Estripeiro

O estripeiro[1][2] (Crataegus monogyna), é unha especie de arbusto ou arboriña fanerógama pertencente á familia das rosáceas. É unha arboriña espiñenta común nas fragas de Galiza, abundando en toda a Europa atlántica. Recibe tamén os nomes vulgares de estripo[3][4], escambrón[5][6], espiño albar[7] ou espiño branco.

Estripeiro
Common hawthorn

Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: Crataegus
Especie: C. monogyna
Nome binomial
Crataegus monogyna
Jacq.
Crataegus monogyna 4
Póla de estripeiro con follas e típicos froitos

Etimoloxía

Crataegus provén do grego kratos e significa 'forte', probabelmente facendo referencia á súa madeira. Monogyna, de mono 'un' e gynos 'pistilo', referíndose a que ten un único estilo en cada flor.

Descrición

É unha árbore de catro a seis metros de altura, con ramas espiñentas, follas lampiñas e aserradas, caducas, flores brancas, olorosas e en corimbo, e froito ovoide, revestido de pel tenra e avermellada que encerra unha polpa doce e unha única semente, de aí o seu nome, aparecendo raras veces dúas.

Poden ser arbustos ou pequenos árbores de 5–14 m de altura, cunha densa coroa. A casca é grosa e parda con gretas verticais laranxa. Os talos máis novos teñen espiñas romas, de 1 a 1,5 cm de longo. Follas de 2–4 cm de longo, obovadas e profundamente lobuladas, ás veces case até o centro, cos lóbulos abertos nun amplo ángulo. A face superior é verde negrexo e pálido na cara anversa.

Common hawthorn flowers
Flores do estripeiro.

As flores emíteas a fins de primavera (maio a xuño na súa área nativa) en corimbos de 5-25 xuntas; cada flor de preto de 1 cm de diámetro, con cinco pétalos brancos, numerosos estames vermellos, e un singular estilo; son moderadamente fragrantes. Tarde na estación dá numerosas froitas pequenas, ovais, vermello escuras de preto de 1 cm de lonxitude, tipo cereixa, pero estruturalmente un pomo contendo unha soa semente. As froitas son importantes para a vida silvestre no inverno, particularmente aves que as comen e dispérsanas nas súas deposicións.

Distínguese do seu parente menos expandido Crataegus laevigata nas súas follas profundamente lobuladas e desprendibles, e nas flores cun só estilo, non dous nin tres. Con todo son interfértiles e a hibridación é frecuente; só distinguibles nas súas típicas formas. No sur da Península Ibérica aparece a variedade Crataegus monogyna subsp. brevispina.

Usos

Plántase como sebe, especialmente para uso agrícola. As súas espiñas e ramaxe pechado convérteno nunha boa barreira para encerrar gando e impedir o paso de persoas. En Galiza empregábase para enxertar outras rosáceas (froiteiras). Hai varios híbridos, algúns como arbustos de xardín. O híbrido máis usado é Crataegus × macrocarpa (C. monogyna × C. laevigata; sen. C. × media), do cal se coñecen varios cultivares, incluíndo o moi popular 'Paul's Scarlet' con dobres flores rosa escuras. Outro arbusto de xardín que involucraría ó Crataegus común, son Crataegus heterophylla do Cáucaso, que é raro en parques e xardíns.

Polo que se refire ó seu uso medicinal, os ingredientes activos das súas flores son: taninos, flavonoides, aceites esenciais, triterpenos e derivados de purinas. Os dos seus froitos: taninos, flavonoides, pigmentos e vitaminas. Unha infusión de Crataegus úsase para tratar varios problemas de corazón e circulatorios e como soporte de terapia con Digitalis. As follas novas son boas en ensaladas. E a froita serve para facer viño, marmeladas e agregar sabor ó brandy.

Etnografía

En inglés, o dito que lembra a conveniencia de manter roupa de abrigo até avanzada a primavera (ne'er cast a clout 'til may is out) non se refire á fin do mes de maio, senón ao florecemento do estripeiro ('may').

No folclore celta-gaélico, o estripeiro (en gaélico, Sgitheach) marca a entrada do Outro Mundo e se asocia coas fadas.[8] É moi desafortunado cortar a árbore agás que estea agromando, cando é decorada como o "Arbusto May" (ver Beltane).[9] Estas arboriñas atópanse nas áreas de peregrinación místicas célticas; son arbustos sagrados coñecidos coma 'rag trees', literalmente árbores de farrapos, polas tiras de roupa tendidas sobre elas como parte de rituais sagrados, como ocorre en Santo André de Teixido.[10]

Nome común

Silvo, silva garvanceira, raspiñeiro, pereira brava branca, estripo, estripieiro, estripeiro branco, estripeiro, esterpe, espiño negro, espiño mouro, espiño de maceira, espiño bravo, espiño branco, espiño branco, espiño, espiñeiro, espino, espín, espieiro, espicho, escramboeiro, escarambón manso, escarambón, escambruñeiro bravo, escambrón bravo, escambrón, escallo, escalleiro e escalambrón.[11]

Galería de imaxes

Joncret AR1aJPG

Estripeiro.

