Eugenio López Aydillo

Eugenio López Aydillo, nado en Ourense en 1888 e finado en Oviedo o 8 de decembro de 1965[1], foi un xornalista e escritor galego.

Eugenio López Aydillo
Eugenio López Aydillo 1934
Nacemento1888
 Ourense
Falecemento8 de decembro de 1965
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor

Traxectoria

Nado en Ourense, dende moi novo alternou os estudos co traballo xornalístico. En 1907 comezou a súa actividade con Solidaridad Gallega e posteriormente colaborou con xornais madrileños como Heraldo de Madrid, La Iberia e El Gran Bufón. Dirixiu o xornal El Miño e fundou e dirixiu o quincenario Mi Tierra. Participou no Manifesto de Ourense (1912) con Basilio Álvarez, José Rodríguez Pavón e Ramón Fernández Mato.

En 1913 trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. En 1917 fíxose cargo da cátedra de Historia da Universidade de Valladolid. Seguiu colaborando na prensa converténdose en director de Acción Gallega, escribindo en Vida Gallega, La Voz de Galicia, Estudios Gallegos, Suevia e sendo correspondente de Ideas.

Durante a República participou no inicio da actividade xornalística de El País, colaborou en Faro de Vigo e El Eco de Santiago e impartiu a única das conferencias do ciclo de actividades que tiña prevista a Asociación de Escritores de Galicia o 16 de xullo de 1936.

Funcionario de Facenda, no franquismo foi xefe da Delegación de Facenda de Oviedo e colaborou en La Región.

Obra

Eugenio López Aydillo 1933
Eugenio López Aydillo (1933).
  • Galicia ante la solidaridad, 1907.
  • País de abanico. Teatro de ensueño, 1912.
  • Las mejores poesías gallegas, 1914.
  • Los grandes poetas gallegos. Valentín Lamas Carvajal (en colaboración con José Palacios), 1925.
  • Los cancioneros gallegos portugueses como fuentes históricas. Con un glosario de voces del gallego arcaico, 1923.
  • Presencia de Galicia en la historia de España, 1950.

Novela

  • En la masa de sangre, 1918.

Notas

  1. 8 de diciembre de 1965
8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Acción Gallega (revista)

Acción Gallega foi unha publicación que actuou como o primeiro portavoz de movemento agrario de Acción Gallega e constituía unha das mellores fontes para seguir o curso de agrarismo galego. Un dos máis importantes documentos da historia social de Galiza no século XX.

Alfonso Alcalá Martín

Alfonso Alcalá Martín, nado na década de 1870 e finado en decembro de 1936, foi un xornalista galego.

Asociación de Escritores de Galicia

A Asociación de Escritores de Galicia foi unha asociación constituída en 1936 que representaba aos escritores galegos e que apenas tivo actividade.

Celestino Poza Cobas

Celestino Poza Cobas, nado en Pontevedra o 22 de marzo de 1868 e finado na mesma cidade o 8 de agosto de 1954, foi un mestre, médico e político galego.

El Diario de Orense

El Diario de Orense foi un periódico editado en Ourense entre 1914 e 1928.

El Gran Bufón

El Gran Bufón foi un semanario ilustrado humorístico español editado en Madrid que se fundou en decembro de 1912, en total apareceron 18 números. Entre os colaboradores estiveron José Francés, Ricardo Marín, Eugenio López Aydillo, Ramón Fernández Mato. Castelao colaborou ao longo do ano 1913.

El Miño (Ourense)

El Miño foi un diario de Ourense, fundado polo deputado Vicente Pérez en 1898, mantívose ata 1913.

El País (1932)

El País foi un xornal que se publicou en Pontevedra entre 1932 e 1936. Subtitulado Diario republicano, cambiou despois a Diario republicano de la tarde para denominarse nos últimos anos Diario de la tarde.

Estudios Gallegos

Estudios Gallegos foi unha revista editada en Madrid entre 1915 e 1916.

Javier Montero Mejuto

Francisco Javier Montero Mejuto, nado en Santiago de Compostela en 1887 e finado en Madrid en xaneiro de 1974, foi un xornalista e político galego.

José Rodríguez Pavón

José Rodríguez Pavón, finado en Ourense o 6 de xaneiro de 1941, foi un político galego.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Martín Codax (revista)

Martín Codax foi unha revista de periodicidade mensual editada en Vigo entre 1935 e 1941 pola Agrupación Martín Codax.

Mi Tierra (Ourense)

Mi Tierra foi unha revista gráfica de carácter rexionalista que se editou en Ourense en 1911.

Noticiero del Avia

Noticiero del Avia foi un periódico editado en Ribadavia entre 1910 e 1937.

Semana cultural galego-portuguesa (Coímbra, 1971)

A Semana cultural galego-portuguesa foi un evento cultural promovido por Manuel Rodrigues Lapa sob o patrocinio da Universidade de Coímbra e da Real Academia Galega. Tivo lugar no Museu Machado de Castro (Coímbra) entre o 18 e o 23 de xaneiro de 1971. A programación tratou, entre outros temas, a herdanza cultural galego-portuguesa e a súa expresión na actualidade. Así, o evento procuraba o achegamento e o intercambio cultural entre a Galiza e Portugal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.