Etiopía

Coordenadas: 8°N 38°L / 8, -38

República Democrática Federal de Etiopía
የኢትዮጵያ ፌዴራላዊ ዲሞክራሲያዊ ሪፐብሊክ
ye-Ītyōṗṗyā Fēdēralāwī Dīmōkrāsīyāwī Rīpeblīk
Bandeira de Etiopía
Emblema de Etiopía
BandeiraEmblema
Ethiopia (Africa orthographic projection)
Capital
 • Poboación
Adís Abeba
3 433 999 (2017)[1]
Cidade máis poboadaAdís Abeba
Lingua oficialAmhárico 1
Forma de gobernoRepública federal democrática.
Sahle-Work Zewde
Abiy Ahmed
FundaciónSéculo I a.C.
SuperficiePosto 27º
 • Total1 104 300[2] km²
 • % auga0,7
Fronteiras5 311 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 14º
 • Total (2017)94 351 001[1] hab.
 • Densidade85,44 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2019)88 170 millóns $ [3]
 • per cápita921,851 $
 • Total (2019)244 526 millóns $ [3]
 • per cápita2 556,616 $
MoedaBirr (ETB)
IDH (2018)0.463 [4] (173º) – 
XentilicioEtíope
Fuso horarioUTC+3 (EAT)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.et
Prefixo telefónico+251
Prefixo radiofónico9EA-9FZ, ETA-ETZ
Código ISO231 / ETH / ET
Membro de: ONU, UA
1 Tamén se falan dialectos sudaneses, tigré, tigriña, somalí, italiano, inglés e árabe, todos estes non oficiais.

Etiopía[5] (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte nororiental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes[1], que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria. É o décimo país africano en extensión con 1 104 300 quilómetros cadrados[2]. A súa capital é Adís Abeba, situada uns poucos quilómetros ao oeste do Rift de África Oriental que divide ao país entre as placas nubia e somalí.

Etiopía, e tamén Eritrea, usan o alfabeto ge'ez, un dos alfabetos máis antigos do mundo en uso[6]. O calendario etíope, que vai aproximadamente sete anos e tres meses por detrás do calendario gregoriano, coexiste desde hai tempo co calendario borana. A relixión maioritaria é o cristianismo, principalmente a igrexa etíope tewahedo. O histórico reino de Aksum foi un dos primeiros estados en adoptar oficialmente a relixión cristiana. Arredor dun terzo da poboación e musulmá, principalmente da rama sunnita. As relacións do país co islamismo remóntanse aos inicios deste, cando o reino de Aksum acolleu a algúns dos primeiros seguidores de Mahoma que fuxían das persecucións que estaban sufrindo na Meca. De feito a vila de Negash, que naquela época formaba parte do reino de Aksum, está considerada como o primeiro asentamento musulmán en África[7]. Ata a década de 1980 houbo unha considerable poboación de xudeus etíopes, coñecidos como Beta Israel[8][9]. Etiopía é unha nación multilingüe con arredor de 80 grupos etnolingüísticos, dos que os máis numerosos son os oromo, os amháricos, os somalís e os tigriña. A maioría da xente fala linguas afroasiáticas das ramas cuxita ou semítica. Adicionalmente, minorías étnicas que habitan as rexións do sur, falan linguas omóticas. Linguas nilo-saharianas son faladas por minorías étnicas do pobo nilótico. A lingua oromo é a máis numerosa en falantes nativos, mentres que a amhárica é a máis populosa en número total de falantes e serve como lingua de traballo no goberno federal e como lingua franca do país. O ge'ez conserva a súa importancia como lingua litúrxica, tanto para a igrexa etíope tewahedo como para os xudeus de Bete Israel.

A nación é unha terra de contrastes naturais co seu vasto e fértil oeste, os seus bosques e numerosos ríos, e o sitio rexistrado máis quente do mundo en Dallol, no norte do país[10]. O Macizo etíope é o conxunto continuo de montañas máis extenso de África e as Covas de Sof Omar conteñen a cova máis longa do continente. Etiopía é tamén o país africano, xunto con Marrocos e Suráfrica, co maior número de sitios Patrimonio da Humanidade (9)[11]. Ademais, Etiopía é membro fundador da Organización das Nacións Unidas, da Organización para a Unidade Africana, do Movemento de Países non Aliñados , do Grupo dos 24 e do Grupo dos 77. Ademais a capital, Adís Abeba, é a sede da Unión Africana, da Comisión Económica para África das Nacións Unidas, da Forza Africana de Intervención Rápida, da Cámara Panafricana de Comercio e Industria, e de moitas ONGs que traballan en África. Desde 1961, cando comezou a guerra de independencia de Eritrea, ata o ano 2008, Etiopía sufriu varios conflitos armados con países limítrofes, tivo que sufocar insurreccións nalgunhas rexións e mesmo aturar unha guerra civil. Esta situación de estado de guerra continuo obstaculizou o progreso da súa economía, porén, durante os últimos anos o país foise recuperando e hoxe é a maior economía[12] e o país máis populoso de África Oriental.

Historia

Prehistoria

Algúns achados importantes puxeron a Etiopía e rexións veciñas na vangarda da paleontoloxía. O homínido máis antigo do que se ten constancia, o Ardipithecus ramidus (coñecido popularmente por Ardi), foi descuberto en 1994 en Etiopía onde viviu hai 4,2 millóns de anos[13]. O homínido máis coñecido é un exemplar de Australopithecus afarensis, coñecido por Lucy. Foi descuberto na rexión etíope de Afar en 1974 e é un dos máis completos e mellor conservados fósiles dun Australopitecus adulto xamais atopado. Estímase que viviu hai 3,2 millóns de anos[14][15][16].

En Etiopía acháronse tamén algúns dos máis antigos fósiles de Homo sapiens. O máis vello descubriuse no suroeste do país, na formación rochosa de Omo Kibish e calcúlase a súa idade en 200.000 anos[17]. Ademais, encontráronse esqueletos de Homo sapiens idaltu, unha subespecie extinta de Homo sapiens, no val do río Awash, no sitio arqueolóxico do Awash medio, na rexión de Afar. Están datados en aproximadamente 160.000 anos[18]. Recentes escavacións no sitio arqueolóxico de Djebel Irhoud, en Marrocos amosaron fósiles de Homo sapiens máis antigos, de arredor 300.000 anos[19].

