Estudios Mindonienses

Estudios Mindonienses é o anuario de estudos histórico-teolóxicos da Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol. O seu primeiro volume é do ano 1985. Ao longo dos seus máis de vinte e cinco anos de vida configurouse como un referente cultural en Galicia. Posúe un fondo documental con máis de 500 cabeceiras de publicacións científicas. Mantén intercambio de publicacións con institucións académicas, universitarias e culturais tanto nacionais como internacionais.[1] A súa sé localízase no edificio da Domus Ecclesiae de Ferrol, sé episcopal na cidade. A publicación estivo dirixida polo teólogo e catedrático da Universidade Pontificia de Salamanca Segundo Leonardo Pérez López.

Estudios Mindonienses
PaísEspaña
Circulación
ISSN0213-4357

Autores

Ten publicado artigos de, entre outros, os seguintes autores: José Miguel Andrade Cernadas, Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Nicandro Ares, Edelmiro Bascuas, Enrique Cal Pardo, Carlos de Castro Álvarez, Xosé García Oro, Isidro García Tato, José Gea Escolano, Leonardo Lemos Montanet, José Luis López Sangil, Manuel Lucas Álvarez, Francisco Mayán, José Martinho Montero Santalha, José Luis Novo Cazón, Ramón Otero Pedrayo, Segundo Leonardo Pérez López, Álvaro Porto Dapena, Manuel Jesús Precedo Lafuente, Francisco Puy Muñoz, Enrique Rivera Rouco, José María Rodríguez Díaz, Manuel Sánchez Monge, Mauro Varela, Alfredo Vigo Trasancos, José Villa-amil y Castro e Carlos Villanueva Abelairas.

Notas

  1. Loureiro, Ramón (18/01/2007). "«Estudios Mindonienses», a mirada cristiá ante a historia". La Voz de Galicia (Ferrol).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andrés Aguiar Caamaño

Andrés Aguiar Caamaño, nado en Cervaña (Silleda) en febreiro de 1728 e finado en Mondoñedo o 12 de novembro de 1816, foi un relixioso galego.

Carlos de Castro Álvarez

Carlos de Castro Álvarez, nado en 1960 en Castil de Vela (Palencia), é un historiador e escritor residente en Pontedeume.

Casa de Traba

A familia Froilaz-Traba ou casa de Traba (escrito Trava na maioría das fontes históricas), foi unha importante liñaxe nobiliaria do Reino de Galiza que tivo un papel político preponderante durante os séculos XI e XII. A súa orixe xenealóxica remóntanse até o século IX, onde liga coa mais antiga nobreza do reino e continúa até o século XIII momento no que, após da morte sen herdeiros directos do seu último representante Roi Gómez de Trastámara, dou lugar a outras destacadas liñaxes baixomedievais.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Edelmiro Bascuas

Edelmiro Bascuas López, nado na Meda (Castroverde) o 15 de abril de 1931 e finado na Coruña o 10 de febreiro de 2011, foi un teólogo e lingüista galego.

Enrique Costas Márquez

Enrique Costas Márquez, nado en Morgadáns (Gondomar) en 1861 e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 1925, foi un sacerdote e xornalista galego.

Illa de Sálvora

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

José Luis López Sangil

José Luis López Sangil, nado na Coruña o 27 de marzo de 1938 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 2016 , foi un enxeñeiro industrial e historiador galego.

Lista de palabras galegas de orixe celta

Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas. As palabras marcadas cun asterisco (*) non están plenamente comprobadas e son polo tanto casos hipotéticos.

Aínda non existe unha investigación coidadosa e sistemática sobre o léxico galego de orixe celta.

Mailoc

Mailoc (ou Maeloc) foi un bispo galego de orixe bretoa do século VI.

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Pedro Froilaz de Traba

Pedro Froilaz (tamén escrito Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernando Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.

Raimundo de Borgoña

Raimundo de Borgoña, tamén coñecido como Reimundo de Borgoña, nado en Besançon cara a 1070 e finado en Grajal de Campos no 24 de maio de 1107, foi un nobre do Condado de Borgoña, fillo do conde Guillerme I e irmán do papa Calisto II.

No ano 1087 acudiu á península ibérica, xunto con outros nobres franceses, para deter o avance dos exércitos almorábides, vencedores das forzas cristiáns na batalla de Zalaca. Durante a súa estadía foi concertada unha alianza política que incluía o seu casamento coa infanta Urraca, filla e herdeira do rei Afonso VI, o que o colocou no primeiro posto da liña sucesoria. O rei Afonso confioulle dúas importantes tarefas, o goberno dun Reino de Galicia no que se tiña desencadeado recentemente unha revolta nobiliar que ameazaba coa secesión do territorio, e a defensa das terras fronteirizas cos reinos musulmáns, en especial da recentemente anexionada taifa de Toledo.

Froito dos seus esponsais con Urraca naceron dous fillos, a infanta-raíña Sancha Raimúndez e o futuro emperador Afonso VII, primeiro rei da chamada dinastía de Borgoña nos reinos de Galicia, León e Castela.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Salvaterra de Miño, Monção, Tui e Valença do Minho.

Segundo Leonardo Pérez López

Segundo Leonardo Pérez López, nado no Buriz, Guitiriz o 8 de decembro de 1948, é un historiador e teólogo galego.

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Xosé Manuel Blanco Prado

Xosé Manuel Blanco Pardo, nado na Coruña o 14 de abril de 1950, é un etnógrafo e ensaísta galego.

Xoán Ramón Fernández Pacios

Xoán Ramón Fernández Pacios, nado en Foz en 1965, é un historiador galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.