Estudantes Revolucionarios Galegos

Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e a morte dun estudante pola policía, en decembro de 1972, encargouselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, artellar unha organización que agrupase aos universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar a un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consegue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1.000 delegados e elíxese unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973.[1] ERGA constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil, conseguiu unha ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.[2]

Notas

  1. Francisco Fernández Rei. A contribución ao proceso de normalización lingüística de partidos políticos, sindicatos, institucións e asociacións que desenvolven o seu labor na cidade da Coruña. I A reivindicación da lingua galega nas décadas de 1960 e 1970 en Lingua e cidade: I Xornadas sobre lingua e usos (PDF) Arquivado 05 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. Universidade da Coruña, 2005. páx. 149
  2. Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago, 2003, páx. 51

Bibliografía

  • VVAA; ERGA, un lume que prendeu, Fundación Bautista Álvarez, 2011.
Agrupación Cultural Lóstrego

A Agrupación Cultural Lóstrego foi unha asociación cultural formada en Madrid nos anos setenta por estudantes e profesionais cuxo obxectivo principal era expandir a cultura galega e promover as relacións entre os emigrantes galegos na capital. Os seus fundadores foron Cesáreo Sánchez Iglesias (quen tamén foi presidente) e Emilio López Pérez, entre outros. Lóstrego non conseguiu manter a súa independencia por moito tempo e fusionouse con Irmandade Galega a comezos dos oitenta, dando lugar á Irmandade Galega-Lóstrego. No 2014, algúns dos seus antigos integrantes reuníronse en Samos para tentar reabrir a agrupación.

Manuel Mera

Manuel Mera Sánchez, nado en Seoane (Allariz) o 1 de febreiro de 1946, é un sindicalista e político galego.

Unión do Povo Galego

A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1.300 militantes e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG.

A Unión da Mocidade Galega que se constituíu en 1977 é a organización xuvenil do partido.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.