Segundo os lingüistas, os primeiros falantes afroasiáticos chegaron á rexión no neolítico procedentes da área onde se iniciaron estas linguas, probablemente no val do Nilo ou en Oriente Próximo[20][21]. Outros expertos sosteñen que a familia de linguas afroasiáticas desenvolveuse no Corno de África, e espallouse desde aquí a outros lugares[22].

Antigüidade

ET Axum asv2018-01 img37 Stelae Park
Obelisco de Aksum.

Etiopía é un dos países máis antigos de África. As súas orixes remóntanse ao segundo milenio antes de Cristo. O sistema de goberno foi a monarquía durante a maior parte da súa historia. A tradición oral conta que a monarquía etíope foi fundada pola dinastía salomónica da Raíña de Sabá, baixo o seu primeiro rei, Menelik I.[23]

Arredor do século VIII a.C., un reino coñecido como Damot estableceuse na rexión de Tigray, no norte de Etiopía, e en Eritrea. A capital estaba localizada en Yeha, no norte de Etiopía. Logo da caída de Damot durante o século IV a.C., a rexión foi dominada por pequenos reinos ata que no século I emerxeu o reino de Aksum no que hoxe é a rexión de Tigray e en Eritrea, e que máis tarde estendería o seu poder ao Iemen, na outra beira do Mar Vermello[24]. Fontes gregas refiren que o reino de Aksum era extremadamente rico no século I e a cidade de Adulis é frecuentemente mencionada como un dos máis importante portos de África. Rexistros oficiais, con todo, colocan a cidade de Aksum como a capital. Este reino tiña, no século II dereito a tributo de estados da Península Arábica e conquistara incluso o reino meroítico de Kush, no actual Sudán. Hai indicacións do carácter cosmopolita deste reino, con poboacións xudaicas, nubias, cristiás e mesmo minorías budistas. Unha moeda datada no ano 324 mostra que este reino foi o segundo país en adoptar o cristianismo como relixión oficial despois de que o fixera Armenia no ano 301.

O reino de Aksum foi declinando gradualmente, feito que foi aproveitado por un dos primeiros estados musulmáns para establecerse na rexión de Shewa[25]. A dinastía Zagüe estableceuse no século X en parte dos territorios que eran do reino de Aksum. Finalmente, en 1270 estableceuse o imperio etíope cuxa existencia prolongouse ata 1974.

Tempos modernos

Addis Ababa-8e00855u
Haile Selassie, derradeiro emperador de Etiopía.

Deste xeito, Etiopía (ou Abisinia, como era referida polos europeos) nunca foi colonizada polos expansionistas[26] e, no século XIX, foi convidada á Conferencia de Berlín, onde as potencias coloniais decidiron a división de África, e conseguiu manter a súa independencia grazas á vitoria en Adua do emperador Menelik II sobre o exército de invasión italiano[27]. Despois da Primeira Guerra Mundial, Abisinia, gobernada polo emperador Haile Selassie I, integrouse na Liga das Nacións, e apenas perdeu a súa independencia entre 1936 e 1941, cando o exército de Mussolini a invadiu[28]Italia posuía xa dúas pequenas colonias no corno de África, Eritrea e a Somalia italiana, e tiña vontade de se tornar un imperio, aliándose coa Alemaña nazi— mais o negus recuperouna, despois da Segunda Guerra Mundial, con auxilio da Gran Bretaña (onde se refuxiara) e comezou a modernizar o país.

Meles Zenawi - World Economic Forum Annual Meeting 2012
Meles Zenawi, primeiro presidente despois da caída do Derg.

En 1963, Etiopía participou na fundación da Organización da Unidade Africana, que colocou a súa sede en Adís Abeba[29]. No 1974, o emperador foi deposto nun golpe militar, liderado por Mengistu Haile Mariam[30], mais o goberno despótico que se seguiu, de carácter marxista e dirixido por un comando militar, o Derg, non conseguiu, nin desenvolver, nin estabilizar politicamente o país e, en 1991, este goberno foi deposto por un movemento de guerrilla, comandado por Meles Zenawi, quen foi elixido Presidente interino[31] . En 1993 conseguiu . En 1993 conseguiu negociar a independencia de Eritrea, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra.negociar a independencia de Eritrea, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra.

Unha Asemblea Constitutiva foi elixida en 1994 e, no ano seguinte, proclamouse a República Federal Democrática de Etiopía e foron convocadas as primeiras eleccións multipartidistas que foron gañadas pola Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope (EPRDF, nas súas siglas en inglés)[32]. Negasso Gidada foi elixido Presidente e o líder da EPRDF, Meles Zenawi, foi proclamado Primeiro Ministro, cargo que ocuparía ata a súa morte en 2012.

En 1998, problemas fronterizos con Eritrea, levaron a ambos países a unha nova guerra que terminou no ano 2000 coa mediación da ONU e da OUA[33]. Nese mesmo ano houbo novas eleccións, gañando novamente a EPRDF e continuando Meles Zenawi como Primeiro Ministro. Meles Zenawi revalidaría o cargo de Primeiro Ministro nas eleccións de 2005 e 2010. Tras o falecemento de Zenawi en 2012, ocupou o seu posto Hailemariam Desalegn[34] ata as seguintes eleccións de 2015, nas que revalidou o cargo. Logo de tres anos de protestas e disturbios, Hailemariam Desalegn renunciou ao seu cargo o 15 de febreiro de 2018[34]. O 2 de abril de 2018 foi nomeado Primeiro Ministro Abiy Ahmed[35], declarando que unha das súas prioridades era rematar co conflito fronteirizo con Eritrea, así o 9 de xullo de 2018 ambos países asinaron en Asmara a "Declaración conxunta de paz e amizade entre Eritrea e Etiopía".[36][26]

Xeografía

Et-map
Mapa de Etiopía.

