas (IEP)
1936,27 liras italianas (ITL)
40,3399 francos luxemburgueses (LUF)
0,42735 liras maltesas (MTL)
2,20371 floríns holandeses (NLG)
200,482 escudos portugueses (PTE)
239,640 tólares eslovenos (SIT)
30,1260 coroas eslovacas (SKK)
15,6466 coroas estonias (EEK)
0,702804 lats letonias (LVL)
3,4528 Litas lituana (LTL)

Notas

  1. "Estonia entra en el euro, mientras otros se muestran reticentes". Público (en castelán).
  2. "Lituania abandornará el 1 de enero la litas por el euro". Euronews. Consultado o 31 de decembro de 2014.
  3. "Euro Designer Luc Luycx". Fleur-de-coin.com.
  4. "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En www.geldschein.at.
  5. "Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Andorra

Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.

O Principado foi fundado en 1278, e a súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell. É unha nación próspera debido sobre todo á súa industria turística, que serve a uns 10,2 millóns de visitantes ao ano, e polo seu status de paraíso fiscal. Non é membro da Unión Europea, aínda que o euro é a súa divisa de facto. Durante moito tempo pobre e illado, acadou unha notable prosperidade desde a segunda guerra mundial e hoxe os andorranos posúen a segunda esperanza de vida ao nacer máis alta do mundo con 85 anos.

Audience

"Audience" é o sinxelo nº18 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 1 de novembro do ano 2000 baixo o selo Avex trax. O número de copias que se sacaron á venda deste sixelo se limitaron a 300.000. A canción que dá nome o sinxelo incluíuse no DVD ParaPara Paradise: J-EURO PARAPARA.

Banco Central Europeo

O Banco Central Europeo (BCE), é o banco central da moeda única europea, o Euro, e constitúe o principal eixo do Eurosistema.

Esta entidade é un dos órganos máis importantes da Unión Europea (UE) e ten a súa central en Fráncfort do Meno, Alemaña.

Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008

A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.

A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.

Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial, o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.

Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000

A Eurocopa da UEFA de 2000 (en alemán: UEFA Fußball-Europameisterschaft Belgien/Niederlande 2000, en francés: UEFA Championnat Européen du Football Belgique/Pays Bas 2000, en neerlandés: UEFA Europees Voetbalkampioenschap België/Nederland 2000) foi a undécima edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada por vez primeira de forma conxunta entre dous estados, Bélxica e os Países Baixos. O campionato foi gañado por Francia, que bateu na final a selección de Italia por dous goles a un na prórroga, atinxindo así o seu segundo título continental.

Eurocopa de Fútbol España 1964

A Copa de Europa de Nacións da UEFA de 1964 (en castelán: Eurocopa España 1964) foi a segunda edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada en España entre os días 17 e 21 de xuño, sendo gañada pola selección anfitrioa por 2 a 1 ante a Unión Soviética.

Eurocopa de Fútbol Francia 1984

A Eurocopa da UEFA de 1984 (en francés: UEFA Championnat Européen de Football France 1984) foi a sétima edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada en Francia, por segunda ocasión, entre os días 12 e 27 de xuño. O campionato foi gañado por Francia, que bateu na final a selección de España por dous goles a cero.

Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996

A Eurocopa da UEFA de 1996 (en inglés: UEFA Euro 96 England) foi a décima edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada en Inglaterra, entre os días 10 e 30 de xuño. O campionato foi gañado pola selección de Alemaña, que bateu na final a Chequia por dous goles a un na prórroga.

Eurocopa de Fútbol Italia 1980

A Eurocopa da UEFA de 1980 (en italiano: Italia 1980) foi a sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada en Italia, por segunda ocasión, entre os días 11 e 22 de xuño. O campionato foi gañado pola selección de Alemaña Occidental, que bateu na final a selección de Bélxica por dous goles a un.

Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012

A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.

A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a Italia por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.

Eurozona

A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa os países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda.

Os 19 países membros da zona euro son, dende 2015, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia,Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.

ISO 4217

A norma ISO 4217 foi creada pola ISO co obxectivo de definir códigos de tres letras para todas as moedas do mundo. Isto elimina as confusións causadas por algúns nomes de divisas como dólar, franco ou libra, que son empregados en numerosos países pero teñen tipos de cambio moi diferentes.

As dúas primeiras letras do código son as dúas letras do código do país da moeda segundo o estándar ISO 3166-1 e a terceira é normalmente a inicial da divisa en si. Esta norma define tamén as relacións entre a unidade monetaria principal e as súas subdivisións.

Inclúe tamén códigos para metais preciosos (ouro, prata, paladio e platino) e outras definicións utilizadas no mundo financeiro. Tamén existen códigos especiais para probas (XTS), e para indicar transaccións non monetarias (XXX). Todos estes códigos comezan coa letra "X". Os metais preciosos utilizan "X" e o símbolo químico do metal. ISO 3166 nunca asigna códigos de país comezando con "X", polo que ISO 4217 pode usar códigos que comecen con esa letra sen arriscarse a colisións.

