Eulogio Gómez Franqueira

Eulogio Gómez Franqueira, nado en Cenlle en 1917 e morto en Ourense o 20 de abril de 1988, foi un mestre, empresario e político galego de centro-dereita[1] ourensán.

Eulogio Gómez Franqueira
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
(Eulogio Gómez Franqueira) Adolfo Suárez durante la campaña electoral en Orense. Pool Moncloa. 11 de febrero de 1979 (cropped).jpeg
Nacemento6 de xuño de 1917
 Cenlle
Falecemento20 de abril de 1988
 Ourense
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario, mestre e político
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Estudou Maxisterio e exerceu como mestre durante case vinte anos, primeiro en San Amaro e logo en Castrelo de Miño.

Aínda que simpatizante das Mocedades Galeguistas durante os anos finais da Segunda República, a súa carreira política naceu durante o franquismo, vencellado ás súas estruturas de poder. En 1954 accedeu a un posto de concelleiro en Castrelo de Miño e chegou a presidente da Irmandade de Labradores, co que se iniciou na vida pública oficial vencellado aos sectores produtivos agrícolas. Neste período foi tamén mediador entre Fenosa e os campesiños nas negociacións da expropiación dos terreos onde se construiría o encoro de Castrelo de Miño e procurador nas cortes de Franco.

Como empresario iniciouse tamén en Castrelo de Miño, onde montou unha cooperativa de repartición de produtos. En 1959, Gómez Franqueira foi nomeado xerente da Unión Territorial de Cooperativas Ourensás (UTECO) e impulsou as Cooperativas Ourensás (COREN), nacidas en 1961. Na fundación da empresa, que tivo ao comezo unicamente unha vintena de socios e unha achega de capital tecnolóxico estadounidense (Swift), puxo todo o seu esforzo, e dela obtivo os maiores rendementos económicos e tamén políticos. O seu obxectivo era abrir as actividades destas cooperativas para que entre todas puidese controlar o proceso produtivo completo, dende a obtención de materias primas até a comercialización dos produtos finais.

En 1962 participou na creación da Caixa Rural de Ourense, que naceu fundamentalmente co obxectivo de dotar de financiamento todo o proxecto cooperativista. En 1964, ao que todo o know-how fora absorbido, a empresa desfíxose da colaboración da firma estadounidense e construíu a súa primeira fábrica de pensos. En 1965 constituíuse a Cooperativa Provincial de Produtores de Ovos e en 1966 comezou a funcionar un matadoiro avícola para sacrificar os pitos das explotacións. Pensos, criadeiro, matadoiro e unha clasificadora de ovos pecharon o círculo do negocio. Con este pulo estendeu as súas actividades nas áreas agrícola, gandeira, avícola e porcina. O que comezou como unha sociedade puramente avícola converteuse co nome de COREN-UTECO, e logo xa unicamente Coren, no eixo de toda a gandaría de carne en Galicia con producións nos sectores porcinos, vacún de carne, ovos, patos, pavos e coellos.

No ano 1977, colaborou na creación da Unión de Centro Democrático, (UCD). Precisamente con ese partido foi deputado por Ourense na lexislatura constituínte (do 14 de xullo de 1977 ata o 23 de marzo de 1979) e despois, durante dúas lexislaturas, máis ata o 15 de xullo de 1986. Porén, esta última lexislatura correspondeuse coa desfeita electoral da forza centrista, e Gómez Franqueira, sen deixar o seu escano de deputado no Congreso, fundou primeiramente Centristas de Ourense e finalmente, en 1983, Coalición Galega.

En xuño de 1980 un comando de ETA político-militar tentou secuestralo na súa casa de Razamonde. Os terroristas finxiron unha avaría no coche e entráronlle na casa coa escusa de chamar por teléfono. Ao que entraron, sacaron as armas e obrigaron a Gómez Franqueira a que os acompañase. Este, que estaba en pixama, pediu para vestirse, e aproveitou o momento para tirar unha pistola de riba dun armario e disparar os etarras, ferindo a un, José Antonio Alcocer Gabaldón, Zapatóns, no pescozo e na mandíbula. Eludiu as ráfagas dos outros terroristas botándose ao chan entre as camas do dormitorio e apagando a luz. Este terrorista, ferido, foi detido nun piso de Vigo uns días despois.

En 1984 sufriu un derramo cerebral que o afastou da vida política, co que se abriu unha crise de liderado na formación nacionalista de centro. O goberno de Galiza outorgoulle a Medalla Castelao no ano 1986. Ao seu falecemento, o seu fillo Manuel Gómez-Franqueira pasou a dirixir a empresa, da que é conselleiro delegado.

Notas

  1. Justo G. Beramendi, De provincia a nación. Edicións Xerais, 2007, páxinas 1.109 e 1.113.

Véxase tamén

Ligazóns externas

20 de abril

O 20 de abril é o 110º día do ano do calendario gregoriano (111º nos anos bisestos). Quedan 255 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Coren

Para a comuna francesa, véxase Coren.Coren (Cooperativa Orensana) é un grupo empresarial baseado en cooperativas avícolas e gandeiras máis importante de Galicia, con presenza en todos os continentes.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Franqueira

O topónimo galego Franqueira pódese referir a:

Franqueira, lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito;

A Franqueira, parroquia do concello da Cañiza;

A Franqueira, lugar de dita parroquia;

Mosteiro de Santa María da Franqueira, mosteiro de orixe medieval e actual igrexa de dita parroquia, onde se rende culto á Virxe da Franqueira ou Virxe da Fonte;

Romaría da Franqueira, peregrinación en honra a dita Virxe;

Vieiro da Franqueira, ruta de sendeirismo ligada a dita romaría;Ademais, como antropónimo e apelido pode referirse a:

Franqueira, nome feminino galego procedente desta advocación mariana;

Eulogio Gómez Franqueira, mestre, empresario e político galego (1917-1988);

Manuel Mirás Franqueira, empresario e político galego (n. 1956).

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Manuel Gómez-Franqueira

Manuel Gómez-­Franqueira Álvarez, nado en Castrelo de Miño en 1947, é un empresario galego. Preside o Grupo Coren, a maior cooperativa agroalimentaria de España. É fillo do empresario e político Eulogio Gómez Franqueira, impulsor de Coren, e de Sofía Álvarez. Está casado e ten tres fillos.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.