Etiopía está localizada no nordeste de África, entre as latitudes 3º e 15º norte, e as lonxitudes 33º e 48º leste, cunha superficie total de 1 104 300 km2 [2]. É un país sen saída ao mar con 5 311 km de fronteiras terrestres repartidas do seguinte xeito: 912 km con Eritrea, ó norte; 830 km con Kenya, ó sur; 1626 km con Somalia e 337 km con Djibuti, ó leste; e finalmente ó oeste, 723 km con Sudán e 883 km con Sudán do Sur.

Pódense considerar as seguintes rexións orográficas[37]:

  • O macizo etíope ao norte, cunha altitude media de 1 680 m ocupa máis da metade da superficie total do país. Está dividido en dúas partes, estando na parte occidental o pico máis alto do país, o Ras Dashen que se ergue a 4 550 metros de altitude. Os bordos orientais do macizo, de pronunciadas escarpas, caen uns 1 200 m cara a depresión de Danakil; mentres que os bordos occidentais descenden suavemente cara as áreas desérticas do Sudán. Estas terras altas están atravesadas por numerosos ríos e profundos vales. Un destes ríos é o Nilo Azul (Abay para os etíopes[38]) que, ao pouco de nacer, pasa polo lago Tana, o maior do país.
  • No nordeste está o triángulo de Afar, tamén chamado depresión de Afar ou de Danakil. É unha zona desértica e volcánica onde as placas africana e arábica estanse separando. Na súa parte máis baixa chega aos 116 m baixo o nivel do mar.
  • A depresión do Gran Val do Rift corta o país na dirección nordeste-suroeste. Na súa parte central áchanse os lagos Shamo, Abaya e Zwai e o río Awash.
  • A rexión do Ogadén no leste. Está formada por altiplanicies semidesérticas.
  • Nos extremos sueste e suroeste, as terras perden altitude ata conectar co lago Turkana, na veciña Kenya.

Organización territorial

Artigo principal: Organización territorial de Etiopía.

Antes de 1996 Etiopía estaba divida en 13 provincias (14 antes da independencia de Eritrea en 1993). Este sistema de provincias foi substituído en 1992 baixo o Goberno de Transición e foi formalizado en 1995, cando entrou en vigor a vixente Constitución.

A Constitución establece que Etiopía é unha república federal, subdividida en 9 estados rexionais[39] cun compoñente etno-lingüístico común denominadas kililoch (singular: kilil) e dúas cidades cun status especial denominadas astedader akababiwach (singular: astedader akabibi). Os estados rexionais teñen o dereito constitucional de reclamar a súa independencia cumprindo os requisitos e seguindo o procedemento establecidos no mencionado artigo 47[39].

Map of zones of Ethiopia
Rexións e Zonas de Etiopía.
Ethiopia regions english
Rexións de Etiopía.

O segundo nivel de división administrativa é a zona (en amhárico: ዞን, zonə). O número exacto de zonas non está claro pois os nomes e o número delas varían en documentos da Axencia Central de Estatística de Etiopía. Hai 68 ou máis zonas.

Os woredas (distritos) son o terceiro nivel de división administrativa. Finalmente, cada woreda está subdividida en kebeles ou asociacións de veciños, que é a unidade máis pequena de goberno local en Etiopía.

Economía

Artigo principal: Economía de Etiopía.
Ethiopian Commercial Bank Addis Abeba
Sede do Banco Comercial de Etiopía en Adís Abeba.

Etiopía é a economía número 70 mundial por volume de PIB. A súa débeda pública en 2016 foi de 35.910 millóns de euros, o 56,06% do PIB[41]. Con anterioridade a 2016, o Produto Interior Bruto estivo crecendo durante máis dunha década a razón de entre o 8% e o 11%, un dos máis altos crecementos mundiais. Este crecemento foi debido a un progreso sostido da agricultura e do sector servizos, pero principalmente aos investimentos do goberno en infraestruturas. Proxectos de infraestruturas en curso inclúen a produción e distribución de enerxía, estradas, ferrovías, aeroportos e parques industriais[42]. O peso do estado na economía é moi forte, non só polo investimento en infraestruturas senón tamén porque é propietario de gran parte de sectores económicos clave coma as telecomunicacións, a banca, os seguros e a distribución de enerxía[42]. Ademais, segundo a constitución etíope, o estado é propietario de toda a terra e ofrece arrendamentos a longo prazo, ata 99 anos. Os arrendamentos varían segundo a localización, o tipo de investimento, o tipo de terra e os incentivos dispoñibles[38]. Debido que estes arrendamentos non están moi regulados, as concesións dos dereitos de uso están afectadas pola corrupción, especialmente en Adís Abeba[42]. Para tratar de liberalizar a economía, o goberno etíope, en colaboración co Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional, está a desenvolver un plan de reformas económicas que, entre outras medidas, inclúe un programa de privatización, iniciado en 1995, que permitiu a desnacionalización dun gran número de empresas estatais[38].

Máis do 70% da poboación aínda está empregada no sector agrícola, pero o sector servizos xa superou á agricultura como a principal fonte do PIB[42]. No bienio 2009/2010 a economía creceu un 10,4% fronte a unha media estimada do 6% para toda a África subsahariana; a agricultura e actividades asociadas contribuíron a este incremento nun 30%, mentres que o sector servizos e a industria fixérono nun 56% e 13% respectivamente[38].

Etiopía ten un dos máis baixos niveis de desigualdade salarial de África e tamén un dos máis baixos do mundo, cun coeficiente de Gini comparable ao dos países escandinavos. Mais a pesar dos esforzos por eliminar a pobreza, segue sendo un dos países máis pobres do mundo debido ao rápido crecemento da poboación e ao baixo nivel de partida. Aínda por riba, unha forte seca en 2015-16, criou unha forte inseguridade alimenticia para millóns de etíopes[42]. O Índice de Desenvolvemento Humano en 2018 foi un baixo 0,463, que sitúa a Etiopía no posto 173 mundial[4]; xa que logo, os etíopes están entre os países con peor calidade de vida do mundo[41].