Libra esterlina

A libra esterlina (en inglés pound sterling) é a unidade monetaria oficial do Reino Unido. Habitualmente denomínase simplemente libra (pound), e para diferenciala da unidade de peso homónima acordouse usar o cualificativo de sterling, nome que tiña o antigo penique (penny) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria básica e o seu valor equivalía a pouco menos có dunha libra actual.

O símbolo da libra esterlina é £, e o seu código ISO 4217 é GBP. Desde 1971, logo da introdución do sistema decimal, a moeda británica está dividida en 100 novos peniques (en inglés pence, plural de penny), e o seu símbolo é p. Anteriormente a libra estaba dividida en 20 xilins (en inglés shillings; símbolo: s), e cada un destes, a súa vez, dividíase en 12 peniques antigos (símbolo: d). Un penique antigo equivale a 2,4 dos novos.

A libra esterlina é unha das moedas con que se realizan máis transaccións comerciais, xunto co dólar dos Estados Unidos de América, o euro, o ien xaponés e o dólar australiano. Segundo datos de xuño do 2005, era a sexta unidade monetaria de valor máis alto no mundo.

Moeda

Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa.

Paridade de poder adquisitivo

A paridade do poder adquisitivo (PPA) é un termo económico introducido a principios do decenio de 1990 polo Fondo Monetario Internacional, para comparar dun xeito realista o nivel de vida entre distintos países, atendendo ao produto interno bruto (PIB) per capita en termos do Custo de Vida en cada país.

Baseándose en que, por exemplo, o poder adquisitivo dun euro non é o mesmo en España que en Alemaña, as estatísticas reflicten con maior exactitude con que recursos económicos vive a poboación dun país determinado. A PPA é unha medida máis adecuada para comparar os niveis de vida que o PIB per capita, posto que toma en conta as variacións de prezos.

Isto tamén afecta ao cálculo do PIB efectivo do país, xa que con outro exemplo, China pasa de ser considerada a cuarta potencia económica mundial á segunda. Tamén elimina a ilusión monetaria ligada á variación dos tipos de cambio, de tal xeito que unha apreciación ou depreciación dunha moeda non cambiará a PPA dun país, posto que os habitantes dese país reciben os seus salarios e fan as súas compras na mesma moeda.

Peseta

A peseta foi unha moeda española de curso legal en España e Andorra (nesta última, xunto ao franco francés) dende o 19 de outubro de 1868 até o 31 de decembro de 2001, cando foi substituída polo euro.

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billón ou os dous reais de prata. É moi posíbel que a termo peseta proveña da palabra catalá peçeta (peciña), diminutivo de peça, nome co que se coñecían dende o século XV a algunhas moedas de prata.

O 19 de outubro de 1868, o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema métrico. A primeira peseta foi cuñada en 1869.

A peseta abréviase pta, sendo incorrecta a abreviación pts para o plural.

A peseta foi substituída polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas. O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta. O 1 de marzo de 2002 a peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en España e Andorra, aínda que existe o compromiso oficial do Banco de España de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, ó cambio oficial único establecido, 1 euro = 166,386 pta, co arredondamento correspondente ó terceiro decimal.

Selección de fútbol de Portugal

A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra. Portugal terminou o campionato en 3º lugar e Eusébio foi o mellor marcador do torneo con nove goles. As catro veces seguintes en que Portugal se calificou para un Mundial foron en 1986, en 2002, sendo eliminado na fase de grupos en ambos, en 2006, en que terminou en cuarto lugar logo de perder por 3-1 coa selección anfitrioa (Alemaña) no xogo de decisión do terceiro e cuarto lugar e en 2010, onde foi eliminado nos oitavos de final por España por un 1-0.

En 2003, a Federación Portuguesa de Fútbol contratou Luiz Felipe Scolari, que fora campión coa selección brasileira de ftbol en 2002. Scolari levou Portugal á final do UEFA Euro 2004, onde foi derrotado por Grecia, e tamén á súa segunda semifinal, no Mundial da FIFA 2006. Acabaría por deixar a Selección tralo UEFA Euro 2008, sendo contratado polo Chelsea.

Carlos Queiroz foi designado como o novo seleccionador en 2008, saíndo do cargo de adestrador-adxunto do Manchester United. Tras ser acusado de ter obstruído os axentes do control antidopaxe e ser suspenso por seis meses, Queiroz foi dimitido do cargo de seleccionador o día 7 de setembro de 2010 sendo substituído por Paulo Bento no cargo. O Estadio oficial da selección portuguesa de fútbol é o Estadio Nacional do Jamor ou ás veces o Estadio Nacional localizado en Oeiras, Lisboa. Porén os seus xogos oficiais non son realizados nel debido á súa degradación.

Unión Europea

A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Valtteri Bottas

Valtteri Bottas (nado o 28 de agosto de 1989 en Nastola, Finlandia) é un piloto de carreiras finés. Na actualidade reside en Oxford, Reino Unido e é piloto de Williams desde a tempada 2013.

Gañadores do Premio Carlomagno
1950–1970
1971–1990
1991–2010
2011–

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.