Et alii

Et alii, abreviada xeralmente como et al., é unha locución latina que significa literalmente «e outros». Usase sobre todo en repertorios bibliográficos, cando hai máis autores ademais dos citados nunha referencia, de tal maneira que se evita ter que nomealos a todos. O seu valor é semellante ao de etcétera, pero referido a persoas. Colocase tipograficamente en cursivas (o subliñada nos manuscritos), como corresponde aos vocábulos doutros idiomas.

En términos legais significa que os que firman non son os únicos responsables do firmado. A referencia non se adoita utilizar na bibliografía final, onde se espera que aparezan de maneira detallada os datos das obras consultadas.

Por exemplo: A primeira vez nomearíase: (Moore, Estrich, McGillis e Spelman, 1984, p. 33) e a segunda: (Moore et al., 1984, p. 46)

Almanaque Gallego

Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).

O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.

Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Antonio Meijide Pardo

Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.

Antonio Odriozola

Antonio Odriozola Pietas, nado en Gasteiz o 1 de xuño de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1987, foi un bibliógrafo, investigador e erudito vasco.

Antonio Rey Soto

Antonio Rey Soto, nado en Arrabaldo (Ourense) o 18 de febreiro de 1879 e finado en Madrid o 20 de febreiro de 1966, foi un sacerdote, escritor e destacado bibliófilo galego.

Carlos Ferrás Sexto

Carlos Ferrás Sexto, nado en Compostela en 1965, é un xeógrafo e académico galego.

Era tempo de apandar

Era tempo de apandar é a segunda novela que publicou Ramón de Valenzuela en 1980. Nela continua co ton autobiográfico que xa introduciu en Non agardei por ninguén e pode lerse como unha continuación desta.

Fento dos valos

O fento dos valos ou fento das pedras (Polypodium vulgare L.) é unha especie de fieito da familia Polypodiaceae.

Fernando Acuña Castroviejo

Fernando Acuña Castroviejo, nado en Santiago de Compostela en 1945 e finado o 13 de setembro de 2016, foi un arqueólogo galego.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Joaquín Yáñez

Joaquín Yáñez Rodríguez, nado en Vigo o 20 de agosto de 1814 e finado o 5 de setembro de 1892, foi un avogado, xornalista, historiador, empresario e político galego, alcalde de Vigo e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

Lingua pisidia

O pisidio é unha lingua morta da familia indoeuropea. Era falada na rexión de Pisidia, na Anatolia, na antigüidade. O pisidio pertence á póla das linguas anatolias e é coñecido por unha trintena de inscricións funerarias (nomes propios) dos séculos -III e -II.

Lope de Rueda

Lope de Rueda, nado en Sevilla en 1510 e finado en Córdoba en 1566, foi un actor andaluz, un dos primeiros actores profesionais na Península Ibérica. Ademais, foi un dramaturgo de gran versatilidade que escribiu comedias, farsas e entremeses. Está considerado o precursor do Século de Ouro do teatro en España.

Morfoloxía (lingüística)

A morfoloxía é unha rama da lingüística que se encarga da forma das palabras nas linguas flexivas, da combinación dos diversos morfemas e das categorías en que estes se organizan.

O campo de traballo da morfoloxía é variable, segundo sexa o tipo de palabras coas que se traballe (verbal ou conxugación, nominal ou flexión e declinación, ...), os morfemas (raíz, formantes, bases, terminacións, ...), ou sistema de derivación (flexión, derivación, paronomasia, sufixos, prefixos, interfixos, infixos, afixos)

Non agardei por ninguén

Non agardei por ninguén é a primeira novela de Ramón de Valenzuela, publicada en 1957 en Buenos Aires por editorial Citania. A obra está estruturada como un diario sen datas, e con ela inaugúrase o tema da guerra civil na literatura galega. A trama da obra mostra un ton autobiográfico, feito habitual nas obras deste autor.

Novela histórica

A novela histórica é un xénero literario que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor mais coñecido deste xénero sexa Walter Scott ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.

Pazo de Raxoi

O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés , sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único.

Sphyrna mokarran

A Sphyrna mokarran é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia dos esfírnidos.

Teodosio Vesteiro Torres

Teodosio Vesteiro Torres, nado en Vigo o 12 de xuño de 1847 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1876, foi un músico, xornalista e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.