Os ingresos que proveñen das exportacións están liderados polo sector servizos grazas ás exportacións de diferentes mercadorías, pero fundamentalmente pola compañía aérea estatal Ethiopian Airlines. Porén o café, orixinario de Etiopía, permanece como a maior fonte de ganancias. Nos últimos tempos, Etiopía diversificou as súas exportacións. Mercadorías coma o ouro, sésamo, qat, gando e produtos de horticultura están ganando unha importancia crecente nas exportacións. As manufacturas representaron menos do 8% do total das exportacións en 2016, pero o seu peso nas exportacións debería incrementarse nos vindeiros anos debido á súa crecente presenza nos mercados internacionais[42][38].

Renaissance Dam site
Proxecto do encoro do Renacemento.

A pesar de que importantes negocios e industrias como a banca, os seguros, as telecomunicacións e os microcréditos, están restrinxidas a investidores nacionais, Etiopía atraeu 8.500 millóns de dólares en investimentos estranxeiros directos (IED), procedentes principalmente de China, Turquía, India e Estados Unidos e destinados primariamente a infraestruturas, construción, agricultura e horticultura, procesado de produtos agrícolas, téxtiles, coiro e produtos de coiro. En 2017 o goberno depreciou a moeda nacional, o birr, nun 15% para favorecer as exportacións e aliviar a escaseza crónica de divisas estranxeiras[42].

Para apoiar a industrialización en sectores nos que Etiopía ten unha vantaxe comparativa, como o téxtil e a roupa, produtos de coiro e procesado de produtos agrícolas, o país pretende incrementar a súa capacidade de xeración de enerxía instalada ampliando a outras fontes de enerxía renovable e mediante a construción de grandes encoros para a produción de enerxía hidroeléctrica[42], destacando a que vai ser a maior obra de enxeñería xamais feita en Etiopía, o proxecto da Presa do Renacemento no Nilo Azul que xerará 6.000 Mw, parte dos cales está previsto exportar a Sudán e Exipto, ao tempo que regulará as inundacións do río e ofrecerá posibilidades substanciais de regadío. O encoro vai crear un lago cun volume dobre ao do lago Tana, o maior do país. Estanse facendo tamén estudos de viabilidade doutros tres encoros na bacía do Nilo Azul: Mendaia (200 MW), Beko Abo (2.100 MW), e Karo Dodi (1.600 MW), e proxectos similares nos ríos Takezze e Dedessa para producir 450 Mw e 301 Mw respectivamente[38].

Outro fito importante para o crecemento económico produciuse o 5 de outubro de 2016 coa inauguración do ferrocarril Adís Abeba-Djibuti. É un ferrocarril de ancho de vía internacional que une Adís Abeba, capital de Etiopía, co porto de Djibuti, capital do país homónimo, no golfo de Adén, proporcionando acceso ferroviario ao mar a Etiopía. Máis do 95% do comercio de Etiopía pasa polo porto de Djibuti, representando o 70% da actividade deste porto. O ferrocarril de ancho estándar substitúe ao antigo ferrocarril de Adís Abeba a Djibuti, de vía métrica, construído polos franceses entre 1894 e 1917, e que foi abandonado en 2006[43].

Demografía

Artigo principal: Demografía de Etiopía.

Os últimos censos oficiais foron os de 1984, que incluía a Eritrea, 1994 e 2007. En abril de 2019 fíxose o traballo de campo do novo censo do que aínda non se publicaron os resultados. Na seguinte táboa aparece a poboación nos dous últimos censos[44][40] e a proxección para 2017[1]:

Ano 1994 2007 2017
Poboación  53 387 800 73 654 180 94 531 001

En 2018 a esperanza de vida, segundo a Organización Mundial da Saúde, era de 65,5 anos, que sitúan ao país no posto 141 mundial[45]. A taxa de natalidade en 2016 foi do 31,78‰ e o índice de fecundidade de 4,2 fillos por muller, cifras que indican un descenso progresivo de ambos parámetros nos últimos anos[46]. Segundo datos da UNESCO de 2007, a taxa de alfabetización dos homes etíopes era do 49,13% mentres que só estaban alfabetizadas o 28,92% das mulleres, existindo, xa que logo, unha gran diferenza entre ambos sexos que fai que as mulleres teñan máis dificultades para acceder ao mercado laboral[47]. Segundo a Organización Mundial da Saúde, en 2017 faleceron 20.425 persoas en Etiopía por mor da SIDA, un 3,21% das mortes dese ano, que colocan ao país no posto 47 mundial neste aspecto[48]. A 1 de xaneiro de 2018, estimábase que o número total de etíopes infectados polo virus HIV era de 710.000, o décimo segundo país do mundo con máis infectados[49].

Wollaita Girl, Ethiopia (14927715564)
Rapaza wolayta.

Grupos étnicos etíopes

Etiopía posúe unha gran variedade de grupos étnicos, máis de oitenta, distribuídos en cinco ramas principais[50]:

  • Etnias de falas cuxitas, cuxo principal grupo, e tamén de todo o país, é o oromo que viven principalmente no centro e no sur do país e son eminentemente agrícolas e gandeiros.
  • Etnias de falas semíticas, cuxo grupo máis numeroso é o amhárico, localizado na meseta central do macizo etíope.
  • Etnias de falas omóticas, localizadas no suroeste do país. A etnia omótica máis numerosa é a wolayta.
  • Etnias de falas nilo-saharianas que se estenden ao longo da fronteira occidental desde Eritrea ata o lago Turkana. A etnia nilo-sahariana máis numerosa é a berta cuns 180.000 membros.
  • Pequenas etnias de difícil clasificación espalladas por todo o país.

Cidades máis poboadas

Cidades con máis de 100.000 habitantes
Posto Cidade Rexión Poboación
1 Adís Abeba Adís Abeba 3.434.000
2 Gondar Amhara 360.600
3 Mekele Tigray 358.528
4 Hawassa Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur 355.508
5 Adama Oromia 355.475
6 Bahir Dar Amhara 313.997
7 Dire Wara Dire Wara 293.600
8 Dessie Amhara 209.226
9 Jima Oromia 195.228
10 Jijiga Somali 169.390
11 Shashemene Oromia 162.127
     
(proxección para 2017)[1]
Posto Cidade Rexión Poboación
12 Sodo Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur 161.450
13 Bishoftu Oromia 161.354
14 Arba Minch Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur 159.019
15 Hosaena Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur 148.847
16 Harar Harari 137.000
17 Dila Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur 125.599
18 Nekemte Oromia 121.385
19 Debre Berhan Amhara 113.693
20 Debre Markos Amhara 108.882
21 Asella Oromia 108.571
22 Kombolcha Amhara 102.224
Adís Abeba.
Adís Abeba. 
Gondar.
Gondar. 
Mekele.
Mekele. 
Hawassa.
Hawassa. 
Adama.
Adama. 