Crataegus monogyna corteza

Casca do estripeiro.

Crataegus monogyna(03)

Hábitat.

Crataegus-monogyna-total

Estripeiro polo inverno.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estripeiro.
  2. Nome vulgar galego preferido en Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; no "Vocabulario forestal", Universidade de Santiago de Compostela, 2012; e no DRAG.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estripo.
  4. VV. AA. (2012): Vocabulario forestal, pax. 101. Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo. ISBN 978-84-9887-920-9
  5. VV. AA. (2012): Vocabulario forestal, pax. 93. Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo. ISBN 978-84-9887-920-9
  6. Cómpre ter en conta que o nome de escambrón emprégase polo contrario no DRAG como sinónimo do abruñeiro
  7. VV. AA. (2012): Vocabulario forestal, pax. 98. Universidade de Santiago de Compostela/Deputación de Lugo. ISBN 978-84-9887-920-9
  8. Campbell, John Gregorson (1900, 1902, 2005) The Gaelic Otherworld. Ed. Ronald Black. Edinburgh, Birlinn Ltd. ISBN 1-84158-207-7 p.345
  9. Danaher, Kevin (1972) The Year in Ireland: Irish Calendar Customs Dublin, Mercier. ISBN 1-85635-093-2 pp.86-127
  10. Healy, Elizabeth (2002) In Search of Ireland's Holy Wells. Dublin, Wolfhound Press ISBN 0-86327-865-5 pp. 56-7, 69, 81
  11. "Escambrón, estripo (Crataegus monogyna Jacg.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 29 de outubro de 2016.
Abruñeiro

O abruñeiro ou escambrón (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.

As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervos do envés.

As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.

O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.

En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.

O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce.

Arbusto

Un arbusto é un vexetal leñosos de mediano porte, entre as herbáceas e os árbores; é un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.

A diferenza das árbores, que só teñen un só talo ou toro, considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, tamén son chamados neste caso gamallos (como é o caso das urces); outros poden acadar varios metros de altura, sendo considerados ás veces arboriñas (é o caso da abeleira).

Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o tomiño (xénero Thymus) ou o cantroxo (xénero Lavandula) son matos leñosos ou, como tamén se di, subarbustos. Termos coma árbore, arbusto ou gamallo/mato describen biotipos na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos caméfito, nanofanerófito e microfanerófito.

É frecuente que especies que se presentan normalmente coma arbustos crezan coma árbores, ou onde as circunstancias ecolóxicas son distintas, como ocorre co Quercus coccifera no norte de África, ou por un esforzo deliberado no cultivo, como se ve ás veces co loendro (Nerium oleander).

As plantas rubideiras considéranse por algúns coma arbustos gateadores.

Cambroeira

Ter en conta que co termo cambrón ou espiño cambrón desígnanse diferentes especies: "Crataegus monogyna" (estripeiro ou escambrón) ou "Pyrus cordata" (pereira brava). Tampouco confundir coa camariñeira ou camariña ("Corema album" (L.) D. Don.).

Co termo cambroeira ou cambrón desígnanse as diversas especies de arbustos pertencentes ao xénero Lycium (da familia solanaceae), de 1 a 3 m de altura, moi ramificados, espiñentos, con follas lanceoladas ou oblongas, flores axilares, tubulares, solitarias ou en grupos reducidos, con corola a xeito de campá de cor vermella ou violácea, estames soldados a esta, e froitos en baga indehiscente, que medran nas sebes e nos bordos dos camiños. A polinización adoita ser entomófila ou mediante aves, grazas á presenza dun disco nectarífero intraestaminal.

Comprende 83 especies distribuídas en zonas subtropicais, xeralmente áridas e secas, por todo o globo. O froito dalgunhas especies emprégase na medicina tradicional chinesa coma menciña para os problemas de circulación sanguínea, recibindo o nome de gouqizi (枸杞子). En Galiza son raros.

Carballeira

Unha carballeira ou touza é un lugar poboado de carballos (especies do xénero ‘’Quercus sp.’’).

Crataegus

Para outros usos véxase Estripeiro

Crataegus é o nome científico dun dos dous xéneros nos que se dividen os espiños, un clado grande de arbustos e de árbores miñudas na familia Rosaceae, naturais das rexións temperadas do Hemisferio Norte en Europa, Asia e América do Norte. É a flor do estado de Missouri. En galego coñécense coma espiñeiros, espiños, estripeiros ou estripos.

