Eufonía (revista)

Eufonía foi unha revista que se publicou en Buenos Aires entre 1958 e 1959.

Historia e características

Subtitulada Pubricación periódica de circulación intercontinental antre os galegos (na cuberta aparece como subtítulo Rimas y glosas de la poesía gallega), apareceu o 1 de setembro de 1958. De periodicidade anual, fundade e dirixida por Alfonso Gayoso Frías, era unha publicación literaria que pretendía ser o "pregón e glosario da nosa poesía" e tiña como lema "Que a eufonía distas rimas renda beizós para Galicia". Só conseguiu publicar dous números, o primeiro á memoria de Manuel Curros Enríquez e o segundo ofrendado a Rosalía. Entre os seus colaboradores figuraron Avelino Díaz, Pura Vázquez, José Conde, Florencio Delgado Gurriarán, Xosé Neira Vilas, Antonio Fernández Pérez, Emilio Pita, Ramón Rey Baltar, Xervasio Paz Lestón, Xesús Calviño de Castro, Perfeuto López Romero, Elsa Fernández González, Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro, Victoriano Taibo, Manuel Fabeiro, Uxío Novoneyra, Eduardo Moreiras, Manuel María, Dora Vázquez, Xosé Ramón Fernández-Oxea, Xosé Fernández Ferreiro, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo. Tamén inseriu algúns traballos en prosa asinados por Anisia Miranda, Enrique Azcoaga, Emilio González López, Andrés Rodríguez Barbeito, Gerardo Álvarez Gallego e Xulio Fernández.

Véxase tamén

Bibliografía

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.