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Central Statistical Agency of Ethiopia (ed.). "Population projection of Ethiopia for all Regions at wereda level from 2014 - 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 3 de maio de 2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 World Population Rewiew (ed.). "Largest countries in the world by area 2019" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2019.
  3. 3,0 3,1 Fondo Monetario Internacional (ed.). "Report for Selected Countries and Subjects: Ethiopia". World Economic Outlook Database (en inglés).
  4. 4,0 4,1 Nacións Unidas, ed. (2018). "2018 Human Development Report". Pograma de Desenvolvemento das Nacións Unidas (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para etíope.
  6. Page, Willie F. (2001). "African kingdoms (500 to 1500)". En Facts on File. Encyclopedia of African history and culture (en inglés) 2. p. 230. ISBN 978-0-8160-4472-6.
  7. Henze, Paul B. (2000). Layers of Time: A History of Ethiopia (en inglés). Nova York: Palgrave. p. 43.
  8. Weil, Shalva (2008). "Jews in Ethiopia". En Erlich, M.A. Encyclopaedia of the Jewish Diaspora (en inglés) 2. Santa Barbara, USA. pp. 467–475.
  9. Weil, Shalva (2011). Baskin, Judith, ed. Ethiopian Jews. Cambridge Dictionary of Judaism and Jewish Culture (en inglés) (Nova York: Cambridge University Press). pp. 165–166.
  10. Mandell, Muriel; Garbot, Dave (2006). Weather Experiments (en inglés). Sterling Publishing Company, Inc. p. 9. ISBN 1-4027-2157-9.
  11. "Ethiopia: Most World Heritage Sites in Africa". Deep from an Ethiopian – An Ethiopian blog (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019.
  12. "List of African countries by GDP". Statistics Times (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019.
  13. Ansari, Azadeh (7 de outubro de 2009). "Oldest human skeleton offers new clues to evolution". CNN.com/technology (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2019.
  14. Bbc.co.uk (ed.). "Mother of man – 3.2 million years ago" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2019.
  15. Johanson, Donald C.; Wong, Kate (2010). Lucy's Legacy: The Quest for Human Origins (en inglés). Crown Publishing Group. pp. 8–9. ISBN 978-0-307-39640-2.
  16. Arizona State University, ed. (15 de xuño de 2016). "Institute of Human Origins: Lucy's Story" (en inglés). Consultado o 10 de maio de 2019.
  17. Mcdougall, Ian; Brown, Francis H.; Fleagle, John G. (Febreiro 2005). "Stratigraphic placement and age of modern humans from Kibish, Ethiopia". Nature (en inglés) 433 (7027): 733–736. Bibcode:2005Natur.433..733M. PMID 15716951. doi:10.1038/nature03258.
  18. Clark, J. Desmond; Yonas, Beyene; WoldeGabriel, Giday; Hart, William K.; Renne, Paul R.; Gilbert, Henry; Defleur, Alban; Suwa, Gen; Katoh, Shigehiro; Ludwig, Kenneth R.; Boisserie, Jean-Renaud; Asfaw, Berhane; White, Tim D. (2003). "Stratigraphic, chronological and behavioural contexts of Pleistocene Homo sapiens from Middle Awash, Ethiopia". Nature (en inglés) 423 (6941): 742–747. Bibcode:2003Natur.423..742W. PMID 12802332. doi:10.1038/nature01669.
  19. Callaway, Ewen (7 de xuño de 2017). "Oldest Homo sapiens fossil claim rewrites our species' history". Nature (en inglés). doi:10.1038/nature.2017.22114. Consultado o 10 de maio de 2019.
  20. Zarins, Juris (1990). "Early Pastoral Nomadism and the Settlement of Lower Mesopotamia". Bulletin of the American Schools of Oriental Research (en inglés) 280 (280): 31–65. JSTOR 1357309. doi:10.2307/1357309.
  21. Diamond, J.; Bellwood, P. (2003). "Farmers and Their Languages: The First Expansions" (PDF). Science (en inglés) 300 (5619): 597–603. Bibcode:2003Sci...300..597D. JSTOR 3834351. PMID 12714734. doi:10.1126/science.1078208.
  22. Blench, R. (2006). Archaeology, Language, and the African Past (en inglés). Rowman Altamira. pp. 143–144. ISBN 978-0-7591-0466-2.
  23. National Geographic, ed. (3 de decembro de 2018). "In search of the real Queen of Sheba" (en inglés).
  24. Phillipson, David W. (1998). Ancient Ethiopia. Aksum: Its Antecedents and Successors (en inglés). The British Museum Press. pp. 7, 48–50. ISBN 978-0-7141-2763-7.
  25. Greville Stewart Parker Freeman-Grenville; Stuart Christopher Munro-Hay (2006). Islam: An Illustrated History (en inglés). Bloomsbury Publishing. pp. 177–178. ISBN 978-1-4411-6533-6.
  26. 26,0 26,1 Gérard Prunier (Novembro 2018). "El fin de las hostilidades entre Etiopía y Eritrea". Le Monde Diplomatique en Español.
  27. Negash, Tekeste (2005). Eritrea and Ethiopia : The Federal Experience (en inglés). New Brunswick (New Jersey): Transaction Publishers. pp. 13–14. ISBN 1-56000-992-6.
  28. Manzoni, Marco; Occhipinti, Francesca; Cereda, Fabio; Innocenti, Rita (2003). "La politica coloniale : La proclamazione dell'impero". Leggere la storia. Profilo - Documenti -Storiografia, Bd. 3: Dai Nazionalismi alla Seconda Guerra Mondiale (en italiano). Einaudi Scuola. pp. 302–303.
  29. "Haile Selassie's Acceptance Speech as First President of the Organization for African Unity: Towards African Unity". blackpast.org (en inglés). 1963.
  30. Valdés Vivo, Raúl (1977). Ethiopia's Revolution (en inglés). Nova York: International Publishers. p. 25. ISBN 978-0-7178-0556-3.
  31. Crowell Anderson-Jaquest, Tommie (2002). "Restructuring the Soviet–Ethiopian Relationship: A Csse Study in Asymmetric Exchange" (PDF). London School of Economics and Political Science. p. 89.
  32. Lyons, Terrence (1996). "Closing the Transition: the May 1995 Elections in Ethiopia". The Journal of Modern African Studies (en inglés) 34 (1): 121–142. doi:10.1017/S0022278X00055233.
  33. Institute for Policy Studies (ed.). "The War Between Ethiopia and Eritrea" (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2019.
  34. 34,0 34,1 Agencia EFE, ed. (15/02/2018). "Dimite el primer ministro de Etiopía Hailemariam Desalegn" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2019.
  35. EcoDiario.es, ed. (02/04/2018). "Abiy Ahmed, un joven oromo como nuevo primer ministro para apaciguar Etiopía" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2019.
  36. Eritrea Ministry of Information (ed.). "Joint Declaration of Peace and Friendship between Eritrea and Ethiopia".
  37. abayetiopía.org (ed.). "Clima y geografía de Etiopía" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2019.
  38. 38,0 38,1 38,2 38,3 38,4 38,5 Goberno de Etiopía (ed.). "About Ethiopia/Economy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 16 de maio de 2019.
  39. 39,0 39,1 Goberno de Etiopía (ed.). "Constitution of Ethiopia: State Structure" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2018. Consultado o 15 de maio de 2019.
  40. 40,0 40,1 qotera.org (ed.). "Ethiopian Census 2007" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019.
  41. 41,0 41,1 Expansión (ed.). "Etiopía: Economía y demografía" (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2019.
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 42,4 42,5 42,6 42,7 theodora.com (ed.). "Ethiopia Economy 2019" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2019.
  43. Xinhuanet.com, ed. (05/10/2016). "Etiopía y Yibuti inauguran primer ferrocarril electrificado moderno de Africa" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2019.
  44. qotera.org (ed.). "Ethiopian Census 1994" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019.
  45. worldlifeexpectancy.com (ed.). "Ethiopia: Life expectancy" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019.
  46. Expansión (ed.). "La natalidad se reduce en Etiopía en 2016". Datos Macro (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2019.
  47. Expansión (ed.). "Sube la tasa de alfabetización entre los etíopes". Datos Macro (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2019.
  48. worldlifeexpectancy.com (ed.). "Ethiopia: HIV/AIDS" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019.
  49. indexmundi.com (ed.). "Habitantes infectados con VIH/SIDA - Mundo" (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2019.
  50. Goberno de Etiopía (ed.). "The People and the Culture" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 16 de maio de 2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.et