Caracterízanse polos seus froitos miúdos, semellantes a un pero e as súas pólas espiñentas. O xénero relaciónase co asiático Rhaphiolepis. En Galiza é común a especie Crataegus monogyna (o estripeiro común).

Donas, Gondomar

Santa Baia de Donas é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.318 habitantes (666 mulleres e 652 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 1.469 habitantes, sendo 741 homes e 728 mulleres.

Enxerto (agricultura)

Un enxerto é un método de multiplicación vexetativa artificial dos vexetais que consiste en enxerir unha parte do tecido dunha planta ou árbore (o esgallo, escallo, puga ou tano) no tronco ou póla doutra (o padrón, pé ou portaenxertos ), para que se desenvolva alí

O enxerto emprégase especialmente para propagar vexetais lígneos de uso comercial, sexan froiteiras ou ornamentais.

O enxerto emprégase para permitir o crecemento de variedade de valor comercial en terreos ou circunstancias que lles son desfavorábeis, aproveitando a maior resistencia do pé usado, ou para asegurarse que as características produtivas dun exemplar se manteñen inalteradas, fronte á dispersión xenética que introduce a reprodución sexual. No caso de híbridos de número cromosómico impar, que son estériles por natureza, a propagación vexetativa é o único xeito de reprodución posíbel. Máis raramente, o enxerto úsase para unir máis dunhas variedade dun mesmo padrón, obtendo así un único exemplar que produce froitos ou flores de varias características diferentes.

O enxerto só é posíbel entre especies máis ou menos estreitamente relacionadas, posto que doutro xeito os tecidos resultan incompatíbeis e a conexión vascular necesaria para a supervivencia da variedade non se realiza. Normalmente o límite está dado pola pertenza a un mesmo xénero, aínda que existen excepcións; xéneros estreitamente emparentados, como algúns das rutáceas, das cucurbitáceas, ou das rosáceas, que poden funcionar como pé para especies afíns. Un exemplo moi empregado en Galiza é o do estripeiro como padrón para outras froiteiras, todas elas rosáceas.

Na meirande parte dos casos, unha das variedades selecciónase coma raíz pola súa resistencia, e o talo da especie elixida como variedade enxírese sobre esta base. Noutros casos, unha xema da variedade inxírese lateralmente no toro do padrón, e só logo de se asegurar a fusión positiva se corta este último.

Escambrón

Co termo escambrón coñécense diferentes especies botánicas:

A especie Prunus spinosa, o abruñeiro.

A especie Crataegus monogyna, o estripeiro.

Espiña (botánica)

As espiñas son en botánica pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do talo, é dicir, que son pólas reducidas, coma ocorre no abruñeiro (Prunus spinosa) ou na acacia americana (Gleditsia triacanthos), e se denominan espiñas caulinares. Neste caso, o tecido vascular da espiña é unha continuación do leño do talo. Hydrolea spinosa, planta palustre típica de brañas e zonas húmidas, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha folla, como é o caso das cactáceas e das especies do xénero Berberis, e se denominan espiñas foliares. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da raíz a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan espiñas radicais. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.A presenza de espiñas é un carácter que se acha espallado especialmente en plantas típicas das rexións áridas, coma desertos, estepas, bosques secos e espiñeirais. Nestes casos as espiñas son polo xeral o resultado da transformación da follas e permiten reducir a transpiración da planta e auxiliar a economía de auga por mor a que non presentan estomas; é o caso dos toxos. Noutras rexións climáticas e en plantas non xerófitas tamén aparecen espiñas xa que estas estruturas duras e afiadas con ápices agudos, algunhas con puntas a xeito de lanza, anzol ou gancho, son unha excelente defensa contra os animais herbívoros.

Espiñeiro

O termo espiñeiro refírese a diferentes especies de arbustos espiñentos bravos:

Espiñeiro (Crataegus monogyna) arbusto espiñento bravo que dá uns froitiños encarnados, estripeiro, estripo, espiño.

Espiñeiro (Prunus spinosa) arbusto que dá ameixas (abruños) pequenas e comestíbeis, abruñeiro, espiño.

Espiñeiro cerval (Hippophae), espiños que dan unhas bagas miúdas comestíbeis.

Espiñeiro marítimo (Hippophae rhamnoides), especie de espiñeiro cerval.Amais, como topónimo Espiñeiro pode referirse a:

Espiñeiro, lugar da parroquia de Amiudal, no concello de Avión;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Barcia de Mera, no concello de Covelo;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Oleiros;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Folgueira, no concello de Outeiro de Rei;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Figueiró, no concello de Tomiño;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Loño, no concello de Vila de Cruces;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba;

O Espiñeiro, lugar da parroquia de Teis, no concello de Vigo.

Espiño

O termo espiño refírese a distintas especies botánicas arbustivas con espiñas:

Espiño (Crataegus monogyna) arbusto espiñoso bravo, espiñeiro, estripeiro, estripo.

Espiño (Prunus spinosa) arbusto que dá ameixas pequenas e comestíbeis, abruñeiro, espiñeiro.

Espiño de fogo (Pyracantha coccinea) arbusto ornamental que dá unhas bagas miúdas e arroibadas.

Espiño cerval (Hippophae), espiños que dan unhas bagas miúdas comestíbeis.

Espiño marítimo (Hippophae rhamnoides), especie de espiñeiro cerval.Amais, o topónimo galego Espiño pode referirse a:

Espiño, parroquia do concello da Veiga;

Espiño, lugar de dita parroquia;

Espiño, lugar da parroquia de Santa Cecilia de Trasancos, no concello de Ferrol;

Espiño, lugar da parroquia de Videferre, no concello de Oímbra;

Espiño, lugar da parroquia de Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela;

O Espiño, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín;

O Espiño, lugar da parroquia de Sísamo, no concello de Carballo;

O Espiño, lugar da parroquia da Barqueira, no concello de Cerdido;

O Espiño, lugar da parroquia de Silvela, no concello de Friol;

O Espiño, lugar da parroquia de Espiñeira, no concello do Irixo;

O Espiño, lugar da parroquia de Filgueira, no concello de Lalín;

O Espiño, lugar da parroquia de Lebozán, no concello de Lalín;

O Espiño, lugar da parroquia de Pereira, no concello de Ordes;

O Espiño, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Ortigueira;

O Espiño, lugar da parroquia de Ponte, no concello de Silleda;

O Espiño, lugar da parroquia do Vicedo, no concello do Vicedo;

O Espiño, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba;

O Espiño, lugar da parroquia de Gondaísque, no concello de Vilalba;

O Espiño, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro;

O Espiño do Cal, lugar da parroquia de Corvite, no concello de Abadín.

O Cal do Espiño, lugar da parroquia do Alto de Xestoso, no concello de Monfero;

Chan de Espiño, lugar da parroquia de Moreira, no concello de Ponteareas;

A Fonte do Espiño, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros;

A Fonte Espiño, lugar da parroquia de Muíño, no concello de Zas;

O Rego do Espiño, lugar da parroquia de Piúgos, no concello de Lugo;

A Venda do Espiño, lugar da parroquia da Gudiña, no concello da Gudiña;

Pazo do Espiño, construción en Santiago de Compostela;

A Roda de Espiño, castro da parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado.

Fraga (botánica)

Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do home.

Ás veces o termo fraga refírese simplemente a un bosque mixto ou simplemente unha arboreda brava.

Galería de imaxes de flores de Galicia

Galería de imaxes de flores de Galicia.

Lugares de Gondomar

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Gondomar

Monte Aloia

O monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978 e como zona especial de conservación (ZEC). Está situado no concello pontevedrés de Tui e ten unha extensión de 746 hectáreas. A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

Talo

O talo ou caule é, entre as plantas con flores, o eixe, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas.

Diferénciase da raíz pola presenza de entrenós nos que se penduran as xemas auxiliares e as follas, pola ausencia de cofia terminal e pola súa estrutura anatómica. A transición entre raíz e talo faise no "pescozo". Poden existir talos subterráneos como existen raíces aéreas.

Polo seu xeito de crecemento e de ramificación, o talo determina o porte da planta; tamén ten unha función de sostén da planta e de transporte dos elementos nutritivos entre as raíces e as follas.

Un sinónimo usado ás veces, para diferencialo do talo das plantas inferiores ou talófitas, é o cultismo caule.

Vigozoo

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Ácido alfa-linolénico

O ácido α-linolénico é un ácido graxo poliinsaturado de 18 átomos de carbono moi común nos aceites vexetais, que se considera un ácido graxo esencial necesario para a nosa boa saúde, que debe estar incluído na composición dos alimentos da nosa dieta..

O ácido α-linolénico é un ácido carboxílico de 18 carbonos poliinsaturado con tres dobres enlaces todos eles en posición cis, situados nos carbonos 9, 12 e 15, polo que o seu nome estrutural é ácido todo-cis-9,12,15-octadecatrienoico. Como o último dos dobres enlaces está a tres carbonos do extremo final da cadea, é un ácido graxo omega-3 ou n-3. O seu punto de fusión é de -11 °C, polo que é un aceite ás temperaturas ambientais normais .

É un isómero do ácido gamma-linolénico, un ácido graxo omega-6 poliinsaturado, tamén importante para a nosa saúde, xa que se considera "condicionalmente esencial". Cando se fai referencia a ácido linolénico sen indicar se é a forma alfa ou a gamma, xeralmente se está falando da forma alfa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.