.et é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Etiopía.

Adís Abeba

Adís Abeba (en amhárico: አዲስ አበባ, Āddīs Ābebā Nova Flor) é a capital de Etiopía. En 2008 tiña 3 384 569 habitantes.

Aeroporto de Adís Abeba-Bole

O aeroporto internacional de Adís Abeba-Bole (IATA: ADD, OACI: HAAB) é un aeroporto que serve a cidade de Adís Abeba, a capital e cidade máis grande de Etiopía. Está situado na área de Bole, a 6 quilómetros ao sueste do centro da cidade e a 65 ao norte de Debre Zeyit. Anteriormente foi coñecido como aeroporto internacional Haile Selassie I. É o principal centro de conexións de Ethiopian Airlines, a aeroliña nacional, que opera voos a Etiopía, o continente africano, Asia, Europa e América. O aeroporto tamén é base da academia de aviación de Ethiopian Aviation Academy.

Alfabeto ge'ez

O alfabeto ge'ez (ግዕዝ Gəʿəz), (tamén coñecido como etíope) é un sistema de escrita alfasilabario empregado por varias linguas de Etiopía e Eritrea. Orixinouse como un abjad (alfabeto só consonántico) e foi empregado primeiramente para escribir a lingua ge'ez, hoxe unha lingua litúrxica da Igrexa Etíope Tewahedo e da Igrexa Tewahedo de Eritrea. En amhárico e tigriña chámase fidäl (ፊደል), que significa "escrita" ou "alfabeto".

O alfabeto ge'ez foi adaptado para escribir outras linguas, moitas delas semíticas, particularmente ó amhárico en Etiopía, e o tigriña en Eritrea e Etiopía. Tamén é usado no sebatbeit, no me'en, e noutras linguas de Etiopía. En Eritrea emprégase no tigré, e tradicionalmente polo blin.

Bandeira de Etiopía

A versión actual da bandeira de Etiopía foi adoptada o 6 de febreiro de 1996, aínda que a súa forma final estaba regulada por decreto dende 1986.

O artigo 3. 1 da Constitución de Etiopía establece a forma da bandeira do estado (verde, amarelo e vermello sen máis precisións).

O artigo 3. 2 establece que o emblema debe reflectir a igualdade das nacións, nacionalidades, pobos e relixións en Etiopía e a súa aspiración a vivir xuntos.

O artigo 3. 3 establece que cada estado membro da Federación terá a súa propia bandeira e emblema; os detalles particulares os establecerán os seus respectivos parlamentos.

a bandeira nacional regulouse de acordo coa proclamación 16/1996 do 6 de febreiro de 1996 que tamén estableceu o escudo. Esta proclamación entrou en vigor o mesmo día.

Cepheus

Cepheus ou Cefeo é unha constelación do norte que representa ó lendario rei de Etiopía Cefeo, casado con Casiopea e pai de Andrómeda. É unha das 88 constelacións modernas e unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo.

Djibuti

Djibuti (/dʒɪˈbuːti/; árabe: جيبوتي Jībūtī, francés: Djibouti, somalí: Jabuuti, afar: Gabuuti), ou Xibutí, oficialmente República de Djibuti é un país situado no Corno de África. Está bordeado por Eritrea no norte, Etiopía no oeste e sur e Somalia no sueste. O resto da fronteira está formado polo Mar Vermello e o Golfo de Adén ao leste. Djibouti ocupa unha superficie total de só 23.200 km².Na antigüidade, o territorio formaba parte da Terra de Punt e despois do Reino de Aksum. A próxima Zeila (agora en Somalia) foi a sede do medieval Adal e do Sultanato de Ifat. A finais do século XIX, a colonia de Somalilandia estableceuse seguindo os tratados asinados polos sultanes somalíes e afar con Francia e o seu ferrocarril ata Dire Dawa (máis adiante Addis Ababa) permitiulles substituír rapidamente a Zeila como o porto para o sur de Etiopía e Ogaden. Máis tarde foi renomeado como o Territorio francés dos Afar e dos Issas en 1967. Unha década máis tarde, o pobo xibutí votou pola independencia. Isto marcou oficialmente o establecemento da República de Xibutí, chamada así pola súa capital. Djibouti uniuse ás Nacións Unidas o mesmo ano, o 20 de setembro de 1977. A principios de 1990, as tensións sobre a representación do goberno levaron a conflito armado xibutiano, que terminou nun acordo de repartición de poder en 2000 entre o partido gobernante e a oposición.Djibouti é unha nación multiétnica cunha poboación de 942.333 habitantes. O somalí, o árabe e o francés son ​​as tres linguas oficiais do país. Cerca do 94% dos residentes practican o islam, que é a relixión oficial e é predominante na rexión desde fai máis de mil anos. Os somalíes (Clan Issa e afar compoñen os dous grupos étnicos máis grandes. Ambos falan linguas afroasiáticas.Djibouti está estratégicamente situado preto dalgúnhas das rutas marítimas máis importantes do mundo, controlando o acceso ao Mar Vermello e ao Océano Índico. Serve como un centro clave de reabastecemento e transbordo e é o principal porto marítimo para a importación e exportación da veciña Etiopía. Un crecente centro comercial, a nación é a sede de varias bases militares estranxeiras, incluíndo Camp Lemonnier. O organismo rexional da Autoridade Intergubernamental para o Desenvolvemento (IGAD) tamén ten a súa sede en Djibouti.

Eritrea

Eritrea (tigriña: ኤርትራ, Ertrā; árabe: إريتريا, Irītriyā), oficialmente Estado de Eritrea (tigriña: ሃገረ ኤርትራ, Hagere Ertra; árabe: دولة إرتريا, Dawlat Iritriyá), é un país africano, limitado ó norte e leste polo Mar Vermello, ó sur con Djibuti e con Etiopía e ó oeste con Sudán. Corresponde ó antigo litoral de Etiopía, da cal tornouse independente en 1993 despois dunha longa guerra.

Ethiopian Airlines

Ethiopian Airlines (amhárico: የኢትዮጵያ አየር መንገድ, Yäitəyop̣əya äyärə mänəgädə); acurtado como የኢትዮጵያ, Yäitəyop̣əya), anteriormente Ethiopian Air Lines (EAL) e normalmente coñecida sinxelamente como Ethiopian, é a aeroliña nacional de Etiopía e pertence na súa totalidade ao goberno do país. EAL fundouse o 21 de decembro de 1945 e comezou a operar o 8 de abril de 1946, iniciando voos internacionais en 1951. En 1965 cambiou o seu nome de Ethiopian Air Lines a Ethiopian Airlines. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional dende 1959 e da Asociación de Aeroliñas Africanas (AFRAA) dende 1968. Ethiopian é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance, á cal se uníu en decembro de 2011.

O seu centro de conexións e sede atópanse no aeroporto de Adís Abeba-Bole, dende onde serve unha rede de 125 destinos de pasaxeiros e 44 de carga. Ethiopian voa a máis destinos en África que calquera outra aeroliña. É unha das compañías cun crecemento máis rápido na industria e é a máis grande do continente africano.

Haile Selassie

Haile Selassie I (en ge'ez: ቀዳማዊ ኃይለ ሥላሴ, qädamawi haylä səllasé), nado como Tafari Makonnen Woldemikael o 23 de xullo de 1892 e finado o 27 de agosto de 1975, foi o derradeiro emperador de Etiopía (de iure: 1930-1974; de facto: 1916-1936 e 1941-1975), e tamén é recoñecido e predicado coma o Deus feito home, o Señor, entre os membros do movemento rastafari.

Imperio de Etiopía

O imperio de Etiopía (en amhárico መንግሥተ፡ኢትዮጵያ, Mängəstä Ityop'p'ya), coñecido tamén como Abisinia, foi un imperio africano fundado contra 1270, cando Yekuno Amlak derrocou o último rei da dinastía Zagwe Yetbarak, dando orixe á dinastía Salomónica, así chamada debido á súa suposta descendencia do rei Salomón.

Yekuno Amlak asumiu o título de negus neghesti (ንጉሠ ነገሥት), é dicir, "rei de reis".

Naquela época o imperio comprendía o territorio hoxe coñecido como Etiopía e algunhas parte do sur de Eritrea, pero no momento do seu máximo esplendor, tamén incluía o norte de Somalia, Djibuti, o sur de Exipto, o Sudán oriental, o Iemen e o occidente da Arabia Saudita.

O imperio tivo unha duración de case 750 anos, desde o derrocamento da dinastía Zagwe en 1270 até a abolición da monarquía en 1975.

Considérase como o descendente directo do reino de Aksum, existente desde o século IV antes de Cristo, razón pola cal foi considerado por algúns como o Estado máis antigo do mundo.

O impero subsistiu até 1974, cando a monarquía foi derrocada por un golpe de Estado.

Foi a única nación africana (xunto con Liberia) que resistiu con éxito a repartición de África levada a cabo polas potencias coloniais durante o século XIX.

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Lingua amhárica

O amhárico (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada polos amháricos no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2 700 000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.

É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.

Escríbese usando un alfasilabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.

Península de Arabia

Arabia é unha vasta península localizada en Oriente medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Río Nilo

O río Nilo (النيل en árabe) é o maior río de África, que flúe en dirección norte a través de dez países —Burundi, Ruanda, Tanzania, Uganda, Quenia, República Democrática do Congo, Sudán do Sur, Sudán, Exipto e Etiopía— ata desaguar no extremo sueste do mar Mediterráneo, formando o gran delta do Nilo, sobre o que están situadas as cidades do Cairo e Alexandría. Ten unha lonxitude de 6853 km, o segundo río más longo do mundo, tras o Amazonas.

A fonte máis afastada do lago Vitoria é o río Kagera, localizado ao oeste de Tanzania. Se se considera este como fonte do Nilo, o seu nacemento sería o curso de auga máis longo dos que desembocan no Mediterráneo, sendo o Nilo-Kagera o segundo río máis longo do mundo, cunha lonxitude de 6853 quilómetros. Durante séculos foi considerado o río máis longo do mundo; con todo, medicións dos anos 2007 e 2008 redefiniron o nacemento do Amazonas na conca do río Apurímac ao sur do Perú, designándoo como o río máis longo do mundo.O Nilo está situado ao nordeste do continente africano e tomou a súa actual configuración o final da era terciaria. O Nilo ten dous tributarios claros ou fontes principais: o Nilo Branco e o Nilo Azul dos cales o primeiro é máis longo. O primeiro atravesa os Grandes Lagos de África, tendo a súa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E), e flúe cara ao norte por Tanzania, o lago Vitoria, Uganda, Sudán do Sur e Sudán, mentres que o Nilo Azul comeza no lago Tana, en Etiopía, e flúe ao longo do sueste de Sudán. Os dous ríos xúntanse xusto ao norte da capital sudanesa de Khartún.A parte do norte do río flúe case completamente polo deserto, entre Sudán e Exipto, unha zona cuxa civilización dependeu do río desde hai milenios. A maior parte da poboación de Exipto e todas as súas cidades —fóra das do delta do Nilo e os oasis— atópanse ao longo do val do Nilo (ao norte de Asuán), e a maioría dos lugares de interese cultural e histórico áchanse ao longo das ribeiras do río. A desembocadura do río conforma o delta do Nilo, que desemboca no mar Mediterráneo.

A bacía do Nilo cobre 3.254.555 km², preto do 10% da superficie de África.

Somalia

Somalia (somalí: Soomaaliya, árabe: الصومال, As-Sumal) é un país africano do Corno de África, limitado a norte por Djibuti e polo Golfo de Adén, do outro lado do cal se atopa o Iemen, a leste e a sur polo Océano Índico, por onde fai fronteira cun arquipélago iemení dominado pola illa de Socotorá e a oeste polo Quenia e pola Etiopía. Capital: Mogadiscio. Somalia é o único país africano no que toda a poboación fala soamente unha lingua, o somalí.

Somalilandia

Somalilandia ou República de Somalilandia (en somalí: Jamhuuriyadda Soomaaliland; en árabe جمهورية أرض الصومال Jumhūrīyat Arḍ aṣ-Ṣūmāl) é un país independente de facto, pero non recoñecido por todas as nacións, xa que a consideraban como unha rexión autónoma de Somalia.Situado ao noroeste da península de Somalia, no chamado Corno de África, limita ao norte co golfo de Adén, ao leste con Somalia (e hoxe, con Puntlandia, que se separou dela), ao sur e ao suroeste con Etiopía e ao oeste con Djibuti.

África

África ( pronunciación ) é o segundo continente en poboación e extensión, despois de Asia. A súa área é de 30.249.096 km², incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20% da superficie da Terra. Con 1 200 millóns de persoas no ano 2016, representa o 16% da poboación mundial. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste co océano Atlántico, ao sur coa conxunción dos océanos Atlántico e Índico e ao leste co mar Vermello e o océano Índico. O continente inclúe a illa de Madagascar e varios arquipélagos. Conta con 54 estados soberanos plenamente recoñecidos, nove territorios e dous estados independentes de facto non recoñecidos ou con recoñecemento limitado. A maioría do continente e dos seus países atópanse no hemisferio norte, mais cunha parte substancial no hemisferio sur.A poboación media de África é a máis nova de entre tódolos continentes; cunha media de idade no 2012 de 19,7 anos, mentres que no resto do mundo a media era de 30,4. Alxeria é o país africano máis grande en superficie, e Nixeria o que conta coa maior poboación. África, particularmente a zona central leste, está considerada a orixe da humanidade e da árbore Hominidae (homínidos) segundo unha das hipóteses científicas da evolución humana (a da "arca de Noé"), pola descuberta alí dos restos máis antigos dos antecesores humanos, datados darredor duns sete millóns de anos, como poden ser Sahelanthropus tchadensis, Australopithecus africanus, A. afarensis, Homo erectus, H. habilis ou H. ergaster; e o Homo sapiens atopado en Etiopía duns 200.000 anos. África é atravesada polo ecuador e conta con numerosas áreas climáticas, sendo o único continente en ter climas temperados nas súas zonas norte e ur.Africa alberga unha gran diversidade étnica, cultural e lingüística. A finais do século XIX, os países europeos colonizaron case toda África; a maioría dos actuais estados de África xurdiron dun proceso de descolonización durante o século XX. As nacións africanas cooperan a través da Unión Africana, cuxa sede está en Adís Abeba.

África do Norte

África do Norte é a rexión máis ao norte do continente africano, separada polo deserto do Sáhara da África Subsahariana. Segundo a ONU o norte de África abrangue os territorios seguintes: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos, Sudán, Tunisia e o territorio disputado do Sáhara Occidental. As cidades autónomas españolas de Ceuta e Melilla son xeograficamente parte da África do Norte xunto con enclaves menores como: Perejil, Peñón de Vélez de la Gomera, Illa de Alhucemas e as Chafarinas, así como as illas Canarias, Madeira e Salvaxes, Mauritania, Malí, Níxer e Chad. Máis raramente aparecen formando parte de África do Norte, Etiopía e Eritrea.

Países
Países con parte africana
Outros territorios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.